Estamos de cumpleanos



Hai un ano en tal dia coma hoxe botou a andar este que agora se di O outeiro de blancolexitimo.

Daquela chamabase doutra maneira e era unha venta pola que unha nova agrupacion politica independente pretendia asomarse a garelosfera.

O Administrador sentiase encorsetado cando tiña que redactar os acordos das Asambleas de CxB, polo que o falar por si mesmo tendia a esaxeracion.

Non pode negar que nos primeiros momentos utilizou a provocacion como forma de chamar a atencion (¡Que falen de ti ainda que sexa mal!). Pero foi unha epoca dura.

Cando os Cidadans por Betanzos tiveron a sua paxina web, blancolexitimo (asi con minuscula) sentiu coma si lle quitasen das alforxas que levaba no lombo 30 kg de responsabilidade (un por cada afiliado, redondeando).

E xa todo colleu os aromas do viño blanco coma se un fose orinando polas lindes do outeiro para marcar o territorio.

Na carrilleira da entrada (sin cancela), colgado dun estadullo do carro un letreiro, "Aqui curamos a mitomania (sobre todo na segunda acepcion do termino)".

Tres normas basicas para xuntar frases nun parrafo:

1. Argumentar libremente utilizando a razon e basandose en feitos, desestimando logo calquera tipo de rumor.

2. Criticar sin nigun tipo de reparo as decisions (ou omisions) politicas de calquera representante de partido ou agrupacion. Levano implicito no cargo (con remuneracion ou sin ela) en calquera sistema democratico que mereza ese adxetivo.
Romper ese muro imaxinario do que se rodean os que teñen o poder. Ese campo electromagnetico que na realidade non existe e o que fai que quen non ten ideoloxia que o sosteña valore os inconvenientes que pode traer para el e a sua familia decir o que pensa en voz alta.
Medo atavico que se sosten sempre na incultura dos gobernados.
Axudar a que se vexa na praxis que o poder temolo todos e cada un de nos e, sobre todo, que "So a verdade pode ser revolucionaria".

3. Diferenciar entre militantes e dirixentes, deixando a marxe a vida privada destes e, por suposto, a das suas familias.

E nesas estamos, sentandonos unha tardiña que outra nun dos moitos penedos desta terra palestina para, poñendo a man dereita de visera, otear o horizonte. As mais das veces cara diante para, nos momentos de nostalxia, retorcer o pescozo e mirar se o camiño trazado polo medio das pedras estaba predeterminado ou non.



Despois das moitas horas sentado tal e como estou agora, ¿foi rentable a inversion?

¿Mereceu a pena ir sementando dudas en contra do vento dominante (non se debe orinar a sotavento, aconsellan)?

¿Compensa encaixar os insultos persoales que se disparan cobardemente amparandose no anonimato?

Si o libro de instruccion di que para entrar non compre "meter la patita por debajo de la puerta" non se pode queixar despois quen o redactou.


So os que disfrazan de camiñantes chegan o seu destino.
O verdadeiro viaxeiro non o alcanza nunca.
Alguns camiñamos co unico fin de camiñar.


Celebrome e cantome a min mesmo.
E o que diga agora de min, tamen o digo de ti,
porque o que teño eu telo ti
e cada atomo do meu corpo e tamen teu.

Vago... e invito a vagar a miña alma.
Vago e tumbome sobre a terra cando se me antoxa
para ver como medra a herba no estio.
A miña lingua e cada molecula do meu sangue naceron aqui,
desta terra e destes ventos.
Procrearonme uns pais que naceron aqui,
de pais que procrearon outros pais que naceron aqui,
de pais fillos desta terra e destes ventos tamen.

Teño cincuenta e catro anos. E ainda que a miña suade non e perfecta,
co meu alento puro empezo a cantar hoxe
e non rematarei o meu canto ata que morra.
Que se calen as escolas e os credos.
Atras. O seu sitio.
Sei cal e a miña mision e non a esquecerei;
que ninguen a esqueza.
Pero agora ofrezolle o meu peito tanto o ben coma o mal,
deixo falar a todos sin restriccion,
e abro de par en par as portas a enerxia orixinal da natureza
desenfrenada.

