Hai tempo que tiña pensado escribir sobre esta cuestion, pero o pudor tirabame para atras a hora de quedar espido diante da concurrencia. En sentido contrario empuxaban a fidelidade o subtitulo da bitacora que fala de non ter nada que ocultar e o respeto pola xente que pasa por aquí. Para preparar o terreo fixen coma o calamar e decidin lanzar previamente unha provocacion que, colocandome nunha postura maximalista, invitase a unha discusion vehemente. Cando atopei esas caras desencaixadas da Diada de Cataluña e a comparacion que fai un politico entre as multas por rotular en castelan e as de trafico, “alea jacta es”. Levado a pendulo a sua ¿maxima? elongacion e deixandoo en libertade, o movemento vibratorio levarao a posicion de equilibrio. Situemonos nela e en Galicia.
¿E correcto falar de antinacionalistas? A hora de establecer unha norma nun grupo social, calificase de normal aquelo que a maioria dos seus integrantes practica. Se a maioria dos galegos son diestros, non lle dariamos moito creto a un zurdo que se referira a eles como antizurdos. Se collemos as ultimas eleccions galegas vemos que o BNG obtivo 312.039 votos (o 18,7 %) e, por comparar, polo PP e o PSOE votaron mais de 1.300.000 galegos. Se utilizamos o termino “constitucionalista” (que a min non me agrada en demasia), o normal en Galicia e ser constitucionalista, polo que teria sentido falar de anticonstitucionalistas (serian en todo caso o 19% da poboacion), pero nunca de antinacionalistas (que incluiria en principio o 81% restante). As palabras deben de usarse correctamente.
¿Que significa ser nacionalista? Un nacionalista galego debe partir forzosamente de que Galicia e unha nacion sin estado, polo que o fin estratexico da accion politica debe conducir a ter un estado propio, e decir, a independencia (poderiamos falar de grados) do pais. Para ese fin estratexico botase man dunha tactica politica que en cada momento debe adptarse a correlacion de forzas existente. Forzosamente os ventos favorables producense cando as posicions politicas dos dous grandes partidos españoles se atopan o mais alonxadas posible (pensen no pendulo) e o goberno central da mostras de debilidade. Por poñer un exemplo, no ano 1934 Gil Robles entra no goberno de Lerroux (A coalicion entre Accion Popular e o Partido Liberal-Democrata viña de ganar as eleccions a Cortes do 33) e o 5 de outubro producese a Revolucion de Asturias (experimento revolucionario en contra do goberno da Republica o que se opoñia Besteiro e do que Prieto dixo acabada a guerra que fora o maior erro do PSOE). Aproveitando as augas revoltas, o sabado 6 de outubro, entrada a noite, Lluis Companys, segundo presidente da Generalitat de Cataluña, proclamou na plaza de Sant Jaume o Estat Catala dentro da Republica Federal Española. Non fai falta ser Trotsky para entender que nestes momentos a tactica a seguir e conseguir que o PP e o PSOE se alonxen o mais posible e que, a poder ser, as diferencias sexan insalvables (ningun dous dous esta libre de culpa). Aí nace a miña primeira toma de posicion: Moitos, que somos conscientes que vivimos nun pais europeo que e a oitava economia do mundo, estamos loitando porque o noso sistema parlamentario recolla as conquistas que as grandes democracias foron conseguindo (Gran Bretaña por exemplo) e deixe esta politica de terra queimada que, unha vez mais na nosa historia, amenaza con torcer un camiño que a entrada na Union Europea nos abriu.
Outra aspecto que se situa nas antipodas do meu ideario e o uso continuo da simboloxia tribal. As bandeiras e os himnos (¿Como se lle pode ocurrir a alguen que os nenos pequenos o teñan que aprender na escola?) representan para un internacionalista o afan por poñer muros nun monte en man comun. Claro que os que me acusan de antinacionalista, tamen me tildan de nacionalista español (esta prohibido ser non nacionalista). En esencia consiste en traspasarche as suas obsesions pintadas doutra cor, cando as obsesions son deles e eles elixen a cor.
