Galiza e outras divagacions

Deciamos aqui hai un tempo:

¿Cómo e posible que se chegue o punto de que a Galicia en galego se lle poda chamar de duas maneiras distintas?

¿En que outro lugar do mundo sucede algo asi?

Di agora a Real Academi Galega:

b) A denominación oficial do País normativa e xuridicamente lexítima é Galicia.

¿Pero facia falta que o dixese a RAG?

Tamen fala de que

«pero rexeitou esta posibilidade porque consideraba que un país non debe ter máis ca un nome na súa propia lingua, e que aceptar esta vía sería unha mostra dunha esquizofrenia lingüística non desexable».

Despois dunhas normas, chamadas de concordia, que permiten que se fale de grazas e de espazo coma se se estivesen defendendo as esencias de non se sabe moi ben que, agora toca un adarme de sentido comun.

E desesperante soportar este xogo coa lingua, sobre todo para os que levamos toda a vida reinvindicandoa da unica maneira da que se pode facer: falandoa.

Un feito

Ese tempo atras fun comprar o pan e, como empezou a chuviscar, os que estabamos na cola metemonos dentro do local coma se fosemos sardiñas en lata.

Na espera deume por fixarme na lingua que se empregaba: diante de min habia mais ou menos dez persoas, dous homes e o resto mulleres, e detras seis ou sete.

Os que estaban detras de min falaban en castelan e os dez que me precederon no aprovisionamento de hidratos de carbono utilizaron o castelan. Como pensaba neso, viñeronseme o magin epocas pasadas cando cheguei o mostrador e dixen "Duas baguetes e un pedazo de bola de millo (moi boa para almorzar picada -esfaragullada- nun cafe con leite moi quente)".

En Betanzos comprase o pan en castelan e ninguen se disfraza linguisticamente para algo tan habitual.

¡E un grupo de ¿ilustrados? defendendo que as cousas se lle pode chamar de varias maneiras!

¡Parece un xogo!, suicida.



CODA: Compadezo os que me critican sin piedade (como ten que ser) por ter que envainar unha vez mais os seus floretes pois, segun parece, falou a autoridade.

Teñen a mala sorte de que a razon non xogue os dados.





ANEXO 1:

Parece que so uns poucos centos de hipotecados cairon na trampa que o Goberno lles ofreceu para aliviar a suba do importe da mensualidade a abonar (amortizacion de capital + intereses): ide o banco (ou caixa) e aumentade sin coste algun o plazo que tedes para devolver o credito.

Cando eu andaba nesas cousas e lia os manuales, estes decian que para ben o plazo non debia superar os 15 anos. Para ben do consumidor, suponse.

Tamen pode ser que nun pais no que a verdade se sirve a carta esto xa non sexa certo.




ANEXO 2:

No asiento de atras do taxi que pasa polo Barrio Chino de Ourense, unha nai cunha nena de cinco anos desas que levan unha camara fotografica en cada ollo.
-Mama, ¿quienes son esas señoras que estan en la acera?
- (A nai, un pouco azorada) Son unhas mulleres que estan esperando a que os seus homes saian de traballar.
- (O taxista, que seguia a conversa mirando polo retrovisor) Non se poden engañar os nenos desa maneira , señora. Digalle que son prostitutas.
Longo silencio
- ¿Y las prostitutas pueden tener hijos?, mama.
- Claro filliña claro, ¿e logo de onde pensas que saen os taxistas?



ANEXO 3:

Cando din que Touriño anuncia 13,1 millones de euros para el audiovisual , refirense a que da carteira de todos van sair eses cartos para "la financiación de películas para salas comerciales, telefilmes, miniseries "y cien horas de otro tipo de productos, como documentales".

Cos camions cortando as carreteras e os barcos amarrados porque o que ganan non lles chega para pagar o gasoleo, parece un sarcasmo.

Como "La Televisión de Galicia cuenta, además, con una partida presupuestaria que este año alcanza 43 millones de euros orientada a la compra de producción externa", parece que se conseguira o "pleno empleo en el audiovisual".

Mariñeiros, camioneiros e labregos en paro sentados diante da TV, bocata + Estrella Galicia, vendo Mareas vivas.

¿Por que vale mais un comico ou un periodista que 346 camioneiros e 712 mariñeiros xuntos?

Porque para que as mentiras do poder, ocupeo que o ocupe, cheguen necesitanse mensaxeiros agradecidos. E o agradecemento ten un precio.

