400 euros

Deciamos aqui hai uns dias que non se pode andarlle dando a todos as mesmas cousas pois un goberno de esquerdas ten que intentar diminuir as diferencias sociales mediante unha redistribucion da riqueza.

Opoñiamonos a que se repartisen 400 euros urbi et orbe con independencia de que un comese na Cociña Economica e outro se chamase Amancio Ortega.

"Moito criticades a Zapatero decindo que non e de esquerdas e agora vainos dar 400 euros a cada pobre", decia o señor Antonio.

Un tentaba explicarlle que os impostos directos que un ten que pagar e un diñeiro que non lle pertenece e que debe ser empregado en beneficio de toda a comunidade. Os 400 euros (ou mais) deberian de darselle so a todos aqueles que non chegasen a uns ingresos minimos que lle permitisen vivir dunha maneira digna.

Pero agora xa se sabe quen son os que van cobrar ese diñeiro: todos aqueles que sufran retencions no IRPF o menos por esa cantidade.

Quedan fora oito millons de persoas. Os que mais necesitan eses euros.

¡Pobre señor Antonio! El cobra a xubilacion da Agraria, que e tan pequena que non lle fan retencion, polo que non vera nin un centimo do que Rodriguez Zapatero lle prometreu.

Decia un economista o outro dia que a medida podia ser calificada de moitas maneiras, pero que indudablemente era antisocialista.

Serviunos para ver o precio de mercado de algo que temos os maiores de 18 anos e que tan mal invertimos: un voto.

Un voto, 400 euros.


22 opinions:

Anónimo

Como siempre, blancol...., retorciendo maleficamente algo que va a ayudar a mucha gente.

Anónimo

por unha vez estamos mais ou menos de acordo señor mariño. é algo que os nosos representantes levan dicindo desde fai tempo inclusive na garelosfera:
http://www.blogoteca.com/cartafoldomandeo/index.php?cod=22445
http://www.gznacion.com/henriquedelrio/index.php?cod=88
nunca é tarde se é para ben. alégrome
Suso Buiturón

Anónimo

Hola, bos dias, son Lis de Moura.

Non é que eu pretenda meterme na sua vida, Sr. Blancolexítimo pero, entendo que os seus 400 iran destinados a algunha causa solidaria. A vostede seguro que non lle fan tanta coma ao Sr. Antonio. Agardo que se lembre del na practica como se acorda na teoría. Que sorte ten o Sr. Antonio de ter un amigo solidario coma vostede!.

Saude, saudos.

Anónimo

Don Superhenry, pois a a vostede lle parece mala a situación do señor Antonio, imaxinese o dunha muller á que lle fostia o marido, con tres fillos e sen traballo (quero dicer remunerado, porque traballo a de ter máis que eu seguro).

Onte, un consello de ministros calquera da Unión Europea aprobou incrementar o número de horas traballadas a 65 semanais (que ven sendo o que vostede traballa mensualmente).

no estado o PP e o Psoe e Udp e todo canto chiringuito, decidiron "darlle máis poder" aos concellos en materia de servizos sociais. Pois nada, máis chiringuitos como eses dos que fala vostede dos 400 ouros.

E veña chiringuitos!!!

Anónimo

te dejas sin contestar varias preguntas hechas en los comentarios del anterior post querido bloguer

Anónimo

Sí, tamén escapou da entrada do 30 de maio. Ultimamente o administrador, non sei se por falta de tempo, escapa mellor que o Houdini (xudeo, por certo).

Anónimo

¿Cual ha sido el precio de CXB para entrar a gobernar con la faraldo?
Subir la asignación por grupo para que a ustedes les salgan las cuentas.
¿y como van a hacer ahora que entran en el gobierno?
como van a gobernar sin dedicaciones exclusivas?
¿donde van a quedar esas tres con alcaldía incluida?
El gobierno ha decidio devolver a los contribuyentes-trabajadores 400 euros del irpf, medida que alcanza a muchos empleados, bienvenida sea.
Me parece que además han subido las pensiones este último año a D. Antonio, verdad?

Anónimo

Hola, boas tardes, son Lis de Moura.

E si David Cal tamén é do PP, que pasa?. E moi libre de ir para España a adestrarse. Ancha es Castilla.