¿Que quere decir ser galeguista? En primeiro lugar non poñer en duda que existe un marco con 500 anos de historia que se chama España, no que os impostos que pagamos van a unha caixa comun solidaria que logo reparte prestacions entre todos os cidadans, sexan da deprimida Extremadura ou dun floreciente Madrid (xa citei aqui o que me dixo un fillo de galegos: “Os catalans estamos cansos de pagar as pensions dos extremeños”). Analizada dialecticamente, esa solidaridade social (por dereito, que non ten nada que ver co aire de caridade que lle dan o feito certos nacionalistas) e un dos pilares nos que se fundamenta a doctrina da esquerda. Logo para min España e un marco xeografico de solidaridade no que se produce, por exemplo, que se a un lle da unha apendicitis en Cuenca teña dereito a ser atendido nun hospital coma si residise nesa cidade (de ai que me pareza graciosa a ocurrencia que afirma que un nacionalista e unha persona que viaxa pouco). ¿E ese un marco inamovible? Non ten por que. Nunha futura Europa mais unida e o mesmo tempo mais descentralizada poderia darse o caso de que fose mais operativo que as division territoriales fosen mais reducidas. O futuro, sin ser o “soño de posibilidades” que vaticinaba Ferrin, esta por escribir.
No que ten que ver coa lingua e coa cultura, teño que confesar que as “malas compañias” me axudaron a entender desde moi novo que “o que era normal na rua tiña que selo nas institucions” ¿E que era o normal para un neno fillo de labregos que vivia nun pobo de Lugo onde o Miño se retorce? Pois desde aquela estamos nesa barricada e xa se poden vostedes imaxinar o que un leva visto pasar por diante da sua ventana. Supoño que todos saben que para unha persona que leva camiño de 20 anos en Betanzos dando clase no Francisco Aguiar, ese compromiso e facilmente comprobable.
Pero un e (considerase o menos) un home de esquerdas e, segun dixen mais arriba, calquera que se precie de selo (se non e un farsante) ten que levar un colgante no pescozo coa palabra igualdade.
E da mesma maneira que eu mamei en galego en Escairon, outro mamou en castelan en Ferrol. E para el reinvindico os mesmos dereitos que para min. De non facelo deberia sacar o colgante do pescozo e recoñecer que cos anos me fixen un conservador, un home de dereitas.
¿Imaxinan a que se lle asemella a un home coma min unha galescola con nenos uniformados cantando e aprendendo de memoria o himno galego cando a maior parte deles, o menos en Betanzos, son castelanfalantes? ¿Que diferencia encontran con facer cantar os nenos o Cara al Sol (o himno español non ten letra) en tempos pasados? ¿Teñen visto as escolas iranis nas que os nenos pasan horas recitando o Coran mentras se moven adiante e atras como se estivesen nun desfile militar?
Xa sei que non son comparables, pero cando se establece unha norma non hai que fixarse no que van facer uns mestres responsables, hai que pensar no que esa norma lle permitiria facer a outro tipo de educadores.
Porque a libertade sinalanos que todo e extraordinariamente sinxelo. Consiste en poñer unha casilla nun impreso e preguntarlle os pais dun neno menor de 6 anos cal e a lingua materna para escolarizalo nela. Dos 6 os 14 impartir as ensinanzas o 50% en cada unha das linguas para que todos os galegos dominen os dous idiomas (que son tan similares que existe un interes deliberado por diferencialos o maximo posible). A partir dos 15 unha nova casilla para saber se a lingua de instalacion e o galego e o castelan unha materia mais, ou a inversa.
Resumindo, un considera que o que leva feito ata de agora situano no campo da esquerda galeguista e heterodoxa. Eso no evita que no futuro xire a dereita no primeiro cruce e chame as portas do nacionalismo.
Saude.
CODA 1: Aceptando todas as criticas, comparto as cinematograficas que sinalen o esquematismo da cinematografia do realismo socialista: que malos son os malos-intermedio-ambigu-cerveza-que bon e blancolexitimo. CODA 2: Publico advertindo que no caso que a miña desnudez me resulte pouco estetica, reservome o dereito de retiar os dous ultimos escritos.
|
17 opinions:
Totalmente dacordo coas ideas que expresa vostede neste artigo.
Algúns solo ven a vida en branco e negro, e por iso cando se atopan con algún gris rapidamente lle poñen unha das únicas duas etiquetas que coñecen...
Un saudo e prepárese para que pronto se encha isto de detectores de fachas, de antigalegos e de "castellanitos".
