¿Sera certo que no Antroido un se disfraza do que realmente lle gustaria ser?








O BNG IMPIDE QUE O PARLAMENTO CONDENE O NAZISMO E HONRE A MEMORIA DAS VITIMAS

O BNG puntualiza a versión da AGAI



”Pasámosvos o texto da declaración institucional proposta por Carlos Aymerich.
Os grupos parlamentares de PP e PSOE, contrariamente ao que sostén a AGAI, non propuxeron ningún texto alternativo. O PP rexeitou a proposta do BNG e o PSOE non tomou ningunha posición ao respecto.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
A 63 anos da fin da Segunda Guerra Mundial, o Parlamento de Galiza quer lembrar ás vítimas da barbarie nazi. Foron millóns os homes e mulleres asasinados por razón da súa etnia, relixión ou ideoloxía, dun xeito industrial e planificado, polo nazismo alemán e os seus colaboradores. Através da presente declaración pretendemos evitar o esquecemento destes crimes e previr á cidadanía galega contra aqueles que seguen a negar a súa realidade histórica ou a minimizar as súas consecuencias
Os horrores da guerra e, en particular, os dos campos de exterminio están sen dúbida na raíz da Declaración Universal de Dereitos aprobada pola ONU en 1948. É por iso que neste seu 60º aniversario o Parlamento de Galiza reivindica a súa plena vixencia denunciando sen paliativos situacións que, como a blocaxe que sofre a franxa de Gaza ou o muro de separación que está a construir o Estado de Israel como parte da ocupación militar da terra de Palestina, supoñen unha conculcación non só da legalidade internacional mais tamén dos dereitos inviolábeis que pertencen a todas as persoas e a todos os pobos”.

Comparen co que pasa en Cataluña.

Unha opinion a ter en conta.

So un miserable pode comparar un estado de guerra coma a que esta enquistada no Oriente Medio (desigual, pero guerra o fin) con subir a familias enteiras en trens que levaban as camaras de gas.

Unha cousa quere que quede absolutamente clara: desprecio a todos aqueles que buscan un so argumento que poda xustificar que se meta un monton de nenos nun barracon, para ser gaseados e despois queimados.

¡Que se vaian a tomar vento o señor Aymerich e todos os que comparten o seu sectarismo!


21 opinions:

betanzosliberal

betanzosliberal
No puedo estar más de acuerdo en que el Bng ha perdido totalmente el Norte y con actitudes como estas creo que no va hacia ningún sitio. La verdad es que tiene cada vez más aspectos comunes con el régimen Nazi, el antisemitismo, el racismo, la xenofobia idiomática- pronto multarán a los que no rotulen sus negocios en gallego- recuerda a las pintadas que hacian al principio los nazis en los negocios de los judíos.
Seguro que personajes como Lis de Moura o Sito Botana tienen justificación sobrada para esta barbarie.
Por certo sr. Blancolexítimo vexo que os de Cxb e os do PP pensamos cada vez máis parecido.
Un saudo.

Antonio P.S.

Xa hai tempo que deixei de entender que pasa no BNG,ou de sequera intentalo, agora so me queda o abraio , a incedulidade e a carraxe de ver o rumbo que toman.Non se pode xustificar o inxustificable, ¿cal sera a proxima?...
O señor/a betanzos liberal decirlle con todo o respeto do mundo, que pouco se parece CXB o PP , por non decires que nada. So que a diferencia con "outros" nos podemos estar dacordo co PP, co PSOE ou co BNG... e así recoñecelo, xa que non nolo impide o sectarismo ou as directrices de partido.So hai que escoitalos plenos....CXB recolle a xente de ideoloxia moi diversa cun fin comun, intentar facelo mellor polo noso pobo, así e facil chegar a entenderse.¿non cree?. A outros podelles a carrexe e os intereses personais , particulias ou de partido...
Un saudo

Sombriña

Si mariño si, cada dia que pasa cxb e o pp pensades mais parecido.

