Gallardon

Un contertulio pideme que opine sobre o alcalde de Madrid.

Vaia por adiantado que non e santo da miña devocion. Dentro da dereita simpatizo mais con Costa, Aristegui, Moragas, Saenz de Santamaria e a outra periodista nova que non recordo como se chama. Dos galegos vexo ese talante en Erias.

Alberto R. Gallardon e fillo de Jose Maria Ruiz Gallardon un dus fundadores daquela Alianza Popular de Fraga (tamen estaba Aznar) que recolleu a un grupo de politicos do franquismo. Alberto debia ser o militante mais novo no rancho dos Sete Magnificos.

Non estrana logo que Fraga o apoie. O que me costa entender e o que a prensa do rexime nos faga chegar que son a ala liberal do PP.

Home, non nego que a xente poda evolucionar. ¡Pero tanto!

Gallardon e alcalde de Madrid (mais que ministro) e quere ser Presidente do goberno.

Se eu fose militante do PP pensaria que o que ven de facer e un desprecio para os veciños de Madrid que lle deron a maioria absoluta e un afrenta para o partido o producirse mes e medio antes das eleccions.

Como non son militante do PP so vexo que a sua ansia de poder pasa por encima do que faga falta.

Outra cousa que ten certa coña e o apoio que recibe por parte do grupo PRISA, as TV publicas e demais medios do rexime.

E realmente curioso que o apoien os que non votan por el. Os que todos os dias estan tentando dinamitar os cementos do seu partido.

¿Non se da de conta co estan utilizando para ir contra a estructura politica que o sosten?

¿Non sinte nada cando compara o que di Gabilondo del e o que di do seu partido?

Ainda recordo que sendo Presidente da Comunidade de Madrid, co goberno Gonzalez a espera de pasarlle os trastos o PP, apoiou a escandalosa pretension de Polanco de tomar o control de Telefonica.

Poder economico + Poder politico, ¿sonalles de algo?

E agora a todas horas a voltas co "efecto Gallardon": creo que era onte cando publicaban que fixeran unha enquisa en flash e que a diferencia PSOE - PP medrara ata os 8 puntos.

Manipulacion en estado puro.

A Rosa Diez e o seu partido nin mentalos.

Despreciannos a todos os que queremos que a verdade e a libertade de opinion sustituan o control e a manipulacion dos medios de comunicacion.

Pero, evidentemente, a culpa temola nos por permitilo.

Etiquetas de Technorati: ,

18 opinions:

Anónimo

Ao final todo o mundo manipula. Ata vostede Mariño, no seu pequeno recuncho mediático tenta manipular e levar a auga para o seu tellado, incluso con medias verdades, silencios ou mentiras manifestas.

Anónimo

A Gallardon, le puso en bandeja el PP, hacer su propia campaña.
El apoyo que recibe lo está perpetuando en la política, a pesar de lo que él diga.
Los baños en loores, a los políticos "profesionales" les da gasolina.
¡Creo que fue una equivocación!,para el P.P.
De todas formas tampoco creo que, esta fracción de votantes de Gallardon,vuelvan la vista a Diez,
Los votantes del P.P. son muy fieles, por lo tanto, lo que puede pasar, es que castiguen a Rajoy con la abstencion, nunca con un voto de castigo.

Anónimo

Si analizamos lo que paso en Betanzos en las municipales, perfectamente se puede extrapolar a nivel nacional, aunque en otra medida. Los ciudadanos están hasta los mismísimos,

Anónimo

Soy seguidor habitual de su columna. He visto que se muestra como un defensor de la etica politica lo que le acarrea no pocos ataques. Ovacionando su lucha por la transparencia y espoleado al ver que contesta ampliamente en articulos las cuestiones que los lectores le hacen queria hacerle la siguiente pregunta:
¿que opinion moral y etica le merece que una persona sea a la vez el politico que concede una licencia de obra y el tecnico responsable de esa misma obra?