De "Canto a mi mismo" (Walt Whitman)



Como poden comprobar esta xa todo escrito e por moito que un queira evitalo recorre carreiros que outros pisaron antes.

So nos queda seguir camiñando.

Facelo e a miña maneira de agradecerlles que este fato de letras sin cadencia (nin acentos) signifiquen algo para vostedes.


20 opinions:

Anónimo

Enhorabuena por todo el trabajo que lleva realizado en este outeiro y en "un cidadan...", a veces con acierto y otras no tanto, pero lo fundamental, creo que lo lleva conseguido, dar opinión libre y sin cortapisas, a todos los que pasábamos por aquí, y que nos sorprendíamos con algo nuevo.
No es fácil mantener un blog activo y con mucha salud, como es el caso de este, eso es porque el administrador le dedica tiempo y ganas para seguir, a pesar de las opiniones descalificadoras, que en muchas ocasiones lo debieron de poner en un brete de dar el punto final.
Estas personas, que el único argumento que sostienen es la descalificación, mejor ni mentarlos, pues no merece la pena la perdida de tiempo.
Creo que a través suya, supimos en un principio, como funcionaba CXB, y sigo buscando información de la vida política del pueblo en este blog, pues creo que aquí se leyeron los debates mas "calientes" y argumentados, algunas veces, que se dieron en toda la garelosfera, aquí empezaron muchos y continuaron por otros blogs, como la Sombriña, ahora desaparecido.
Repito mi enhorabuena, y ¡animo y a seguir caminando!, "porque se hace camino al andar".

Anónimo

Faltan 7 dias, para que Mariano se reincorpore a su puesto de registrador en Santa Pola.

Anónimo

Hola, bos dias, son Lis de Moura.

Antes de nada, felicidades polo ano cumplido e grazas por facer posibel que poidamos terquear das cousas da vida mentres agardamos que a choiva regue un pouco o Outeiro.
Desde que deixei o derradeiro mensaxe, a cifra xa anda polos 40 mortos en Gaza, por suposto con mulleres e nenos.
Sr. Blancolexítimo, limítase a dicer que condea-las mortes destes nenos é un acto de responsabilidade. En fin, vino moito máis contundente con Aimerich, por unhas declaracións, que con unha manada de asasinos. Costalle tanto dicer que Israel é un Estado asasino, respaldado por outro Estado asasino (Usa) e que a Onu e unha asociación de veciños, cun administrador de fincas que todos coñecemos e que mira para outro lado?. Non sei!, verbas que entendamos todos, que xa somos maiorciños!.
Semella que só vostede e os da sua quinta, teñen dereito a Falar mal de Franco. Eu escoitei a algúns falar do dictador, escoitei aos que viviron a sua infancia na dureza da posguerra, moitos deles tiveran que emigrar porque 7, 10 ou 14 irmáns eran moita demanda para tan pouca comida, e hoxe, xa con anos enriba, supostamente cós miolos maduros, votan ao PP, admiran a Fraga e din que se vivía millor antes. Estas son algunhas das persoas que coñezo, cás que convivo, que ás veces falan de Franco. Tamén coñezo outros, que non tiñan 16 anos no 75, senon bastantes máis, algúns xa van no furado, e que según vostede non alzaron a voz contra Franco, que era o deber daquela para ter hoxe dereito a réplica. Sería pasotismo de xuventude, tal vez!, deuse conta do que dixo?. En concreto coñecín a un deses cobardes dos que fala vostede. El recoñecérame a sua cobardia, pois tiñamos bastante confianza, dicía que tiña o medo no corpo, andiveran tras del para matalo (xa ben acabada a guerra) pero tivo máis sorte que un cuñado seu, socialista tamén. Con éste eu nunca puiden falar. Ainda lembro aquel 23 F, lembra vostede? Tejero?. Pois este amigo meu, do que lle falo, chamou por teléfono á miña casa e dixonos, non saiades nin faledes con ninguén. Agora, grazas a vostede, doume conta do cobarde que era aquel home, seguía tendo medo xa na democracia. Blancolexítimo, vostede xa estaría, aquel dia, cá pistola na man, ou tería colgada unha pancarta da “esquerda real” na fiestra da sua casa.
Sabe o que é ter o corazón dividido, coma dicia a canción “querer dos mujeres a la vez y no estar loco”?, pois algo así pasame a min cara ás elecións quero os máis congresistas do Bng que sexa posibel e quero a Zp de Presidente do governo deste “estado federal” onde me toca vivir. Mire, somentes por darlle a vostede na testa, xa lle adianto unha cousa, voulle votar ao “personaxe”, sí, por medio do ministro Molina, pero quero que sexa outra vez presidente do governo e garantolle, que eu non son de dereitas nin como da herba dos seus prados pero, polo mero feito de que o único que fixo foi a manipulación dos medios, abondame.
Ten razón, ahí estaban xa a lei da dependencia, a da igualdade, a regulación dos matrimonios homosexuais, a mellora das pensións e salarios máis baixos, etc., a min xa me abonda có dos medios pois, fixese que voto máis simple o meu, góstame a programación da TV, sobor de todo a noite X do Plus.