Declaracións do BNG ao respecto.

O número un do BNG ao Congreso por A Coruña, Francisco Jorquera, saiu ao paso das declaracións realizadas hoxe en Vigo polo secretario de comunicación do PP, Alfonso Rueda, e Esperanza Aguirre a respecto da posición do BNG perante o nazismo. “Como nacionalistas e pacifistas, somos a antítese do nacionalsocialismo. E, por tanto, fomos tamén a antítese do nacionalsocialismo español, o franquismo. Combatimos o franquismo na clandestinidade mentres Mayor Oreja vivía placidamente”, afirma Jorquera. “Non aceptamos leccións dos que aínda hoxe se negan a condenar o franquismo”, engade.

A través de Jorquera, o BNG quixo manifestar que nunca se negou a que o Parlamento realizase unha declaración de condena do Holocausto. “O que fixemos foi demandar que se condenasen tamén as agresións de Israel contra os palestinos, porque nunca nos adheriremos a aqueles que utilizan o sufrimento do pobo xudeu ao longo da súa historia para xustificar o terrorismo de Estado contra o pobo palestino”, engade Jorquera.

Para o senador nacionalista, as declaracións de Rueda e Aguirre evidencian polo demais que “no PP quen marca a liña política é o señor Jiménez Losantos, coñecido polas súas querencias ultradereitistas e por terse oposto á Lei da Memoria Histórica precisamente por esta conter unha clara condena do franquismo”.

“É verdadeiramente abraiante que se queira arrogar agora o papel de crítico do nazismo un partido que ten criminalizado a Lei de Memoria Histórica e que tantas veces ten desculpado o franquismo, a forma en que o fascismo e o nacionalisocialismo se desenvolveu no Estado español”, conclúe.

Editorial da web ultradereitista Libertad Digital sobre o BNG

Esta ‘discusión’ foi aproveitada, ao tempo, pola páxina web de ultradereita española ‘Libertad Digital’, que inclúe no seu editorial de hoxe unha crítica feroz contra o Bloque Nacionalista Galego, que considera de “nazi”.

A persoa ou persoas que escribiron este dogma dos bos comportamentos aseguran que a condena do BNG e unha ampla maioría social do comportamento do exército israelí contra o pobo palestino non é máis que unha comparación da “barbarie nazi cos denodados esforzos de Israel por loitar contra o terrorismo criminal e desatado que arrasa os seus campos e cidades en nome do fanatismo máis nauseabundo”.

Entre outras moitas cousas, rematan dicindo que “o BNG partido que, como o nazi, e nacionalista e socialista a un tempo, retrátase deixando en carne viva de que está composta a ideoloxía que profesa. Non hai nin trampa nin cartón. O desafortunado episodio que fai non moito protagonizou un alcalde de extrema esquerda na localidade galega de Oleiros non foi casualidade. Esta é a esquerda que temos, estes son os seus poderes e ata aquí chegan cando senten donos do discurso”. Así remata o texto…

Anónimo

Tu si que te disfrazas en carnavales de lo que te gustaria.

Lis de Moura

Hola, boas tardes.

