Blancolexitimo e a dereita

Non comento case nada da dereita pois non teño por costume meterme a amañar a casa do veciño.
O meu afan nestes momentos e axudar a barrer a casa para que se vexa claro que outra esquerda e posible. Se o intento fracasase, esta sensacion personal de estar loitando polo triunfo da razon pagaria con creces as horas de traballo.

Logo calquera que teña capacidade de analise politica entendera que si o fixese seria o “tonto util” que alguns (demostrando unha anxelical inxenuidade politica) din que son.
Seria un “bobo solemne” porque:
1) No mundo en blanco e negro que os medios de comunicación estan grabando na mente de moitos cidadans estaria un traballando para esa esquerda deplorable.
2) Segun comentabamos nas municipales, so un bobo seria quen de presentarse a unhas eleccions e dedicarse a desmontar as teses da oposicion en lugar de atacar os que gobernan.
Non teño claro, por outro lado, que as posturas criticas coa esquerda gobernante favorezan en absoluto a dereita. Si nos fixamos no que pasou en Betanzos, vemos que o que mais votos perdeu foi o PP.

Dou por pechado pola miña parte esa parte do temario. Sei que se me seguira calificando de dereitoso. Entenderan cos principios que acabo de expoñer a importancia que lle dou o adxetivo. Estou por comentar que entendelo e cuestion de materia gris.

Miles de españoles estamos en movemento porque pensamos que o problema para ser un pais europeo como e debido non esta na dereita (que e cada vez mais equiparable os seus colegas europeos, empezando incluso a selo en Galicia). O problema e un desvario inexplicable da esquerda oficial española que non atopa parangon no vello continente. Para os que temos uns anos traenos a memoria un Spain is different que quixeramos esquecer.

Parece que eses movementos (seria triste que fose so a proximidade das eleccions) fan que agora os que nos gobernan volvan a utilizar a palabra España e falen de Batasuna-ETA, despoi de tres anos e pico de “estado español” e de afirmar que os batasunos eran “homes de paz”.
De todas as maneiras do camiño por andar que nos queda e boa sinal o que, despois do atentado de onte, o Goberno nos diga que ETA “pretendia comprometer la vida de una persona”.

O que ibamos, sonroja ver a Rajoy botando man dun nacionalismo español rancio para que nos levantemos coa musica militar o dia 12:



¿Non sabe Rajoy que o que esta facendo e validando os razonamentos dos nacionalismos que andan coma tolos buscando oponentes que argumenten coma eles?
¿A quen se dirixira Mariano disfrazado de Presidente?

Un politico serio de esquerdas, cunha capacidade intelectual media, destrozaria esa posta en escena. Pero non, sae o inefable Jose Blanco (probablemente un dos profesionales da politica –nunca traballou noutra cousa- mais ineptos da historia da democracia) para terminar decindo que: "La Historia nos ha enseñado que cuando la derecha grita ¡España! muchos españoles se estremecen"
¿Para quen falara este personaxe?
¿Pensa que a xente non sabe que o PP gobernou oito anos este tempo atras e aqui non estremeceu ninguen?

¡E ainda hai xente que di que non entende onde nos situamos alguns!

E precisamente este deserto argumentativo e as continuas prebendas que se otorgan a si mesmo os politicos, o que leva a moitos a abstencion ou a votar por opcions alonxadas do seu ideario (no meu entorno o que sae favorecido e o BNG).

Menudo panorama como non lle botemos coraxe a cousa e todos botemos unha man para que sexamos un pais serio.

Xa saben que ainda que non foi Brecht quen o escribiu, o que copio e un dos mellores alegatos a favor da participacion politica:

Cando os nazis viñeron buscar os comunistas,
quedei calado,
porque eu non era comunista.

Cando encarcelaron os socialdemocratas,
gardei silencio,
porque eu non era socialdemocrata.

Cando viñeron polos sindicalistas,
non protestei,
porque eu non era sindicalista.

Cando viñeron a buscar os xudeos,
non protestei,
porque eu non era xudeo.

Cando viñeron a buscarme a min,
ya non habia ninguen que poidese protestar.

Fagan clic na foto de Paco Ibañez para escoitar como e debido (noutra paxina) o que pensa Georges Brassens (e eu tamen) de todo esto que nos ocupa.

Como entenderan facilmente, Brassens falanos de todos os himnos e de todas as bandeiras que van detras da musica militar.

Dificil expresalo mais claramente.


LA MALA REPUTACION

En mi pueblo, sin pretensión,
tengo mala reputación.
Haga lo que haga es igual
todo lo consideran mal.

Yo no pienso, pues, hacer ningún daño
queriendo vivir fuera del rebaño.
No, a la gente no gusta que
uno tenga su propia fe.

Todos, todos me miran mal,
salvo los ciegos, es natural.

En la fiesta nacional
yo me quedo en la cama igual,
que la música militar
nunca me supo levantar.
En el mundo, pues, no hay mayor pecado
que el de no seguir al abanderado.

No, a la gente no gusta que
uno tenga su propia fe.

Todos me muestran con el dedo,
salvo los mancos, quiero y no puedo.

Si en la calle corre un ladrón
y a la zaga va un ricachón
zancadilla pongo al señor
y aplastado el perseguidor.

Esto sí que sí, que será una lata
siempre tengo yo que meter la pata.
No, a la gente no gusta que
uno tenga su propia fe.
No, a la gente no gusta que
uno tenga su propia fe.