Saude, saudos.

Anónimo

Bo cumpreanos, e que segas co mesmo espiritu.
Unha aperta.

Anónimo

Simplemente dar la enhorabuena a esta ventana abierta a la libertad y democracia (en la que todos pueden opinar e intercambiar pareceres), lo dice un betanceiro muy distante de su ciudad pero que gracias a este blog, y algunos otros, puede seguir viviendo en ella como un garelo más y sobre todo sabiendo como va avanzando en su día a día para que cuando vuelva a encontrarse con su tierra no haya un hueco temporal de desconocimiento. Merece la pena luchar en todos los campos por lo que significa para todos nosotros (dejando aparte la ideología a la que pertenezca cada uno) y potenciarla porque como bien sentimos y sabemos "é a máis fermosa do mundo". Gracias por todo blancolexítimo.

Anónimo

¡¡FELICIDADES BLANCOLEXITIMO!!
Tengo que decirle que no siempre comparto sus tesis o su punto de vista pero es el blog mas activo y mas interesante de todos los que tengo localizados de gente de Betanzos.
Espero que cumpla muchos mas.

Anónimo

Moitas felicidades por facer tantos debates no seu blog, de todos aprendo algo, moitos me fan reflexionar, algúns, os menos, danme noxo.
Grazas a vostede coma administrador e a todos os que escriben, por ensinarnos todas as caras da lúa.

Anónimo

aunque lo felicite, no está de más recordar la forma de entrar en la garelosfera del señor Mariño, repartiendo estopa con epítetos a diestra y siniestra que tan furiosas reacciones provocaron como la del señor Del río al que desde entonces ha asaetado con regularidad su tocayo Mariño. Aún con eso, felicidades

Anónimo

Felicidades polo cumpreanos. Leo con bastante frecuencia este espazo, e teño punto de acordo co que nel se di e tamén algúns de desacordo (os menos), e o que creo que todos os que o lemos recoñeceremos que é un espazo virtual dinamizador da vida betanceira, na que todos fomos sempre ben recibidos.
Que cumpra moitos máis con saúde e humor.
Felicidades.

Anónimo

Faltan 5 dias, para que Mariano se reincorpore a su puesto de registrador en Santa Pola.

Anónimo

Menuda guerra se va a montar en la sucesión de Marianin.
Esperancita y Gallardón están afilando los cuchillos.

Anónimo

será "estamos de aniversario", non?

Anónimo

http://www.galicia-hoxe.com/
index_2.php?idMenu=149&idNoticia=272269

Anónimo

Hablando de Esperancitas, la vuestra estuvo chunga el martes pasado, cuentan que la atendieron dos enfermeras y un médico en urgencias, a lo mejor se le está indigestando tanto PP.

Anónimo

Hola, boas tardes, son Lis de Moura.