José Ramón Lete, director de deportes da Comunidad de Madrid, que ocupou o posto de director de Deportes na Xunta có PP, polo que coñecía de primeira man as circunstancias de Cal, có que ten unha excepcional relación. Por elo, propuxolle trasladarse a Madrid, onde recibiría entre 50.000e 60.000 euros ao ano e competiría polo clube Canal de Isabel II, sen necesidade de residir na comunidade. Suso Morlán, preparador de David, aceptou as condicions, pero someteunas ó criterio da Federación, partidaria de que o piragüista se preparase no seu medio. Até o dagora facíao no Clube Naval, a carón da ría de Pontevedra, polos problemas que atopara para adestrar no Centro de Tecnificación oficial.

--------------------------------

Nº107 Mércores, 4 de xuño de 2008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 10.445

Primeiro.-Aprobar a relación de deportistas que cumpren os criterios para ser recoñecidos como deportistas galegos de alto nivel, que se relacionan no anexo I desta resolución, e que en consecuencia
gozan da consideración de alto nivel desfrutando dos beneficios que a tal consideración se atribúan.

9 Brion Sampedro, Iván 52932348-X Natación
10 Burgo Vilanova, Pedro 33322683-F Automobilismo
11 Cacabelos Afonso, Lara 76929780-R Vela

12 Cal Figueroa, David 53116707-R Piragüismo

13 Castro Fernández, Eva 46897609-B Ciclismo
14 Castro Pena, Susana 79333448-P Atletismo
15 Cimadevila Álvarez, Pablo 44080699-A M. físicos-natación

Saude, saudos.

betanzosliberal

Sobre el tema de los 400 € opino que es una chapuza que se va a merendar lo poco que queda del superavit presupuestario y que es totalmente injusta, porque no depende del nivel de renta del contribuyente, es decir me toca a mi lo mismo que a Amancio Ortega.

Quisiera saber la opinión de los diferentes bloggers sobre la noticia publicada hoy en la prensa sobre la sentencia del INEM.
http://betanzosliberal.blogspot.com/2008/06/la-culpa-es-siempre-de-otros-aznar-la.html

Anónimo

O de betanzos libertino é preocupante.
Eu creo que tes que cambiar o nome neno, por betanzosspameador.

Entra no chiringo de Superhenry, sola unha tontería e deixache o spam.

Bueno, pero entendese cando un ten as mesmas aspiracións políticas que este tipo de persoas(?):
http://www.adrianchapela.net/blog/2008/06/12/
esperanza-aguirre-e-a-sanidade-publica/

Como era esa don Superhenry, gustame o seu nome betanzos liberal???


Deus os fai e eles se xuntan.

Anónimo

Es el SC el negro de turno del PP

Anónimo

es muy fácil: con el blog de pin parado y los blogs oficiales también el PP necesita batería de opinadores. mantienen su periodico Red Comarcal por si hace falta darle más páginas y abren dos blogs para colar su visión: uno el liberal opinando abiertamente y el otro el desnudo donde con cuentagotas dejan los recados entre noticias con cachondeo. Y a eso hay que sumar las opiniones anónimas que periodicamente dejan por los blogs concejales, exdiputadas y afiliados para crear una corriente de opinion favorable. algo semejante a lo que hizo en su día el bloque y luego el PSOE y CXB que han lanzado ultimamente su ofensiva con los nuevos independente y vibora negra. lo que pasa es que el PP llega tarde a esta estrategia porque aqui todos sabemos que el pescado está todo vendido y cuales son los dos o tres blogs sin vinculos con los partidos como el pasatiempo, brigantio o el cartero moro

Anónimo

Pois o independente blog do "el pisatempanos" será moi independente, pero quedeime frito coas "alternativas" que propón fronte á "crise" de carburantes:
receita??? a que propón a liña máis dura do neocon (neoliberalismo ou como jostias queiramos chamarlle á espe aguirre):
Produción, produción, produción, produción, produción, produción.......
Consumo, consumo, consumo, consumo, consumo, consumo, consumo, consumo......

A receita é a mesma de sempre; non toques nada para que todo siga igual.

A clase media que o franquismo creou e a felipismo cuidou, ten que seguir no limbo dunha Europa-occidente irreal incapaz de soportar xa o ciclo do modelo de economías de crecemento infinito.

"Produzamos" vehiculos ecolóxicos, como se a produción dos mesmos non tivesen un custe enerxético e medioambiental elevadísimo. Non creo nen que unha fábrica de Saab que se rixe polo modelo Toyota de produción consiga uns niveis de eficiencia enerxética que se poidan asumir socialmente.
Nen o Corte Inglés co seu modelo de coxeneración enerxética.

