Maxia vs Marketing

Deixando a marxe as carnicerias, hai unha grabacion da Guerra Civil que se me ven a cabeza cada vez que se fala desa epoca:

Uns soldados en alpargatas valeiran unha iglesia amontonando todo na entrada e facendo unha pira. Despois prendenlle lume o edificio.

O que me fascina e que se pretenda establecer un nexo de complicidade obligatoria con todo aquel que se mova no ambito ideoloxico da esquerda.

¿Apoiar a queima gratuita do patrimonio historico dun pais? Hai que ter algunha tara para compartilo.

Ven a conto con ese Papa Noel que, co saco o lombo, aparece colgado cada vez en mais balcons


Tamen me fago sempre a mesma pregunta. ¿Por que?

¿Ten o mesmo simbolismo progresista (salvando as distancias) que a queima dunha iglesia?

¿Que temos que ver nos cunha lenda nordica dun gordo con barbas vestido de vermello que ven pola ¿neve? nun ¿trineo? tirado por ¿renos??

¿Que hai do outro lado?


(El Greco: Adoracion de los pastores)


A muller dun carpinteiro que pare nun cortello o lado do gando. Un imaxinaba de pequeno a Jose (entre trenchas e garlopas) collendo a herba do pesebre das vacas e esparcindoa pola corte para que Maria estivese mais comoda.
As vacas dabanlle calor e viamos como a respiracion humeda da Marela quentaba o pequeniño (Todos os nenos labregos nos temos deitado no medio das vacas cando a corte estaba recen estrada e a palla que cubria os toxos estaba limpa).

Pero non era un neno calquera: era especial.

Asi que viñeron de Oriente (sonaba a Persia) uns reis vestidos de seda que ademais eran magos (que provocacion para imaxinar lamparas que che concedian tres desexos).
Regalabanlle o neno ouro, incienso e mirra . De ouro eran os pendentes da aboa, o incienso oliamolo a miudo, ¿pero que era eso da mirra?
Ademais o rei Baltasar era negro. Asi que os negros non so os compraban e vendian para cantar sincopado nos campos de algodon. ¡Habia reis negros!

Si o patrimonio de un e a infancia: un naceu nun pais maxico, nun pobo maxico e nun ambiente familiar maxico.
E a cultura cristiana forma parte desa infancia maxica.

E unha estupidez (perdonenme o termino) confundir a cultura occidental (cristiana) coa pertenencia ou non a unha determinada colectividade relixiosa.

E como aquel que vivia en Monfero nunha casa no medio dunha leira, mirando para o Eume, e vende todo para comprar un piso en Fene e traballar en Astano.

Asi que elixan sin prexuicios entre o barbudo e a familia do carpinteiro.

Cambien se queren a maxia polo marketing, pero por favor non o pinten de progesista.

A uns e outros, sexan felices e BON NADAL.



(Xa saben que "navidad" quere decir "natividad" e non consigo imaxinar a Papa Noel no colo de ninguen)



22 opinions:

Bruno

DE CARA A LAS FECHAS QUE SE AVECINAN CAMPAÑA EN APOYO A NUESTROS QUERIDOS REYES MAGOS, MARGINADOS Y OLVIDADOS GRACIAS A UN INVASOR GORDO Y SEBOSO PRODUCTO DEL CONSUMISMO COMPULSIVO...

Estos tres pobres venerables ancianos llevan dos mil años con su PYME, atendiendo únicamente al mercado español y sin intención de expandirse y están sufriendo una agresión que amenaza con destruirlos.

Reivindicamos la figura de los Reyes Magos porque:

1. Los Reyes Magos son un símbolo de la multirracialidad y nunca han tenido problemas de inmigración.

2. Los Reyes Magos son fashion total, su elegancia en el vestir no ha pasado de moda en dos milenios.

3. Si no existiesen los Reyes Magos, las vacaciones se acabarían el 2 de Enero.

4. Los Reyes Magos son ecológicos, utilizan vehículos de tracción animal que con su estiércol contribuyen a fertilizar el suelo patrio (nada de trineos volando ni gilipolleces que no existen...)

5. Los Reyes Magos generan un montón de puestos de trabajo entre pajecillos, carteros reales y multitud de gente que va en la cabalgata.

6. De Papá Noel puede hacer cualquier pelagatos, pero para hacer de Reyes Magos se necesitan al menos tres.

7. Los Reyes Magos fomentan la industria del calzado y enseñan a los niños que las botas se deben limpiar al menos una vez al año. Por contra, el gordinflas exige que se deje un calcetín, prenda proclive a servir de acomodo de la mugre, cuando no de indecorosos 'tomates'.

8. Los Reyes Magos planifican concienzudamente su trabajo y se retiran discretamente cuando acaban la función.

9. Santa Claus vive en el Polo norte y por eso es un amargado, los Magos son de Oriente, cuna de la civilización y por ello de una elegancia no decadente.

10. Los Reyes Magos tuvieron un papel destacado en la Navidad, Santa Claus es un trepa que trata de aprovecharse del negocio y que no participó en nada en los acontecimientos de la Navidad.

11. Los Reyes Magos son de los poquísimos usuarios que mantienen en pie la minería del carbón en Asturias. No lo han cambiado por gas natural ni por bombillitas horteras.

12. Los Reyes Magos lo saben todo. Santa Claus no sabe otra cosa que agitar estúpidamente una campanita.

13. Santa Claus es un zoquete que no respeta los sentimientos de los renos de nariz colorada. No hay documentado ningún caso de maltrato psicológico por parte de los Reyes Magos hacia sus camellos.

