Contos da emigracion-1


Corria o ano 1973 e andaba eu por Ginebra.

Nun dos hoteles nos que traballei habia un grupo de galegos e entre eles un rapaz dunha aldea de Ourense que se chamaba Fernando.
Debia ter o redor de 23 anos e viñerase para Suiza cun veciño porque lle morrera o pai e, como lle quedara a mitade da propiedade, queria ganar cartos para comprar maquinaria e montar unha explotacion como era debido.
Tiñanos aburridos porque sempre que nos poñiamos de conversa falaba do mesmo: da carballeira que habia por debaixo da eira, do prado de non sei cantos ferrados que tiña unha fonte no medio que era a ultima en secar na aldea, de que lle queria poñer tella plana a casa, etc. Penso que todos os que estabamos de vez en cando con el coñeciamos as suas leiras de memoria.

Eran tempos en que o presente non existia para moitos e todas as referencias eran a terra e o que iban facer cando voltasen.
Mentras viva recordarei que para alguns unha orquesta enriba dun palco nunha devesa e catro foguetes o dia do patron poden supoñer alimento emocional para centos de tardes de morriña.
A xuventude de xeneracions de galegos queimouse fregando platos ou nos andamios da Europa rica.
O corpo estaba ali pero o pensamento non pasara de Pedrafita.

Un dia o Fernandiño volveu pola tarde da clase de frances cunha suiza-alemana colorada e boa moza. Desde aquel dia os seus tres compañeiros de habitacion ocupaban a miña mentras el sementaba nos nabos.
A suiza parecia un “sacamantecas” pois o Fernandiño debia perder cuarto kilo por semana.
No tempo que estiven ali ata que me fun non lle volvin oir falar nin das leiras nin das tellas.

E digo eu, ¿non habera moitos fernandiños nestes tempos que corren polas veigas do Mandeo?


CODA: Coa emigracion pasa en Galicia coma con outras moitas cousas: uns colleron (collemos) a maleta e outros quedaron aqui a escribir tratados e a lanzar encendidos discursos sobre ela.
Os protagonistas esquecidos, os teoricos e os politicos dandolle nome as ruas da vila. Antes a eso chamabaselle clases sociales.

Cando Eduardo Blanco Amor voltou de Argentina en 1965, os patrons da cultura galega (Galaxia e demais) miraron para outro lado e deixarono en total desamparo. "Os meus amigos galeguistas de dereitas deronme tempo para morrer de fame", declarou.
¿Fariano porque fora un neno pobre abandonado polo pai?
¿Tal vez por ser autodidacta e comunista?
¿Ou seria simplemente porque era maricon?