Galegos de dereitas disfrazados de modernos

Di o profesor de Economía en Escocia que ser de esquerdas é estar pola igualdade (todos os que se rixen polas mesmas normas han de ter os mesmos dereitos e obligacións) e polo progreso (todos eses que comparten marco legal deben vivir, material e libremente, o mellor que as condicións comúns llo permitan).
¡Que sinxelo é!
Como trata de feitos, pódeselle chamar materialismo dialéctico, pensamento científico, conciencia de clase...
Os que non entenden esto non poden pertenecer a nación da esquerda democrática europea.
Calquera persona de ben, sexa ou non de esquerdas, sabe que compre redistribuir a riqueza para que os de abaixo teñan unha vida digna. Para eso, onde viven máis ricos págase máis para que onde vivan máis pobres tamén se poda respirar.
Chámase estado de benestar e ven a ser a maior conquista do socialismo democrático, que podemos chamar socialdemocracía ou liberalsocialismo.

España e a única nación que publica balanzas fiscales por rexións do territorio, sexan ou non nacionalidades.
Nas balanzas do 2013 Galicia tiña un presuposto de 8.481 millóns de euros.

Mirando os saldos fiscales relativos per capita (sin estimar a intervención da Unión Europea), metían en euros na caixa solidaria que facía máis iguales ós españoles: cada madrileño 2.717, cada balear 1.364 e cada catalán 1.168.

O resto quitabamos euros dela: cada extremeño 2.478, cada asturiano 1.935, cada castellanoleonés 1.839, cada canario 1.690, cada andaluz 1.521 e cada galego 1.326.

Que a gusto me encontraría, se fose madrileño, catalán ou balear, sabendo que contribuía á igualdade e á dignidade de todos os que vivimos baixo o mesmo marco legal.

A raza superior que goberna ós cataláns, pola contra, di que os galegos e todos os demáis os estamos roubando.

Lóxico: un é de esquerdas e eles camisas negras.

É sinxelo calcular o que lle dá cada catalán a cada galego: 293 euros no 2013.

Supoño que os nacionalistas galegos e os eternos adolescentes que apoian a independencia de Cataluña por encima dos intereses dos anestesiados que votan por eles, pensan que estes 300 euros non teñen importancia.
E de seguro que lle dirían ás boas xentes que os votan, se lle preguntasen polo dato, que pouca cousa se pode facer con ese diñeiro e que hai que ser solidarios cos pobos que queren ser donos do seu destino.
¡Manda carallo coa tropa! Reinvindicando que os ricos, que se fixeron ricos coa axuda de centos de miles de emigrantes galegos, deixen de contribuir a que eses mismos galegos teñan unha vida digna.
Prefiero non escribir os adxetivos que estes miserables me inspiran e sacar unha conclusión evidente: a todos estes impórtalles un pepino que os galegos vivamos dignamente.

Claro, diríanlle que pouco se fai con 300 euros.
Pero é que eu non necesito eses cartos e estaría encantado en que llos deran ó meu veciño que ten tres fillos e pouco traballo. E como estou seguro que a milla muller e os meus fillos estarían de acordo, ó L. entraríanlle 100 euros cada mes: pan, leite, ...
Eses eternos e ágrafos adolescentes ó mellor non saben que no 2013 en Galicia vivían 2.747.207 veciños, e que si cada un deles recibe 293 euros entrarían por Pedrafita 805 millóns de euros anuales desde Cataluña.
Casi o 10 % dos presuposto da Xunta para ese ano.
Logo xa os repartiriamos.
E se gobernaramos os que realmente somos de esquerdas, seguro que o L. e todos os L. galegos non andarían coa cabeza tan baixa ó camiñar.

Por Pedrafita non entrrán 805 millóns de Cataluña pero seguro que si o seguirán facendo os productos e empresas con sede fiscal en Cataluña e que pagan alí o IVA do que nós consumimos: La Caixa, Banco Sabadell, Gas Natural, Adeslas, Seat, Nissan, Volkswagen, Lidl, Endesa, Nestlé, Danone...
¿Seguiremos collendo Vueling e facendo escala no Aeroporto de Barcelona?
Vaia ho!, tendo como temos Porto ó lado e pensando que os madrileños lle dan anualmente 717 euros a cada galego, haberá que volar con outra compañía e facer escala en Barajas. 

Pobre L.
Polo que teño falado ultimamante con el, os ventos que máis lle soplan nas orellas teñen aires de bloques e mareas.


Pobre L.