14. Los Reyes Magos son agradecidos, siempre se zampan las golosinas que les dejamos en el plato.

15. Sin los Reyes Magos no se habría inventado el Roscón de Reyes.

16. Finalmente, Santa Claus se pasa la vida diciendo '¡Jo, jo, jo!'. Risa forzada y sin sentido. Señal de estupidez.

Empecemos la campaña en PRO DE NUESTROS QUERIDÍSIMOS Y ANTIQUÍSIMOS REYES MAGOS, QUE VUELVAN A AFLORAR LAS TRADICIONES CON ARRAIGO CENTENARIO...

Todos los años por estas fechas sufrimos una agresión globalizadota en forma de tipo gordinflón, una manipulación de las mentes de los niños de España y del resto del universo.

Ese adefesio carente del más mínimo sentido de la elegancia en el vestir, con aspecto de dipsómano avejentado y multirreincidente en el allanamiento de morada por el método del escalo, es un invento de la multinacional más multinacional de todas las multinacionales, Coca-Cola.

En los años 30, cogieron al San Nicolás de la tradición Nórdica, que originalmente se paseaba vestido de obispo o de duende un tanto
zarrapastroso y lo enfundaron en un atuendo con los colores corporativos
(rojo y blanco).

Desde entonces, generaciones de tiernos infantes de medio mundo han sido machacadas por la publicidad, alienándose hasta tal punto que piensan que un mamarracho publicitario representa todo lo bueno del ser humano.

Felices Fiestas :DD

Latón

«Nacido Jesús en Belén de Judea, en tiempo del rey Herodes, unos magos que
venían de oriente se presentaron en Jerusalén diciendo: ¿Dónde está el Rey de
los judíos que ha nacido? Pues vimos su estrella en el oriente y hemos venido a
adorarle»
Mateo, 2,1.
Ahí empezou todo e en apenas unha centena de verbas máis, porque a historia da
adoración dos Reises Magos, non é máis que un párrafo marxinal dentro da Biblia. ¿Por qué có tempo foi gañando tanto peso?. Non creo que fose a visión comercial dun triste escriba. Os detalles —que eran tres, cómo se chamaban...— foron vindo cós seculos e ata o XIV, non apareceu o rei negro, introducido polo monxe Beda. E menos mal, senon habería que inventalo agora con calzador; ao respeto, que ainda non intentase ninguén —que eu seipa— transformar a, por exemplo, Gaspar en Gaspara, é unha proba irrefutable do poder que todavía manten a Igrexa.
O caso é que, supoñendo —que é moito supoñer—, que o do primeiro párrafo de
este texto pasase de verdade, sucedeu UNHA soa vez e con UN só neno.
E hoxe, vinte e un seculos despois, sucede cada ano e con millóns de nenos, con unha diferenza fundamental: o agasallo dos Reises Magos era, finalmente, para Xosé e María[1], mentres que agora o agasallo é para o neno, proba irrefutable de que na nosa sociedade o neno é o rey. E a mirra, o incienso e o ouro cambiaronse pola Playstation, a Barbie e o Action Man, outra proba irrefutable
de que a humanidade sí avanza. Nada que obxetar se non fose porque toda esa ilusión e ofrenda fundase nunha falacia, impune e alevosa, porque emprega a disposición do neno a creer e a ignorancia do mundo que lle rodea para convencelo de que todos esos regalos que se encontra o día seis de xaneiro pola mañán llos trouxeron os Reises Magos.
Na primeira fase desta Mentira, o neno, imbuido desde pequeniño na
cultura do regalo máxico, non dubida xamáis: cree totalmente o que lle
digan[2]. Nunha segunda fase, quizás a partir dos seis anos, cinco si o
neno saliu espabilado, empeza a plantexarse algunhas cousas: cómo
fan para estar en toda-las casas a un tempo, cómo teñen tantos xoguetes, a
coincidencia das cabalgatas... Os pais saen do apuro, como poden —teñen
axudantes, son magos, esos están disfrazados pero os de verdade...—, pero é neste momento onde a Mentira se agranda por reincidencia e por crear
outras Mentiras que salven a Mentira primeira. A terceira fase é un cachondeo. O
neno —de oito, nove, dez, once anos—, xa dotado de algunhas das características mentais do adulto, sabe a ciencia certa que os Reises Magos son seus pais; polo seu lado, os pais saben que o neno o sabe; e o resultado é o lóxico: ambas partes fan creer á outra que non saben nada. O círculo Mentiroso pechase así facendo participar ó neno na Mentira ideada polos proxenitores. Eu minto, ti mintes, él minte... Tamén é certo que hai nenos que, afectados polos efectos secundarios da Mentira, con dez ou once aniños siguen creendo firmemente nos Reises Magos e ten que vir un veciño a decirlle que si é tonto, que os Reises son teus pais, home, que á tua edade... e o neno desolado pola verdade acude a seus pais e lles pregunta, e agora sí lle din a verdade porque a Mentira xa non é rentable e o neno chora e chora ó ver que todo un mundo venselle abaixo. ¿Colledelo? Sí, eu era un deles. E debía de ser moi inocente. Recordo ir con meu pai a ve-la Cabalgata de Reises con uns 8 años. Pasaban as carrozas, tiraban caramelos e a xente agolpabase para ver ós primeiros e coller os segundos. Cando pasou a carroza có Rei Baltasar —xa saben, o de color: os outros son en blanco e
negro— vexo cómo éste se levanta do seu trono, mira cara a nos e, facendo aspaventos cós brazos, berra con toda-las suas forzas: Latón, Latooón, Latoooón.

