Non se pode permitir

O deportista galego mais laureado de todos os tempos non ten beca porque a administracion galega non o considera un DGAN (Deportista Galego de Alto Nivel).

Non e unha broma ainda que o pareza.

Parece ser que o fillo do panadeiro de Hio non e do agrado de Dona Anxela Bugallo. Esta señora anda mais preocupada por firmar manifestos de seleccions de hipoteticas nacions que de velar para que os deportistas galegos de elite (de todos os galegos, señora) gocen das condicions e das instalacions adecuadas para o seu entrenamento.

David Cal ten unha medalla de ouro e unha de prata nas Olimpiadas e unha de ouro e outra de bronce nos Mundiales.

¿Que ten vostede, señora conselleira? Represanta simplemente a un partido (ainda supoñendo que toda a xente do Bloque comparte a sua deriva) que recibiu o apoio do 18,7% dos galegos que votaron no 2005.

¿Como se atreve a actuar con esa impunidade propia de republicas bananeiras?

Xustificarse alegando que se lle mandou unha carta por correo normal, e que non contestou a ela, ofende a intelixencia de calquera persoa que sepa as condicions que debe cumplir un comunicado para que xudicialmente se considere que, fehacientemente, foi recibido.

Pretende xustificarse o sectarismo cunha argumentacion que provocaria a risa de calquera tribunal.

Pero a señora Bugallo ten o poder e David Cal o apoio da maioria dos galegos.

¿Non hai unha contradiccion?, ¿Non reside o poder nas mans deses galegos que apoiamos a Cal?

Patetico o silencio do PSOE. ¿Non ten nada que decir o Presidente da Xunta de Galicia?

¿Esqueceu o Sr. Touriño o resultados das eleccions o Parlamento de Galicia?

¿Refrescamoslle a memoria?

2001

2001

2005

2005

Votos

Diputados

Votos

Diputados

PP

791.885

41

756.562

37

PSOE

334.819

17

554.912

25

BNG

346.430

17

312.039

13

Señor Presidente, no 2001 o seu partido tiña 12.000 votos menos que o BNG e no 2005 pasou a ter 143.000 votos mais.

¿Pensa que eses novos votantes aceptan actuacions coma a da Sra. Bugallo?

¿Tamen nos vai falar agora de que se protesta vai vir a dereita franquista a gobernar Galicia?

Vostede e o Presidente de todos os galegos.
E David Cal e un galego ilustre.

9 opinions:

Anónimo

outra demostración do gran intelecto do señor Henry; descoñece que o señor Cal, mellor dito o seu entrenador persoal (militante do PP de Pontevedra e colegui dun constructor aspirante a alcalde) leva moito tempo boicotendo calquer entendemento entre o señor Cal e a xunta actual. E tendo en conta que aín sendo o señor Cal un gran deportista (con enormes problemas na lectura, esscritura e entendemento- rematou o EXB de milagro) ten un entrenador que leva confundindo deporte con política moito tempo, acaban pasando cousas deste tipo.
Pode vostede preguntarllo ao resto das persoas de alto nivel que forman parte da eñite do piragüismo de Galiza.
Magoa que vostede non se entere de nada. Mago.
Como cadea de transmisión do PP non ten prezo. Ofreceronlle xa algún posto???

Mago de país.

Nota: o entrenador do señor Cal segue a defenderse decindo que se esqueceu de cubrir os papeis, independentemente que a Xunta se teña tentado un porrón de veces poñerse en contacto con él.

Anónimo

Por certo señor henry, mire vostede que o Mestre Yoda o excelentisimo don Isacc pensa o mesmo que eu. Tamén deve ser dos que serían unha bola que impedise nadar: "Marisol Lopez a muller que está traballando para que o galego morra dignamente" esta señora tamén traballa e ama o galego igual que vostede.
http://www.galicia-hoxe.com/
index_2.php?idMenu=86&idNoticia=
252135

Xuntar todo, coma sempre.

