Sen animo (excesivo) de polemica

Non o nego, o punto no que se atopa esta polemica actuaba para min coma un revulsivo. Nestas situacions atopabame coma cando alguns xoves como os callos. Cada directo o figado que se me lanzaba actuaba coma ese trago de viño tinto de Betanzos que che lava a boca e che deixa o paladar preparado para saborear a seguinte cucharada de garbanzos con carne e salsa.

Pero estou moi canso e planifiquei o enterro (¿temporal?) da discusion sobre a politica municipal (pola miña parte, porque aqui cada un fala do que lle da a gana): Terminar co asunto Alfonsetti, unha critica o PSOE que versara sobre a sua xestion economica e outra o BNG que non tiña asunto.

Cando lin a noticia de La Opinion interpretei que o asunto estaba servido (invitoos a que lean e interpreten o que a noticia di).

Meudeus, canto resquemor reprimido agochado detras da mala conciencia. Cantas escopetas cargadas a espera dun resquicio polo que comenzar a disparar (aceptando implicitamente logo que os demais disparos foron fallidos).

¿Que podo comentar?

En primeiro lugar agradecer a importancia que se lle da o que escribo (non hai nin pizca de ironia nesto). Os insultos mais ou menos directos son un eloxio para este outeiro (supoño que a pesar de que alguns pretendan o contrario), polo que so podo sentirme halagado.

Xa teño comentado que no contrato esta comprendido que alguen, escondido detrás do anonimato, se dedique a insultar a este Administrador. Si hei de ser sinceiro (nesta miña casa teño calado, mentido nunca) eses adxetivos son de escaso alcance e canto mais cargados de inquina, tanto mais lonxe da miña posicion estoupan.

Pero non consigo quitarme de enriba o hastio. Teño a sensacion de estar recorrendo camiños polos que xa pasei en moitas ocasions sin conseguir regatear o aburrimento.

As provocacions que publico xa non causan en min esa media sonrisa ironica do que pretende (conseguilo non e facil) establecer unha polemica sentida que estimule os recursos dialecticos que calquera de nos posue.

Tampouco os insultos que recibo son a punta da aguillada que se clava na traseira dos bois para que tiren do carro. Convertironse nun “deja vu” dun matrimonio que leva trinta anos de convivencia.

Lia hai poco tempo que a quimica do enamoramento fai que todo aquel que se atope nesa situacion (“Enamorado e aquel que ve as cousas xusto como non son”) esta imposibilitado para ver na Melibea de turno calquera defecto por moi evidente que este sexa (analicese a vision que Alonso Quijano tiña da ruda Dulcinea).

Sucedelle o mesmo os que permiten que o seu pensamento estea dividido de xeito maniqueo (sectario) en bos e malos. E un pensamento relixioso disfrazado de ideoloxia politica contra o que pretender hilvanar razonamentos para rendir tributo a dialectica e unha soberana perdida de tempo.

A todos os que asi pensan non se lle pode ofrecer a libertade dun pensamento critico de inmediato. Produciria un sindrome de abstinencia peligroso. Compre ir sustituindo gradualmente esa adiccion por outra mais liviana:

En cuestiones de amores
saben los sabios
que un clavo solamente
saca otro clavo.
Y un amor viejo
solo se cura
con otro nuevo.

E eu non estou aquí para facer ningun tipo de proselitismo, pois a filosofia deste outeiro e sinxela (e por eso dificil de rebatir): le, escoita, recolle o que che pareza ben e traza o teu propio camiño.

Facelo para que cando todos os dias sexan outono, digamos coma Baroja en La ultima vuelta del camino (prologo das suas memorias):

"Yo soy un hombre que ha salido de su casa por el camino, sin objeto, con la chaqueta al hombro, al amanecer, cuando los gallos lanzan al aire su cacareo estridente como un grito de guerra y las alondras levantan su vuelo sobre los sembrados.

De día y de noche, con el sol de agosto y con el viento helado de diciembre, he seguido mi ruta, al azar, unas veces asustado ante peligros quiméricos; otras, sereno ante realidades peligrosas.

Para entretener mi soledad, he ido cantando, silbando, tarareando canciones alegres y tristes, según el humor y el reflejo del ambiente en mi espíritu.