Que pasedes un feliz ano, querédevos moito e Mentídevos outro tanto.

[1] Porque xa me diredes qué demo iba facer un bebé cunha pedra e duas variedades de resinas aromáticas.
[2] Remato aquí cás miñas probas irrefutables, ésta a pe de páxina: que a sociedade occidental, cós seus avances tecnolóxicos e humans, siga creendo en relixións con santos, milagros e deuses omnipotentes é unha Proba Irrefutable de que vivimos nunha sociedade infantil.

Adolfo

No te imaginas a Papa Noel en el regazo de nadie, pues yo tampoco a los tres reyes magos. ¿Qué fue, un despiste?. No, como siempre, manipulación. Estás comparando a Papa Noel con los reyes magos y, por arte de magia, desaparecen los tres y aparece el niño, el pequeño al que si puedes coger en brazos. Seguro que juegas al poker.
Me parece bien que tengas buenos recuerdos de tu mágica infancia rural. No olvides que se lo debes a tus mayores. Pero mientras los rurales y no rurales disfrutamos de unos dias mágicos en nuestra infancia con la visita nocturna, desconocíamos que los reyes y Papa Noel se olvidaban de millones de niños en países de cualquier tradición, incluida la cristiana. Por eso me parecen la misma mierda uno y los otros, independientemente de que religión u otros intereses estén detrás. Agradezco a mis padres aquellos momentos de felicidad pero tanto Noel como los reyes son actualmente puro marketing y si contribuimos a mantenerlos, somos cómplices del gasto extraordinario que, si bien tiene su parte positiva en la economía, empleo, etc., contribuye también a alimentar el capitalismo y a mantener el abismo económico entre los países ricos y pobres. Puede que la magía de un niño occidental mate a otro niño en Africa cada navidad. El Día de Reyes se comenzó a celebrar a principios del siglo III por los cristianos orientales de Constantinopla, coincidiendo con la fiesta pagana del nacimiento del Aion, símbolo del Tiempo Nuevo. En Occidente se practica desde el siglo V. La costumbre de traer regalos surgió a mediados del siglo XIX para contrarrestar la tradición pagana de San Nicolás, un obispo de la Iglesia oriental que vivió en el siglo IV y que era conocido por su generosidad con los niños. San Nicolás ahora se ha transformado en Santa Claus. Al principio, los Reyes en lugar de juguetes traían cosas como ropa, comida, e incluso leña y carbón a los niños que se portaban mal. Hoy en día la lluvia de regalos parece no tener fin. En los países donde el Día de Reyes sigue siendo el favorito de los niños, éstos también reciben regalos el día de Navidad, de parte de Santa Claus. Y mientras en México los niños dejan junto a sus zapatos leche y galletas para alimentar a los Reyes, los argentinos se preocupan más por los camellos. Así que la víspera del seis de enero les dejan pasto y agua para calmar la sed de los dromedarios. ¡Ah! y una palabra de advertencia: Dice la tradición que los Reyes Magos disponen de unos duendes que espían a los niños a lo largo del año para ver si se portan bien o mal.

Saludos.

Anónimo

O señor henry marine vese altamente influenciado polo catalanismo co seu uso reiterado uso de "bon" (que non sei moi ben de onde o saca). Aforrolle o comentario ese de que sempre o dixo así e bla bla bla...a ver se fai uso algo máis da súa intelixencia e lle da un repasiño á gramática, léxico e todo iso galega, falta lle fai meu (aínda que sairá pola tanxente esa de que queren levar o galego ao portugués e bla bla bla)

E falando de darlle voltas a cousas. Vexo que vostede anda un pouco paralizado de reflexos estes días non??? cansouse de largar aquelas soflamas propias de xente coma vostede sobre Hugo Chavez e Venezuela (e mire por donde, deixounos a vostedes facendo o máis grande dos ridiculos posibeis... previsibel.). En cambio non vexo que faga un análise do que estos días a Unión Europea ven de facer coa constitución. Seica non lle interesa??? ou é que tal vez está vostede de acordo cos democratas europeos que nos van a meter pola porta de atrás certo docuemento con nocturnidade e alevosía.

O máis divertido de todo é que sacará vostede a mesma argumentación que a mafia que nos governa: non sei que tema
dos dereitos hgumanos, verdade???

E se hai que escoller, eu prefiro ao Olentzero, que é un tipo máis divertido:
http://www.20minutos.es/noticia/77238/0/guardia/civil/olentzero/
xa se sabe, por aquelo da periferia.

http://www.youtube.com/watch?v=yjdZgIpX1Vs
http://www.youtube.com/watch?v=BIZ3AEBt5C0

Anónimo

Señor Henry, quedo pasmado... pero o nadal non o inventara o Corte Inglés???

En tal caso eu sempre digo que me sinto tremendamente identificado coa tradición cristiá, esa relixión (secta) tan chuli piruli saída dunha cova que tiña como abxectivo cargarse ás outras sectas xudeas.
Xa llo comenteri alguha vez, os Monty Phyton montaron unha peli ven chula: a vida de brian, que relata á perfección aqueles tempos.

En tal caso o uso do termo "maxia" está mal empregado, coma sempre. Devería falarse de mitoloxía, ou crenzas mitolóxicas. A maxia (inexistente na sociedade onde vivimos) é algo totalmente diferente. Recomendolle ler a Malinowski, un físico polaco transformado en antropologo que desenvolveu unhas moi interesantes teorías sobre a mitoloxía e a relixión e o motivo da súa existencia.

