Somos imbéciles

É o que pensa de nós a oligarquía político-sindical que nos goberna.
E teñen razón, pois estamos anestesiados vendo como dilapidan os bens públicos (o das caixas de aforros foi un saqueo en toda regla) sin mover un dedo. As preocupacións redúcense a Messi, Ronaldo, a Pantoja e o fillo de Ortega Cano.
Se un fose novo debería coller os bártulos e cruzar os Pirineos. Vivir e traballar nun país civilizado e democrático, e vir por aquí de vez en cando para disfrutar da terra e da da xente dun.

¿Como é posible que a xente non se dea de conta do que está pasando?

Setembro de 2013
Se a Deuda Pública española é de 945.863 millóns de euros e a 1 de xaneiro de 2013 eramos 47.059.533 españoles, quere decir que cada un de nós debe 20.099 €.
Como na miña casa somos catro, debemos 80.396 euros.

Pero como gastamos máis do que ingresamos, si neste momento debemos o 93,3 % do que producimos (o PIB) o Goberno pretende terminar o ano debendo o 94,2 % do PIB.

De cumplirse as previsións dos que nos gobernan, a fin de ano deberemos entre todos 954.987 millóns de euros, co que a miña familia ten que pagar dunha o doutra maneira 81.173 €.

Ata un neno de primaria entende que hai que gastar menos, RECORTAR gastos.

E aí temos o PSOE, IU, BNG, Sindicatos... manifestándose un día sí e outro tamén contra os recortes. Eles que gobernaron España (PSOE) e Galicia (PSOE + BNG), e gobernan Andalucía (PSOE + IU), e que foron responsables dunha parte importante desa deuda (Zapatero gastou en 2011 90.000 millóns de euros máis dos que ingresou).
Eles defenden os seus intereses, coma oligarquía que son, e queren volver ó poder sexa como sexa.
O que desmoraliza son eses rebaños ágrafos vestidos con camisetiñas de cor.

Se forzosamente hai que recortar, a pregunta que se ten que facer calquera persona seria que pasou da adolescencia é ¿onde se recorta?
¿Por onde empezamos a recortar?
Polo terreo da oligarquía política responsable do saqueo dos bens públicos:
- Pechar o Senado
- Pechar as Diputacións
- Pechar as empresas públicas creadas polas autonomías
- Pechar as Delegacións do Goberno nas provincias: unha única Delegación de cada ministerio en cada autonomía.
- Menos concellos e/ou menos concelleiros
- Menos diputados autonómicos
- Eliminar as subvencións a partidos, sindicatos...

¿Chega con eses axustes para non gastar máis do que se ingresa e empezar a pagar a deuda que todos temos?
Sí. problema solucionado
Non: miremos en que outros sitios se pode gastar menos.

Pero a oligarquía non quere levar a cabo estes recortes porque daquela quedaríanlle menos lugares nos que colocar ás parellas, ós irmáns, ós fillos, ós sobriños, ás parellas dos fillos, ós queridos e ás queridas, ós amantes dos queridos e das queridas...

O que fan e recortar es Sanidade e Eduación, e seguir saqueándonos os bolsillos:
Piso de 92 m2 en Betanzos
IBI 2006: 247,15 €
IBI 2013: 342,33 €
En sete anos, en Betanzos subiron o IBI un 39 %.

Con este panorama, o PP trata de fusionar concellos e reducir parlamentos autonómicos.
O lóxico sería que a esquerda oficial e os nacionalistas apoiaran eses recortes para poder aumentar o presuposto de Sanidade, Educación, Dependencia...

¡Que va! !Que lles den ás becas, ó copago farmacéutico...!
A esquerda oficial e o nacionalismo queren seguirnos saqueando a nós para vivir ben eles.
Oligarquía en estado puro.

Feijoo prometeu reducir o Parlamento Galego de 75 señorías a 61 señorías. Calquera que teña certos conocementos matemáticos sabe que se pode manter a proporción, co que ningún partido político perdera representación. Xa o expliquei aquí. Oito diputados por provincia e os 29 restantes en función da población. A representatividade sería proporcianalmente a mesma.

Sermonea o PSOE: Mandar el mensaje de que sobran parlamentarios es antidemocrático.
Asinte o BNG: Non se pode reducir a democracia.

Como decía, ou son bobos ou pensan que o somos nós.

Todos son oligarquía, aínda que algúns pretenden que creamos que son diferentes.
Pura propaganda.
Chega con ler o que sucede coa loita polo cargo entre Anova e EU en Ourense.
Un sinte vergonza allea con tanta indecencia.