Anónimo

Señor Mariño, sabe vostede que David Cal non tivo ningunha axuda da xunta porque non as solicitou. sabe vostede que david cal polo simple feito de ser david cal ía a comer ao centro de alto rendemento de pontevedra fora de hora, e esixia que lle diran de comer sin dar mais explicacions de que era david Cal.
Sabe que a federación galega de piraguismo trampeu as eleccións da mesma declrando votos validos coma falsos=? sabe que Morlán e do "Bando corrupto" de esa federación.
Como pode criticar que david cal non ten axudas cando foi el o que non as solicitou?

Anónimo

Que pasa no piragüismo galego?

Os problemas con Deporte, as posíbeis vinculacións políticas e a excesiva atención prestada a un só palista, en detrimento dos seus compañeiros poñen en dúbida a xestión da federación galega e mesmo da española.

Xa hai tempo que se fala do que se deu en chamar "divorcio" de David Cal e o seu adestrador, Xesús Morlán, con Deporte e coa Xunta de Galicia. Fálase de factores políticos pouco coñecidos e relacionados coas filiacións políticas.

As posíbeis causas (I):"numerosos problemas" coa dirección do CGTD(Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra) e coa Xunta.

Cal non vai adestrar no CGTD nin na nova pista deportiva de Pontillón do Castro (Xeve-Verducido, Pontevedra), porque, segundo dixo Morlán, puxéronlles moitas "trabas" para realizar os adestramentos día a día, ou para usar o ximnasio, a sauna ou os hangares. Mesmo, segundo Morlán, chegaron a atopar as instalacións pechadas sen teren sido avisados.

Daquela -mes de xuño pasado-, o preparador decidiu marchar a Asturias, a adestrar no encoro de Trasona de cara ao Europeo e ao Mundial, e na súa comparecencia negou que esta decisión estivese relacionada co seu sistema de adestramentos habitual, como dixera naquela altura a Dirección Xeral para o Deporte. Para demostralo Morlán botou man dun documento de actividade, datado no 1 de decembro de 2006, no que se especificaba que o equipo estatal de canoa ía permanecer en Pontevedra concentrado todo ese tempo. El mentras, marchaba con Cal.

Outra das cousas que Morlán apuntou para faceren agora patentes esas desavinzas con Deporte foi a redución da bolsa de David Cal por parte da Xunta -dos 18 mil euros que, segundo eles, lles prometera a anterior conselleira, Pilar Rojo, aos 11 mil que lles deu Ánxela Bugallo-, e a non inclusión de Cal na listaxe de deportistas galegos de alto nivel, -publicada polo DOG do 10 de maio-, á que se refería ao tempo que admitía non ter solicitado entrar na convocatoria, xa que "nin David nin eu lemos o Diario Oficial de Galicia".

As posíbeis causas (II): as responsabilidades de Sanmamed

Hai xa tempo que os palistas galegos se veñen queixando dos postos de mando da Real Federación Española de Piragüismo (RFEP), mais sobre todo do seu presidente, o galego Santiago Sanmamed.

Vieiros falaba o pasado mes de agosto co canoísta meco Alfredo Bea, veterano palista internacional, que viña de remar no Campionato do Mundo de Duisburg (Alemaña), co seu compañeiro, David Mascato. No campionato a selección española non conseguiu nin un só dos obxectivos que tiña marcado. Só David Cal conseguiu praza olímpica; os demais non quedaron en moi boas posicións.

Bea aseguroulle naquela altura a Vieiros que despois dos Xogos Olímpicos de Atenas a dirección técnica da Federación Española de Piragüismo colleuna o propio presidente, Sanmamed, "sen ter unha titulación nin estar preparado. Adestraba quen el quería e como el quería... e errou en todo. El é o único culpábel destes pésimos resultados, e sei do que falo".

Bea e Mascato estiveron todo o ano a adestrar sós, a pesares de que lles ían mandar, segundo dixera a federación, un adestrador persoal, que se pagaba cos cartos das súas bolsas de deportistas. O adestrador nunca apareceu. O palista grovense dixo sentirse daquela e mesmo agora "só e abandonado", en detrimento "dun só palista" que si recibe toda a atención da federación. Os do pasado Mundial foron os peores resultados da selección de todos os tempos, e segundo el o único culpábel é Sanmamed e maila súa xestión.