Outra cousa son artificios literarios como o "realismo máxico" que tenta recoller e misturar tradicións mitolóxicas, relixiosas, científicas para facernos pasar un bo rato describindo nun libro unha sociedade repleta de inimigos.

En fin, nen papa noel nen reis magos nen gaitas. as tradicións son procesos historicos que se aducuan a cada espazo e tempo (os reis magos entran en Galiza relativamente fai pouco), e teñen o mesmo valor mercantil ou de marketing agora e sempre. E se non investigue que son os cantos de Reis, e darase conta de que son unha adaptación de imposición a unha tradición existente anteriormente que se solapa coa imposición do trio.

Anónimo

para reyes magos CxB y su socio el PP que le acaban de regalar 25 millones de todos los brigantinos a Jaime y Emilio Pita a cambio de un cine que ya es nuestro. A mi no me indemniza el casero cuando acaba mi contrato de alquiler.
Claridad y transparencia ho ho ho

Anónimo

143000 eurazos que lle van aopquinar o seu colega do pp

¿que dis a iso?

Tamén o defendes

Chiripitiflautico

Sea como sea, las concesión del cine Alfonseti, esta sujeta a indemnización, solo hace falta echar una ojeada a la ley de arrendamientos, para saber, que ante una demanda, el pueblo tendría las de perder.
¿estamos dispuestos a pagar por sentencia otra indemnización, que seria mas alta, que lo aprobado en el pleno pleno?
¿y las costas del juicio quien las pagaría?¡juan pueblo, por supuesto!.
La postura del Psoe-Bng, es simplemente de hacer el juego a la Diputación.
¿que pasara si la Diputación dice que no nos concede la subvención porque no sabe si esta sujeta a indemnización por arrendamiento?
¿de quien sera la culpa? de los socios del anterior gobierno, que en vez de hacer oposición constructiva, hacen el juego a las instituciones, donde por cierto, mandan sus partidos.
En caso de que, los arrendadores, decidan pedir la prorroga de arrendamiento de 5 años mas, ¿donde ira la subvención perdida?
¡menos mirar los intereses políticos y más trabajar por el pueblo!.

Anónimo

es disparatado pagar 25 millones de la antiguas pesetas por un local que paga 100 euros al año de arrendamiento y que todos sabemos que no se hace cine desde hace años, eso si, se cambian las carteleras religiosamente.

¿Donde está de nuevo la objetividad?
¿Donde está ese afán de proteger al pueblo en este caso?
No nos hagan comulgar con ruedas de molino, por favor.
Esto no es defendible.

Anónimo

La Diputación concede 400.000 euros para esta iniciativa iniciada por el anterior Gobierno: sufragaría el rescate, la redacción del proyecto y la ejecución de la primera fase de la obra. El BNG se mostró favorable al rescate pero no a pagar la indemnización porque un informe del secretario señala que "no es una concesión municipal sino un contrato de alquiler" y por lo tanto basta con esperar a marzo de 2008, cuando terminar el contrato -se renueva automáticamente cada año- y así se evitaría pagar la indemnización.

Anónimo

Pero, si hacen valer -la renovacion del contrato- tienen cinco años mas, para que finalice este contrato.¿estamos dispuestos a esperar cinco años mas?¿estaría dispuesta la diputación a conceder otra subvención, después de estos años?.
La verdad que desde la óptica de ciudadano el proyecto merece la pena ponerlo en practica,lo antes posible.
No estamos sobrados de locales donde se puedan hacer actos culturales, por otra parte, el complejo Sto Domingo, seria la envidia de nuestro entorno y merecido por todos los Betanceiros.
Si lo acordado por la anterior corporación, esta en estos términos, no entiendo como votan no, ¿que subterfugios políticos están utilizando?

Anónimo

es que la corporacion anterior no acordo nada esa es vuestra mentira

Anónimo

Sera la mentira de Sito, que dijo que no contaran con ellos para nada, sin embargo estaba en el gobierno, en enero de este año, que es cuando se llego a esta acuerdo, según lo que dijeron ayer en el pleno, los dos partidos que gobernaron en coalición, ¿quien miente?.

blancolexitimo

Para non ter que repetilo en cada comentario: este e un blog personal, as opinions son personales e cada palabra que este administrador escribiu na garelosfera levaba a firma de blancolexitimo.
Polo tanto o que escribo pode non coincidir co pensamento de CxB. Non son mais que un militante de base desa formacion.
*****

Bruno, reinvindicar as tradicions e necesario. Resulta curioso que alguns que poñen todo o seu empeño en recuperar xogos e ritos tradicionales aborrecen a todo o relacionado coa iglesia.
E unha vision tan cativa e moralizante dos costumes que non soporta o minimo analise riguroso.
Bon Nadal.
*****

Laton, agradecese o prologo historico.
Para entender o que eu digo ten que desprenderse dos prexuicios e ver a historia tal e como e.
Non lle sucede a unha vez a un so neno: na imaxinacion sucedelle a todos os nenos que son capaces de interiorizar a historia.
Si os regalos os tran os Reis Magos quere decir que son gratis. Que a economia familiar (maltreita en moitos casos) non se resinta e un motivo mais de alegria.
Claro que ten un lado oscuro e inevitable: eses pais gastando mais do que a sua economia lle permite para que os regalos dos seus fillos estean a altura dos dos seus compañeiros.
A historia dos Magos de Oriente e fermosa ainda que un saiba que os Reis son os pais.
Menuda sorte a sua que era amigo de Baltasar: era sempre o que mais cria no papel pois tiña que embadurnarse para representalo.
Reflexionar sobre a relixion e un tema que volve a ter sentido. Un dia destes falamos de crenzas se lle parece.
Feliz ano.
*****