A veces, al pasar por delante de una casa del camino, cantaba más alto, gritaba, quizá con jactancia, queriendo ser escuchado.
Alguna ventana se abrirá- pensaba- y aparecerá un rostro simpático y jovial.
No se abría ninguna ventana, no salía nadie; yo insistía candidamente y, al insistir, iban brotando de aquí y de allá caras torvas, miradas hostiles, gente en guardia, que apretaba el garrote entre las manos huesudas.
Quizá les he ofendido -discurría yo- Esa gente no quiere nada conmigo. Y seguía mi marcha, al azar, con la chaqueta al hombro, sin objeto, cantando tarareando y silbando...

Durante mucho tiempo esta soledad, el graznido de las lechuzas, el aullido de los lobos, me llenaban de angustia y de inquietud. Entonces intentaba acercarme a la ciudad; pero al querer entrar en ella me paraban en la puerta y me ponían como condición para pasar el dejar a la entrada unos sueños gratos, más gratos que la vida misma.
- No,no; prefiero volver al camino- murmuraba.

Y seguía marchando con la chaqueta al hombro, al azar, sin objeto, cantando, silbando y tarareando, estremeciéndome con los rumores del campo, con el ruido del agua en el arroyo y el cantar agorero de las cornejas.

Después, poco a poco, me dejaron entrar en la ciudad sin condiciones, pero dentro de las calles me sentía ahogado, estrechado, sin poder respirar, y volví de nuevo al campo.
Hoy algún camarada me dice:
- Descansa aquí. ¿Por qué no vivir entre las gentes? hay remansos tranquilos, hay rincones donde no se miran unos a otros con faz torva y amenazadora.
- Amigo -respondo-: yo soy un hombre de paso, algo que se mueve y no arraiga, una partícula de aire en el viento, una gota de agua en el mar.

Ahora me sucede como al viajero que ha creido marchar a la casualidad por el fondo de los barrancos, y al llegar a una altura, al ver el camino recorrido, comprende que, a pesar de sus desviaciones y de sus curvas, llevaba instintivamente un plan.

Ahora, en el rio confuso de las cosas que pasan eternamente siempre cambiando y buscando su forma definitiva, veo mi existencia como una cosa que ha sido y que ha llegado a su devenir.

Ahora la soledad no me entristece ni me asustanlos murmullos misteriosos del campo, ni el graznido de las cornejas. Ahora conozco el árbol en que cantan los ruiseñores y la estrella que lanza su mirada confidencial en la noche. Ya encuentro suaves las inclemencias del tiempo y admirables las horas silenciosas del crepúsculo en que una columna de humo se levanta en el horizonte.

Y así sigo, con la chaqueta al hombro, por este camino que yo no he elegido, cantando, silbando, tarareando.
Y cuando el Destino quiera interrumpirlo, que lo interrumpa; yo, aunque pudiera protestar, no protestaría..."

Pasar a adolescencia lendo a Pio Baroja: ¡As malas influencias dos irmans maiores que un nunca tera suficiente diñeiro para pagar como e debido!

Hai moitos anos, mandaba ainda o ferrolano, nun local publico puxemos un gran tableiro recuberto de papel blanco con un rotulador para que calquera que entrase ali escribise o que se lle pasase pola cabeza.

Eu escriben unha das consignas acratas que no maio do 68 se inmortalizaron nos muros de Nanterre: “Inventen novas perversions sexuales, ¡non podo mais!”. Fixeno en letras grandes e estando ali un dia escoitei como xente de orden falaba desa frase coma un dos maiores peligros que traia a modernidade (compre matizar que predominaban as consignas politicas revolucionarias).

E o medo a soedade que produce a libertade. O atavismo tribal que predica que, ademais de peligrosos, os lobos esteparios quitanlle as mantecas os nenos. O mecanismo defensivo de que o pensamento maioritario e sempre o correcto (Alemania anos 40) e que algo mediocre que se convirte en multitudinario adquire andares maxestuosos.

¡Como lle molesta o pensamento libre a todo aquel que acupa unha pequena parcela de poder por pequena que esta sexa!

¡Canto torquemada en potencia entre os que recollen as faragullas que caen da mesa dos poderosos!

Resumindo: ¿Que facer cando se intue que a lua ten unha cara oculta?

Como norma, batallar.

¿E cando un esta canso?

..............

Como este escrito remata a polemica co BNG como tema, quero facer unhas puntualizacions finales:

1. E asombroso que alguen que anda repartindo panfletos polos buzons calificando a unha forza politica de atracadores e propagando que traballan para facer rico a Jaime Pita, se escandalice do que se comenta neste blog. Teño a impresion de que se consideran portadores duns valores patrioticos indiscutibles que os colocan por encima das miseras aspiracions democraticas das demais forzas politicas que representan os betanceiros. Curiosamente, a sua representacion e a que e e todo parece indicar que o seguir perdendo votos eleccion tras eleccion non conduce a unha autocritica que modifique a sua estratexia politica.