Su desnudez de ideas, es la desnudez de muchos republicanos, que sin olvidar el galleguismo,luchan por la igualdad,libertad,y cooperación entre los pueblos,con esto ,yo también me sumo a estas ideas tan denostadas y confundidas ultimamente, y que usted expresa.
Los nacionalismos,como usted bien dice,son antagónicos, a la política global en la que estamos inmersos.
Salud, compañero, y animo para la controversia que acaba de suscitar.
"no caso que a miña desnudez me resulte pouco estetica, reservome o dereito de retiar os dous ultimos escritos"
pues ya te retratas solo...
Solidaridade. Eu entendo o significado da palabra solidaridade,como unha acción voluntaria dunha ou varias persoas, para axudar desinteresadamente a outra ou varias persoas que necesitan da súa axuda. Entendese como axuda, neste caso, a económica.
Mais non podo entender o significado da palabra solidaridade como algo que e imposto por outras persoas, e que se converte nunha obrigación.Como persoa de esquerdas estou totalmente de acordo de que no estado español, hai rexions que están mais necesitadas ca outras, exemplo: Madrid dudo moito que necesitara da solidaridade dos galegos, aínda que son consciente de que moitos cartos que pagamos os galegos levan como destino, por poñer un segundo exemplo, a creación de novas infraestructuras nesta cidade, por poñer un terceiro exemplo a terminal 4 do aeroporto de Baraxas levou mais do 80 % do presuposto de infraestructuras para aeroportos de non sei cantos anos, e foi por simple decisión política madrileña, obligando a todos os contribuyentes a pagalo.
Cando ao mellor os pensionistas extremeños necesitaban moito de eses cartos para vivir duna maneira digna os últimos anos da súa vida.
O que quero decir con esto, e que a solidaridade, non e mais que eso,; solidaridade, que perde o seu significado cando se converte nunha imposición.
Non é que os nacionalistas non queiran ser solidarios, e que queren ser solidarios, e como solidarios que queren ser, teñen todo o dereito do mundo de escoller libremente as causas as que lles queren entregar toda a súa solidaridade.
Dis tamén que un é un home de esquerdas e, segun dixen mais arriba, calquera que se precie de selo (se non e un farsante) ten que levar un colgante no pescozo coa palabra igualdade.Totalmente de acordo, pero da mesma maneira que leva un colgante coa palabra igualdade, ten que levar outro coa palabra liberdade, liberdade neste caso para escoller as causas solidarias principias que el considera mais importantes, e a cantidade que pensa que pode entragar as outras persoas tamén necesitadas, sin que elo cree mais necesidade na casa propia de un. Non se pode confundir o termino igualdade co termino obrigación ni imposición porque si te me obrigas por exemplo a entregar tanta cantidade de diñeiro a esta ou aquela ONG, o meu acto en vez de ser un acto solidario estarase a converter nun acto obrigado e antisolidario co meu pensamento( entendase por isto, ese acto no cal eu entrego a miña suposta solidaridade a causas que eu non considero primordiais, deixando as causas primordiais que eu quero que gocen da miña solidaridade sen a mesma).
Respecto ao que dis sobre as Galescolas, teño que decirche que o que vicepresidencia dixo, foi que nas galescolas vaise encinar o Himno galego, Aprender o himno galego é algo que non ten que molestar a nadie, posto que é algo que se leva facendo durante moitos anos en moitas escolas do pais, e algo do que son privados moitos galegos que estudan no noso pais, como foi a persoa que está escribir este artigo. Nos meus 25 anos de estudante nin unha soa vez e en ninguna clase, se ensinou nunca o himno Galego, cousa ao meu parecer , que non debería suceder, cando si se me ensinaron moitos outros textos literarios.
Falas de nenos uniformados, mais diríache que porque un neno leve un mandilon a unha gardería, non se deberia alzar o voz ao ceo, posto que e algo que sempre sucedeu, e neste caso que se proporciona o uniforme de maneira gratuita e normal que sean todos iguais e leven o logotipo da escola. Comparas encinar o himno galego con obrigar a cantar o cara o sol en tempos pasados. Neses tempos que tanto criticas, obrigabase aos cativos a cantar o himno da falanxe e da dictadura neste tempos, o que se pretende facer, é unicamente dar a coñecer o himno galegos aos nenos das galescolas, de ahí a orbigar a cantar ao tipo que o cara o sol, hai un treito tan grande, que so unha mente obsesionada coa alemaña dos anos 40 pode imaxinar. O das escolas iranís xa non merece nin a mais minima consideración...