Anónimo

?Soraya saenz? o estoy equivocado o es la misma que esta promocionando Angel Acebes. O estoy equivocado o su discurso es el mismo que el de Angel Acebes.
¿Regimen? O estoy equivocado o en españa no existe ningun regimen, mas bien, diria que existen dos, si no lo conoces te hablo de el mundo, la razon la cope telemadrid la antigua tvg y el señor urdacia, ¿Te acuerdas?
Hablar y criticar a unos y nin mencionar a otros( por lo del regumen) no esde personas neutrales, es mismo es lo que diria cualquier militante del pp leal a su dirección.
Por mas que te pese, gallardon es el mejor que pueda haber en el pp, ambicion debe tenr la misma que tienen todos los políticos, y las encuestas ciudadanas están ahi para ver quien es el politico mas valorado.
Una pena que nuestro partido este tomada por el ala mas dura y mas fornteriza( despues de batasuna) de la democracia española.

saludos

Anónimo

Di o dicioario que gallardo é un adxetivo que indica de alguén que é desembarazado, airoso, galán, bizarro, valente. Imaxinen o que pode ser gallardón, algo tan grande que xa non ven no dicioario porque non ten cabida nel. A min non acaba de convencerme este home, pareceme que é igual que calquer dirixente do PP pero en versión cínica. Case prefiro a Aznar que non oculta o que realmente é. Con Gallardón teño serias dúbidas. Ainda que me equivoque e sexa real esa imaxe de moderación, todo me cheira a estratexia do propio Gallardón ou do seu partido. Sr. Blancolexítimo, a estas alturas vostede xa perdeu a capacidade de sorprenderme, ainda asi, seguenme a resultar contradictorias certas cousas que dí dado o seu esquerdismo manifesto. Di vostede que simpatiza máis con Costa, Aristegui, Moragas, Saenz de Santamaria e a outra periodista que non lembra como se chama. Poderá ser karmele Marchante ou Cristina López Schlichting (a vaca nazi) ?, por darlle pistas, seguindo a liña dos outros que nomina a político do ano. Decialle antes que no me sorprende pero chocame que sinta vostede simpatía por Soraya Saenz de Santamaría, filla de militar franquista reconvertido a demócrata có Psoe coma director da Garda Civil. Non me pega con vostede esta pija de familia de dereitas, pero para nada, xurollo por Snoopy. Gustavo de Aristegui, un dos defensores da invasión de Iraq, ¡qué máis se pode decir del!. Non lle recomendo que viaxe polo oriente con él, pois ainda escocen algunhas declaracións suas contra dos árabes. Din que o Sr. Arístegui está completamente desautorizado para falar de fanatismo, cando defende con igual fanatismo a deleznable invasión en Iraq e moito menos para falar de Terrorismo, cando a nadie se lle escapa, que él, xunto có Sr. Moragas (secretario de política internacional do PP) é o artífice do bochornoso apoio dado ao governo israelí, este veran, durante o impío bombardeo do mesmo sobor do Líbano ou a sua xustificación da misión policial enviada durante o governo de Aznar á base de Guantánamo, para interrogar a prisioeiros marroquíes.
Juan Costa, o ex ministro de Ciencia e Tecnoloxía, un home moi próximo a Rodrigo Rato, designado coordinador do programa có que o PP se presentará ás próximas elecións xerais, é un político amnésico
que manifestou nunha comparecencia que non lembraba nada da suposta reunión que mantivo con Fabra e có enton ministro de Agricultura, Jesús Posada. A declaración de Costa versou sobor do contido dunha reunión mantida en 1999 -na que o agora coordinador electoral do PP estivo presente- no despacho do enton ministro de Agricultura, Jesús Posada, ca presencia de Carlos Fabra, na que se falou, supostamente, sobor das licencias de productos fitosanitarios da empresa Naranjax, propiedade do empresario de Artana, Vicente Vilar, que despois denunciaría ao agora presidente da Diputación de Castellón. Posada recoñeceu que se reuniu en 1999 no Ministerio con Carlos Fabra, có enton senador, Miguel Prim, e cós diputados do PP por Castellón Juan José Ortiz e Juan Costa. En fin, Sr. Blancolexítimo, no PP non hai moito onde escoller pero…
Saude, saudos.

