10. O pobo palestino.
Estiven pensando en non escribilo, deixar as miñas opinions (subliño a ver se se enteran alguns, as miñas opinions) a un lado e ocuparme do que e mais acuciante, que non e outra cousa que exercer de escribiente mais ou menos fidedigno dos acordos asamblearios de CxB.
Pero dicia meu pai que as cousas, de facelas, habia que facelas ben e que nunca se viu un banco con duas patas. E ademais este blog foi creado primordialmente para debatir ideas.
Vaia logo por adiantado que todas as criticas que me tilden de enterao, coñazo, protagonista prepotente e demais lindezas, son acepatadas sen rechistar.
Non necesita ser demostrada a simpatia dun europeo de esquerdas polo pobo mais occidentalizado, xunto con Israel, da franxa afro-asiatica da que falamos, que non e outro que o pobo palestino. Se ademais un e galego e conviven contigo traballadores, medicos, empresarios e incluso alcaldes naturales de Palestina, integrados perfectamente no pais, a simpatia transformase en cariño.
Como non van doerme logo os nenos palestinos que morren tirandolle pedras as tanquetas israelis?
O que sucede e que para o que Bueno chama pensamento Alicia, cometo dous pecados:
Un, perdonable, preguntarme por que os nenos estan tirando pedras en lugar de estar na escola.
Outro, imperdonable, que me doan na mesma medida eses estudiantes de instituto israelis que saltan polos aires cando un fanatico entra no bar cunha carteira que en lugar do libro de Fisica leva 10 kg de TNT.
Alguen dos que din amar tanto os palestinos se preocupan de saber como foron tratados polos seus veciños arabes?
Saben da matanza de 3000 palestinos polo Rei Hussein de Jordania no “septiembre negro” de 1970, ou da de Sabra e Chatila no Libano en 1982?
Agora, ese dous pobos que admiro e respeto estan na primeira liña dun frente de batalla que ten visos de non rematar nunca. Os palestinos son a infanteria lixeira que esta nas trincheiras a espera de que a artilleira deixe de bombardear as liñas enemigas e sair a campo aberto como en “Senderos de gloria” de Kubrick . Vamos, son carne de cañon.
No outeiro de enfrente o exercito israeli esta obligado a resisitir se non queren ver o seu pobo aniquilado.
Uns obligados a atacar e os outros condenados resistir.
Entenden agora como vexo o conflicto?
“Os meus” masacrandose entre eles mentres uns homes de longas tunicas e perilla, rodeados dun haren, andan por Marbella deixando propinas de 1000 €.
Pola tarde os seus asesores financieros acordan invertir nas empresas de armamento que lle suministran metralla os contendentes.
E son Barenboim, o xudeo arxentino, que crea unha Orquesta Sinfonica xove de israelis e palestinos, a que teñen a honra de ser invitados musicos novos españoles.
Porque España tiña que estar ahi por historia, entre eles.
¡Pero xa sei que alguns dos meus contertulios presumen de non ser españoles!
Alguns sabemos que do mesmo xeito que non se lle vai devolver a Alemania o Sarre, a Alsacia e a Lorena que o tratado de Versalles (1919) lle concedeu a Francia como botin da Primeira Guerra Mundial (e que foi un dos motivos da Segunda) e que o Trentino e o Alto Adige que Hitler lle quitou a Austria en 1939 para entregarllos a Italia de Mussolini nunca seran gobernados desde Viena, ninguen pode pensar que a solucion sexa sacar os xudeos de Israel e metelos en Lugo.
Cando digo ninguen, digo ninguen que teña dous dedos de frente.
Sei que os que lles sona o termino dialectica hegeliana estaran en gran parte de acordo conmigo, como tamen sei que os que sustituen a loita entre opostos polo concepto relixioso de “buenos y malos”, seguiran decindo que todo aquel que defende a Israel e un reaccionario.
Pero un esta, como xa dixen, permanentemente na barricada.
Pecho de boa gana o tema, rogandolles perdonen a sua extension.
2 opinions:
A forma de expoñer o tema nos dous últimos artigos é xa completamente diferente o que viamos no primeiro. Así xa da gusto opinar dunha forma seria e responsable. Coido q esa especie de filia a Palestina forma parte dun sentimento humano q é o de poñerse do lado do que consideramos máis feble, simplemente. Obxectivamente, e poñendo por diante a razón, eu non sería capaz de poñerme de parte de ninguén, nin culturalmente creo que nos identifiquemos con Israel pois compre lembrar que este país tamén acolle a unha masa de fundamentalistas relixiosos importante e aínda que é un Estado que recoñece os mesmos dereitos independentemente da opción relixiosa hai elementos como a Lei de Retorno que moitos consideran efectivamente discriminatoria e que non deixan tan claro o laicismo do Estado. En definitiva, na miña opinión non debe ser a misión dos europeos poñernos dun lado ou doutro senón ter a suficiente responsabilidade para colaborar na resolución do conflito, poñendo a cada un “no seu sitio” na medida das nosas posibilidades, esixindo a EEUU menos apoio manifesto a Israel e máis vocación mediadora e tendo en conta que a resolución final non está nas nosas mans e que son israelís e palestinos os que teñen a última palabra. Non podemos resolver o problema así q o noso único consolo é actuar con responsabilidade, racionalidade e conciencia.
Estoy de acuerdo con tigo vakastolas.
Es un tema muy delicado ...
Me parece mucho mejor esta última exposicion que la anterior.
Publicar un comentario