Un tipo que coñezo, pasou o domingo entre a cama e o sofá, regular no que á saude se refire. Chegou a noite e deitouse, agardando que o luns os síntomas que tiña desaparecesen para ir traballar. Pero, como o luns espertou máis ou menos igual, sobor de todo mareado, deciciu ir ao centro de saude, ao servicio de urxencias ou punto de atención continuada pois non se atopaba en condicións de ir traballar e o seu médico de cabeceira atende polas tardes. Cando foi, faltaban uns 15 minutos para as 8 da mañan e, según un letreiro na porta o horario de atención en urxencias chega até as 8. Un celador dixolle que alí non había médicos para atendelo, que agardase ás 8 que a esa hora abría o centro de saude. Aquí, a miña lóxica conceptual xa se desconcerta cando trato de encaixar “punto de atención continuada” neste conto. Parece ser que é habitual en Betanzos que durante 5 ou 10 minutos se produce un vacío médico a esta hora (no cambio de turno de noite a dia). Coido que un servicio de urxencias non pode parar nin un só segundo. Volvendo ao noso tipo, desde que marchou de urxencias até a hora de abrir o centro, pasaronlle 15 ou 20 minutos, suficientes para morrer, con un infarto por exemplo. Despois de terquear cá recepcionista que si debía ir ao Canalejo que si o tipo non podía conducir, atendeuno unha enfermeira que, non de moi bos modos, fixolle catro probas básicas mentres, a mesma enfermeira ou a recepcionista pregoaba entre os que agardaban a cola para analises que, o tipo non quería ir traballar!. Eu conto o que el me dixo. Despois das probas a enfermeira mandouno ao piso de arriba, á consulta dun médico. Pouco despois un médico falou con él e dixolle que o tiñan que atender en urxencias. Como non fose o celador!. O fin do conto é que o medico dixolle que agardase a ver cando podía atendelo. Despois dunha hora o tipo, canso de que lle tomaran o pelo, marchou para a casa. Tranquilos!, nin él me contou esto como confesión, nin eu son Crego. O tipo está ben, todo quedou nunha cousa sen maior importancia pero, e si a tivera?.
Quén debe determinar si algo é urxente, o doente ou o médico? Poden os médicos facer folgas?. En principio si, ninguén lles pode negar ese dereito pero, é unha profesión coma calquer outra?. Agora máis en serio, vou tratar de argumentar, con axuda, que para min non é unha profesión coma outra e me gustaria que o noso sabio administrador opinase, asi coma o resto de vostedes si lles interesa, grazas.
Para min a folga médica é rexeitable porque quebranta o deber profesional prioritario de non danar, imposto tanto pola tradición clásica do
primum non nocere, como polo moderno principio de non-maleficencia.
O abandono dos doentes, implícito en toda folga, é difícilmente compatibel cá cláusula do Xuramento de Hipócrates que obliga ao médico a emplearse exclusivamente en beneficio do doente e a non inflixirlle dano algun. Nunca as profesions sanitarias terán razons laborais e técnicas para xustificar o abandono unilateral dos pacentes e defraudar así a confianza que éstos depositaran nelas.
Dicer que a folga que procura a mellora da atención sanitaria
no só non causa danos, senon que ofrece un forte balance favorabel,
pois cambia uns días ou semanas de servizos mínimos por unha
situación duradeira de servizos máis satisfactorios, é unha
contradición cínica. O deber primeiro do médico é tratar eiquí e
agora aos seus pacentes reais, e non facerlles sufrir en aras do
benestar de pacentes hipotéticos. Empregar os sufrimientos do
pacente ou incluso as suas meras incomodidades como punto de apoio para mellora-los serviaos para pacentes futuros, acadando moitas
veces de paso un incremento salarial, equivale a tratar a esos
pacentes reais coma medios para un fin, o que é unha conducta
aborrecibel e a antítese de trata-los como persoas. Nin médicos nin
enfermeiras poden sucumbir á falacia de facer-lo mal para acada-lo ben. Nen sequer son admisibles as folgas que os xenerosos mínimos
que soe marcar a ley reducen a un xesto retórico. O mesmo feito
de que los cuidados mínimos sexan algo menos do normal e debido,
fainos insuficientes, pois conlevan para os pacentes cuxa atención aplazase ou disminue sofrementos gratuitos, atención
menos que boa, e incluso o risco ocasioal dunha minusvalía permanente ou dunha morte evitabel. Considerar que a atención de mínimos que se presta durante os días de folga é suficiente equivale a confesar implícitamente que a práctica médica ordinaria ten algo de derroche abusivo. Ademáis, o traballo sanitario ocupa
un lugar singular, distinto, entre os empleos remunerados. Todos temos que resignarnos a que
outros traballadores vaian á folga e, para forzar aos seus empleadores a aceder ás suas peticions, nos causen inconvintes
máis ou menos serios. Basta con que, encolléndose de ombros, nos digan "sentimolo de verdade e pedimoslles disculpas". Nembargantes, quenes cuidan do ben precioso da vida e a saude dos demáis, non poden volverse indiferentes aos riscos que ca sua abstención laboral fan correr a ese ben superior. Nunca pode o médico encollerse de ombros e dicer a seu paciente "sintó moito, pidolle disculpas polos inconvintes -o desamparo, a angustia, o dano permanente ou o temor de morrer sin atención- que lle causei" Esta postura contraria á folga procede dunha mentalidade deontoloxista forte, chea de altruismo e dignidade. Alguns a consideran máis propia de médicos i enfermeiras santos que comúns.