2. Se a maquina do tempo fose cara atras so suprimiria o asunto Pansimer. Foi a unica vez que alguen me deu uns datos nun comentario e os utilicei sin facer unha valoracion serena do que significaban (tamen e certo que aprendin e non cometin o mesmo erro con outros documentos que caeron nas miñas mans). Sinalar que se zanxou o tema o saber que se pasaba do politico o personal. Aqui nunca se criticou a actividade das persoas fora da sua responsabilidade politica. E interesante preguntarse o que farian outros se o implicado fose alguen de CxB.

3. Se o nacionalismo excluinte parece ter os dias contados nas autonomias ricas, ¿que sucedera nunha Galicia que ademais recibe diñeiro da contribucion solidaria da caixa comun española? O malo para o galeguismo de esquerdas e que esa posicion conservadora, en coordinacion coa dereita nacionalista catalana e vasca, esta producindo o enconamento do antinacionalismo que empeza a aglutinar a sectores sociales que noutra situacion serian permeables a mensaxe galeguista. E a vella teoria de agudizar as contradiccions para que a situacion rebente polo punto mais debil. O malo e cando non se ten a capacidade nin a responsabilidade necesarias para valorar as consecuencias que eso traeria consigo.

O mellor hai sorte e a hora menos pensada o nacionalismo galego chega a conclusion de que unha gran parte dos seus votantes non son nacionalistas e, deixando de facer malas traducions do vasco e do catalan, se anima a crear unha doctrina propia que non teña como base a mensaxe antiespañola (os que a fin de contas axudan a pagar as pensions dos nosos vellos).

Teño pensado, pechada a epoca da que falamos, recuperar temas que quedaron a medio desenvolver. Un deles e o das balanzas fiscales por autonomias.

Etiquetas de Technorati: ,

6 opinions:

Anónimo

Esto foi o que conseguiu escribir?
Ou sexa que todo o que antes soltou por esa boca (en forma de letras arrexuntadas) agora xa non ten nengún valor?
O seu único recurso reducese a un longo texto demagoxico que non di absolutamente nada?
É incapaz de rebatir todo o que se dixo, e que vostede tan "habilmente" provocou?.

Este texto é a proba palpabel da súa mala fé, e como as accións que executa teñen como único obxectivo facer dano.
Tirar a pedra, esconder a man e fuxir.

O rencor é un mal compañeiro de viaxe, máis cando un proxecta a imaxe de salvador e redentor. Ao final o discurso virase contra un mesmo.

Non busque culpabeis no "nacionalismo" nen no BNG, busqueo en si mesmo, nas súas accións e na súa prepotencia. Comezará a atopar as verdadeiras razóns polas que se odia.

Tampouco tente buscar aliados imaxinarios en batallas que non existen máis aló da súa cabeza; porque esas batallas que vostede artificiosamente se empeña en construir é onde descubrimos quen verdadeiramente si é excluinte: vostede.
Conmigo ou contra min. Non hai nada no medio.
A posesión da verdade única. O elemento fundamental da exclusión. E esa verdade construese pola repetición dunha premisa unha e outra vez, até o agotamento. Se ninguén a rebate, queda como verdade. A trampa das ciencias sociais.

Metemoslle un pouco de literatura, para demostrar-proxectar o nivel de cultura e volvemos a soltar lastre. Eso pon distancia co común dos mortais. Outro elemento de exclusividade. Poñer fronteiras. Un non pode mesturarse co populacho, nen tratar con él de igual.

Por sorte esa sociedade á que tanto critica por estar manipulada polos medios de información, ten momentos lúcidos e recoñece aos demagogos que se agochan entre a multitude.

Tocou fondo con esa postura de victima á que queren silenciar. O complot mundial contra a súa persoa...
Lonxe estamos desa situación. A imaxinación produce nalgúns casos alteracións na percepción.
A constante na súa vida.
O único resorte que lle queda.