Non vaia ser que a clase obreira lle dea por pensar en lugar de ver o Luar ou os partidos da Seleccion.

Asi que cando vexan na TVG algunha desas series que parecen feitas polo Grupo de Teatro dun instituto calquera, boten contas do que lles costa.

Por si fose pouco o que temos que agunatar, todos eses profesionales especialistas en subvencions pretenden despois darnos clase de comportamento etico e de radicalismo politico.

¿Non seria mellor subvencionar xurelos e patacas de cedo para todos e deixar que no campo da cultura a seleccion natural elimine os que non teñen talento?

Claro que se asi fose, ¿quen iba coller a lira para cantarlle unha oda o gobernante de turno?



ANEXO 4:

Dous amigos despois de moito tempo sin verse:

- Vou casar coa Teresa

- Pero ho, se todo o mundo sabe que se deitou con medio Cangas.

- Medio Cangas, medio Cangas. ¡Nin que Cangas fose Nuevayor!



ANEXO 5:

Guiseppe Di Stefano e Maria Callas enamoran ainda que a un non lle guste moito a opera






16 opinions:

Anónimo

Home don henry, que sinxelo o pon.

O de Galiza nom se vende fixoo Pancho de Aduaneiros:
http://www.aduaneirossemfronteiras.org/fechado.php


Tiña unha moi boa de Propaganda que haberá que buscar na chache de Internet.

Contaba o outro día Foz ao respecto da artificiosa-artificial polémica Galiza-Galicia, cando o señor Barreiro comunicoulle D Manuel que a RAG ía incluir o termo Galiza no seu catálogo terminolóxico e este posicionouse totalmente en contra. Non se podía esperar outra cousa, non?
A resposta de Barreiro foi inxeniosa: e logo D. Manuel imos deixar fora da lei entón a Castelao e o sempre en Galiza???

En tal caso, filoloxicamante falando, o termo refrendase a través do Termigal orgao depdendente da RAG que si acepta o termo. O devate remata no mesmo punto onde se comeza. O outro é liar a perdis.
Agora cada quen terá que aguantar do seu pau e recoñecer ao Termigal como un orgao capacitado ou non para tales encomendas.


En tal caso segue sendo unha polémica estúpida.
A raiz gramatical do galego compartese co portugués non co castelán, polo que se agora hai xente que si ten ganas de meter a política polo medio, xa sabemos quen son.
E non precisamente a xente que tira polo galego.
Será outra xente. Eu creo que si.


O demais é ganas de darlles voltas ás cousas verdade???


Magoa que o seu nível de polemista esté aos mínimos historicos.

O mellor desa xente da que vostede fala que merca o pan en castelán, é que a construcción gramatical das súas frases é galega.

Xa sabe, é o problema dos sustratos lingüisticos en procesos de invasión "cultural".

Pois iso, aprenda un pouquiño máis do tema do que fala, sentaralle ben para esa úlcera.

Saúde.

Nota: tampouco hai que ir aos paises islámicos para ver como matan a unha muller don Superhenry. Tamén as matan no seu contorno próximo.


Nota1: o máis divertido das normas nunha lingua, é que as críticas aparecen só en linguas minorizadas. Don Superhenry sorprendese dunha elección terminolóxica no galego como a de grazas.
Normal, son prexuizos de quen pensa que a lingua que a súa lingua é menor.
A saída é sempre a mesma: iso nunca llo escoitei ao meu abó. bla bla bla.

Non escoitamos esas mesmas críticas en linguas "cultas". Escoitou alguén algunha polémica sobre o último acordo normativo do portugués??? por certo, que van no camiño de moitas das eleccións feitas no galego na norma de consenso (grupos cultos p.ex.).

O cahondo, é que á lingua do imperio pequeno non se lle trata así.

En dous anos hai que adaptarse ao último cambio de norma que se fixo fai uns meses (eso inclúe toda a documentación oficial).

Por poñer exemplos do extrabagante que pode chegar a RAE, un exempliño moi cachondo:
CDRom é un acrónimo anglosaxón que quere dicer "Compact Disc read-only memory".
Asúmese dende a industria e é o que chega a nós (no etiquetaxe) dun xeito normalizado (normalización por uso).
Ao castelán (español), chega como un neoloxismo, algo que a RAE detesta enormemente. Máis como o termo é de uso excesivamente xeralizado e é moi difícil sustituilo polo termo culto español (disco compacto, disco óptico compacto.. .) deciden crear unha derivación.