Adolfo, a este ritmo e despois de decir que escribo por ai facendome pasar por pai e nai de non sei quen, so queda afirmar que manipulo ata cando respiro.
Nadal quere decir nacemento, ¿quen naceu con Papa Noel?
Menudo panorama debuxa: os nenos non poden ser felicies porque outros nenos morren de fame.
E tremendo o seu argumento: ”Puede que la magía de un niño occidental mate a otro niño en Africa cada navidad.”
Agradecese o apunte historico.
Comparto o do consumismo e que o numero de xoguetes e excesivo.
Contolle algo que me quedou grabado: alo por outras terras nas que viviamos trouxo meu fillo a unha amiguiña da escola que era veciña e vivia nunhas condicions duras. Recordo a primeira vez que lle demos a merenda e comeu un iogur deses que tran pedazos de fruta.
Aquela cariña de felicidade mal lavada ainda a teño hoxe diante dos ollos.
Poñamos todo patas arriba e critiquemos o que esta permitido e o que non.
Pero coidadiño co mundo dos nenos: son dos que penso que e unha das cousas polas que merece a pena botar a man o fouciño.
Saudos.
*****

Don henry, de vez en cando podria decir algo positivo de min. Darialle mais consistencia a sua teima de chimparme do outeiro. Vamos e algo asi coma o contraste de cores: se quere afilar unha descalificacion tena que meter no medio de duas alabanzas (ainda que non as crea).
Son conscente de que non aprobaria un exame de galego de cuarto de ESO (acentos aparte). Sin embargo falo o galego que mamei: e decir, escribo o galego que falo.
Outros estan empeñados (decianmo alguns alumnos) en impoñer un idioma que non se fala en ningun sitio. (Xa coñezo a diferencia entre falar e escribir).
Na casa falase galego e chega o neno da escola ( a sua linguaxe social e o castelan) e corrixe a fala dos pais. Inaudito.
Despois do resultado do referendum non me diga vostede que errei co meu analise dese militon golpista que se chama Hugo Chavez.
En Europa avanza a dereita porque o vello continente se sinte amenazado.
Comia o outro dia cun rapaz novo italiano (fillo de iranis) que me retrataba brillantemente a esquerda italiana. ¿Sabe que un dos lemas e que non se pode deixar o problema da emigracion nas mans da dereita?
A esquerda italiana vai ser mais belixerante co tema. Nos coma sempre, en Babia.
O artigo e os videos nin por eso. O Urdaci nunca foi santo da miña devocion pero o empeño de alguns en convertilo nun martir e de divan.
*****

Señor Henry, ¿pensa que os nenos do rural sabiamos da existencia de El Corte Ingles?
E malo abusar dos topicos cando se analizan fenomenos socioloxicos.
Recordo perfectamente cando se entronou “La vida de Brian”.
Que pobo o xudeo que e capaz de burlarse das suas propias tradicions sin perder o sentemento de colectividade.
Compareo coa maestra que querian lapidar por chamarlle Mahoma a un peluche.
Haberia que falar moito da validez do termo mitoloxia. A maxia entendea se se coloca no punto de vista do neno (e o que me refiro).
Non coñezo o tal Malinowshi.
De acordo no de “realismo maxico”. O emigrante ¿haitiano? de “El amor en los tiempos del colera” e maxico.
Se lle busca a orixe a todos os rituales que nos acompañan neste transito de prestado, esta perdido.
Moitas veces non e conveniente saber demasiado.
*****

Dou a miña opinion na discusion do Alfonsetti: Non sei absolutamente nada mais que o que escoitei pola radio. Asi que as miñas conclusions non estan moi documentadas.
O PSOE conseguiu 400.000 euros da Diputacion e tiña pactado un precio coa familia Pita.
O PP leva adiante ese acordo como lle corresponde o ser o que goberna.
O PSOE buscando argumentos para votar en contra aduce que falta un informe economico que engadir o do Secretario. Desmarcarse da posible batalla. Intelixente estratexia.
CxB apoia a indemnizacion pensando que compre empezar os traballos pois os 400.000 euros poden emprender viaxe de volta.
O BNG (as formas fan que a sua argumentacion perda peso) plantea que se podian aforrar cartos pois o contrato poderia revocarse o ano que ven.
Asi que, o meu ver, todo a mundo estivo no sitio que lle correspondia.
O argumento do BNG de que os cartos publicos son de todos e que e mellor perder a axuda da Diputacion que indemnizar indebidamente a alguen esta moi ben na teoria. Na practica desinflase.
*****
*****
*****

Saudos e Bon Nadal

Eu tamén navegar

Tanta mercadotecnia é un (papá noel) coma os outros (os reis), agora ben, entendo perfectamente a postura da igrexa católica, na súa progresiva perda de peso entre a masa popular (que non nas esferas de poder) ten que aferrarse ao que poida e este é un tema que toca a sensibilidade das persoas.


Saúdos e bo Nadal!

Suso

Saúde.
É a primeira vez que participo nestes debates. A mín o Papa Noel ou os tres Magos me importan ben pouco. Pero a discusión é divertida.
Pero amigo Blancolexitimo. Non sei a que ven a conto a historia da Guerra Civil.
Se queres sacar ese tema faino fora deste debate, pois a min gustariame poder opinar sobre a larga tradición do anticlericalismo español.
Visto con ollos de agora, un ve nas Iglesias: Patrimonio Historico, pero no ano 36 o que andaban a queimar eran os simbolos da máis profunda tradición conservadora e inquisidora. Pero repito esto necesita dun debate máis serio.
Polo demáis eu quedome con San Buenaventura Durruti, que non trae regalos, pero sí moitas ilusións.
Un acrata incendiario (pero solo de conciencias).
Unha aperta.

