Eran outros tempos ...


pois corria o 1970 e un tiña 17 anos. Daquela Pedro Ruy-Blas cantaballe a uns fantasmas encorvados que viñan dunha guerra cruel, que tiñan que tirar as armas pois non lles servian de nada para morrer en paz. Ainda que era unha version dun tema frances, naquela España era moito decir.







Pon fotos sin limite en slide.com GRATIS!!!

A los que hirio el amor

Renard / Thibaut / G. Bueno

Cómo si una guerra cruel vinieran de perder
El miedo ya marcó su frente de vejez
Cómo fantasmas encorvados al pasar
Inspiran la piedad, inspiran la piedad


A los que hirió, a los que hirió
A los que hirió el amor


Cómo en una guerra cruel quisieron ofrendar sus vidas
A los que ya no se acuerdan más
Gritan..tratan de aparentar las ganas de vivir...si
Hay que justificar un pasado feliz


A los que hirió, a los que hirió
A los que hirió el amor


Cómo de una guerra cruel volvieron al hogar
Y vieron que su luz no les alumbra ya
Sólos en su rincón se lamen sin llorar
Las llagas que dejó lo que no volverá


A los que hirió, a los que hirió
A los que hirió el amor


Cómo en la guerra cruel perdieron el amor
Juraron que jamás tendrán otra pasión
Hay que tirar las armas que no sirven más
Pués sólo quieren ya poder morir en paz


Porque el amor, porque el amor
Porque el amor les mató














E xa pasaron 37 anos de busca



Pon fotos sin limite en slide.com GRATIS!!!



Saude.

1 opinions:

Anónimo

benvido señor Mariño, non me esperaba de vostede unha volta antes do outono, pero como vexo que xa está aquí aproveito pa saludalo e desexarlle unhas felices festas.
Tamén para pedirlle que por favor non inhabilite os comentarios, porque cando colgou o artigo sobre o consello de contas, non deixou lugar a réplica nin nadie tivo a oportunidade de poder replicar, impoñendo a súa palabra sobre a dos demais.
Xa que lle gustan moito os consellos de contas deixolle unha noticia aparecida fai poucos días na rede que falaba tamén dunha mala xestion do partido que vostedes apoian e que parece que intentan demostrar que é un partido limpo que nada ten que ver coa corrupción, cando todos sabemos e lemos a diario que é o partido mais corrupto de galicia a moita distancia do segundo.

CODA. Por certo, moi bonita a mantilla da alcaldesa.

Contratos a dedo e dietas ilegais no Concello de Montederramo
Unha avalancha de irregularidades salpican ao alcalde, aos concelleiros e a varios funcionarios. Non se coñece o destino de subvencións da Deputación de Ourense e da Xunta.

M.V. - 13:00 14/08/2007
Tags: Consello de Contas corrupción Montederramo Partido Popular
Contratación de traballadores “a dedo” e cobro fraudulento de dietas. Estas son algunhas das numerosas e graves irregularidades que o Consello de Contas de Galicia detectou no Concello de Montederramo (Ourense) en 2003 e 2004. Nun demoledor informe publicado agora, o órgano fiscalizador revela as prácticas do alcalde popular Antonio Rodríguez quen, malia ser inhabilitado e condenado a cárcere por falsidade documental na pasada lexislatura, volveu a gañar as últimas eleccións locais.

Dietas para todos
Rodríguez cobrou máis de 7.000 euros en dietas, dos que só 3.600 foron xustificados. Pero o cobro irregular de suplementos non só afecta ao mandatario, senón que salpica a outros cargos electos e funcionarios.

Así, o Consello de Contas descubre a “percepción indebida polo alcalde, o primeiro tenente de alcalde, a secretaria e a administrativa de indemnizacións pola a asistencia a Mesas de Contratación” . O documento tamén di que a concelleira de Cultura cobrou dietas sen declarar o IRPF.

As irregularidades chegan ao punto que o Concello carece do obrigatorio Rexistro de Persoal. Malia a opacidade da documentación municipal, o órgano fiscalizador da Xunta foi quen de detectar a contratación de catro traballadores “sen que se teña verificado a celebración de procedemento de selección algún”. Ademais, a administración repartiu complementos entre os funcionarios por riba dos límites legais, indica o informe.