Nestes intres según a norma que entrará en vigor, CDRom, pasará a denominarse no español "Cdrón).

Toma traca!!!!!!


Ale agora xestionen vostedes as RAG's RAE's e demais academias da lingua.

Eu sempre vos fun do modelo anglosaxón en isto da lingua.

Anónimo

Ten vostede moita razón superhenry.
Canto nos vale vostede???
Canto nos vale que un tipo que non pisa clase, que non pega pau, que agora andará agobiado có curre despois de non pegar pau durante todo o ano???

Que aínda se atreve a dar lecións???


Canto nos custa vostede superhenry???

Canto nos custa vostede superhenry???

Canto nos custa vostede superhenry???

Canto nos custa vostede superhenry???

Canto nos custa vostede superhenry???



Canto nos custa a súa demagoxia???


Canto nos custa as súas 80 horas mensuais de curre???



-Por certo, magoa que vostede non se dira conta de que esta folga foi da patronal; dos patróns e armadores dos barcos e dos xefes dos que contratan aos camións que andan polas estradas de autónomos.

Os currelas andaban e andan fodidos dende fai anos.
Aínda non o sabía vostede???
Seica tiveron que poñerse en folga os xefes para que vostede se dise conta da situación???
En que mundo vive???
Tan alonxado está vostede do mundo que so lle entran as noticias polos mass-media???

A patronal fai moito tempo que descubriu que aos currelas podían transformalos en traballadores e traballadoras por conta propia (empresarios). Non se dira vostede aínda conta Superhenry??? como ía darse conta, encherolas!!! que ten vostede o bandullo agradecido cobranhdo o pastón que cobra ao final de mes sen pegar pau.

Contello vostede a esas persoas, contelles o que cobra por traballar o número de horas e o esforzo que fai. Xa verá o que lle dín, bandullo agradecido!!!

Disque non poden mandar aos seus fillos e fillas a estudar a London os patróns.
Pasaralle a vostede o mesmo???
Bueno, non creo. Vostede ten garantido o soldo a fin de mes. Un suculento soldo. Demasiadas vacacións non???
E esa gaita para o neno. Cantos centos de euros???
Non creo. Xa andan pola milleira.
Poderán eses probes patróns de barcos e camións comprar unha gaita así??? coa crise...


A verdade é que resulta noxento escoitar a un bandullo cheo coma vostede dando lecións. Había que poñerlo unha semana a traballar até que lle reventase ese lombo do que di que está tan tremendamente enfermo. Que caradura ten vostede!!!.


Por certo, a vostede non lle di nada, que teñamos que comezar (é o momento oprtuno para que pailáns coma vostede se den conta) a pensar en desfacernos deste tipo de economía, que triplica e cuadriplica un producto??? un sector económico totalmente improductivo, ultracontaminante e non precisamente suatentabel???
Non, non, claro que non.
Esos postos de traballo!!!

Como se non puidesemos reciclar ao persoanal. verdade???

A xente é tonta. Non o digo eu, está a dicilo vostede mesmo. Lease.

Por certo, e se financimos un sector como este, porqué non me financian tamén a min???
E ao que ten unha empresa de carpintería, ambulancias (devería de ser máis urxente, non?), as fábricas de xelados...

Un día calquera, unha persoa comentabame que non estaban excesibamente preocupados e preocupadas pola suba do gasoil, total, montar unha folga patronal e solicitar subención sectorial.

ESTA É A LEI DE SUPERHENRY. ROUBADELLE AOS CURRELAS PARA PAGARLLO AO PATRÓN!!!

Superhenry ao poder!!!



NOTA: a folga de transportistas e mariñeiros(?), é unha folga ilegal dende o punto de vista do dereito ao traballo.
Tanto uns como outros, son empresarios e non traballadores, polo que non os ampara o dereito á folga.

Chegamos a un punto onde xa todo vale, e onde un esquerdista de pacotilla, non ten nengún tipo de escrúpulos en solicitar solidaridade "interclasista" para que os traballadores e traballadoras teñamos que subencionarlle o chiringuito aos patróns.
O mundo ao revés??? non. É a realidade de quen non sabe sequera en que mundo viven.