Anónimo

HOHOHOHOHOHOHOHO!!! "o pobo xudeo é capaz de rirse de si mesmo" que chiste máis bo conta vostede.
Que eu saiba os Monty Python non son xudeos nen nada que se lle pareza... e polo que sei, ao "xudaismo" non lle sentou nada ven esa película nen outras gracias deste tipo.

Dease vostede unha volta polo antigo testamento, anda, que falta lle fai, atopará vostede un dos pobos máis crueis e sanguentos da historia da humanidade. Fala vostede das dilapidacións do "Islam", de acordo, se quere xogamos ao xogo de quen a ten máis grande (a tarxeta gráfica do computador) (noutro capítulo por suposto, que agora sería moi aburrido).
Veremos no que caemos; eu pronostico que en algo non moi agradabel dende logo.

Dease unha volta por Africa, onde se mata indiscriminadamente de xeito activo ou pasivo pola acción directa do cristianismo.
Non xoguemos a iso señor henry, porque supoño que non quere ver un mundo onde os seus fillos poidan ser victimas de destas atrocidades. Ou si lle gustaría?
Algunhas veces parece que si coa súa teima de dividir o mundo en bos e malos e non ser capaz de relativizar.
Magoa.

Sobre o uso do galego, xa lle respondín eu antes de que vostede dixera algo, e acertei (son un crack); camiñou vostede polo carreiro esperabel. Non sei que ten que ver unha variente dialectal coa escrita... bueno, que lle imos facer??? non entende vostede nada.
Non lle vou explicar a vostede en que consisten os procesos de inmersión linguistica.
Pero convidolle a darse unha volta por Israel, un dos estados do mundo que conseguiu normalizar unha lingua " que ninguén fala" (como di vostede e os seus alumnos, que non sabía eu que agora tiveran capacidade en decidir sobre a súa propia educación; pode vostede propoñer a eliminación da química do ensino secundario. Total, para que dar unha asignatura que non vou utilizar no meu contorno social??? ou meus pais saben algo de química???)

No de falar de "maxia" repitolle a vostede que do que fala é de fantasía.

Lembro o empeño desesperado que tiña certo mestre no ensino en convencernos da diferenza entre astronomía e astroloxía negando o uso e disfrute desta última na sociedade científica na que vivía. Agora parece que ese mestre, na súa teima de dividir o mundo en blanco e negro, non ten problemas en entrar no mundo da astroloxía para defender os seus "principios culturais" (que por certo, vaia por deus no que se
sustentan...). A vostede o solsticio de inverno non lle di nada??? e a súa interpretación humana tampouco???
Revise os procesos historicos sociais, ande...

Que cahondo é vostede cando fai esa reflexión sobre que é vostede do rural lugués, hohohohohohohohohoho. Pois podía pasarse vostede por Lavañou, ou Caranza, Coia etc barrios de cidades deste país, e falar coa xente que agora teñen a súa mesma idade e preguntarlles pola súa infancia. Non tente vostede dar magoa con tonterías dese tamaño, que da aldea soñosche todos e todas.

Apuntamentos histericos da mitoloxía cristiá:
De que Herodes pasou polo coitelo a nenos/as non houvo tal na historia, de que María e Jesús eran uns pobres* pobres tampouco nada que para iso formaban xa parte da denominada secta do Mar Morto xudea e pertencían a clase media acomododa; a persecución era por problemas políticos.
De que Xesús era Xesús, tampouco nada, que para iso o xefe do clan era Xoan.
Todo iso refundese a posteriori a través da mitoloxía nun libro totalmente apócrifo chamada biblia ou novo testamento.
O máis gracioso do seu profunto alegato na defensa do blanco fronte ao negro é cando fala dun rei mago negro como algo supermoderno. O extrano é que naquela zona do mundo a xente fose "blanca".

Para este nadal, baixese do P2P a peli "Dogma" de Kevin Smith e disfrutea (se a mala baba lle deixa claro).

E xa para rematar na súa fabulosa análise do que pasa en Europa, outras recomendacións para este nadal: dous libros que xa teñen o seu tempo:
-"O medo á liberdade" de Erich Fromm
-"A decadencia de Occidente" de Oswald Spengler

Descubrirá que o que vostede está decir xa o analizaban fai tempo persoas estudiosas destas cousas.
Non pense agora está a desvelar segredos gardados con sete chaves.


Feliz solsticio de inverno.

blancolexitimo

Silvia, concordo con vostede en que a navidade e un dos banderins de enganche mais potentes da Iglesia.
O meu ver, a historia ten un poder de atraccion innato.
Para olelo compre desprenderse dos prexuicios.
E eso costa.
Saudos e Bo Nadal.
*****

