Anestesia total

Pouco a pouco vai ganando terreo na miña cabeza a indeferencia ante a política da oligarquía corrupta que se dedicou a saquear a herdanza do franquismo: monopolios (CAMPSA, TELEFÓNICA, ENDESA...) e Caixas de Aforro (a mitade do sistema bancario español).
Xa non queda nada do que era de todos: o saqueo foi eficaz.
¿E agora?
Eles coa carteira a reverter, os seus fillos colocados... e os nosos fillos facendo as maletas.
Igual que no franquismo.
Pero pouco hai que facer cando se vive nunha democracia sin demócratas.
Todos os dias hai noticias de corrupción en partidos políticos, sindicatos e organizacións empresariales.
Un día, outro día... tantos e de tantos (de todos) que resulta aburrido citalos.
E non pasa nada: a oligarquía síguenos tratando coma se fósemos imbéciles porque se cren impunes.
E sono.
Porque non temos coraxe: moito opinar nas encuestas para chegar a que 80 % dos cidadáns desprecien ós políticos...
Pero seguimos votando por eles ou metidos na casa.
Humillados pero indiferentes diante do saqueo.
Anestesiados polos Madrid-Barcelona ou polos problemas da Pantoja.
Queixándonos.
Unha sociedade así merece o que ten.
Como di GB ¡Hemos caído tan bajo!