Completamente de acordo con vostede señor Mariño.
Siga su progreso.
Hola, Sr. Blancolexitimo, son Lis de Moura.
Estou un pouco confuso e á ves confundido, teño falado moitas veces conmigo mesmo pero esta ves en lugar de falar vou escribir influido por un escrito dunha persoa que se define como de esquerdas, solidario e que leva un colgante no pescozo cá verba igualdade, ¡que conmovedor! ¡que sinxelo me parece ser de esquerdas!, claro que, practica-la igualdade xa semella, para min, bastante máis difícil, xa tería que renunciar aos privilexios que teño por vivir na oitava economía mundial, comida, enerxía, transportes, ocio, roupa, etc., para compartilos cós subsaharianos, entre outros pobres do mundo. ¡pero! ¿de qué diaños estou a falar?, non teño porque ser solidario cos negros, que se fodan se afogan nas pateras, non hai que compartir con todo-los necesitados do mundo, só cós de España. Por un intre esquecín que polo momento o marco é España, logo, se acadamos unha Europa máis unida, permitiríanos crear novos marcos. Por certo ¿por qué o marco ten que ser España?. Si, xa me lembro, porque son galeguista i é o primeiro que teño que recoñecer. Pero entón ¿non estou a falar de nacionalismo español? ¿ser galeguista é ser nacionalista español?. O nacionalismo español non existe, os españois son "non nacionalistas" e ademáis España non é unha nación, é un marco de solidaridade onde convive a xente de esquerdas para compartir cousas e ser todos iguais. Entón, ¿os españois non sinten apego por España?. Si, claro que o sinten, pero como España non é unha nación que é un marco, en ves de ser nacionalistas son marquistas. Iso parece que é porque leen moito o Marca. Xa entendo porque nunca gaña a selección. Agora que o penso no can ese, o Trotsky, tampouco debe ser moi espabilado para pensar que o PP e o Psoe realmente andan moi separados. Home pero si se levan a matar. Iso é cara á galería pero o marco teñeno ben suxeito. Dis que están dacordo en que hai que frear a chegada dos de fora. ¿Os de fora de donde? Pois de España, ¿de donde vai ser? Pero si España non é unha nación ¿cómo os van botar?. Non é nación pero é un marco e total no fondo eche o mesmo. Sabes que che digo, que sigo cunha confusión mental que xa non sei si son nacionalista, non nacionalista, marquista, de esquerdas ou de dereitas, si viñen nunha patera, si estou nun hospital de Cuenca, si son Blancolexitimo ou si esto é unha gran democracia.
Pois eu teñó moi claro, son un internacionalista no nacionalista. Home, eso parece unha contradicción pero, ala ti….
Saudos, Lis de Moura.
Lis de Moura por lo confundida que andas tú eres de BNG. Que te lo digo yo... das el perfil. Mira si das que ahora parece que aceptan (el BNG) pactar con el PP en un futuro. Bueno, lo dicho… del BNG.