Teñen razón os ou o de betanzosliberal cando din ou di que CxB e o PP pensan igual. Do PP non me estrana nada e por moito que se declaren liberales, de centro ou toda canto lazo ornamental se lles ocurra, son os herdeiros do Franquismo, cun presidente de honra que foi ministro franquista e que asinou sentenzas de morte. Son os que sempre se absteñen cando hai que retirar algúnha estatua ou rua de Franco, seguen admirando. E Franco foi aliado de Hitler, xuntos e cá axuda de Mussolini, acabaron co goberno lexítimo despois da longa guerra civil que tantos mortos deixou en España. Isto sabese, sabeo todo o mundo, e por moito que o neguen, xamáis poderán cambiar a historia, ademáis contradinse, negando e abstendose nos casos que citaba antes.
A dereita española, aliada con nazis e fascistas cambiou a historia de España a base de morte que continuou despois da guerra en represalias para acabar con calquer reducto ideoloxico esquerdista, noutro xenocidio similar ao nazi. A dereita española debería sentir vergoña, o Bng non, non ten nada de que avergoñarse nese senso, pode ir ca testa ben alta i para alguén lúcido non haberá dúbida da inexistencia de calquer tipo de simpatía polos nazis por parte do Bng e que é de tontos solemnes. Calquer persoa cun mínimo de intelixencia, fronterizo, por non ir máis alo, sabe que o Bng non comparte nada cós nazis, son tan opostos como o lume e a auga i ademáis a explicación de Aimerich está ben clara, para quen a queira entender. O Sr. Blancolexítimo, que agora se adica a chamar miserables aos que non opinan coma él, non a entende por eso non debe acadar o nivel de fronteirizo ou ben é un franquista enmascarado.
Os do PP que tanto se escandalizan por que o Bng condicionou o seu voto, non se dan conta que ao condenar o nazismo, condean a historia de España e o seu pasado. Ou é que sin os nazis e fascistas, Franco ia gañala guerra. Está claro que non. Pois entón debese condenar a dictadura franquista (ao que se opuxo o PP no parlamento europeo, ou se abstivo, qué máis da!), condear a transición e a nosa democracia actual, pois todo, sí, non poñan cara de tolos, todo parte da participación nazi na guerra civil de España. Condenen, condenen, que algún se terá que condear a si mesmo.
Miserable?. Dame vostede pena, Sr. Blancolexítimo, o que se mete nunha secta ten dificil saida. Así que o de Oriente medio é unha guerra. Olvidese das batalliñas do abuelo, iso xa non existe. Eso é unha estado poderoso, os inventores de Deus, arrasando a un pobo pequeno igual que fixeron os nazis con eles hai anos. Non hai camaras de gas pero hai outros metodos, ao final vas ir igual para o furado. O que alí hai e o intento de control da zona polos seus recursos, dirixido polos EEUU e arrasando a quen se lle poña diante, en Palestina, Iraq, Afganistan, Irán?. Teñen unha boa capacidade de desplazamento por todo o mundo pero mellor ter un aliado na zona, Israel, sí, ten nome de can e traballe a todo o que se mova. Sr Bruno, voulle pedir que se situe nesa situación complicada, que é coma lle chama vostede, en que lugar desa situación preferiría estar para ter máis esperanza de vida?. E hai unha persoaxe de triste recordo, alomenos para min, Aznar, que se convertiu en aliado de Bush nese proiecto, bueno, Aznar e o resto de alimañas que se puxeron en pe no congreso ovacionando o famoso SI á guerra. 700.000 mortos, millóns de refuxiados, feridos, enfermos, violados, etc. etc. etc.
O PP a día de hoxe segue sen condear aquelo. Cómo van condear algo que eles apoiaron?. Ten vostede conciencia, Blancolexítimo?
Pense no que lle acabo de decir. Xa dixen que do PP non me sorprendía nada, un buitre carroñero non se vai convertir nun gatiño siamés pero, vostede segueme a sorprender.
Nota: Eu son simpatizante e votante do Bng pero todo o que opino e persoal e seguramente que non é compartido por moitos dos que votan ao mesmo partido ca min. Rogo non se relacione o que eu escribo có Bng.

Saude, saudos.

Antonio P.S.

Hoxe o chegar do traballo o meu fillo de 5 aniños , cantoume unha cancion que lle ensinaron no colexio co gaio do dia da PAZ ( o daqui ..o publico..)
Os nenos da clase queremos cantar,
para que no mundo sempre exista paz,
queremola paz, queremola paz,

brancos, negros , chinos que mais da,
se nos abrazamos coñecremos a PAZ,

Parece que con 5 anos xa sabe mellor de que vai iso da PAZ, que moitos dos que por aquí escriben.Alguns saltaronse as clases ou non as entenderon ben.

PAZ, e saude.