¿Que faría eu si fose Rajoy?
1. Tomaría o control de Cataluña sin complexos: o que alí hai construiuse co sudor de moita xente e é propiedade de todos os españoles. Que o estado utilice a violencia contra unha trama supremacista organizada que non respeta o estado de dereito está plenamente xustificado: puxémonos de acordo na letra das normas de convivencia, pero as letras son papel mollado sin a espada que obligue a cumplir o acordado. A esto chámaselle estado de dereito e en Europa non o pon en duda ninguén. Ningún demócrata, quero decir.
2. Faría as contas para saber, entre outras cousas, o lugar de cotización dos pensionisas e asignarlle a Cataluña o pago das xubilacións que lle corresponderían.
3. Convocaría ó pobo soberano a un referendo cunha pregunta única: "¿Está usted de acuerdo en que las comunidades autónomas que lo deseen puedan solicitar que el Estado les ceda la soberanía?".
5. Convocaría eleccións en Cataluña.
6. Analizando 2 (en Cataluña e España) e 3 decidiría sobre un referendo legal polo que Cataluña podería ser independente ou controlaría a autonomía catalana sin complexos. O aparato do Estado ten que poñerse ó servicio dos demócratas cataláns (para ser demócrata, estúpidos, é condición indispensable cumplir as normas do estado de dereito, porque de non existir estado de dereito a democracia non é capaz de sobrevivir), pero eles teñen dar un paso adiante e ir ás urnas sin medo. Si unha maioría significativa dos cataláns quere ser independente, que paguen o que deben e constrúan o que queiran.

Non querer a quen non te quere é unha demostración de dignidade: os galegos non lle debemos nada a esa mitade protofascista que goberna Cataluña.
Nin os madrileños.
Sabémolo ben os que tivemos ó pai en Matanzas e estivemos tamén emigrados en Suiza.
Por eso valoramos a importancia que ten vivir nunha rexión europea que por motivos históricos forma parte dunha nación, que queremos solidaria, á que lle din España.
E soñamos cunha Europa das rexións na que a política exterior, a defensa, a seguridade e a sanidade sexan comúns para os europeos.
Sacariamos fronteiras e viviriamos unidos na vella e democrática Europa.
España deixaría de existir.
O contrario do que pretende esta pandilla de iluminados, de dereitas coma todo nacionalista: poñer muros e aranceles para que os comerciantes do lugar non teñan competencia. Como diría o meu querido G. Brassens "imbéciles felices nacidos nun lugar".

NOTA 1 (dedicada a todos os predicadores que cobran dos galegos exercendo a representación política)
Orzamentos Xunta de Galicia 2013 en millóns de euros:
 - Veñen de Cataluña: + 805
- Programas de prestacións ás familias e a infancia: - 52
- Servicios sociales de atención ás personas dependentes: - 276
- Servicios sociais de atención ás personas maiores con discapacidade: - 54
- Servicios á xuventude: - 14
- Servicios sociales comunitarios: - 0,66
Se todos estes dos que falamos, e que teñen de seguido a palabra dependencia na boca, tivesen vergonza, e a sociedade galega coraxe, estarían buscando lugares oscuros nos que esconderse.
Pero nin eles teñen vergonza nin nós coraxe: por eso predican coa sensación de impunidade que o fan.
Os cartos solidarios que veñen de Cataluña pagarían o primeiro escalón da igualdade (que xunto coa libertade son as dúas características irrenunciable da esquerda democrática) e aínda nos quedarían 408 millóns de euros para seguir igualando.
Pero estes eternos adolescentes prefieren defender a autodeterminación dos ricos (os que se queren ir en Europa son sempre os ricos) que a dignidade dos dependentes galegos.
¡A quen vas votar!, en tono de incertidume, surxe a menudo nas conversas. Póñome no lugar dun galego responsable que manexa estes datos e sabe perfectamente a quen non ten que votar.
¿Que fai? Nunha porcentaxe non despreciable vota polo PP a pesar da que os ventos socialdemocratas marcan o seu rumbo.
Do PSOE prefiero non escribir: estamos onde estamos porque a estes se lles ocurriu xogar a guerracivilistas.
Mentres non se artelle en Galicia un partido galeguista, "Galicia é unha rexión europea que forma parte de España", socialdemocrata ou liberalsocialista, na liorta PP/eternos adolescentes sempre terán as de ganar os primeiros.
Os dous bandos están moito máis de acordo do que pode parecer compartindo ese escenario mediático que facilita o protagonismo dos "verdadeiros estadistas"