Hola, son Lis de Moura
O termo antinacionalista non ten razón de ser na práctica, non pola maioría que marca a norma social, senon porque carece de todo fundamento existencial, salvo casos contados como Tarzán de los monos, quen a pesar de non ter unhas fronteiras administrativas, tiñás xeograficas e sentiase totalmente identificado có seu medio. Poida que na teoría haxa alguén que lle importe un pimento onde naceu, donde vive e que considera o mundo ou tal vez o universo, coma a sua patria. Na practica, no mundo civilizado, dividido en paises, a todos nos poñen unha marca que aparece no noso Dni ou Pasaporte e que di nacionalidade, no meu caso en ambos documentos figura “español”, froito dunha casualidade que te leva a nacer nun país concreto da terra e vivir nel por sempre, na maioría dos casos. Isto fai que có pasar dos anos fales unha lengua, teñas unha cultura, aprendas unha historia, respires, camiñes, ames, odies, rias, chores, sufras, disfrutes e sintas apego por esa terra e pola xente que, con unha marca coma a tua nos seus documentos, comparte a cotío a tua vida. Din algúns que o nacionalismo se cura viaxando. Como non vexo enfermedade no nacionalismo sinon coido que é o máis natural do mundo, como antes expuxen, opino o contrario e digo que canto máis viaxo, máis diferenzas atopo con outros lugares e con outras xentes dentro dese marco de solidaridade que fai uns cinco centos anos, definiuse como España. ¿Teño que ser solidario e considerarme igual que un extremeño?. Por suposto pero nin máis nin menos solidario e nin máis nin menos igual que con un de Namibia, por exemplo. ¿Por qué?. En primeiro lugar porque considero a Galiza a miña nazón, a miña patria, o meu país, a miña terra, ou como queiramos chamarlle. E me molesta que se diga da miña terra que non é unha nazón, que non guste que se ensine o noso idioma, o noso himno, a nosa historia, a nosa cultura, porque todo eso non é impoñer, é simplemente normalizar, normalizar unha situación que se impuxo pola forza dende hai séculos até hoxe. En segundo lugar porque o nacionalismo galego non é malo, non é excluinte, soupo emigrar e sabe recibir inmigrantes. A min doeme por igual a morte de calquer persoa do planeta, poñendo por diante familia e amigos. O nacionalismo español, chamado “non nacionalismo”, amosa de vez en cando a diferenza entre as mortes dos soldados españois e os negros que morren intentando alcanza-las nosas costas, ou entre as victimas do terrorismo no mundo civilizado ou no conflicto Iraquí. ¿Acaso non é esto nacionalismo?, honores, monumentos e salvas para uns e mantas da Cruz Roja e un pouco de terra para os outros. O nacionalismo español é un nacionalismo malo, con un pasado imperialista mortal, en moitos lugares do mundo pero, sobor de todo en sudamerica e, tivo a sua etapa gloriosa cando o bando nacional, apoiado pola aviación nazi, acabou cun goberno lexítimo entre o 36 e o 39. ¿Non é esto nacionalismo?.
Pois parece ser que para algún é ao reves, a maldad recae sobor do nacionalismo galego, catalán e vasco, a insolidaridade, respaldada por políticos de dereitas disfrazados de progres. Parece que o marco está posto e como non o movan os labregos pola noite, tera que ser a madurez da Unión Europea quen o faga.
Saudos, Lis de Moura
¿que es un pais?
Es una nacion, a la que algunos le llaman patria.
Anónimo 12.13, o futuro, ¿quén sabe o que nos deparará? ¿Veu vostede, polo de agora, algunha alianza entre o Bng e o PP? ¿Entón?
O futuro até pode acabar có seu teclado, tanto pensar, tanto sudor na frente, tanto goteo, ao final, inundación. Sr administrador, rogolle adique un espazo reservado e o máis grande posibel para que esta persoa escriba os seus pensamentos. Adiviñou que eu son do Bng. Trateo ben que, acaba de nacer un novo talento, si canta e baila, temos á nova Shirley Temple.
O da proxima coalición PP-Bng, non o adiviñou, leeuno nalgún periodico, pero amosa boa memoria pois xa o dixeron hai tempo.
En resumo, un neno prodixio.
Saudos, Lis de Moura. (lucido mental, cada día máis calvo)
Cando o vello fraga adiviñaba a sua morte política, profetizaba sobor da batasunización da Galiza. Lonxe diso vivimos nun país onde a violencia política non ten cabida afortunadamente. Eu sinto decilo pero estou seguro que moitos, entre eles o vello fraga, estarían encantados conque eiquí se queimaran autobuses, caixeiros, contenedores, etc. ou que se fixesen outro tipo de atrocidades que prefiro non comentar pero, os nacionalistas galegos non somos así, para desgraza de moitos. Somos unha nazón privada dos nosos dereitos, pisoteada ao longo da historia na cultura, nas tradicións, na fala, dirixida dende Madrid, traballando para crear e manter unha administración central en Madrid. A pesar diso os galegos sempre termamos da viga e a nosa nazón resiste, tal vez unha actitude cobarde por non loitar, tal vez unha actitude sabia, por non loitar. Galiza aguantou os reises católicos, a franco e a fraga, aguantará porque as raices son fortes. ¡Termarás Nazón!.