Todos tras de mí a correr,
salvo a los cojos, es de creer.

Un Paco Ibañez mais queimado poden velo aqui:





5 opinions:

Anónimo

Vostede deixou a esquerda hay moito tempo.

A sua "esquerda" perdeuse na transición e matarona vostedes mesmos, son vostedes os que traizoaron o pensamento progresista, e so vostedes son culpabeis delo.

Ver que outros seguen a crer no que vostedes xa nin lembran que creron, xeneralles rabia e inseguridade.

Ou cecais e que vostede nunca soubo o que e o prgresismo e por eso agora se abraza aos plantexamentos de dereita cos que como se aprecia convive vostede en armonia e mesmo defende en plantexamentos moi moi rancios.

Hay afirmacións que lle quedan moi grandes, excesivamente grandes diria eu, e hay analises que mellor aforrara facer pois son como unha borracheira, divertida mentres dura pero con un so e unico final, a resaca, que por certo cos anos empeora como vostde saberá e como nos podemos apreciar nos seus escritos.

Mereceme vostede a mesma credibilidade que Jimenez Losantos, co que a bo seguro fora do plano eclesiastico teria moitisimos puntos en común, e mesmo poderian fundar un partido politico.

Amargados por Betanzos ou Betanzos y cierra España, este ultimo a bo seguro lle gustaria mais a Fede.

Saudos

Anónimo

Mariño "te es tan de izquierdas" como Pio Moa, ese ex-grapo un tonto útil da dereitona, converso a e,scritor de betsellers pseudohistoricos.

Ao "20h semanais" pasalle o mesmo. Tanto barrer a casa propia (que xa explicará algún día cal é), quedaronselle os miolos requentes de tanto pensar.

Mañá sairá a celebrar o día da raza coa súa bandeira rojiguarra co aguilucho enganchado cun imperdibel, e así para demostrar "que el ama la libertad" e que non ten prexuizos, "aparte de ser un tipo culto, y muy europeo), que xa pode ir tamén comezando a explicar que é iso.... Que para eso es un buen ciudadano (que no patriota) español.

Tanto vostede como o persoal acólito que circula por aquí, devería pasarse a dar unha volta por Europa; ao mellor decatase de que eso que vostede tacha co calificativo de "Spain it's different" perhaps non é tal.
Mágoa que non pasasemos do Piornedo.

Sobre o de poñer a Brecht ou paco Ibañez, pois queda moi bonito, máis estou inetresado en outras cuestións que me permiten ter unha visión un pouco máis lonxana que mirar no mapa para arriba, obsesionado con pensar que nos van deixar pasar dos pirineos; os posestrucralistas europeos ou o postcolonialismo americano como contraposición de pensamentos unidos pero moi distantes, poden ser interesantes á hora de reflexionar sobre a diversidade, algo que vese que vostede está empeñado en estigmatizar agarrandose á crenza cega dun españolismo máis que superado e que xa non ten collida nunha estructura como a europea ao igual que non teñen as crenzas do estado-pais postrevolucionario frances.
Estamos pois en dous bandos moi distintos; vostede e esa especia de salvapatrias aburrida e que non deixa de mirar ao pasado, nesa psudoesquerda que agora traballa para o alemán (entendase como unha metafora ou expresión feita), máis que xa se ten comportado con anterioridade igual, é decir dun xeito retrogrado e termendamente nacionalista centralista (non confundir cos nacionalismos periféricos) e a xente que vemos o mundo como o que é: diferenza, igualdade, fraternidade, pluralidade, progreso, loita, compartir...
Todo esto non o entendde vostede(s), maís interesados en non sabemos que historias ridiculas de ter que defender anacronismos históricos nos que xa ninguén cre, e que se a historia deriva pola lóxica social, ten os días contados.


Saúdos don mariño, e bo día da raza, ou como din en SurAmerica, "BO DÍA DO XENOCIDIO INDIXENA"

Anónimo

http://ie.youtube.com/watch?v=f300zp1YhDQ


Feliz dia do olocausto Indixena!!!

Anónimo

¿vostede tamen,vai facer,revision historica?.
Sigo fai tempo,o seu blog, pareceme que non e vostede, de estos, que se amilanan, ante os contratempos.
¡espero acontecementos!.Saude.

blancolexitimo

Muiño, do de que son ou non de esquerdas deixo (como dixen) de discutir.
A vostede molestalle que "uno tenga su propia fe" e "no seguir al abanderado".

Non entende que o que vostede di, que noutro momento da nosa historia que non viviu tiña sentido, agora esta fora de lugar.
Os anos faran que as borracheiras empeoren, pero taen axudan a traer a sabiduria.
Un saudo
*****
21:10, afortunadamente estamos en bandos distintos.
Quen ten que cruzar os Pirineos e vostede e darse unha volta por Francia, Alemania ou Gran Bretaña.
O do xenocidio indixena e outra tonteria que os que miran constantemente o pasado (¿Teñen medo do futuro?) prppagan para que o repitan os que non teñen criterio propio.
Un saudo
*****
15:12, que un saltimbanqui saia a rua a entrevistar a quen pasa por ali para logo publicalo como se fose o pensamento dunha parte da poboacion, non resisite a minima analise.
Preguntouse a probabilidade que existe de que ese locutor sexa descendente de galegos.
Un saudo
******
De ningunha maneira, Tantum.
O que publico son cousas que tiña gardadas e que unha xente determinada quere consultar.
Escribin sobre a memoria historica.
Saude.