Anónimo

Hola, bos dias, son Lis de Moura

Mudará vostede o nome do Outeiro polo de algún hotel de luxo coma o Mayflower ou o Four Seasons?. Mudará vostede o seu pseudónimo polo de Miss Julia?. Convertirémonos os libreopinadores en señoritas de alto standing, nesta presunta mancebía sua. Eu non quero cargar có peso de ter convertido este luar de paz nunha terra do pecado, coma Sodoma, e teño medo de acabar en estatua de sal porque sei que, eu, botarei a vista atrás.

Manteño que, cando tes que abandoa-lo teu idioma, debes de estar cruzando unha fronteira maior que a que separa autonomías. O problema non é a lingua, é a imposición dunha organización territorial anti-naturál. En que idioma debería falar un membro do governo asturiano que viñese a Galiza? (non sei se me autoriza a seguer dicindó así). Todolos imperios vixían as posibeis ameazas idiomáticas que lles poidan perxudicar. En dous estados do Oeste ianqui, Arizona e Utha, con crecente poboazón de orixe hispana, hai plans para frear o avance do castelán, no primeiro acabando cá educación bilingüe e, no segundo, convertindo ó inglés na lingua oficial.

Para normalizar GALIZA, LEGALIZA GALIZA. Galiza é unha forma máis anterga que Galicia, é medieval, anterior á penetración do castelán. Defendela é un xeito de crear unha corrente diferenciadora de Castela para que, a vindeira ves que compre vostede o pan, lle escoite a algúnha sardiña máis pedilo en galego.

O pasado venres, na Coruña, ó lado do Obelisco, un gaiteiro tocaba, amenizando ós ruandantes e, agardando algunha moeda do sistema solidario extra-oficial que iguala ricos e probes. Non tocaba o pechado pero non o facía mal. Resultaba agradabel escoitalo.

O músico gaiteaba xusto diante de onde se erguen dous símbolos do imperio pequeno na Galiza, os edificios do Banco Santander e da Once. Semellaba que estes dous monstruos ian dar un paso cara diante e aplastar ó desafiante galego e á sua gaita. Mais non, non se moveron, non tiñan porque facelo, agardaban pola quenda dos que fan o traballo sucio para o imperio pequeno, os que lle negaban unha mísera moeda ó tipo da palleta. Incomodaría ós xigantes da pel do touro o son da nazón de Breogan?. Incomodalle a vostede que Galiza sexa diferente?

Saude, saudos.

Anónimo

Un artigo máis que acertado de Antón Losada falando do temiña en cuestión:
http://www.anosaterra.org/
index.php?p=nova&id_nova=9884

Non me afago á idea de ver a Jallejero ou Isidro de la Cal comendo un bocata de mortadela mirando ¡o Luar.
Probe patronal (caixa de resistencia para apoiar economicamente aos fillos da patronal para que poidan ir este verán de vacacións a Irlanda a aprender inglés???)

Anónimo

Jallejero ----> Pellejero

blancolexitimo

1. DH, non estou o tanto da polemica esa dos aduaneiros.
Que Castelao titulase Sempre en Galiza non lle da o termino patente algunha.
Se vostede e do modelo anglosaxon, eu estou vacunado contra as mitomanias.
A de polemista e unha profesion dura cando n on se cobra por ela. Se o pensa ben xa queda moi pouca xente que faga algo sin cobrar por elo: o altruismo esta en vias de extincion.
Como vostede me fala do CDRom, eu poñereille outro exemplo moito mais chamativo: Os gardians das esencias transformaran (non sei como e hoxe) o progarama PADRE (Programa de Ayuda para la Declaracion de la Renta) en programa PAI.
Saude
*****

2. SH, teña en conta que a miña relacion coa psiquiatria e escasa (uns cantos libros e conferencias cando a antipsiquiatria estivo de moda hai uns anos).
O unico que teño e este divan no que vostede se senta cando quere.
Escoitoo pero non estou cualificado para prescribirlle un tratamento.
A cousa non e grave pois vostede mismo se diagnostica: "É a realidade de quen non sabe sequera en que mundo vive".
*****