Saudos, Lis de Moura.
Lis de Moura, non monopolices
Valba, alegrome que a heterodoxia e a libertade de pensamento teñan cada vez mais servidores.
Poño un enlace coa sua paxina, de non querer que siga ali fagamo saber.
Un saudo
Tantum, estase perdendo a coraxe necesaria para loitar polas ideas propias. Como sucedia no franquismo, moita xente valora as repercusions que lles pode traer expresar libremente o que pensa.
Lia na prensa hoxe as declaracions de Javier Marias sobre o pais no que vivimos e sigo afirmando que a libertade non se mendiga.
Saude.
Anonimo 13:26, Robert Plant (de Led Zeppelin) cantaba en "Stairway to Heaven":
"Cause you know sometimes words have two meanings" (porque xa sabes que as veces as palabras teñen doble sentido).
Un saudo.
Sombriña, un pais non pode ter 17 aeroportos internacionales. Sumelle a eso que a primeira empresa española e o turismo.
O mundo virtual (sin chegar a ser Second Life) das ideas admiteo todo. No mundo real o mercado dicta as normas.
Benvido seria que Barajas fose o primeiro aeroporto do mundo en trafico de personas e mercancias.
Non esqueza que deso cobraremos a pension vostede e mais eu.
Non me interpreta ben no das galescolas, pois eu afirmo que non me preocupa o que poda pasar hoxe. O problema son as portas que abre de cara o futuro. E poderiamos falar aqui de cousas que coñezo do Pais Vasco.
Eu non son un patriota e nin os himnos nin a festa nacional (me quedo en la cama igual, cantaba Brassens) me alteran a respiracion.
Eu quero unha escola que fabrique personas libres e criticas, outros (desde a noite dos tempos)queren utilizalas para crear adeptos.
Elle unha cuestions de principios: a vostede gustanlle as sociedades uniformes e a min non.
¡Que lle imos facer!
Saude.
Muiño, e tan escueto o comentario que non consigo collerlle o sentido.
Saude.
Admirado D. Lis, ¿estame propoñendo que me faga ainda mais anarquista?
¿Pretende que teña que repartir as miñas catro cousas entre os desfavorecidos, como fixo Enrico Malatesta, para que me chame solidario?
Xa que con nos Malatesta, eu non me defino de esquerdas "En el cafe", eu creo que a miña praxis vital corresponde a un home de esquerdas.
Se falamos de marcos, ¿por que o marco non pode ser A Coruña? ¿Acaso non e un marco Santander?
¿Quen decide cal debe ser o marco?
¿Por que?
A ver se nos queda unha cousa clara despois desta vida en comun: a min pareceme estupendo que vostede sexa nacionalista, sempre e cando non o utilice para coartar a miña libertade.
¿Como sabia que o meu can se chama Leon?
¿Non ve como vostede como no segundo escrito se lanza vostede a categorizar de quen defende e non a terra?
¿Non se da de conta que defende a imposicion do que vostede cre?
¿Non haberia que preguntarlle os demais se estan de acordo?
¿Que diferencia hai entre vostede e o franquista que defendia facer o mesmo co español?
Flaquea vostede cando, despois de coñecer o que esta sucedendo no Pais Vasco e Cataluña, adopta un lamentable tono victimista.
D. Lis, en Cataluña os nacionalistas non son as victimas. Serian, en todo caso, os verdugos.
E o goberno republicano do 36-39, ¿era logo un goberno de nacionalistas?
Non me diga que os socilaistas, os comunistas, os anarquistas e os republicanos eran nacionalistas.
¿Prieto ou Negrin nacionalistas?
Meu Deus, teño que volver ler os manuales.
Afortunadamente a violencia politica non ten cabida entre nos. Ese un merito que ninguen lle pode negar o BNG.
E sempre un placer saudalo.
Anonimo 12:13, no Pais Vasco e Cataluña o nacionalismo e defendido por distintas formacions. En Galicia, o BNG e a casa comun.
Nacionalistas hai no PP (os "leiras" con Cuiña o frente) e no PSOE (Barros e compañia).
Asi que eu, que defendo que o nacionalismo e unha doctrina conservadora, penso que un pacto PP-BNG ten as mesmas posibilidades que o de PSOE-BNG.
Un saudo.