Anónimo

Vaya rollo...
Demagogia y prepotencia, como siempre.
Vd. se piensa que por haber estado en el mayo francés "de oidas", ya nunca más le caducará a Vd. el carnet de demócrata, y se olvida Vd. que la democracia la tenemos que alimentar todos nosotros, cada día, con la "tolerancia", el "respeto", la autocrítica, y la humildad y honradez intelectual de la que Vd. carece.
Deje Vd de trabajar provocando controversias y comience Vd. a trabajar en la búsqueda de soluciones. Fomente Vd. la solidaridad y deje de fomentar los enfrentamientos personales. Y por favor, respete a todas las personas, no sólo a las de su partido y afines.
Cuando lo haga volveré a leer lo que escribe, mientras tanto....¡Ahí se queda!¡Hasta la vista!

Anónimo

e curiosa a interpretacion retorcida que fas das publicacions do bng i decir que non vin nada que publicase o bng para escandalizarse de calquera das súas provocacions. outra cousa sera que un afiliado a titulo individual como eu agora te conteste pero creme que nas asambleas falamos de cousas mais importantes que de ti mariño.
Dis que: O mecanismo defensivo de que o pensamento maioritario e sempre o correcto (Alemania anos 40) e que algo mediocre que se convirte en multitudinario adquire andares maxestuosos, i penso que realmente ai esta parte dos argumentos do voso colectivo precisamente. autocritica facemso a veces incluso demasiada pero non esperes que te pasemos un folio cas conclusiós. no tema concreto de sito teras que pedirlle disculpas a el porque abriches un tema para tirar a matar no personal i xa che dixen que foches o tonto util levantando a lebre. unha persona- e en betanzos distinguimos entre persoas e xente- tendría cargo de conciencia por facer algo asi. Ós demais tamén nos chegan documentos sobre xente e persoas de outros partidos e non os usamos esa e a diferenza. como lle teño leido a algun dos nosos blogueiros esa e a nosa etica e o demostramos e vos vos retratastes nese caso co que escribiades e coa festa e gritos diante do local do liceo o dia que saiu publicado todo.
por min acaba o conto. deixo un consello que espero que polo menos teñas presente dun nacionalista bastante mais vello ca ti. lamentaste que se retirasen de debatir neste blog alguns compañeiros meus dos que están na primeira ringleira. pode que en parte lles puidese o sangue novo con todo o que conleva. pero escritos como os ultimos que levan desde logo fan pensar que fixeron ben desentendendose de ti porque unha cousa é provocar e outra bociferar cando che levan a contraria e competir en a ver quen berra mais. dun pipiolo de vinte anos podo desculpalo, dun de 25 podo entendelo e ata dun de 30, pero dun home feito e dereito da tua idade e coa tua traxetoria vital costame moito. en serio dalle unha pensada as cousas antes de escribir

blancolexitimo

Venres a hora do café. Saber que o traballo de semana e media non serviu para nada pesa. Buscar xustificacion e sinxelo: aprendiches cousas novas. Habera que tratar de ilusionarse. (Non ten nada que ver co que falamos, simplemente senteime pensando neso e escriboo).


1. Gustame o que escribe: duro e dirixido a min e non a ningun colectivo (debo levar dito cen veces que este e un blog personal).
E moi diferente do que decia onte: “(…) permitir a mediocres aspirantes a politicos…” Aquí o unico que ten a prerrogativa de permitir algo son eu. Un invitado ten todos os dereitos que se podan imaxinar: pretender decirlle o propietario do terreo o que debe e non debe escribir pareceme, cando menos, prepotente.
Dealle as voltas que queira: a noticia de La Opinion para min quere decir que se fai unha auditoria externa na Coruña que aquí se dixo que non se podia facer. Alguen di que non se rixen pola misma norma e (como non estou disposto a ler nada o respecto) pido disculpas por si eso fose certo. Xogue con eso o seu antoxo.

Nunca publiquei algo que fose mentira, asi que cando escribo que estou canso de lerme falando de politica municipal un pode crerme ou non. O que fixen foi anunciar publicamente esa morte.
¿Pensa acaso que o que vostede poda escribir sobre min ten que ver con esa decision?
Non amigo meu, actuaria en todo caso en sentido contrario. Vostede halagame participando na conversa. E sinxelamente a saturacion que me produce manter un discurso o que lle dedicaba cada vez menos tempo (non e o caso da entrada na que estamos escribindo).

¿Mala fe en politica argumentar en contra das decisions politicas dunha formacion que compite contigo por un espacio electoral? ¿Criticar que non se cumplan promesas electorales esta fora do xogo politico? Asomalle por debaixo da porta a patiña enfariñada.
Si acepta, o que me congratula e me anima a seguir coa conversa, que este e un blog personal: ¿E quen de comparar que eu diga aquí que o BNG minte cando di que non pode cumplir unha promesa electoral con que o seu partido reparta panfletos polos buzons calificando de atracadores a unha formacion politica bastante mais representaiva que a sua?