3. Don Lis, se non recodo mal a cancion titulabase "Ojos verdes", ¿de Quintero, Leon e Quiroga?
Non sei vostede, pero os meus anos na porta dun local do Pombal, con "farolillo rojo" detras, o unico que daria e pena.
Dentro da libertade individual un pode educar a un fillo na lingua que lle pareza cando hai duas oficiales.
Mirar de cambialo podese facer con polvora ou con magnolias.
Os magnolios pensamos que os dinamiteros estan conseguindo destruir o noso traballo de moitos anos.
Recorda aquela frase de "No es eso, no es eso" e como terminou a cousa.
Pois agora, 70 anos despois, sucedera o mesmo co galego.
Vaiase preparando para cargar coa parte de responsabilidade que lle corresponde.
Saude.
*****

4. ¿Non me diga que non coñece a alguen que ten un camion e se dedica a facer portes para quen o contrata?
Hai 150.000.
¿Cerre patronal?
¿Tamen os agricultores e os pescadores?
¿Os que tiraban o leite dos tanques de frio tamen son soccios do Casino?
Meudeus, ¡O que e capaz de facer a propaganda!
Menudo personaxe o Anton que cita. Despois das declaracions da muller que tiña na casa e das denuncias por prepotente, por min xa pode decir misa.
*****
*****
*****

Saude

Anónimo

"Galiza terra nosa" cantaba un Pucho Boedo pouco sospeitoso...

Ale, siga coas súas pallas mentais.

É o que ten ser un pequeno burguesiño.

Como nmon ten nin idea do que falo cando me refiro ao modelo anglosaxón de fixación terminolóxica, vai vostede e lanza unha estupidez. Outra máis.
Xa é unha cousa cansina superhenry.

Claro que cando un di:
"DH, non estou o tanto da polemica esa dos aduaneiros." o significado desto explicarallo á súa familia, non??? con que non está de acordo??? xa explicará vostede, porque a empanada mental que ten na cachola xa revorda por todos lados. E eu intúo que cheira un pouco. Cerebro apodrecido de tanto pensar???? hohohohohohohohohoho!!!!!

Creo que de altruísmo, mellor non falo. Está moi mal visto entre xente coma vostede. Xa sabe, desa xente que sofre funcionaritis aguda. Traballe un pouquiño para variar, ohhhh!!!


Padre en PAI??? pois non lle sei. Eu declareime obxector fiscal. Non dispoño dunha ferramenta que me permita poder utilizar o programa PADRE no meu computador.

En tal caso, mire vostede. Que eu saiba até o momento, descoñezo que dende onte a hoxe estean transferidas as competencias recadadoras de facenda a GAliza, polo que até o momento, a única documentación legal que coñezo é esta:
http://www.agenciatributaria.es/
wps/portal/ProgramaAyuda?channel=
ce070e35ee819110VgnVCM1000004ef01e0a
____&ver=L&site=
56d8237c0bc1ff00VgnVCM100000d7005a80
____&idioma=gl_ES&menu=0&img=0


Como poderá está en perfecta diglosia.

Veña, siga vostede a dicer burradas, é a súa especialidade.


De psiquiatría non estou falando. Confunde vostede o que le. Será un problema de comprensión??? eu iría a miralo.
O único que sigo expresando, é que vostede fala de moitas cousas sen coñecelas. Pretende ser un salvador de algo, cando non é máis que un pobre totín útil. Ala vostede. Bueno, sempre o foi. Agora crese algo porque xa ten unha familia que cre gañadora.
Dame vostede pena...


---------------------------------

Vostede na puñetera vida fixo ningún traballo. Porqué ven agora aquí a falar de cousas das que non sabe???

Mire, haber haberá dúa linguas oficiais, pero dende logo non xogan na mesma división, ou si???

Que un pai ou unha nai inerpreten dende o dereito individual en que lingua queren educar aos seus fillos, é unha aberración tal que a ninguén se lle ocurriría dicer tal fai uns anos.

Agora, con ananos mentais coma vostede, falando dos mil homes libres e chorradas deste tipo que nos lanzan dende os mass-media para que a sociedade se trague o discurso, atopamos conque hai pais e nais que pensan que do seu fillo ou filla poden facer un saio.

Onde se viu tal???

Onde queda a corresponsabiliade social???

Rompimos a baralla??? pois entón que nolo comuniquen dunha vez.


Mentras a dereitona campa ao sue gusto, don henry aplaude coas orellas, regodeandose de gusto como os porquiños na corte, pensando que algunha vez na súa vida fixo algo.

Patético.

Por certo, que é "o noso traballo". Na miña vida o vin organizado en nada relacionado con nada escepto no chiringo ceporbiano.

Ale macarriña de tres pelos, menos presumir, que lle vai reventar a cachola de tanto inchar o peito.