Suso benvido por este outeiro.
A historia da GC foi unha antiga e vehemente discusion hai uns anos cando ainda non morrera o Pequeno Dictador.
Eu defendia que manchaba unha loita social que tiña que producirse porque a sociedade española estaba a anos luz da europea. O que un sentia cando os milicianos e as milicianas en alpargatas subian os camions para ir o frente, viñase abaixo en parte con feitos coma o que cito.
Esa violencia gratuita repuganabame.
Era o sentemento da maioria da intelectualidade e produciulle un dano irreparable a Republica.
Entedese o anticlericalismo do 36 (o de hoxe dificilmente). Se o principio anarquista de que a sociedade non cambia se non cambian os individuos que a integran (que comparto) e certo, a accion politica ten que levar implicito un compoñente pedagoxico. A violencia pola violencia (o pistoleirismo) foi o que levou o ideal anarquista a cruda realidade e o que acabou con el.
Si o comunismo defende a toma do poder e a dictadura do proletariado, o anarquismo non quere estado. E non querer estado e o mesmo tempo glorificar o uso da violencia e unha contradiccion de libro.
Os acratas incendiarios de conciencias e belixerantes co poder son imprescindibles. Igual que os troskistas.
Os que queiman iglesias consiguen o contrario do que pretenden.
Unha aperta.
*****

Don henry, pois pode que teña vostede razon. Non sei por que tiña grabado que os MP eran xudeos britanicos (¿Sera unha contaminacion dos irmans Coen?).
O que si teño lido e que a critica dos britanicos vai contra a Iglesia como poder e non contra o feito relixioso en si.
Mire, o xudeo e un pobo admirable que ten o seu lado negro (coma todos).
O 25% dos premios Nobel de Fisica e Quimica son xudeos. Musicos, filosofos (os teoricos do marxismo entre eles), cineastas, etc.
Moitos defenden que onde mellor se levou a practica o ideal comunista de crear unha sociedade socialista foi nas comunidades agricolas israelis (os kibutzim).
Pero claro, moitos montaronse despois de botar os palestinos da sua terra. Ahí esta o lado negro.
Pero deso xa temos falado moito.

Que un habitante de Galicia, que sempre quedeou a marxe da revolucion industrial e de todas as demais revolucions , critique con ese tono experimentos sociales alternativos a sociedade capitalista non queda ben.

Siga aceptando que as mulleres non podan enseñar a cara, que as lapiden cando son infieles e que colguen os homosexuales. O malo e que pensa que esta do lado dos bos.

Non entende o que escribo dos Reis Magos porque non e quen de ver o feito desde o lugar que eu o fago. Tratase do que representa o negro aquí e non alo.

Tiña certos reparos a hora de cargar a mula pero despois deste novo e alucinante canon que temos que pagar, baixo o que faga falta.
Habera que ir mercar perifericos, lapices e consumibles a Portugal.

Hoxe fun o Liceo a ver, por terceira ou cuarta vez, o documental de J. Flaherty “Hombres de Aran”. Sigueme impresionando a loita do home contra a natureza.
Teño uns cantos documentales que ver, pero verei se me animo co “Dogma” ese.

Dos libros o primeiro anda por ai (era de lectura obligada) e ainda recordo que falaba de que a libertade producia aillamento. O segundo soname a Ortega (non sei si o relaciono coa “Revista de Occidente” ou Don Amancio tivo algo que ver con el).
E que eu tiñalle un irman que estudiaba Filosofia e Letraso e era orteguiano. Os 15 anos eu lia moito e traguei a Ortega completo. Pouco mais recordo que a maior parte dos libros tiñan unha portada amarela e que un deles, “El espectador”, viña en varios tomos.
Eso si, cando en Filosofia de Preu tiñamos que elexir un filosofo e expoñer na clase a sua doctrina, bordeino.
Halagame co ultimo parrafo.
Que o 2008 lle sexa venturoso.
*****
*****
*****

Saude.

Anónimo

Non esperaba menos de que tivera vostede lido eses libros; magoa que parece que os esqueceu...

Se tratamos o tema ese das mulleres (este vai ser que non) e homosexuais (???), non creo que teña nada que ver con profesar unha relixión.

Magoa que coma sempre estea vostede tan sumamente influenciado por unha visión parcial do tema que se transmite dende occidente; non vou ser eu quen lle teña que explicar cales son as penurias dunha persoa homosexual.

Máis se quere algún día convidoo a visitar os locais de ambiente galegos, saunas, baños de estacións de autobuses ou parques.
Quen sabe se pode alucianar cos sumidoiros da sociedade onde vostede (eu) vive.

Mentras ten vostede un lote de información sobre os ataques sufridos polas persoas que participaron este ano no Gay Parade de Xerusalem con violencia fisica e aprobación de lei de escepción contra as expresións públicas de homosexualidade (reunións públicas, manifestacións).
E mire vostede que Israel non é o peor sitio para unha persoa homosexual; simplemente é para demostrarlle que en todos os sitios se cocen fabas.

E ten vostede razón, os kibutzim foron un gran invento do sionismo socialista da época a favor da eliminación física dos árabes tendo claro que os chiringos eses eran a base que permitían os asentamentos coloniais. Magoa que a esquerda estivese nesa época un pouco despistada para darse conta do que estes personaxes facían.
Chomsky ten algún que outro texto sobre o tema. Doialle bastante a cousa, entenderao non? xudeo e esquerdoso.
E sempre que certa esquerda se empeña en falar deste caso, propoño falar doutro fenómeno moitisimo máis interesante que ese: a cooperativa de Mondragón
http://www.mcc.es/
un dos máis claros exemplos de empresa (cooperativa) con responsabiliade social, formula de funcionamento que utilizaban moito antes de que ao corte inglés se lle dira por inventar o nome.
O montouna un cura, manda carallo!!!

Os kibutzim non se diferencian moito a día de hoxe dos poboados de certas sectas en Arkansas. Entendese pola deriva sionista.

Vovendo ao "problema" da homosexualidade, é algo que pasa en Europa tamén (escoite os discursos do papa cristiano) e ninguén se asombra; dease unha volta por Polonia... por poñer un caso bastante sangrante dun pais-estado que forma parte da unión europea.