Saude, saudos.

Anónimo

Faltan 4 dias, para que Mariano se reincorpore a su puesto de registrador en Santa Pola.

Antonio P.S.

Felicidades por el trabajo incansable y por la oportunidad de disfrutar de esta bitácora plural.Ánimo!, que le quedan muchos años por delante.

Anónimo

MONTAJE EN EL CAMPO!
Después de lo que le llueve estos días al PP sobre el tráfico, fotos incluídas, acabo de pasar por la paza y me encuentro lo siguiente: el en tiempo de bajar la puerta de la villa hacia la cruz verde un municipal -soldado raso cuyo nombre omitiré- paseando por la parada del bus, en la que hay un coche azul marino estacionado. A la altura del capitol uno que es malpensado se vuelve y el poli sigue sin moverse. Cruzo a por el periódico en el quiosco de la iglesia y la cosa sigue igual. Cuando vuelvo a cruzar aparece cierto pariente del secretario de organización del PP armado con una cámara poco discreta y comienza la actuación. Ahora sí que se mueve el municipal para multar el coche - casualidades de la vida el pepero tirando fotos que posiblemente ahora aparezcan en sus blogs para "demostrar" que no hacen la vista gorda. Demasiado bonito para ser cierto, no?
Nuestros impuestos al servicio de la propaganda del PP. Como ciudadano y contribuyente exijo una explicación!

Anónimo

Hola, boas tardes, son Lis de Moura

“So un miserable pode comparar un estado de guerra coma a que esta enquistada no Oriente Medio desigual, pero guerra o fin) con subir a familias enteiras en trens que levaban as camaras de gas.”
“Na miña cabeza non colle este odio visceral contra un pobo que calquera nacionalista deberia admirar, pois si hai un pobo que foi unha nacion sin estado en toda a historia da humanidade, ese foi o pobo xudeo.”
Nestes termos se pronunciaba vostede, Blancolexítmo, os dias 30 e 31 do mes de Xaneiro por unhas declaracións de Aymerich. Dende aquela até agora, Israel leva matado moita xente, nunca lle escoitei unha condea, sí o fixo o día do atentado suicida en Israel (eu tamén o condeo, enerxicamente, por se ten dúbidas). Semella que para vostede son peores as verbas que as balas ou, mellor dito, son peores as verbas dos dirixentes do Bng que as balas e bombas de Israel. Qué o levou a odiar tanto ao Bng?.
En canto ao seu segundo párrafo, ten que ir buscar unha nazón sin estado tan lonxe, tendo varias na sua casa?.
No tocante ao primeiro párrafo, vostede inclueme nos de Don Victor Hugo e, se miserabel é o adxetivo por comparar, eu non sei como calificar ao que considera a masacre palestina coma unha guerra.
Nesta guerra sua, da que se erixiu corresponsal dende a casa, na que eu sempre vexo rapaces lanzando pedras contra a potencia militar máis poderosa do mundo, despois de Usa, e na que as víctimas sempre caen do mesmo bando, o exército israelí matou 104 palestinos en Gaza dende o venres 27 de febreiro e feriu a máis de 300. Sómentes o sábado, 66 palestinos foron asasinados e máis de 180 foron feridos nos ataques militares israelíes. A situación é de extrema gravedade para os nenos de Gaza que son obxetivo sin restrición de Israel. 19 nenos foron asasinados e máis de 25 feridos dende o mércores. Esta cuota de mortos inclue un neno de 2anos, un de 5 meses e varios nenos de menos de 12 anos. Os civís foron asasinados nas suas casas, bombardeados polos militares israelíes. Este desprezo flagrante pola vida dos civís é unha clara violación da Convención de Ginebra, e Israel está cometendo crimes de guerra na franxa de Gaza. Cómo valora vostede os comentarios de Matan Vilnaï, viceministro de Ehud Barak, que ameazou o venres cun holocausto contra Gaza?. Sonalle o de holocausto?. Esto revela a pouca moral dos líderes israelíes. Sintense xustificados nas suas políticas criminais polo silencio da comunidade internazonal. Non queren negociar nada e só empregan a forza militar e as ameazas extremistas. Dende Annapolis os ataques militares israelíes incrementaronse nun 300%, os asentamientos medraron,os controis medraron de 521 a 562 e ningunha negociación real tivo lugar. Israel está empregando Annapolis coma unha cortina para os seus ataques criminais contra os palestinos. Non existe un socio israelí para a paz, só a política de apartheid contra os palestinos en Gaza, Jerusalén e Cisjordania.

