Oposicions os institutos – 2

Tiña pendente esta segunda parte desde hai tempo e acordeime dela o outro dia o ler que un tribunal aceptou unha demanda dos opositores libres.

Xa saben que formei parte dun tribunal de oposicions de Fisica e Quimica con este novo sistema que paso a explicarlles.

Duas cuestions previas que falan por si solas:
a. O tribunal non podia dirixerlle a palabra o opositor no que atañe as suas exposicions.
b. Sendo a fisica e a quimica disciplinas eminentemente practicas todo foi teorico.

OPOSICION
Constaba de tres probas:
Proba A: Saen do bombo cinco bolas de 75 e o opositor elixe un dos temas que desenvolve por escrito durante duas horas. Reunido o tribunal, un dos membros le en voz alta para que se vaia calificando.
Proba B1: O opositor defende a sua programacion didactica previamente entregada.
Proba B2: Saen do bombo tres bolas de tantas coma unidades didacticas aparecen na programacion de cada opositor, para que este elixa unha. Despois de estar pechado unha hora, defende dita unidade diante do tribunal.
Os que traballaban podian solicitar da Conselleria non pasar esta proba (fixereno case todos) co que Educacion nos remitia un informe que constaba de 10 apartados nos que podia aparecer un SI ou un NON (na practica totalidade apareceu un SI repetido 10 veces).

Aquí terminaba a fase de oposicion e todos os que obtiñan mais dun cinco aprobabana.

¿Cómo se calculaba a nota? Nota oposicion = 0,4 × Nota A + 0,3 × Nota B1 + 0,3 × Nota B2

Vou coller dous opositores de referencia:

Interino (por razons obvias collo un caso teorico extremo, facendo constar que non esta alonxado da realidade dos interinos que obtiveron as notas mais baixas):
A: 2
B1: 4
B2: 10 (puxolle a nota o informe da Conselleria)
Nota oposicion = 0,4 × 2 + 0,3 × 4 + 0,3 × 10 = 5
Oposicion aprobada con un 5

Libre (e un caso real: unha rapaza nova obtivo esas notas)
A: 10
B1: 10
B2: 10
Nota oposicion = 0,4 × 10 + 0,3 × 10 + 0,3 × 10 = 10
Oposicion aprobada con un 10

MERITOS
Ata un maximo de 10 puntos.
Interino: 10 (habia moitos con esa cifra)
Libre: 2 (o non traballar, notable ou sobresaliente no expediente, doutorado ou algo similar)

Nota final
Nota final = 0,6 × Nota oposicion + 0,4 × Nota meritos

Interino: Nota final = 0,6 × 5 + 0,4 × 10 = 7

Libre: Nota final = 0,6 × 10 + 0,4 × 2 = 6,8

O interino queda por diante do libre.

RESULTADO
As 30 plazas foron cubertas por 30 interinos. A rapaza que citamos aquí como libre quedou no posto 36 (se non recordo mal pois estou deseando olvidarme de todo esto).

Interesa saber que, sobre 10, a Conselleria podia darlle o interino 5,8 puntos.

COMENTARIOS
Ainda que o resultado me parece bochornoso (¿Que pensara a rapaza que obtivo tres deces e sigue no paro?), penso que unha persona que leva traballando dez anos para a Administracion ten uns dereitos que ninguen lle pode negar.
Son dos que defendo que o xeito de solucionalo seria que, traballados uns anos (dez por exemplo), o interino se lle fixese un contrato laboral indefinido.

De manter este sistema, haberia que modificar a distribucion 60% oposicion + 40% meritos, de tal xeito que os mellores libres pasasen por diante dos peores interinos (mantendo incluso o 10 no informe para eles).

Se pasasemos a 80% oposicion + 20% meritos, un 5 do noso interino na oposicion equivaleria a un 7 do noso libre.
Con esta nova calificacion seria:
Interino: Nota final = 0,8 × 5 + 0,2 × 10 = 6
Libre: Nota final = 0,8 × 10 + 0,2 × 2 = 8,4

Se somos mais benevolentes cos interinos e decretamos 75% oposicion + 25% meritos, os resultados serian os seguintes:
Interino: Nota final = 0,75 × 5 + 0,25 × 10 = 6,25
Libre: Nota final = 0,75 × 10 + 0,25 × 2 = 8

Penso que esta ultima distribucion seria aceptable.

CODA: A primeira pregunta que se me pasou pola cabeza cando terminei de estudiar o baremo foi: ¿Como poideron os sindicatos firmar algo asi?


2 opinions:

Anónimo

Faltan 8 dias, para que Mariano se reincorpore a su puesto de registrador en Santa Pola.

Anónimo

b. Sendo a fisica e a quimica disciplinas eminentemente practicas todo foi teorico.

Como ben dicía un ex-profe meu e amigo agora, repetir ata a saciedade nun laboratorio a Gota de Millikan é o máis estúpido que se pode facer nunha carreira. Redemostrar a roda non ten graza ningunha, máis aló de coñecer o teórico protocolo de traballo nun laboratorio.

Podes rematar a licenciatura en CC Físicas sen practicamente tocar un laboratorio. De feito practicamente nin o fas máis alá de demostrar catro ou cinco cousas (xeralmente colles tres ou catro datos erróneos da túa práctica para darlle certa fiabilidade de que o fixeches ti)

O resto do tempo estás diante dun computador analizando datos.

Como dicía un profe do instituto que iniciara a súa carreira estudantil universitaria na Química, efectivamante, esa devía ser una carreira eminentemente práctica, xa que a deixou despois de descubrir que non lle gustaba cociñar.

A física e a química fai demasiado tempo que se separaron como para decir iso. A física pode ser tan "práctica" como as matemáticas.