Mentras a ver se ve este documental:
http://en.wikipedia.org/wiki/A_Jihad_for_Love
Tamén é de "visión obrigada" se quere vostede aprender algo.

Unha cousiña aclaratoria: eu non estou de ningún dos dous lados nen con uns nen con outros porque, ne contra uns ne contra outros non creo que sexa unha forma intelixente de vivir unha vida non ser capaz de analizar e contestualizar.

Agora ven, tampouco me gusta o maniqueismo de xente coma vostede que tenta agochar as atrocidades que a igrexa cometia polos anos 30 tentando agora pasarlle o morto (nunca mellor dito) a outros, e se non fixese vostede que curiosidade, que a igrexa nunca falou de perda de patrimonio antes da guerra civil, nen despois; e non será porque non o fagan cando algo lles ataca.




Uns islamistas que me caen ben:
http://www.blackpanther.org/

Hai outros que me caen mal.

Un cura cristiano ao que admirei en vida :
http://www.vallecastodocultura.org/
cabecera/Personajes/Llanos.htm


A outro, que deixou de ser cura pero non cristian ao que admirei:
http://gl.wikipedia.org/wiki/
Moncho_Valcarce
coa sorte de que o tivemos perto fisicamente (e eu coñecino persoalmente, e a algún cura e excura colegas del).


Sobre a situación das mulleres reservome non falar. E sinceramente tampouco creo que vostede eté en condicións de facelo.

blancolexitimo

Non se sae nunca dos marxes do pensamento que a esquerda considera politicamente correcto.
O linguista americano aparece en todas as salsas.
¿Citalo tanto non indicara que non hai moito onde escoller?
A problematica homosexual e a relixion merecen debates especificos.
Coñezo todo o que me di: a MCC, o cura das Encrobas e a vida do padre Llanos.
Os Panteiras Negras e o movemento homosexual veñen dun lugar que un anti-USA coma vostede nomea sempre despectivamente.

Saude.

Anónimo

Se vostede ten algo de interese en coñecer algo sobre a relixión e a homosexualidade, ao mellor virialle ven ler a ao noso querido Chao Rego. En tempos foi cura e algo do tema trata nos seus escritos.

Sobre a última frase "Os Panteiras Negras e o movemento homosexual veñen dun lugar que un anti-USA coma vostede nomea sempre despectivamente", gustaría que a expliacase. Agora vai resultar que os homosexuais son un invento ianqui??? ou que quere decir con eso???.
Nos USA hai persoas homosexuais coma en todas partes do mundo é aínda que é certo que moita xente atribúe o nacemento do movemento a un feito puntual, xa existían asociacións en Europa; e fixese vostede que nun sitio como a India onde os HIJRA (por poñer un exemplo) teñen máis de 4000 anos de existencia.
O curioso do tema, é que na maioría dos estados dos USA está permitido o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, pero ao mesmo tempo, na maioría deses estados, está penada a sodomía.

Por certo, fixese vostedse nunha cousa ben curiosa. O movemento homosexual estadounidense, e á par o discurso que transmite é horripilantemente masculino, entroncanfo oo machismo máis puro.
Xa se demostrou ata onde pode chegar a interpretación social do reflexo persoal da sexualidade se nos fixamos nosdeseñadores Dolce&gabbana con aquela noxenta campaña onde un grupo de tios sometían a unha mariliendre.

Os panteiras negras dende logo so se poderían constituir como grupo paramilitar nun estado tan esquizofrénico como os USA. Supoño que coñecerá que se montaron-constituiron por unha lei dun estado onde as persoas podían organizarse paramilitarmente falando se eran agredidos por outros membros da comunidade. E iso foi o que fixeron cansados de ser "xuzgados" nas rúas. Se iso non lle fai reflexionar...

Sobre que Chomsky apareza para falarlle de alguén que vostede coñeza.
Recoñezo que hai cousas nas que non estou deacordo con él, como a existencia dun sustrato común no que se refire á lingua, pero dende logo é do pouco serio que queda na socioloxía política moderna.

Non lle vou a poñer de exemplo a Stallman ou ás mulleres de negro israelíes. Son o outro lado do que vostede adora*.

Anónimo

Por certo que me sorprendeu de xeito espasmodico esa reflexión que vostede fai sobre o número de premios nobel xudeos.
Si é certo, hai unha parte significativa de xudeos* premio nobel; aínda que cunha curiosidade:
-A inmensa maioría son de nacionalidade estadounidense ou alemana.
-Hai un numero mínimo de israelís premiados.
E a min asalteme unha gran pregunta: cantos premios Nobel hai de ascendencia Irlandesa??? unha gran inmensidade.
Vai resultar pois, que o pobo irlandés, según o seu método de inferencia o máis grande pobo , maior que o xudeo.
Vaia chorrada de reflexións que fai señor henry, case ao mesmo nivel que miña, que é ben chorras.

Ahhh!!! supoño que andará vostede un pouco desgustado, non? resulta que o papa Clemente sacou o belén de Roma, decindo que iso era unha chorrada e que había que deixarse de tanta maxia*

E para coñecer cousas do mundo e para que vexa que a relixión pode dar expresións culturais moi interesantes en calquera parte do mundo:
http://www.youtube.com/
watch?v=j_wrw2vBrPA
de
Nusrat Fateh Ali Khan
que está na película Leolo; supoño que un tipo como vostede xa a vería non???
"Porque soño, eu non o estou"
Coidado, é super-depresiva.