blancolexitimo

Pois si vostede o pensa sera porque percibe que eu pretendo levar a alguen por un camiño determinado.
Asegurolle que non e ese o meu animo, pois eu escribo o que penso cumplindo o que reza no titulo do blog.
Mentiras e medias verdades haberia que citalas. Ten razon no dos silencios.
Mire un pode despelotarse na praia e pouco mais mostra do que antes ensinaba. Ter un blog e cumplir coa premisa de decir o que se pensa e como se a un o abriran en canal. O mental e o verdadeiro despelote.
Asegurolle, pode crelo ou non, que compre ter coraxe (por non falar do tempo que require).
*****

Chiri, poño o exemplo de Rosa Diez para que a manipulacion quede mais patente: o de Gallardon magnificase e a probable entrada do novo partido no Parlamento ignorase.
*****

3. Tanto Ciudadanos como Rosa Diez recolleran os votos dos que estan cansos dos partidos actuales. Magoa que non compartan candidatura.
*****

Jesus, agradezolle a primeira parte do escrito.
¿Cobra dedicacion exclusiva o que concede a licencia?
¿A obra cumple as normas e non se leva a cabo nun terreo previamente recalificado polo goberno municipal actual?
Si a resposta a primeira pregunta e NON, e a segunda SI, eu non teria nada que decir pois todo o mundo ten dereito a ganar o pan para os seus fillos.
Si algunha das respostas fose distinta, pareceriame eticamente reprobable e penso que o politico deberia dimitir.
Porque supoño que en Betanzos non sucede coma en Madrid, onde se pagaba por axilizar licencias.
*****

5. ¡Viva!
Eu opino polo que lles escoito falar e polo que leo de vez en cando. O meu ver dan o perfil dun conservador europeo moderno, e eso a min interesame.
Todo o que leve a que este pais se pareza as vellas democracias do entorno ten o meu apoio.
O de rexime recolle a estructura de poder do que goberna. Falei do rexime de Aznar e agora do de Zapatero. Mais neutral imposible.
Quero recordarlle que o actual Presidente permitiulle a Canal + emitir en aberto e deulle unha television, a Sexta, os amigos.
Eso nunca pasou na historia da nosa recente democracia.
Tense claro o modelo de xestion que se pretende: o que se fai non importa se a xente non se entera.
Tan vello coma o mundo.
Por eso e tan importante este medio no que nos atopamos.
Eu non son votante do PP e as cuestions do seu partido teñenas que resolver vostedes.
Concordo en que e dificil atopar un politico que non teña ambicions. Pero cando a ambicion se manifesta nun momento que pode significar a perda dunhas eleccions xerais, a cousa e distinta.
A non ser que se pretenda que o PP perda esas eleccions e loga sair con que “Xa o decia eu”.
Eu non o entendo e pareceme unha falta de respeto para os compañeiros de partido.
Pero vostede sabe mais ca min deso seguro.
Un saudo
*****

Don Lis, entre vostede e mais eu hai unha diferencia esencial: eu apoio todo aquelo (digo todo) que faga que este pais (a Republica Federal Española) se pareza o mais posible a Francia (por poñer un exemplo).
Para eso e necesaria unha dereita moderna (o nome que esquecia era o de Cayetana Alvarez de Toledo).
Vostede movese noutros parametros e “simpatiza” con militons golpistas como Hugo Chavez.
Non hai que facerlle: na politica temos un punto de vista diferente.
Supoña que falasemos de USA: “A Reserva Federal baixa ¾ de punto os tipos de interes e a caida libre das Bolsas europeas frena”
Unha persona racional analizao e constata que a nosa dependencia da economia USA (¿falamos de exportacions da UE?) esta cientificamente comprobada.
Unha persona visceral ten na boca todos os dias (coma Chavez) o imperialismo USA, Guantanamo, a guerra de Irak, …
Sucede que si a economia USA se resfria nos collemos unha neumonia.
Si a economia “americana” fose mal, xa me gustaria a min velo a vostede explicandolle os centos de miles de parados que apararecerian (moitos deles farano de todas as maneiras) o bon que e Hugo Chavez, o que sufren os pobos oprimidos e todas esas utopias dun mundo feliz.
Claro esta que para a galeria viste mellor o seu discurso.
Pero alguen se ten que preocupar de distinguir entre o que e moi probable que suceda e o que non. Admitindo que todo e posible.