Anonimo 13:15, para min un pais non e unha patria (do pai), seria en todo caso unha fratria (dos irmans).
Un saudo
Ananimo 21:11, deixe vostede que nos ilustre.
Saude.
Querido Mariño, O estado español a dia de hoxe e segun os meus calculos, conta con 45 aeroportos internacionais, asik o de que non pode ter 17 e un conto que so vostede cree.
Sumandolle que a primeira empresa española e o turismo, como ben vostede di, dudo moito que Madrid sexa o centro de chegada de todos eses turistas que vostede menciona, polo que ao mellor a ubicaci´´on de toda esa inversion ser´´ia moito mais productiva en zonas costeiras mediterraneas como por exemplo Barcelona. De todas formas, e volvendo ao da solidariedade, se españa ten un riqueza que e o turismo, ¿non seria mellor repartila por todo o territorio que xuntala nun sitio?
"Non me interpreta ben no das galescolas, pois eu afirmo que non me preocupa o que poda pasar hoxe." enton que significa o de : Imaxinan a que se lle asemella a un home coma min unha galescola con nenos uniformados cantando e aprendendo de memoria o himno galego cando a maior parte deles, o menos en Betanzos, son castelanfalantes?( refirese ao presente , non?)
¿Que diferencia encontran con facer cantar os nenos o Cara al Sol (o himno español non ten letra) en tempos pasados?
"problema son as portas que abre de cara o futuro" Ensinar un himno ao igual que se ensinan varios fragmentos literarios, causa problemas para as portas que se abriran cara o futuro? home,un pouco demagoxico.
O de que vostede non e un patriota perdoe pero non o creo.
Vostede di que quere unha escola que fabrique persoas libres e criticas, pois expliqueme que signifa o de colgar carteis con publicidade do seu partido nas ventanas dos colexios en epoca eleitoral.
¿A min gustanme as sociedades uniformes e a vostede non? o uniformismo segun teño entendido pega moito co conservadurismo,e se non me falla a memoria vostede votou a favor de pactar coa dereita conservadora.
Saude para vostede nestes tempos de gripe que veñen.
señor Blancolexitimo, yo dejo que Lis de Moura instruya, no que destruya.
O Sr. Blancolexitimo entrevista a Lis de Moura.
Admirado D. Lis, ¿estame propoñendo que me faga ainda mais anarquista?
A sua liña marcá vostede ainda que xa sabe que me defraudou có de Maria Faraldo.
¿Pretende que teña que repartir as miñas catro cousas entre os desfavorecidos, como fixo Enrico Malatesta, para que me chame solidario?
Xa que con nos Malatesta, eu non me defino de esquerdas "En el cafe", eu creo que a miña praxis vital corresponde a un home de esquerdas.
Corrian outros tempos, hoxe abonda con facer un donativo a unha ong ou apadriñar un neno.
Se falamos de marcos, ¿por que o marco non pode ser A Coruña? ¿Acaso non e un marco Santander?
¿Quen decide cal debe ser o marco?
¿Por que?
Á Coruña cidade ou provincia superana un idioma, unha cultura, unhas tradicións, un reino suevo, etc., extendense polas outras tres provincias que vostede xa coñece e forman o marco verdadeiro anulado en parte pola historia. Santander tamen é un marco, dunha gran beleza, pero outro tipo de marco distinto a Galiza. Os marcos aparentemente decidenos os politicos i eu mesmo vivin cambios de pouca importancia dentro de España, a división autonómica, a independencia de Madrid de Castilla la Mancha, a adhesión de Albacete a Castilla la Mancha, A independenza de Logroño, transformada na Rioja, O marco do que vostede falaba antes, Santander, que se separou de Castilla León mudando en Cantabria. Pero estos son movimientos de marcos menores, como roubarlle un cuarto de ferrado á Duquesa de Alba. Cambios maiores, terían que ser polas malas, cunha guerra, como sempre se amañaron estas cousas ao longo da historia ou autorizados polo todopoderoso capital que goberna o mundo, delegando nos políticos de turno que pouco ou nada terían que ver no asunto.
O ideal para min, que fose a xente quen decidise os marcos, eso si, xente autorizada, con coñecementos, con peso na sociedade, non carrexando os votos dos vellos.
