Respondendo a solicitude de vakastolas, ai vai o test cuberto:
O principal rasgo do meu carácter? Digo o que penso e fago o que digo (eu chamarialle coherencia).
A calidade que prefiro nun home? Intelixencia, bondade e sentido do humor.
A calidade que desexo nunha muller? Intelixencia, bondade e sentido do humor.
O que máis aprecio nos meus amigos? Saber que sempre podo contar con eles.
O meu principal defecto? Ser un perfeccionista (somos dificiles de aguantar).
A miña ocupación preferida? A carpinteria.
O meu soño de dicha? Que todos teñamos as mesma oportunidades vivindo nunha sociedade libre.
Cal sería a miña maior desgraza? Todo o que de irreparable lle poidese suceder a xente que quero.
Que quixera ser? Os meus anos, o que son.
Onde desexaría vivir? Vivo en Betanzos e non son de aquí.
A cor que prefiro? O azul
A flor que prefiro? A rosa.
O paxaro que prefiro? O paporrubio
O meu autor preferido en prosa? De novo teño disfrutado moito con Pio Baroja.
Os meus poetas preferidos? Probablemente Juan Ramon Jimenez.
Os meus heroes de ficción? Creo que se chamaba “El cachorro” (de piratas).
As miñas heroínas de ficción? Mafalda.
Os meus compositores preferidos? Brel, Cohen e Mozart.
Os meus pintores predilectos? Non son de pintura pero gustanme Caravaggio e Renoir.
Os meus heroes da vida real? Os labregos, os gandeiros e os mariñeiros que se erguen cedo todos os dias para que nos podamos estar aquí arreglando o mundo.
As miñas heroínas históricas? Esas mulleres da postguerra que a masacre do 36 enviudou e sacaron adiante as suas familias.
Os meus nomes favoritos? Os dos abos (salvo casos concretos).
Que detesto máis que nada? A manipulacion interesada (e a manipulacion e sempre interesada).
Que caracteres históricos desprezo máis? O fanatismo en todas as suas vertentes.
Que feito militar admiro máis? Todo o que rodea a batalla do Ebro.
Que reforma admiro máis? O espiritu da Segunda Republica (“No es eso, no es eso”, dixo Ortega).
Que dons naturais quixeras ter? Conseguir que o que non me interesa (persoas incluidas) non ocupase sitio na miña cabeza.
Como me gustaría morrer? De repente, un dia calquera.
Estado presente do meu espírito? Canso pero totalmente convencido de que, pase o que pase o dia 27, un contribuiu a que Betanzos despertase.
Feitos que me inspiran máis indulxencia? Case todo o que se fai por amor.
O meu lema? Aprende a xogar as tuas cartas.
Un saudo.
|
0 opinions:
Publicar un comentario