O fillo esta na casa tumbado enriba da cama coas mas debaixo da cabeza debuxando utopias mentras a nai fai a comida (uso a familia propotipo como exemplo) e o pai anda fora tentando de traer os cartos para a casa.
O malo e cando o pai se bota a pensar o lado do fillo.
A nai, que sigue sendo o sosten da manada, esta agora preocupada pola pinta que estan collendo as cousas.
Vostede e o fillo e eso agradame (mal vai a cousa se a xente mais ou menos nova non tenta botar abaixo algun que outro pilar que leva moitos anos forxado).
Eu son a nai.
Pero o malo e que o goberno actual e o pai.
E esta nai volvese unha loba o ver tanta indolencia e tanto xesto inutil e ridiculo (andar sentandose diante das bandeiras) e non quere saber nada dos que son adolescente toda a vida (Jose Blanco no seu blog anuncia que a crisis non depende dos riscos do sistema bancario senon da guerra de Irak).
Algo vai mellorando, xeneracion tras xeneracion, cos derribos que a xuventude vai acometendo.
Por eso mama esta triste cando comproba como o rapaz pensa que seu pai e a esquerda (o que pense dela importalle menos).
Pero terminaronse os tempos nos que a muller estaba sempre metida na casa (¿Gustaranlle tanto o seu ex os paises islamicos por manter as mulleres na cociña?) e agora esta cos que propugnan un goberno femenino.
¡¡¡As mulleres fora!!! (da casa, quero decir).
Saude
*****
*****
*****

Saudos

Anónimo

Hola, bos dias.
Sr. Blancolexítimo, que tal por Úbeda?. Eu aportando datos concretos, falandolle das cousiñas que fan os políticos que vostede citou e vostede, pintame as “Mulleres Sentadas” de Picaso. Eu prefiro o realismo de “As Espigadoras” de Jean François Mollet, da Escola de Barbizón, cecais por aquelo de que a min tamén me gusta a Francia. ¿Soraya, Cayetana?, aviseme cando vaia á Coruña que lle encargo un bolso do Loewe para a miña noiva. Claro que é necesaria unha dereita moderna, para derrotala ¿senon a quen lle imos gañar as elecións?, pero, xa lle expliquei na entrada anterior que en Europa sí, acabada a guerra mundial desapareceron Hitler e Mussolini pero en España non existe, salvo as periféricas de CiU e PNV, porque o que hai e a descendencia do franquismo, misturada con outras esencias pero cunha base solida de nacional catolicismo. Non sei de onde saca que eu simpatizo con Chavez pero ben, si quere opinar vostede por min...Seguro que vostede está máis orgulloso do seu Xefe de Estado, que apartou a todos cantos se lle puxeron diante para acadalo seu cometido, incluso ao seu propio pai. Despóis foi elexido democráticamente polo pobo e din que non tivo nada que ver no 23f. Amigo de dictadores árabes, que lle regalan barcos ou de empresarios de dudoso pasado e incierto futuro. Si teño que elixir quedome có Venezolano porque ambos somos herdeiros das atrocidades da monarquía de Castela ao longo dos anos.
Non son un fenómeno, nin nada que se lle pareza, en economía pero sei que a crise que nos anuncian, da que teño certas dúbidas (restaurantes: sin reserva imposibel e con reserva, para 7 ou 15 dias, hotéis e turismo rural: altísima ocupación, entradas para espectáculos, concertos: esgotadas as máis caras, compras de nadal e reises: non collía un alma nos centros comerciáis, carnaváis: os mellores disfraces esgotados, etc.). Falaba da crise, que por primeira vez é unha crise ecónomica, outras foron polo petroleo por America Latina, por China, en fin por diversas causas pero esta é a primeira vez que está en crise o sector financieiro dos EEUU, a primeira potencia mundial i non fai falla ser moi racional nin facer demostración cientifica algunha. Calquera sabe que esto afecta a todo o mundo, bueno calquera menos os que culpan a Zapatero de todo, e poida que non vaia equivocado Pepiño Blanco pois supoño que o enorme gasto de Iraq terá algunha influencia na crise.
¿Está seguro do que dixo?, denunciar a invasión de Iraq, case un millón de mortos, refuxiados, enfermos, mutilados, violados, famentos, denunciar Guantánamo polos presos sin dereitos, denunciar o embargo a Cuba, repito ¿está seguro que é de visceráis?, ¿é defender unha utopía?. Pois eu maldigo a quenes argallaron todo este xenocidio. Se sigue afirmando isto, alegrome de que me vexa moi diferente a vostede e vou pensar, ¡non sei!, que no verán traboulle un raposo ou que coincideu de vacacións con Fraga, Baltar ou Cacharro.
Triste historia a sua, coido que si vostede é a nai e a nai é o Principe ten que ser vostede Maquiavelo. Voulle contar eu outro conto: Había un xoven que non pensaba, tiña de todo o material, coche, cartos, roupa. A sua mai non traballaba, nin siquer na casa, tiña servicio, ia de compras ao ximnasio, de viaxe, ao spa, tiña de todo, até tiña un xoven amante. O pai, que apenas estaba na casa, era o que facía posibel todo aquelo cós cartos que gañaba. Pero un día o rapaz enterouse por un amigo de que seu pai traballaba para a mafia e, ao chegar á casa contoullo a sua mai. Ela dixolle, xa o sabia, fillo, pero non nos vai tan mal. A mai segue a ser vostede, o fillo podería ser calquera Cayetana ou Soraya e, o pai, adiviñeo vostede.
Como nos fumos do tema de Gallardón quería apuntar que lle quedan duas esperanzas unha boa e outra mala. O futuro falará.