Moito menos se falamos do producto da fábrica, un vehículo a motor, esa máquina térmica que non acada un 40% de eficiencia enerxética.
Que é totalmente indiferente cal sexa o combustibel que utilices.


E claro, o modelo de crecemento infinito basease neso mesmo, en que o consumo tenda a infinito, non a cero. O límite viase lonxe, pero agora parece que xa non está tanto.

A xente empeñada até as cellas, nunha obsesión consumista sen precedentes na historia da humanidade.
Dous ou tres vehiculos por vivenda, hipoteca, o cole privado das crianzas, as vacacións e un longo etc... vivir por enriba das posibilidades destripando o planeta nunha tolemia de consumo, e consumo e consumo... "até o infinito e máis aló" dicía Buzz Lightyear.

Por unha vez, estou de acorco con aquela máxima do esuqerdismo, canto peor mellor.

E nestes intres un comeza a desfrutar desa sensación.

As vacas están quedando sen leite nos tetos, de tanto muxilas e non darlles de papear.


Agora so nos toca chegar aos 250 dolares por barril (de Brent londinense) de petroleo.

A outra alternativa xa saben, non??? nucleares para un máximo de 40-50 anos de reservas.


Despidome xa, pero sen antes lembrarlles:
-Hai que consumir
-Hai que consumir
-Hai que consumir
-Hai que consumir
-Hai que consumir
-Hai que consumir
-Hai que consumir
-Hai que consumir
-Hai que consumir
-Hai que consumir...


Repetindo esta frase de forma continuada e monótona durante uns días, acompañando tal proceso dunha dieta baseada en hidratos de carbono, deixaran nun días esas preocupacións de sern incapaces de chegar a fin de mes.


Boa subida do Euribor.

betanzosliberal

12 de junio de 2008 9:26 veo sinceramente más preocupante tu falta de respeto hacia todo el mundo, creo que es un síntoma del nacionalismo radical que tu abanderas en Betanzos, sería mucho más entretenido para todos que opinases sobre el tema de lo que tenemos que pagar todos los de Betanzos por la mala gestión de Lagares, por cierto apoyada en los últimos cuatro años por tu amado bng, ahora que echásteis a Isidro y mandásteis a Sito a Cuba, quedáis tú y el otro listillo para insultar a los que no piensan como vosotros.
Por cierto de lo de los 400€ http://betanzosliberal.blogspot.com/2008/01/precampaa-generales-2008-zapatero.html.
P.D. Hazte un blog para tí solo.

Anónimo

Betanzos libertino, xa lle expliquei ao señor Superhenry, que fai anos que non piso Betanzos.
Polo tanto, recomendolle non falar sen coñecer, que é moi malo. Malo malismo.

O que si lle aconsello, lonxe de erros de ortografía ou de erros de taquigrafía, é que puntúe un pouco os seus textos.

É insoportabel tentar ler sen que ao final pilles unha apnea ou algo así.

Que sexas parbo ou non, non está na miña . Cada un é como é, ou como pode.

A ti deixoche outro alcume: betanzoslibertinoespameador

http://www.youtube.com/watch?v=cFrtpT1mKy8

Anónimo

Dúas cousas que esquecía, don betanzoslibertinoespameador:
-Sacalle o punto final á ligazón que spameaches.
-Non sei moi ben a razón pola que na noti se mete o de Futurama. Eu creo que lle vai mellor co seu perfil o personaxe que sae antes do squetch de Spam, o que leva o pañuelo amarrado enriba da cachola.

Anónimo

Vou ter que tomar algún complemento para a memoria...
Esquecía comentarlle señor Suoerhenry, que os comentarios como:

"Penso que a mellor Conselleria de Cultura e a que non existe ( o mais que pode aspirar e a unha Direccion Xeral dentro de Educacion) ."

"¿Como facelo se todo e cultura"


Ven a dicer claramente o alineado e alienado que está vostede con esa trope uniformizadora á que adora.


Se a cultura é todo (?) (que cultura???), pois entón será transversal, e se é transversal terá que ter un área onde poida desenvolver a súa laboura, non???

Bueno, que máis dará, non??? tendo en conta cal é o criterio de Superhenry ao respecto de que é a acultura, non??? regalarlle un porrón de pasta ao xefe do seu lider para que arranexe un cine onde fai anos que non se proxecta nada.
Imaxinanse vostedes a este personaxe tendo que tomar decisións do tema???

