9. Israel e os seus veciños.

Tratei de dar as razons polas que non sendo nin muller nin homosexual (de selo, e defender a estructura social dos paises arabes, deberia aceptar que se me calificase de masoquista), de ter que vivir no Oriente Medio elixiria Israel.

Pero o conflicto arabe-israeli (chamarlle palestino-israeli supon o mesmo que se na guerra fria falaramos do conflicto Cuba-USA, en lugar do real URSS-USA. Sucede que agora Palestina, e antes Cuba, e a punta de lanza dunha guerra disfrazada eufemisticamente de conflicto) e algo do que non se pode falar a lixeira.

Se o 30-07-2006 un bombardeo israeli mata a 57 civiles, deles 20 nenos, en Qana (Libano), non e menos certo que uns anos antes, o 05-10-2003, unha terrorista suicida mataba a 19 personas, 5 delas nenos, mentras comian nun restaurante en Haifa. Por coller dous exemplos especialmente sangrentos.

Que facer?, que partido tomar?

Que os veciños se iban levar mal viuse claro desde o primeiro momento, pois o 29 de novembro de 1947 o Plan de Particion da ONU (esa que respetan alguns so cando lles cadra cos argumentos que utilizan) crea o Estado de Israel, o 14 de maio de 1948 Israel proclama a sua independencia e o dia seguinte, o 15 de maio, Egipto, Jordania, Siria, Libano e Irak, invaden Israel dicindo que van botar os xudeos o Mediterraneo.

Viñan de ser gaseados e queimados so tres anos antes e agora pretendian afogalos. Nese momento, e despois de 15 meses de guerra, nace o mito do Estado de Israel. Nunca mais iran coma ovelliñas os crematorios nazis.

Culpables? So podo pensar na ONU, se aceptamos que os arabes querian recuperar algo que era seu.
Ou negamoslle os israelis o derito a loitar pola sua supervivencia? Seria o primeiro pobo na historia da humanidade que non tivera dereito a defenderse cando outro o invade.

Que fai nesa texitura un home que pensa que todas as guerras son impresentables? Quedalle contar os inocentes que van caindo dos dous bandos, ben e certo que mais polo lado palestino, ata que no o ano 2000 se fai en Camp David esta foto



A esquerda Ehud Barak, Primeiro Ministro laborista de Israel (non sei se compre comentar que o Partido Laborista israeli forma parte da Internacional Socialista), no centro Bill Clinton Presidente democrata dos USA e a dereita o vitacio lider palestino (Barak era Primeiro Ministro dende 1999) Yasir Arafat. Habia ademais un observador saudi, supoño que pouco sospeitoso de filoisraeli.

Sobre a mesa Barak puxo practicamente a volta as fronteiras de antes da guerra, quedandose so cuns pedazos de deserto montañoso que segundo os seus estrategas militares, e moitos estudiosos europeos, eran imprescindibles para a defensa do pais.

O problema de Jerusalem non podia resolverse, nin se podera facelo en moito tempo.

Arafat, o dicir que non, comentaba que si firmaba asesinariano o chegar a Palestina. O saudi e Clinton culparon publicamente, non podia ser doutra maneira, a Arafat da ruptura do plan de paz.

Logo enterome da existencia dun fondo creado polos petrodolares e do baremo que se utiliza para premiar, curiosamente en dolares, a cada familia de suicida palestino en funcion da devastacion causada polo atentado.

Desde ese momento constato que as treguas sempre as rompen atentados palestinos, se ben en moitos casos a resposta israeli e desproporcionada.

Agora os palestines, triste destino o dese pobo, andan a matarse entre eles.

Que espera a ONU, a fin de contas un dos responsable do conflicto, para obligar a creacion dos estados de Israel e Palestina separados por unha fronteira aceptada por todos?

Que esa fronteira teña ou non muro pareceme moito menos importante.

2 opinions:

Anónimo

Opino que non se pode comparar un atentado terrorista con un operacion militar, pois mentras que o primeiro o fan terroristas, xente sen escrupolos, o segundo o fai un goberno "democratico".
Querido mariño, todos sabemos que nunha democracia hai que guiarse polo viz doi pobo, nunca por un grupo de empresarios armamentisticos estadounidenses nin por ultras xudeos, o último que se debe facer nunha democracia e usar a violencia e o que baixo ningun concepto se debe facer, é usar nenos inocentes de escudos humans...

Anónimo

Cuanto se echa de menos aquella pelis de "Hazañas bélicas" donde los buenos eran tan buenos, los malos eran tan malos y el mundo era tan sencillo.... Pues va a ser que no es así.
El mundo se complica.... Ahora hay que tener en cuenta ese mundo subterraneo para el gran público de los misteriosos caminos de los dólares yankees, los euros de la UE, los petrodólares (diferenciando los de los países árabes), el dinero de las multinacionales armamentísticas, famaceúticas, petroleras, etc, etc. Mucha tela nueva que cortar...

Porque sabemos que los gobiernos de cualquier parte del mundo, nunca tienen en cuenta al mundo de la empresa y de las finanzas. En ningún sitio. Sólo hay que ver el panorama mundial..... Al igual que las religiones tampoco tienen ningún tipo de influencia en la decisión de los próceres de los estados.
Ante los ataques, lo que cualquier país, democrático o no, en su sano juicio es poner la otra mejilla y esperar de dónde le va a caer la siguiente. Donde ya no me voy a meter es en la proporcionalidad de la respuesta, que muchas veces se sale de madre. Por ejemplo, utilizar escudos humanos de cualquier tipo. (Una pregunta que me planteo .. si hubiesen sido adultos ¿había sido más correcto?)El problema es definir, a mi modo de ver, que se considerararía una repuesta adecuada a según qué tipo de ataque. A veces tengo la sensación de que, por triste que parezca, hay muertos y heridos que no valen lo mismo. Y el dolor de las madres israelitas y las palestinas es exactamente el mismo al perder un hijo. Sé que es demagogia de la barata, pero muchas veces me parece que es lo único que se entiende.