Saude, saudos.

Anónimo

Le he planteado mal la pregunta sin duda y aun asi usted ha tenido la bondad de responderme como buenamente ha podido cuestion esta que le agradezco sinceramente. tratare de definir todas las variables para que me pueda responder con todos sus argumentos. ya no le pido un articulo detallado como este ya que me parece abusar de su tiempo amabilidad y atencion.
Mantengamos la identidad del politico que concede la licencia y el tecnico que dirige la obra como en el inconcreto supuesto anterior esto es que son una misma persona. El politico cuenta con una dedicacion exclusiva dado su puesto de delegado de urbanismo.
Un tiempo despues de concedida la licencia se descubre que falta un informe. Nuestro sujeto ya no es concejal de urbanismo pero si es director de la obra. el nuevo concejal para la obra hasta tener ese informe que falta. No ha habido recalificacion alguna en ningun momento.
Como valora esto?

Anónimo

Perdón por meterme en el asunto del concejal y la obra. ¿En qué afecta lo de la dedicación exclusiva?. Creo que da igual que la tuviese o no, el actual no la tiene aunque desconozco si esto le da o le quita poder de actuación o le hace depender más del alcalde. No sé si lo que acabo de decir es una tontería, es para buscarle explicación a que la dedicación exclusiva encaje en este problema. Para mi lo importante es que concedió una licencia a falta de un informe, lo cual no está bien y sobre todo si ya tenía previsto dirigir la obra. Y poniendome en lugar del concejal pienso que pudo valorar donde obtendría más beneficio, si como delegado de urbanismo en el período que faltaba hasta las próximas elecciones o como director de la obra. Tal vez lo vió así y se decantó por la más favorable. Pero no pensó en la eficacia de su sustituto que descubrió o fue advertido de la falta del mencionado informe y paró la obra.
Como dice Blancolexítimo, menos mal que estas cosas no pasan en Betanzos.
Chao

Anónimo

Blancolexítimo, lembrase cando criticou ó Bloque por colgar as fotos de Botana uns días antes de escomenza-la campaña?. Qué lle parece que xa estén as fotos de Rajoy por todo Betanzos? ou non as veu?. Claro, como será ó partido que lle vai votar, ágora está calado. Xa sei que o voto é secreto pero, importarialle negar aquí, na sua páxina, que vai votar polo PP?.

Adeus.

Anónimo

Hola, bos dias.

Cayetana Alvarez de Toledo?