Anónimo

Hola, bos dias, son Lis de Moura

Nacionalismo radical en Betanzos?. Echasteis a Isidro?. Mandasteis a Sito a Cuba?. O Sr. Blancolexítimo critica que unha galega empregue o seu idioma en Asturias pero, ve coma algo totalmente normal que, outro “galego” (o betanceiro liberal) se exprese en castelán na Galiza. Non ocorre nada, ista é a situación asumida pola imposición ao longo dos séculos. Para algúns, demasiados, o idioma en perigo é o castelán e os defensores do galego e da Galiza somos irrespectuosos nacionalistas radicais. O mundo do revés.

Lembro que Isidro marchou él soiño, bueno con algúns compañeiros pero, ninguén o botou. Non sei se Sito está en Cuba, é probabel porque a sua parella e desa fermosa Illa pero, tampouco o largou ninguén. Os metodos caciquís do PP non se empregan no Bng.

Pareceme que xa está ben de citar, directa ou indirectamente, a Xabier e a Henrique cando non interveñen eiquí para nada. Henrique, cando o fixo, deixou ben claro que era él. (xa que estamos a pidir respecto...).

E mentres isto ocorre no Outeiro, o fiscal dos delitos urbanísticos, ante o Xulgado decano de Betanzos, imputa aos dous derradeiros governos do PP en Abegondo un delito de "prevaricación continuada" por permiti-la urbanización de ducias de vivendas sobre chan rústico entre os anos 2002 e 2005. Tratase da corporación que presidiu o ex conselleiro de Agricultura e actual diputado autonómico do PP, José Antonio Santiso Miramontes, e a que entestou seu sucesor, Juan José Rocha Carro, actual alcalde independente do concello. Por qué os independentes sempre se acaban xuntando ao PP. Deberían muda-lo nome de “independentes” polo de “dependentes do PP”.

O Bng non apoiou a mala xestión de Lagares. O Bng governou en Betanzos nunhas poucas áreas, porque non obtivo máis respaldo da cidadanía. Governou ben, con algúns erros, quen non se equivoca?. Na miña opinión o mellor que fixo foi rematar a rua Rosalía e a transformación do casco histórico nun luar livre de coches, para disfrute de betanceiros e visitantes do importante patrimonio. Ainda que isto, para os populares e ceporbianos, non debe de ser tan importante pois, só hai que dar unha volta polas vellas ruas e, ver o progresivo deterioro que está a liquidar o bon facer do Bng neses 4 anos.

Tempo atrás, discutía eu có administrador, se aos dirixentes do PP se lles podía chamar asasinos. Coido que compartimos reservar a verba asasino para o autor material dun asasinato pero, eu fun máis alá e dixen algo así coma que, para min, os dirixentes populares eran complices de asasinato en grado de tentativa na invasión ilegal de Iraq.

Agora, Euskadi sinala a Fraga responsabel político dos asasinatos de Gasteiz no 76. O grupo especial do Parlamento vasco traballou fundamentalmente baseándose nas investigacións de diversos historiadores. O estudo pechado polos deputados nega a versión oficial que naquel momento trasladou a policía sobre a contestación á presunta agresión dos traballadores que celebraban unha asemblea na Igrexa de Los Ángeles.

O Parlamento vasco entende que se realizou un uso "irresponsábel e homicida de armas de fogo para responder a un problema de orde pública e orixe laboral". Ao fío estabelece que do acontecido "dimana a existencia evidente de responsabilidades políticas" dos que entón eran ministros de Interior, Manuel Fraga; de Relacións Sindicais, Rodolfo Martín Villa; e de Presidencia, Alfonso Osorio.

Ledome de ler ista nova de “Vieiros”, sobre todo no que lle toca ao de Vilalba. Sei que incomodará a máis de un, a eses nostálxicos do franquismo ou aos independentes (verdade Sr. Blancolexítimo?) que, carentes de calquer tipo de ideoloxía ou que a deixaron na casa, valoran moito máis outras novas, coma a do “plus dos altos cargos”. Os cartos sempre por riba de todo.


Saude, saudos.

Anónimo

con eso de que la mejor conselleria de cultura es la qeu no existe mariño esta dandole el visto bueno a la concejalia de cultura que no tenemos y que sin embargo se publicita en folletos y publicaciones. si por lo que se va viendo la verdad se abre paso y al final van a ser ciertas muchas de las cosas oidas hace un año!!

Anónimo

Hola, boas tardes, son Lis de Moura.