Convidó a que retire vostede o calificativo de miserabel, a que condene vostede esta situación, e a que rectifique a sua consideración de guerra, grazas.

Saude, saudos.

blancolexitimo

1. Agradezo as suas palabras. Camiñaremos mentras o corpo aguante.
*****

3.O ano cumplimolo todos, Don Lis.
Deixando aparte o problema humano que comparto, todo parece indicar que os palestinos de Gaza empezan a ser incomodos para todos.
Os europeos que somos responsables da particion de Palestina lavamos a nosa conciencia financiando desde sempre a Arafat e os seus sucesores.
Compre poñerse dunha vez por todas a resolver o problema.
Cando eu falo dos que agora son antifranquistas e antes estaban co rexime refirome a xente que non ten nada que ver coa que vostede cita.
O medo tiñao todo o mundo.
Pareceme ben que vote por Zapatero, eu non podo facelo. Cuestion de convinccions.
Fai apenas unha hora estiven falando por telefono con xente moi proxima a min e todos van votar por Don Jose Luis en lugar de facelo por Esquerda Unida.
Non lles parece moi ben que eu o faga por un tal Antonio Cascon.
Saude.
*****

4. Gracias e unha aperta.
*****

5. Gracias a vostede polas suas palabras.
*****

6. Moitas gracias.
*****

7. Moi agradecido.
*****
8. Gracias. Lin de novo o outro dia as primeiras entradas e non me parecen agresivas. Entre provocadoras e agresivas hai un longo camiño.
*****

9. Moitas gracias.
*****

11. Ten parte de razon pois a campaña do PP foi desastrosa.
*****

12. Para vostede aniversario, ten razon. A min que son o pai da criatura gustame mais falar de cumpleanos.
*****

13. Por moitos artigos que lea gastar 200 millons de pesetas nesa viaxe parecerame sempre un despilfarro.
****

14. Pois non sei nada do que me cita.
*****

15. E unha reflexion cando menos problemática.
Cando a Garda Civil pide ter dereitos sindicales e complicado plantearse que os sanitarios teñen limitado ese dereito constitucional.
Eu inclinariame por establecer uns servicios minimos xenerosos.
Un saudo, Don Lis.
*****

17. Agadezolle a lonxevidade que me vaticina, Antonio.
*****

18. O trafico e un dos problemas pendentes de solucionar en Betanzos. Os politicos deberian dar exemplo a hora de estacionar os seus coches.
*****

19. Don Lis, as guerras sempre as perden os mesmos. Agora os palestinos de Gaza perderon o apoio dos de Cisjordania e cada vez contan menos neste conflicto. Ganaron unhas eleccions e seguiron empeñados en botar os xudeos o mar.
Non os apoian mais que os paises islamistas que os utilizan como carne de cañon.
Olmert e Abbas retomaran as conversas de paz para seguir a folla de ruta imposta pola ONU, a Union Europea, USA e Rusia.
Nese camiño esta a unica solucion posible do problema. Recorde que, despois do holocausto, os xudeos prometeron que nunca mais irian o matadeiro sin pelear.
O malo son os mortos inocentes, case todos palestinos, que van quedando polo camiño.
So queda ser optimistas de cara o futuro.
*****
*****
*****
Saude.