Acepto que poda darlle a imaxe de redentor e que alguns vexan no que escribo certa prepotencia no ideoloxico. Decir que trato de dirixir a politica de CxB demostra que se descoñece o funcionamento do grupo.
Rencor ningun e se o discurso virase contra min (¿autoflaxelacion?) que vire para onde queira.
Rinme cando lin que se convirte en psicoanalista para decirme as razons polas que me odio. ¿Pode odiarse un prepotente?

Gustame a argumentacion especular que fala de que son eu o excluinte e o maniqueo. Incluso comparto o da repeticion de argumentos.
Ten que ler mais sobre mecanismos de accion social.
¿Veme coma unha victima?
Se a imaxinacion producise alteracions na percepcion (da realidade) e blancolexitimo tivese que elexir, non dude que se quedaria coa imaxinacion.
Como me agrada a situacion, comentareille algo que me dixo quen ben me quere cando este blog colleu o rumbo da critica os partidos nos que ordenan os politicos profesionales: “Ten en conta que estas xogando con algo do que come moita xente”.
¡Que razon tiña!
*****

2. Eu non necesito carnes de nada: eu estou na miña casa opinando sobre o que fan e din os politicos. Xa teño dito que o que se presenta nunha candidatura pasa a ser un personaxe publico sometido as todas as criticas no politico que os cidadans queiran facerlle (o menos asi rixe cando se vive en democracia e se fai uso dos dereitos que todos temos).
O caciquismo (por non falar de dictaduras) e unha das mais grandes perversions da democracia pois propaga aquelo de que hai que ter a boca pechada para non molestar o que manda. Do franquismo pasamos o caciquismo. Espero que do caciquismo pasemos a parecernos os que fan uso de todos os dereitos que o sistema democratico lles concede.
Na segunda parte podo estar de acordo con vostede menos do de decir que non respeto a todas as personas.
¿A que persona se lle faltou o respeto aquí?
Ler ou non ler e cousa sua, ¡ai se ve o que significa vivir nun lugar no que se practica a libertade de opinion!
*****

Por suposto que supoño que nas asambleas do BNG non se fala de min.
Xa expliquei mais arriba que non me sinto orgulloso de ser un dos que publicou sobre a empresa Pansimer. Non porque cometese ningun tipo de irregularidade falando da actividade laboral dun politico que cobraba para traballar exclusivamente para o Concello, senon porque e a unica vez que aquí se chegou a fronteira (haberia que parase a pensar se se traspasou) que separa o politico do persoal.
Hoxe non o faria.
Gustame a ultima parte do escrito e agradezolla. Pode que teña razon no que di (a min costame velo desde aquí) pois estaba tan canso da tematica que escribia case por inercia dedicandolle cada vez menos tempo a pensar a tecla que pulsaba.
Seria bon que viñesen tempos nos que se reflexionase mais sobre o que se escribe ou se publica.
Comprometome na parte que me toca, ainda que como teño comentado teña pensado abandonar a tematica nun plazo corto de tempo.
Estou saturado de tanto falar de politica municipal.
*****

Saudos e saude.

Anónimo

Hola, boas tardes, son Lis de Moura.

