A Belarmino



Non teño nada do que poda decir: esto e meu.

Lonxe e mortos estan os meus seres queridos, e xa ningunha voz me fala deles.

O meu negocio aqui na terra terminouse. Emprendin a tarefa cheo de vontade, desangreime nela, e non enriquecin o mundo nun so centimo.

Descoñecido e solitarios volvo a miña patria e vago por ela coma por un vasto cementerio, onde tal vez me agarde o coitelo do cazador, a quen nos os gregos lle gustamos tanto coma a caza do bosque.

¡Pero ti brilas ainda, sol do ceo! ¡Ti verdeas ainda, sagrada terra! Ainda van os rios dar o mar e as arbores sombrizas susurran o mediodia. O placenteiro canto da primavera acuna os meus mortales pensamentos. A plenitude do mundo infinitamente vivo nutre e sacia con embriaguez o meu indixente ser.

¡Feliz natureza! Non sei o que me pasa cando alzo os ollos diante da tua beleza, pero nas lagrimas que choro ante ti, a benamada das benamadas, hai toda a alegria do ceo.

Todo o meu ser cala e escoita cando as doces ondas do aire xogan arredor do meu peito. Perdido na inmensidade do azul, levanto a menudo os ollos o Eter e os inclino cara o sagrado mar, e e coma se un espiritu familiar me abrise os brazos, coma si se disolvese a dor da soedade na vida da divinidade.

Ser un con todo, esa e a vida da divinidade, ese e o ceo do home.

Ser un con todo o que vive, volver, nun feliz olvido de si mesmo, o todo da natureza, esta e a cima dos pensamentos e alegrias, este e o sagrado cumio da montaña, o lugar de reposo eterno onde o mediodia perde o seu sofocante calor e o trono a sua voz, e o fervinte mar se asemella os trigales ondulantes.

¡Ser un con todo o vivinte! Con esta consigna, a virtude abandona a sua airada armadura e o espiritu do home o seu cetro, e todos os pensamentos desaparecen ante a imaxe dun mundo eternamente un, coma as reglas do artista esforzado diante da sua Urania, e o ferreo destino abdica da sua soberania, e a morte desaparece da alianza dos seres, e o imposible da separacion e a xuventude eterna dan felicidade e enchen o mundo de beleza.

A menudo alcanzo ese cumio, Belarmino. Pero un momento de reflexion chega para despeñarme del. Medito, e atopome coma estaba antes, so, con todas as dores propias da condicion mortal, e o asilo do meu corazon, o mundo eternamente un, desaparece; a natureza cruzase de brazos, e eu atopome diante dela coma un estraño, e non a comprendo.

¡Ojala non tivese nunca ido as vosas escolas! A ciencia, a que perseguin a traves das sombras, da que agardaba, coa insensatez da xuventude, a confirmacion das miñas alegrias mais puras, e a que o estropeou todo.

Nas vosas escolas e onde me volvin tan razonable, onde aprendin a diferenciarme de maneira fundamental do que me rodea; agora estou aillado entre a fermosura do mundo, fun asi expulsado do xardin da natureza, onde medraba e florecia, e agostome o sol do mediodia.

¡Ben certo e! O home e un deus cando soña e un mendigo cando reflexiona, e cando o entusiasmo desaparece, ai se queda, coma un fillo prodigo a quen seu pai botou da casa, contemplando os miserables centimos cos que a compasion aliviou o seu camiño.


Etiquetas de Technorati: ,