Anónimo

A paz moitas veces hai que buscala, a paz e moi facil de atopar cando se busca, pero non olvides que para atopar a paz primeiramente hai que rexeitar a guerra, as mentiras e as falsedades.

Eso enseñaronmo a min de pequeno na escola.

Anónimo

Son leitor habitual do teu blog e si na maioría das ocasións non estou dacordo cos teus argumentos, os respecto profundamente e considero que en calqueira caso son exercicio da sana liberdade de expresión. Pero despois de ler o que acabo de ler, non podo máis que dicir "TAS PASAO TRES POBOS". Dubidar do que acabas de dubidar ofende profundamente o meu sentido da intelixencia e te descataloga por completo. Non todo vale Mariño. Sinceiramente despois disto creo que teño cousas máis importantes que facer que deixarme intoxicar desta maneira. Ate sempre,

Perdo

Lo tuyo es mucho, no encuentro palabras a lo que acabas de hacer.
Yo tambien me despido, hasta siempre.

pedro

Lo tuyo es mucho, no encuentro palabras a lo que acabas de hacer.
Yo tambien me despido, hasta siempre.

pedro

Lo tuyo es mucho, no encuentro palabras a lo que acabas de hacer.
Yo tambien me despido, hasta siempre.

Anónimo

Non teño costume de deixar a miña opinion neste blog, pero o encontrarme con esta cabeceira sorprendeume,e con certo desacougo teño que pensar que hoxe non foi o mellor dos teus dias, aprobeitaxe para atala mosca polo rabo.Mesmo a posta en escea grafica, semella outros tempos de carteleria dirixida.
Entre o bng e vos podedes pensar en moitas diferenzas, a min non me gusta nada, estas liortas nas que estades metidos entre os dous, mais que nada porque servides de descanso a os outros dous, pero home o bng podera ter outros defectos, a nada que mires sairan polomenos tres, non me parece esta a mellor maneira de demonizalos, e si me parece que non tiveche un bo dia.

Non aos manipuladores

É Día da Paz e mal imos con manipuladores ou curtos de intelixencia coma ti. Desde cando se pode afirmar que calquera persoa cun mínimo de sentido común poida atopar algún paliativo ao que fixeron os nazis? Pero os mesmos que non xustificamos esas barbaries tampouco o facemos no que están a facer co pobo palestino ou no que fixeron cos "roxos" no franquismo ou... En realidade non vou seguir, porque simplemente ou tes ganas de polemizar agredindo, ou o teu entendemento non dá para máis. Non me interesas, pero non conseguín quedarme á marxe. Es patético.
Por certo, o meu teclado si que ten acentos.

Anónimo

Esa es la versión revisionista de la historia que nos quiere enseñar el BNG. Pero no es la primera vez que el Aymerich mete la pata, si consultais sus intervenciones sobre el cambio de Nombre del Hospital Juan Canalejo ( a parte de que se le daba cambiar o no no quiero entrar en una polémica que me parece absurda), me recuerdo que en una intervención en la Xunta de GAlicia, acusaba a este lider de FAlange de que en la postguerra habia matado a varios, hecho veber gasolina a otros, torturado a nosecuantos. A parte de insultar a los descendientes de este selor, alos que no les pidió perdón, como se puede ser tan bocazas y decir estas burradas hist´roticas cuando se sabe que JUan CAnalejo fué fusilado en PAracuellos del JArama. Así que muy dificil sería que hubiera realziado estos hechos en la postguerra, y anteriormente no hay pruebas. LA intervención del Aymerich se puede busar en el Diario de Sesiones de la Xunta de GAlicia para el que quiera leerlo

Henrique

Provocador é un rato, pero xúrolle que esta saída ás bravas apostei hai días que a tería en canto souben da nova e o apretasen un pouco. Asi que provocador si, mais moi previsíbel.