Nacionalismo excluinte?. Refirese ao nacionalismo galego, tal ves?. E pódeme dicer a quén exclúe o nacionalismo galego?. É a propia xente a que se inclue ou se exclue dunha nazón, a que se identifica có pobo que quer, coa sua cultura, coa sua fala, tradicións, etc. Por exemplo, quén lle priva aos socios de governo de CxB de falar galego nos plenos?. Ninguén. Pero Pablo Tomé e Mary Faraldo elixen o castelán para expresarse, có que amosan unha predilección polo idioma de Castela. Falando claro, son dos que se avergoñan da sua orixe e lles parece que acadan un nivel social superior por asumir coma propia a cultura da capital do Estado (De feito o acadan pois na Galiza a maioria do conxunto da sociedade valorao así). Como ve ninguén os exclue, vanse eles mesmos, cambian o ser galegos por ser españois. Este foi un exemplo e o mesmo lle pasa a vostede, ainda que, por outros motivos que eu descoñezo. Nin eu e, coido que ningún nacionalista, imos poñer trabas a quen queira ser galego. Nin somos quen para facelo, nin teríamos motivo, ao contrario, benvidos, cantos máis mellor. Para excluinte o seu contradictorio nacional-catolicismo español seguidor de Xesus Cristo pero que pretende poñer portas ao campo e rexeitar aos probes da Africa que veñen na procura de traballo. Excluinte é o seu nacionalismo, Sr. Blancolexítimo, que non recoñece a existencia doutros nacionalismos porque, de que ian vivir en Madrid se non fose pola periferia?. Non ameace con balanzas fiscais en contra da que debería ser a sua patria (falo de Galiza) pois manipulacións e relacións de datos do BBVA, por exemplo, non me convencerán de que Galiza non ten un potencial que lle permitiría vivir por se mesma sen as limosnas solidarias de España. E non me negue a existencia do seu nacionalismo español, nin a sua pertenza a él, pois é imposibel criticar a un nacionalismo se non é dende outro nacionalismo. Existe un nacionalismo español, sí, ainda que alguns prefiran chamalo patriotismo constitucional, e consiste no conxunto de sentimentos e creenzas ao redor da centralidade da nación española para a articulación territorial do Estado. De feito, millóns de españois comparten ese nacionalismo español, máis alá das élites políticas e intelectuais que intentan definilo. O esprito franquista permanece vivo, “unha, grande e libre”.

Saude, saudos.

Anónimo

"permitir a mediocres aspirantes a politicos" esa frase vai dirixida a vostede, non a outras persoas. Unha persoa pode estar na política, como pretende vostede, e non estar nun cargo institucional.
É algo que parece que vostede non entende.
Moi na liña de tirar a pedra, esconder a man e fuxir correndo.
Eu, nen en un sitio nen no outro. Non teño carnet de nada (pero si ideoloxía). Esto xa é un elemento que nos distancia enormemente. Teño liberdade para criticar (ao igual que calquera outra persoa) a quen considero oportuno sen esperar un tirón de orellas. Vostede sabe que iso non lle ocorre a vostede.

Pode dicer cantas veces queira que non escribiu nada que non fose mentira. "Publicar" unha noticia que non é certa dandolle unha visión persoal e partidista, aínda descoñecendo se é verdade ou falsa, é todavía máis grave.
Esa experiencia que sempre se bota enriba do lombo como totem da infalibilidade, debería decirlle que non sempre o que poñen os xornais é certo, ou que non sempre se contan dun xeito correcto.
Hai que saber o que se le.
A gravidade agudizase se quen comete esa imprudencia pretende ser baluarte ético nunha sociedade.
É a metodoloxía que utiliza ultradereita da caverna española á que tanto nos acostumamos a aturar ultimamente; vostede non está moi lonxe desa mesma metodoloxía demagoxia do todo serve.

Vostede fai ben en criticar ao BNG por non ter cumprido unha promesa electoral; pero teña coidado porque esas mesmas promesas poden volverse en contra.
E non ten moita excusa aínda que se pretenda dicer despois que non se está no governo.

Deixeille a vostede e ao resto da xente que anda por aquí, unha auditoría do Consello de Contas do ano 2003-2004 do concello de Betanzos. Nen sequera a mirou.

Auditoría houbo, pero foi unha chapuza en toda regra. Magoa que non tentase basear as súas argumentacións nela en non en especulacións; na política, algo demasiado serio, hai que baserse as argumentacións na análise dos datos que teñamos, e non na especulación ou na intuición.
A ideoloxía é anterior, e é unha das ferramentas que che axudan a tomar as decisión.
Pero só con ideoloxía* non se vai a ningún sitio. E ese é un dos problemas que vostede ten.

Por desgraza a gran maioría da xente que nos representa basea a súa acción política nesos termos. Así vai a cousa.

Eu tamén lle repito que hai moita xente que vive desto, e ao mellor moito máis próximo a vostede do que se imaxina.

De todas formas, máis do mesmo. É vostede incapaz de argumentar nada máis aló do que teimudamente remoe na súa cachola como verdade inmutabel, contrúe con catro palabras e despois plasma nun texto infumabel cheo de preguntas e descripcións da realidade. Nen unha soa proposta.
E a realidade xa a coñecemos, e sen necesitar pasar polo filtro da súa interpretación da mesma.

E cando a existencia política de alguén está baseada en que o resto das persoas adversarias cometan erros, non nun modelo obtemos esperpentos como os que vostede agasalla á humanidade en forma de decalogos de ética política.

E na liña de Don Lis: se madrid non existise, españa sería un donut