É posibel que dentro de algúns anos, cando os cidadáns queiran referirse a un ridículo de dimensións xigantescas, falen dun "ridículo cayetano" en
honor á maletilla que fichou Acebes coma a sua xefa de Gabinete.
Contolles.
Cayetana Álvarez de Toledo, unha das admiradas por Blancolexítmo, estivo nun programa de debate de Tele-Esperanza e soltou un notición: "Se" parou un comunicado da ETA, tras traducilo do euskera ao castelan, porque ao Governo non lle interesaba a sua difusión. Alguns tertulianos pedironlle detalles, ante o asombroso feito de que a ETA non envíe agora os comunicados aos seus medios afins i exista alguén con capacidade de "paralos", pero Cayetana mantivose no "Se". Foi "Se". Que llo dixeron a ela.
Ante a enormidade da trola, que nen siquer a maletilla de Acebes se debería permitir, o Ministerio do Interior enviou un desmentido ao programa que foi lido en directo. Nova petición de datos
concretos sobor de quén se adica a "parar" comunicados da ETA, pero a maletilla Cayetana responde que ela non acusara ao Ministerio do Interior; que ela só dixera que "Se" parou o comunicado. Foi "Se". Que llo dixeron a ela.
Conclusión: esta maletilla é unha mina. Ogallá Acebes tome a decisión de paseala por moitos platós de televisión. Eso sí, chamarlle Gabinete ao negociado de Acebes é unha broma. Eso é un camarote. I está cheo de bobos solemnes. ¿Qué cómo o sei?
Pois, está claro: dixomo "Se".

Saude, saudos.

blancolexitimo

Don Lis, alcanzoume co do bolso de Loewe.
A palabra cerros non me leva a Ubeda senon a America e, sobre todo, a Comala.
O termino “simpatizo” e sinonimo de “se tivese que elexir entre …”.
Non esqueza que España era franquista e que, polo tanto, hai aromas de franquismo en moitos dos que militan nos partidos. E moi facil de saber: o que non estaba contra unha dictadura, estaba a favor dela (contra a falta de libertade non se pode ser neutral).
Fixese o que facia e de quen era fillo o actual Ministro de Xusticia e entendera o desprecio que lle profesa o PP.
Eu sonlle republicano desde novo. Asi que para reis e principes chegame cos dos contos que se mercaban nos estancos.
A min a economia interesame ainda que non sexa un entendido.
Para saber como imos chega con ver como evolucionan unhas cantas cousas: a relacion importacions/exportacions, o capital que ven de fora e o consumo interno.
Mirando para elas un non pode ser optimista.
A unica esperanza que me queda e aquela que “solo sabe bailar cha-cha-cha”.
A pesar do que di, a Cayetana esa e o Gistau teñen boa cabeza e capacidade de comunicación. Carisma, vamos.
Saude.

Jesus e Laton, falan vostedes do asunto de Isidro Doporto que, como dixen, a min non me parece relevante.
Era concelleiro de urbanismo e concedeu licencias. Cando deixou de selo dirixiu algunhas desas obras.
Que un aparellador de Betanzos traballe nas obras que se fan aquí pareceme o mais normal do mundo.
Non teño coñecementos para valorar a importancia do informe que faltaba.
¿Deronlle a direccion da obra por conceder a licencia sin o informe do que falan?
A min non me cuadra, pois non e comparable ver se o movemento de terras afectaba a algun posible ben patrimonial que construir unha planta de mais nunha urbanizacion.
Saude.

Conchi, por suposto que se andan por ai carteles do PP pedindo o voto direi o mesmo que decia do BNG.
Para as Cortes (nin en ningunha outra eleccion) eu nunca votei polo PP, pois pasei de IU (co parentese do voto util na provincia de Lugo para Gonzalez no 82) o voto en blanco e posteriormente a abstencion.
Se ademais ata uns dias estaba afiliado a dous partidos politicos (que non son o PP), non entendo de onde saca que vou votar polos populares.
Por suposto que, de votar, fareino por quen queira.
¿Facelo publico no blog?
Eu son un democrata europeo e como tal comportome. Deberia tomar vostede exemplo e non caer nesa actitude tan pouco elegante que consiste en despreciar o voto dunha parte importante dos seus veciños.
En calquera democracia con solera non sairia vostede moi ben parada.
Pero xa sabemos o nivel de comportamento democratico que gastamos por aquí. Os que opinan coma vostede danse de modernos cando en realidade manifestan un pensamento rancio e trasnoitado.
Pero bueno, nesas estamos.
Boas noites.

Anónimo

Jesus o di moi claro "Mantengamos la identidad del politico que concede la licencia y el tecnico que dirige la obra como en el inconcreto supuesto anterior esto es que son una misma persona" por que non lle resposta?