Por certo, nunca pensou que a situación na que stamos é garzas ao gran traballo de xente coma vostede??? pense pense pense pense pense...

Vai ser que si???

-----------------------------------
Agora vai ser que superhenry procede dunha familia con longa tradición de estrada.

Leesme leesme??? argot da ruta xa se sabe, hohohohohohohohohohohohoho!!!


Eu non lle sei se xente da agricultura, ou camioneiros ou "pescadores", son membros do casino.

Non teño por costume facer un seguimento tan esaustivo do sector.

Por certo, de que casino???


O outro día estaba a falar cun tipo que invertiu 120 millóns das antigas pesetas na modernización da súa explotación gandeira.
Claro claro claro claro... este devía ser un currelas...
Ía poñer en produción 30 frisonas desas que teñen uns tetos coma mundos. Das de 50-60 litros ao día.
Tes que andar con coidado con elas. Duranche uns seis anos. Pasarlles a pedicura con regularidade e ter coidado coa mamite.
Moito coidado coa dieta, non che pille Timpanismo Ruminal.
O sector anda fodido??? non máis que outros. Con 60 vacas en produción e 10 xatos vivese ben.
O problema está en non ter días libres.
Agora comezaron espabilar. Xa fan mercas da maquinaria conxunta, fanse rotacións servizos veterinarios comunados ...

Os pescadores... descoñecía eu que foran os pescadores os que foron á folga. Os pescadores andan fodidos, pero non por iso. Creo que devería vostede sabelo. ë un sector moi moi feble. E falo dos mariñeiros e pescadores ou pescos.
Se non se sae non se cobra, se non se pesca non se cobra. Así é a lei do mar.
Porqué cona cre costede que neste país se sigue pescando con dinamita na pesca de baixura??? por divertirse???
Da igual que vaias ao pacífico, a Capetón ao Gran Sol, á Patagonia, Namibia ou a onde che pete.
A de altura é outra cousa . Cobrase máis, arriscase máis, fas máis trastadas. Bebes máis...
Pero ao final, a pasta rexese igual; a xente vai ao quiñon, en costeira(como di o nome cando vas á costeira), ou marea (os barcos do día).
Que pasa entón??? que se o armador (moitas veces o mesmo que o patrón) non sae, non se cobra. Que pasa entón??? TIC TAC TIC TAC TIC TAC!!!!

Lembro as últimas épocas voas de Sada. Coñezo mariñeiros que chegaban a cobrar fai 15-20 anos até un millón de pesetas daquelas nun mes. Xente como as do ChonoII. Agora transformouse e vai á "parrocha" ao Cantabrico.

E por fin quédame o último sector ao que vostede fai referencia.

O camión!!! a ruta!!!
400 cabalos debaixo do cú.
Traballadores por conta allea con empresa propia.
O sectoe vai mal... pero non se deixa. Porqué será???
Aquí salto á comparación odiosa con ese outro sector, que supoño que estirou tanto a corda que non se atreveu a protestar desta vez.
Canto vale unha plaza de taxista???

Canto vale un camión???

Sabe vostede en canto tempo se pode descontar un camión tendo un boa ruta (p.ex. A coruña Valencia capital) con carga nos dous lado (se non claro, non compensa...).

Sabe vostede canto se cobra por levar o peixe fresco que non pasa por lonxa para que chegue en seis ou sete horas a Mercamadrid???

O outro día falaba cun tipo que deixara a granxa de vacas e agora tiña pala e camión.

---------------------------


E agora xa vou rematar, despois de ver esa gran exposición que nos fixo, con ceñecemento de sector incluído señor superhenry.

" ¿Os que tiraban o leite dos tanques de frio tamen son soccios do Casino?"
Xa lle comentei que descoñezo se son membros/as do Casino.

Máis é infinitamente máis probabel, que a maioría desa xente da que fala poida chegar a estar nese casino (que presupoño de elite, algo así como o aeroclube...), que eu.

Porqué??? porque eu son un currelas, un asalariado por conta allea.

Da xente que falamos (se esceptuamos a carne de cañón dos mariñeiros), son empresariado.
Podemos pensar que son un sector máis ou menos sensibel e importante nunha sociedade, máis son iso empresariado.

AUTONOMO ====== EMPRESARIADO !!!


