A Universidade española

Cando eu tiña 10 anos, e debía empezar o Bachillerato nun Instituto Nacional de Enseñanza Media, na provincia de Lugo solo había dúas desas prestixiosas institucións públicas e situadas na capital da provincia: o Masculino e o Femenino.
Así que, como as pesetas escaseaban, estudiabamos na Academia Cervantes de Escairón e ibamos examinarnos a Lugo por libre.
En 3º de Bachillerato inaugurouse o terceiro instituto da provincia en Monforte de Lemos, e alí acabei eu cunha beca Tipo A de 14.800 pts.

Os estamentos educativos tiñan unha xerarquía:
Catedrático de Universidade
Catedrático de Instituto
Agregado de Universidade
Agregado de Instituto.
Esa xerarquía da idea do nivel educativo preuniversitario.

A LOGSE de Maravall+Rubalcaba+Marchesi dinamitou a Enseñanza Media ata o punto que un Catedrático de Instituto, Doctor en Química, tiña que facer Garda de Recreo.

Pola contra a Ley de Autonomía Universitaria permitiu que florecesen centro universitarios en cada esquina.
Comentarei un feito que conozo: O Instituto Marqués de Santillana de Torrelavega era unha institución de prestixio, mentras que unha Escola de Peritos da mesma localidade destacaba pola escasa preparación do seu profesorado.
Tanto é así, que os profesores da zona trataban de entrar en Peritos ( parece que as amistades servían para facelo), sacaban as oposicións e trataban de quedar no Marqués de Santillana.
Maravall+Rubalcaba+Marchesi convertiron á Escola de Peritos nunha Escola Universitaria e os seus profesores en docentes universitarios.
Sirva como exemplo que o Xefe de Departamento de Física e Química do Instituto era Doctor en Química pola Universidade de Valladolid, mentras que en Peritos non había ningún Doctor.

O Instituto Juan del Enzina de León, outro centro con prestixio, adiantou a Reforma Educativa do PSOE, razón pola que o tal Marchesi viña por alí. Como era un centro inquieto, o profesorado novo tratou de poñer en práctica as directrices da nova lei. Recordo as conclusión dun grupo de profesores de Matemáticas comprometido co PSOE: a nova lei era desastrosa para os Institutos.

Con eses mimbres de experiencia personal, nunca me extrañou o que veu despois. O que nunca imaxinara é o mansiños que foron, fomos, os profesores daquela prestixiosa Enseñanza Media.
Pero ese é outro cantar.

Calquera con dous dedos de frente entende que a parte media dun proceso educativo é básica, porque nela se pasaba dos currículos xeralistas das Escolas ó estudio por materias da Enseñanza Media.
Dado o nivel do colectivo de Catedráticos e Agregados de Instituto, o lóxico sería extender esas institucións educativas por toda a xeografía española.

Pero nada deso pasou e o desastre estaba servido.

Hoxe hai en España 75 universidades e nelas alumnos que xa están xubilados.

¿E o nivel educativo?
Pois se ese trio de grandes estadistas do Goberno de Felipe González se encargou de desfacer unha parte esencial da estructura educativa que garantizaba a calidade do proceso, o resultado tiña que ser o que é.

Hai tres rankings aceptados no mundo como fiables no que ten que ver coa calidade da Enseñanza Universitaria:

1. QS World University Rankings
177. Universidade Autónoma de Barcelona
178. Universidade de Barcelona
195. Universidade Autónoma de Madrid
216. Universidade Complutense de Madrid
281 Universidade Pompeu Fabra
.
.
501-550. Universidade de Santiago de Compostela
800. Termina

Non aparecen A Coruña e Vigo
As mellores, a partir do 177: 3 catalanas + 2 madrileñas

2. Times Higher Education
164. Pompeu Fabra
226-250. Autónoma de Barcelona
226-250. Universiadade de Barcelona
301-350. Autónoma de Madrid
351-400. Navarra
.
.
351-400. Vigo
400. Termina

Non aparecen Santiago e A Coruña.
As mellores, a partir do 164: 3 catalanas, unha madrileña e a privada de Navarra.

3. Universidade de Shanghai
201-300. Autónoma de Barcelona
201-300. Autónoma de Madrid
201-300. Complutense de Madrid
201-300. Universidade de Barcelona
301-400. Politécnica de Valencia
.
.
500. Termina
As galegas non aparecen

Según estes rankings, a mellor universidade española é a Universidade Autónoma de Barcelona e a peor galega, non paraece por ningures, a Universidade da Coruña.

Este é o nivel universitario da que ata fai uns anos ocupaba o posto 8 no ranking das economías do mundo.
Gracias señores Maravall e Rubalcaba:


 Gracias señor Marchesi:
 ¿Que sería de nós sen a súa LOGSE?