Anónimo

Hola Jesús,Las Licencias de Obra en Casco Historico se tramitaban en la Concejalía respectiva por la Arquitecto de la Oficina de Rehabilitación y Arqueologa Municipal, para despues ser informadas por el Secretario Municipal y sometidas a votación en la Comisión de Gobierno (esto es conocido perfectamente).

Por cierto Jesús, tienes el Expediente Municipal a tu disposición en las oficinas Municipales en horario de atención al público.

Cualquier intento (sin fructificar)de paralización municipal posterior lo ha sido durante la ejecución de la obra y por motivos del tipo:- Conexión de alcantarillado a red general.

Anónimo

Después de leer el ultimo comentario "anónimo de las 16:23", mas me reafirmo en que los técnicos que pagamos todos, no cumplen con su obligacion ¡fuera con ellos, secretario, arquitecta o aparejador, segun parece por todas las sentencias que nos caen por culpa de estos sandios.

Anónimo

que levasen informe desa oficina non quere decir que desen ali a licencia. as licencias de obra as da todas o concelleiro de urbanismo ou a xunta de goberno e eso si que se pode ler no propio expediente. se sabes eso do alcantarillado e por algo. a quen pretendes enganar a estas alturas!

Anónimo

Betanzosliberal
Me parece muy significativo que el sr. Lis de Moura se identifique mucho más con causas como la de los presos en Guantánamo, angelitos que no han roto un plato.
Evidentemente Guantánamo está geograficamente dentro de Cuba, pais que sufre una DICTADURA COMUNISTA desde hace 40 años, en la que no solo no se aplica la Convención de Ginebra en las cárceles,-atestadas de disidentes políticos, prostitutas inducidas por el hambre y el Régimen y homosexuales, porque ser maricón en Cuba es sinónimo de cárcel- sino que no existe el más mínimo respeto a los Derechos Humanos en todo el país. Dentro de Cuba Guantánamo es una base militar con una prisión de máxima seguridad dónde se lleva a terroristas, que por lo menos tienen garantizadas tres comidas al día- En una cárcel cubana como la de Cólón de desayuno y cena hay agua con azúcar de caña- y están vigentes todas las Convenciones en materia de derechos humanos que existen. Si bien no estoy de acuerdo con la política de USA en general, desde luego prefiero caer en una cárcel de los USA que en una cubana.
En cuanto a lo de la economía, una cosa es no ser Manuel Conthe, Pizarro o si me apuras Solbes, y otra es comulgar con Pepiño. El problema de la crisis es que es real, nos afecta màs que a otros paises europeos por varios motivos:
Dependencia excesiva del sector de la construcción, subida generalizada del IPC por encima 1,3 puntos por encima de la eurozona, ausencia total de medidas correctoras para ajustar los presupuestos generales a la desviación de las previsiones iniciales de crecimiento para 2008.
Lo de "elexir al Venezolano", como seguro que también elegiría usted al cubano es típico del que desde la lejanía cómoda del Primer Mundo, Europa, España, Galicia, contempla los ideales revolucionarios de juventud sin haberse movido del cómodo sillón para ver los estragos que han hecho las dictaduras comunistas o neopopulismos bananeros, que destruyen, corrompen y prostituyen a las personas, robándoles su dignidad, libertad. Seguramente el problema de la mayoría de los nacionalistas que piensan como usted es que distinguen entre las dictaduras que les caen simpáticas como Cuba y los paises democráticos que no como Usa.
Me imagino que usted con tan bonito nombre "Lis de Moura" será docente, escritor o ambas cosas.
Le voy a contar otro cuento: Los cuatro hijos se apiñaban en la chabola mientras la madre cocinaba la ración de frijoles racionada por el estado y un trozo de tocino comprado en el mercado negro por el hermano camarero en un restaurante de los dólares sisados al estado de las facturas.
La hermana mayor aún adolescente jineteaba - se prostituía- en la Habana hasta que la policia la detuvo, lleva ya 1 año en la cárcel de Pinar del Río.El padre llega con su habano y le cuenta a la madre que ha visto un turi - coche turístico- precioso Hyunday, incluso tiene luz de marcha atrás, que le ha dicho un italiano que en su país es coche de obrero.La madre es Cuba, la hija la REVOLUCIÓN y el padre Fidel Castro.