Vaia par de senvergoñas pasearon hoxe polos xardíns do Vaticano, O Papa e Bush. O americano ven na xira de despedida antes do seu próximo retiro e, xa ten ós lamecús da Europa dispostos a bicarlle os pes. Tristes estarán os peperos porque non virá á sua querida España, a do Manolo o do bombo e o Chiqui-Chiqui. O mini-imperio xa non pinta nada!.
Meu apreciado anónimo, hoxe gostaríame estar en Compostela para ollar para Narf e Manecas. Ningún é Dilan pero, a min gostariame velos. Non poderei. Se vai vostede agardo que disfrute deles.


Saude, saudos.

blancolexitimo

1. Non entendo o de "retorciendo maleficamente".
Evidentemente se cos diñeiros publicos se favorece a alguns, outros quedan desafavorecidos.
Eu teño claro a quen hai que favorecer. Vostede me parece que non.
*****

Suso Buituron, eu tamen me alegro da coincidencia.
****

Despois do que se me leva dito aqui, ¿como vou poñerlle inconveniente a que se meta na miña vida se as veces penso que estou "apoya en el quicio de la mancebia"?, Don Lis.
A axuda ten que ser anonima, pois desde o momento en que se fai publica e unha compra-venta na que alguns pretender mercar a honra que lles falta (moitas veces con razon).
Os concertos solidarios, segundo eso, son puro marketing. O mesmo que os politicos dandolle bicos os nenos en epoca de eleccions.
Xa coñecia pola prensa a inclusion de Cal entre os deportistas de alto nivel.
Se hai duas linguas oficiales en Galicia, un pode expresarse en calquera delas. En Asturias, en todo caso, de non facelo en castelan deberia usar o bable.
Usar o galego e, ademais de facerlle un flaco favor a nosa lingua, caer no ridiculo.
Saude.
****
DH, pode seguir coas comparacions e poñer diante desa muller zurrada polo marido unha adultera que nos paises islamicoa matan a pedradas. E asi ata o infinito.
Un Ministerio de Cultura o que mais se parece e a un Ministerio de Propaganda.
Ben e certo que a propaganda tamen e transversal.
*****
5 e 6, non nego que en certos momentos deixe preguntas sen contestar pois hai epocas nas que o tempo que podo dedicarlle a este outeiro e escaso.
Manter un blog leva moito mais tempo do que parece (sobre todo cando o numero de comentarios e da magnitude do que, afortunadamente, sucede neste outeiro).
Tamen hai cuestions das que xa dixen que non iba falar durante un tempo.
*****

Cos numeros que se estan manexando estes dias que vostede fale dos cartos que reciben os Grupos con representacion municipal e un atrevemento.
Xa sei que a moitos lles conviña que so poidesen participar en politica os que teñen moitos apoios economicos detras, polo que unha boa medida era afogar economicamente a calquera que tivese a osadia de sentarse no concello.
Sinxelo: se teñen un local para reunirse, reunense.
Claro amigo meu.
¿Facemos unha division para calcular durante cantos anos se lle poden pagar os grupos municipales co case millon e medio que lle devolveremos o INEM?
¡So faltaria que o Goberno non lle subira a pension da Agraria o señor Antonio!
¿Sabe que un dereito que el ten e non unha concesion de ninguen?
*****

betanzos liberal, coincido coa primeira parte do seu comentario.
A polemica posterior pareceme moi interesante ainda que, como ven sendo norma, non participarei nela.
*****
*****
*****

Saudos e moita saude.

Anónimo

Ou sexa, que o discursiño(chapa) este que lanza Superhenry, so conduce a que él quere chupar igual que os outros...


Hai...


Mire señor Superhenry, unha cousa é que o concello govefrnado polo psoe metera a pata até o fondo coas xestións esas que fixo da pastuqui que lle diu o INEM, e outra cousa é que vostede queira chupar do bote tentando ir de grupiño victimista probe e descarriado. Xa xa xa.

Veña veña, contenos outra.

Pois non sei como faría o resto da xente neste país para organizarse sen un peso e con todo en contra.

Xa sei quen quere aquí vivir na poltrona. Verdade.

Demagoxia baratiña dun burguesiño tentando salvarnos a vida.

Recomendolle primeiro tentar limpar esa cabeciña de paxaros.

Seguimos no mesmo camiño:
Superhenry, o Heroe:
http://www.youtube.com/watch?v=G_n6IO-AdpI

Claro claro claro...