Sospeitas sobre a residencia de anciáns
Tampouco se libra a construción da Residencia da Terceira Idade de Montederramo. Unha mesma empresa, Construcciones Orega, gañou cinco concursos desta obra tramitados por vía de urxencia, algo que carecía de xustificación en opinión do Consello de Contas.

A maioría dos cartos procedían de subvencións da Deputación de Ourense e da Consellería de Asuntos Sociais, pero o Concello non foi quen de demostrarlle ao Consello de Contas “o adecuado destino das axudas concedidas”.

A ausencia de criterio para distribuír subvencións, a non celebración do número mínimo de plenos que marca a lei, a concesión ilegal de licencias de obra e unha contabilidade que non reflicte a realidade das contas do Municipio son outras das denuncias do ente fiscalizador.

O Concello non presenta alegacións
Ante tal avalancha de problemas, o Consello recomenda á entidade local que solicite a asesoría da Deputación de Ourense para corrixir os “incumprimentos básicos” revelados no informe.

O informe conclúe sinalando que, malia ter dereito a formular alegacións, a administración que dirixe Antonio Rodríguez non presentou ningunha emenda.

O Sergas agochou en 2004 un burato de 320 millóns de euros
Subliñou este martes en Ourense a conselleira de Sanidade a ocultación realizada polos seus antecesores no Servizo Galego de Saúde.

Redacción - 09:30 01/08/2007
Tags: Consello de Contas Sanidade Sergas
A conselleira recoñeceu non estar sorprendida por unha análise do Consello de Contas que confirmaría as prácticas que María Xosé Rubio Vidal lle reprocha ao anterior equipo da Consellaría de Sanidade.

Segundo a fiscalización realizada, na altura de 2004 e malia recoñeceren apenas unha débeda de 15,5 millóns de euros, o Servizo Galego de Saúde acumulaba xa un lastre de algo máis de 335 millóns de euros. Cun atallo contábel, o equipo xestor do Sergas tería evitado ese ano recoñecer a débeda real.

Por outra parte, a actual conselleira de Sanidade asegurou este martes que as recomendacións realizadas polo Consello de Contas ao fío do último exercicio analizado pola institución, o de 2004, coinciden con liñas de actuación xa despregadas pola Xunta actual. Así, María Xosé Rubio referiuse por exemplo ao reforzo da atención primaria, ás sinerxias entre a atención do médico de familia e o médico especialista ou mesmo á propia dispoñibilidade de sistemas máis áxiles para as reclamacións dos usuarios do servizo de saúde. Rubio Vidal insistiu en que o seu equipo traballa no estabelecemento de plans en todas estas áreas.

O informe do Consello de Contas critica a xestión da Cidade da Cultura no goberno anterior
Fala de falla de planificación, ocultismo na comunicación do proxecto, falla de conexión co sector cultural de Galiza e ausencia dun verdadeiro proxecto cultural.


Ismael Rego considera que o Consello de Contas confirma "o escándalo" da xestión de Fraga
Bieito Lobeira destaca o traballo para corrixir "unha herdanza envelenada"

Redacción - 17:34 30/07/2007
Tags: Cidade da Cultura Consello de Contas Cultura
Refírese en concreto á xestión desenvolvida pola Fundación Cidade da Cultura dende o seu nacemento en 1999 até o 31 de decembro de 2004. Co cambio de goberno, en agosto de 2005, a Consellaría de Cultura e Deporte tomou o relevo e comezou o deseño dun proxecto cultural: substituíu o sistema de relatorios asesores, e implicou ás principais institucións culturais do país (o Museo do Pobo e o Consello da Cultura entre elas).

Estabeleceuse un proceso participativo, de xeito que 240 representantes de todos os sectores da cultura e da ciencia en Galiza foron parte durante semanas dun diálogo aberto: persoas profesionais e expertas das artes escénicas, música, lingua, literatura, artes visuais, cultura e sociedade, audiovisual, cultura tradicional, cultura científica, creación en Internet e música clásica.

Actualmente a Cidade da Cultura conta cun proxecto de contidos que foi exposto pola conselleira Ánxela Bugallo perante o Parlamento de Galicia o día 27 de decembro de 2006, e pode ser consultado publicamente na páxina web da Consellaría e da Fundación.

Coda2. Bueno marchome que maña son os caneiros e hai que ir preparando a festa. Se necesitas mais informes do consello de contas para que vexas o corruptos que son o teus aliados, avisame que teño tantos que te aburrirías.
Saúde.