O BNG en ningún momento negou nin nega a barbarie do nazismo (e dado o ton e as ventosidades permítome recomendarlle que aprenda a ler). O que o BNG fai é condear o asasinato sistemático de todas as vítimas (por certo, máis comunistas e anarquistas que xudeos, pero tamén homosexuais, polacos e xitanos). Porque como rezaba aquel vello aforismo clásico, nada do humano énos alleo. Se é execrábel a condea do gaseamento dos xitanos que fixeron os nazis, moi ben. Se é execrábel condear a homofobia que tamén presidiu as accións nazis, moi ben. Se é ser un nazi condenar que gaseasen a comunistas, polacos, socialistas, anarquistas ou simples librepensadores, adiante. Condéanse todos os asasinatos, non só uns poucos, lémbranse todas as vítimas. Bertold Bretch o definía moi ben naquel poema (primeiro viñeron..., lembrará). E se condear as matanzas sistematicas e a fame preventiva (valórenos, califíquenos e xúlguenos o que fixo o goberno de Israel con Gaza esta tempada, porque condea a xustos por pecadores e unha mazá non perde un cesto) é ser un nazi, moi ben.

Eu si que lle dou a razón ao liberal este (entendendo, logo da defenestración de Gallardón, que asociar "liberal" ao PP é un sarcasmo): cada vez se parecen máis.
E mire, vostede que nos ten plantexado algún problema no seu blog, voulle deixar un (xa sei por onde me vai saír, anticípollo tamén, e xa sei que repito argumentos): o franquismo ergueuse como ditadura grazas aos apoios militares de nazis e fascistas italianos (agardo que non teña a cara de negar isto). Serrano Súner, filonazi, foi o encargado de levantar a División Azul e un par de trens que saíron cara Alemaña con outros presentes para Hitler. Franco foi colaboracionista.
Ben, anos despois, e vou prescindir da xénese do PP para non aburrir e darlle excusas para saír polas ramas, o PP segue sen condenar o alzamento do 18 de xullo de 1936 que deu pé a un réxime colaboracionista (alomenos na súa etapa inicial). De feito, orixinou unha eliminación sistemática e programada (se ben non industrializada dado que non había tal posibilidade) dos contrarios ao réxime (xudeos apenas había, pero algúns xitanos mandaron a Manthausen, ou como se escriba, a bo entendedor xa sabe, xunto con "rojos y masones"). Que é o PP entón? E agora si vou con Fraga, que sostén nun dos seus libros que o Holocausto non era para tanto (mire en internet e sorpréndase se non coñece iso). E por certo, a Fraga non o saíu a corrixir ningún dirixente do PP. Que me conta? Espere, que hai máis, que vostede co seu voto sostén un goberno do PP!

O BNG ten moitos defectos, e alguna virtude tamén. Pero mire, somos pacifistas e antiimperialistas, así que sobre iso non nos vai a dar leccións. E igual de brutal é gasear meniños como partirlles o espiñazo e tiralos tetrapléxicos no deserto. Ningunha das dúas é xustificábel, ningunha patria e ningunha idea valen o que vale unha vida. Pero non me faga maquía na moenda.

E finalmente, sobre as ventosidades esas súas. Sobre o mandar a tomar vento non lle vou admitir desculpa porque significa o que significa e non hai interpretación, son moitas veces. Os demais tamén tivemos algunha vez a tentación de convidalo a Sodoma, a aprender grego, facer gárgaras con aguarrás, recomendarlle que deixe as pastillas e demais, pero nunca o fixemos. Por que? Porque no fondo haille unha cousiña que se chama educación. Eu xa lle dixen unha vez que cascar como vostede cascaba me semellaba de cobardes (vostede dixo que era modestia e non sei que mais farrapos de gaita). Eu tráiolle a Carlos Aymerich a Betanzos e a ver se é capaz de dicirlle á cara o que lle di aquí e logo se ten o valor de escoitar o que el lle teña que dicir. Saia pola rama que prefira. E que lle cunda.