En relación ás queixas de moitos palistas galegos, que viron reducidas as súas bolsas, Bea considera que parte da culpa foi da Federación Galega de Piragüismo, -que preside Modesto Tito Teixeiro Valledor-, xa que non conseguiu informar aos palistas a tempo para que entregasen toda a documentación para participar na selección de bolseiros. "Nós somos deportistas. O traballo administrativo deberan levalo dende a Federación", salientou Bea.

As "boas" relacións políticas do presidente da Federación Española de Piragüismo
Santiago Sanmamed é o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, mais tamén é membro da executiva do PP de Pontevedra, na que acaba de entrar da man do seu presidente, Telmo Martín. Ademais é amigo persoal de Mariano Rajoy, e mantén moi boas relacións co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, institución esta última á que se acostuman agradecer os éxitos de Cal.

Ademais, pode haber pegadas doutras vinculación políticas dos xestores do piragüismo en Galiza. Segundo publicaba nun seu artigo César Lorenzo Gil en A Nosa Terra, o pasado mes de xuño, -xusto antes do Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas, celebrado en Verducido-, o piragüismo en Galiza estivo vinculado no tempo do franquismo á OJE (Organización Juvenil Española), pertencente á Falange Española. Segundo conta Lorenzo, moitos dos presidentes dos clubes de piragüismo naquela altura mesmo andaban portando cadansúa pistola.

Aqueles tempos xa foron pasando, pero a ligazón entre o piragüismo galego e maila dereita española mantívose.

As relacións das federacións española e galega con Deporte e coa Xunta non se caracterizan pola súa harmonía. Fontes da consellaría consideran que o modelo de xestión de Sanmamed, e mesmo de Modesto Tito Teixeiro Valledor, presidente da federación Galega, axéitanse a un determinado tipo deportivo-político da súa relación anterior cos diferentes gobernos do PPdeG.

O peso de Morlán na vida e obra de Cal
Outra das persoas ben criticadas dentro do piragüismo, unha das máis coñecidas e, por outro lado, tamén das máis admiradas é Xesús Morlán, o adestrador persoal de David Cal.

Segundo moitos palistas galegos, Morlán foi deixando o resto do equipo para dedicarse en exclusividade a adestrar a Cal. As dúas medallas que o palista de Aldán trouxo de Atenas son atribuídas por moita xente ao ben facer de Morlán, mais para outros o súa xestión deportiva é mesmo excesiva. Morlán é criticado por coller máis protagonismo que a persoa á que adestra.

O adestrador do Tudense Estevo Alonso acusou fai uns meses directamente a Morlán de boicotear a presenza de Ana Varela no pasado campionato de europa. “Ana abandonou hai uns meses a concentración porque estaba esgotada”, explica. “Máis tarde incorporouse aos adestramentos no noso club e pactamos con Sanmamed que estaría na selección.

O presidente aceptou pero encontrouse coa negativa de Morlán, que porfiou en evitar que ela volvese á selección por ter abandonado a concentración. Esta actitude conservouna até o final, pese a todas as xestións, tanto nosas como da federación española”.

Alonso considera que Morlán ten un exceso de egoísmo. “Non se decatou de que David Cal é un fenómeno, de que as medallas non as gañou el”.

Morlán tivo noutrora problemas con outros dos seus adestrados. Teresa Portela chegou a abandonar a súa disciplina ao sentir invadida a súa vida privada polo técnico, que fiscalizaba as súas relacións persoais e a súa conduta fóra da piragua.

Anónimo

¡Canta merda! ¡Con perdon!,¡Todo ó move a ditosa politica, da igual quen estea o Bloque coma PP o Psoe!¡esto xa e noxento!

Anónimo

http://www.blogoteca.com/sombrinhabetanzos/index.php?cod=23400

blancolexitimo

A todos os que escribiron, agradecer os datos que se aportan que lle dan o problema unha orientacion distinta.
O unico que me costa entender e que 1 me acuse de correa de transmision do PP.
A miña informacion das cousas sae do que escoito nos medios de comunicacion.
O razonamento que se utiliza resultame coherente e creible.
Bon momento para reflexionar sobre o poder que teñen os medios de comunicacion.
*****

Saudos

Anónimo
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo

pero con estes datos novos e recoñecendo que falas co da prensa tampouco te desculparás coa señora bugallo polo que dis, a que non