A ver se nos queda unha cousa clara despois desta vida en comun: a min pareceme estupendo que vostede sexa nacionalista, sempre e cando non o utilice para coartar a miña libertade.
Coincidimos plenamente, tamen me parece ben que vostede sexa nacionalista español, sempre e cando non o empregue para coartar a miña liberdade.
¿Como sabia que o meu can se chama Leon?
Meu tio tivo un que se chamaba así. Morreu hai poucos anos, colleuno un coche e gardolle cariño.
¿Non ve como vostede como no segundo escrito se lanza vostede a categorizar de quen defende e non a terra?
Non o vexo
¿Non se da de conta que defende a imposicion do que vostede cre?
Hai que ensinar un idioma, unha historia, unha cultura, un himno.
Sempre haberá unha imposición.
¿Non haberia que preguntarlle os demais se estan de acordo?
Coido que por desgraza a maioría dos demáis non están capacitados para opinar sobor dalguns temas. Non me trate de pedante, ao contrario, considerome un ignorante, comparado con vostede e con moitos dos que pasan por eiquí, teño pouca cultura e titulos por vagancia xuvenil pero, polo que leo, vexo, escoito, a maioría está máis preocupada doutras cousas, coma a prensa do corazón.
¿Que diferencia hai entre vostede e o franquista que defendia facer o mesmo co español?
A razón e a defensa pacífica.
Flaquea vostede cando, despois de coñecer o que esta sucedendo no Pais Vasco e Cataluña, adopta un lamentable tono victimista.
D. Lis, en Cataluña os nacionalistas non son as victimas. Serian, en todo caso, os verdugos.
Refirese a Luis Companys, supoño.
E o goberno republicano do 36-39, ¿era logo un goberno de nacionalistas?
Non me diga que os socilaistas, os comunistas, os anarquistas e os republicanos eran nacionalistas.
¿Prieto ou Negrin nacionalistas?
Meu Deus, teño que volver ler os manuales.
Ten que volver a leer os manuales, porque, no meu xeito de velas cousas, toda persoa que dende a clandestinidade loita por un ideal para a sua nación, como neste caso foi acadar unha España republicana, sen dúbida é un nacionalista.
Afortunadamente a violencia politica non ten cabida entre nos. Ese un merito que ninguen lle pode negar o BNG.
Agradezolle o recoñecemento.
E sempre un placer saudalo.
O mismo digo, Sr. Blanco.
Por certo, Sr. Blanco, non me comentou nada dos polacos ¿non lle gustaron?.
Saudos, Lis de Moura.
Sombriña, todos os paises do mundo teñen un aeroporto de referencia coa suficiente capacidade para asumir o trafico internacional. So a onnubilacion pode defender que este se coloque nun extremo (en Barcelona) cando esta colocado equidistante de todos os españoles que queiran utilizalo (xa sei que a vostede a palabra español lle produce urticaria).
E indigno de vostede falar de que CxB fixo propaganda no Francisco Aguiar. O que sucedeu e que uns alumnos de 14 anos fixeron a broma de levar un cartel electoral no que aparecia a foto dun profesor seu e poñela na venta durante un recreo.
Se alguns comentarios me produciron pena polo miserable, que mo diga un militante do BNG, cando todo o frente estaba empapelado con carteles de Galiza Nova e a sua revista que cantaba as excelencias do BNG estaba amontonada nunha mesa diante da conserxeria, pareceme unha obscenidade. Como dixen, indigna de vostede.
Un saudo.
Anonimo 09:05, e bon escoitar as opinions dos que defenden racionalmente a sua opcion politica.
SE destrue e o que os edificios tiñan os cementos mal estructurados.
Un saudo.
D. Lis, ¿quere que aporte a unha desas ONG que logo as auditorias demostren que roubaban coma condenados? Hai xente que come pouco moito mais cerca de vostede do que podia supoñer.
No tema do nacionalismo e dificil polemizar cando vostede afirma que todos somos nacionalistas.
O argumento da capacidade para opinar plateao vostede moi descarnadamente.
Supoñia que defenderia a imposicion, non podia ser doutra maneira. Mire o redor e vera que moita xente, sobre todo no ambito da esquerda, estase posicionando contra esa imposicion.
Escoitei os polacos pero non me chegaron moi fondo.
Un saudo.
Publicar un comentario