betanzosliberal

betanzos liberal
Que o Bng cambia a historia como lle peta é de todos ben sabido. A calificación de "Ultradereitista" do PP é abraiante, porque non pode estar máis lonxe da realidade. No PP se condenan TODAS as dictaduras, TODAS, coma na maioría dos partidos DEMOCRÁTICOS do Mundo.
Sres do Bng, non se pode condicionar unha condena dunha barbarie a nada, si non vos gustan os xudeos, propoñede unha moción no parlamento condeando o réxime de Israel ou os Usa ou quen vos pete, pero o nazismo foi algo moi grave que non admite medias tintas. Por certo, o sr. Jimenezlosantos, que tanto vos incomoda, foi un militante antifranquista que militóu no PSUC, Organización Comunista de España y Partido Socialista de Aragón, logo foi secuestrado por Terra Iure. Cando este señor defendía a liberdade frente ó franquismo, moitos pijos que agora son do Bng estaban a falar castelán nas cafeterias de Santiago.No comparto moitas tesis do sr. Jimenezlosantos, pero dalles leccións de liberdade de expresión oposición a TODAS AS DICTADURAS e democracia a todo o Bng xunto. Sr. antonio p.s., dacordo con vostede en que Cxb é un partido con diversidade ideolóxica é cun sistema de representación moi diferente ós partidos ó uso. Simplemente quero resaltar que as coincidencias de Cxb co grupo de goberno do PP en Betanzos son producto do uso do sentido común para facer as cousas de forma eficaz e transpartente, beneficiando a Betanzos, e según se ve dende fora- porque eu solo son un simpatizante do PP - o Concello por primeira vez en 20 funciona pensando no pobo non nos intereses partidistas.

Bruno

Henrique, le acabo de recomendar un curso de comprensión lectora a Sombriña. Apúntate tú también que creo que lo necesitais.

Efectivamente, se recuerdan a todas la víctimas. Lo que lo hizo si es posible, más terrible a los judios lo puedes leer en esta entrevista a Jorge Semprún, que seguro que se ha pasado al PP también esta temporada
http://letras-uruguay.espaciolatino.com/jerozolimski/semprun.htm

"Yo creo que genéricamente para los deportados, cualquiera fuera el origen de esa deportación -racial o político- lo peor es el hecho de estar encerrado, el aislamiento. Pero creo que para los judíos la experiencia es más singular, va más allá. Creo que por ejemplo, ninguno de los supervivientes deportados, que no
sea judío, tiene la experiencia singular que es la de llegar juntos una familia a la puerta del campo y de ver a un oficial que dictamina "usted por la derecha, usted por la izquierda", sin saberse bien a qué conduce esa selección. La experiencia de ser un muchacho de 15 años o un hombre de 25 y ver desaparecer por una hilera diferente, por una fila diferente al padre o al abuelo, la madre o la hermana pequeñita, sin saber por qué se separaban, esa experiencia sólo la tiene el pueblo judío. Esa experiencia de esa "selección" que conduce a la cámara de gas, sólo la tiene el pueblo judío. Es muy singular y muy espeluznante. Ahí, más que el encierro, es la experiencia esa de la separación, sin ningún otro motivo que el ser lo que uno es, el haber nacido judío. A fin de cuentas, cuando uno ha participado en acciones de resistencia, más o menos libremente ha elegido los riesgos de la resistencia y por consiguiente los riesgos de la tortura y de la muerte. Pero por el simple hecho de haber nacido ver desaparecer a centenares, miles y millones de correligionarios, esa es la
gran experiencia del pueblo judío y lo que diferencia la experiencia de la "SHOA" de todas las demás experiencias de la represión nazi."

Exactamente igual que lo que le hacen los israelíes a los palestinos, oiga.

blancolexitimo

Trasladamos o debate mais arriba.

Saude

Anónimo

"No PP se condenan TODAS as dictaduras, TODAS, coma na maioría dos partidos DEMOCRÁTICOS do Mundo"

Y un huevo! estamos esperando a que tireis lastre y condeneis el golpe de estado de 1936. todas no que en esa muchos vivian "con placidez"