Se non xa sabes, se che vai tan mal, empregaste noutro sitio. Non funciona así o liberalismo económico, e esa mensaxe que lanza dos dereitos individuais, por enriba da colectividade???

Pois a apeitugar.

Anónimo

Euskadi, euzkadi, eusqadi, heuskal herria, pais vasco y vascongadas. Te parecen pocas las formas con que se llaman al pais vasco

Anónimo

Mariño, como van las negociaciones con el PP???
Por tu silencio todo parece indicar que han comenzado y que van bién.
Como te decía hace unos días, algo no cuadra en este tema.
CXB teatraliza la ruptura con el pp por incumplimientos de acuerdos firmados y sin embargo negocia ahora con ellos.
Si tan malos han sido los del PP ¿por que se negocia con ellos?
Me da la impresión de que vosotros no buscais una mejora de Betanzos, lo único que estais buscando es vuestra supervivencia como partido para dentro de tres años.
Habeis visto que esta situación de incompetencia, mala gestión, abandono de funciones en que se ha convertido Betanzos, os está perjudicando ya que la gente os hace responsable de haber puesto al PP a gobernar. Hay un descontento generalizado y os habeis acojonado y lo único que buscais es vuestra unica supervivencia como partido.
A betanzos lo han secado de subvenciiones durante los años que goberno el pp la xunta y diputación y lo único que habeis provocado es que está situación continue en el tiempo. ¿es eso actuar en nombre de los ciudadanos?
Desde luego, creo que no.
¿cual es tu opinión como ciudadano libre?
Te veo muy callado ultimamente, ¿hay ordenes de partido?
Tu siempre has presumido de libertad, ¿por que ahora te callas?
¿ha habido puñetazo en la mesa de la asamblea?

Anónimo

por lo que me cuentan alguno de CXB está hecho polvo y desanimado por como se están desarrollando los acontecimientos en Betanzos.
Ellos, que forzaron la situación en Betanzos, para renovar a la izquierda, ven como ahora su grupo está negociando para entrar en el gobierno "a saco" del PP, negociando alguna concejalía y alguna dedicación exclusiva, algo que hace un año, se cansaron de decir que no era factible y que ellos no eran un grupo político profesional.
Esos hombres libres que revolucionaron la política betanceira a costa de perder millones de euros en subvenciones, están horrorizados al ver a donde ha confluido su motín político en el ayuntamiento, desligitimizando a la lista más votada y dejando al pueblo en el más completo caos organizativo.
En su huida hacia adelante, piensan que entrando en el gobierno serán capaces de deshacer el caos provocado por ellos mismos, pero el PSOE no les ha respondido como ellos habían pensado y se están manteniendo al margen de su juego.
¿como acabará todo esto?
Me parece que solo unos pocos lo saben, pero yo ya me he atrevido a apostar
¿quienes pierden en este juego?
Una vez más, como hace un año, los ciudadanos de Betanzos.

Anónimo

Hola, boas tardes, son Lis de Moura

Sr. Blancolexítimo, ten que substituir a Quintero polo escritor Salvador Valverde, quen tamén escribeu “Si vas a Calatayud”, “Maria de la O” e “Ay Maricruz”, entre moitas outras. Traballou có poeta Leon e có mestre Quiroga antes de que a guerra do 36 o separase deles para sempre. Logo o franquismo condeou a Valverde ao esquecemento por republicano. Doutra condea maior salvouno o nacer na Arxentina polo que puido escapar a Francia. Hai varias versións da canción, para home, para muller, para republicanos, para franquistas quenes acadaron que Miguel de Molina trocara a letra por “apoyá en el quicio de tu casa un día”. Quen se resiteu foi A Piquer, elevada a sustancialidade hispana, que preferiu pagar as multas dos censores antes que dicir algo que non viña a conto. Aqueles censores non viron que a copla era denuncia contra aquelo que parecía defender. O perigo subcultural da copla non é a copla en sí, senon a sua manipulación polo poder. Identificase unha expresión de masas, necesaria e imparabel, cá natureza perversa dun sistema; pero esquecese que a expresividade dese instrumento colectivo ten resquicios polos que a realidade social filtra as suas pegadas.

Lembrase de Arafat?. Lembrase de aquela intervención diante da Asemblea Xeneral das Nazóns Unidas, 13 de novembro do 74?
“Veño có fusil de combatinte da liberdade nunha man e a pola da oliveira na outra. Non deixen que a pola da oliveira caiga da miña man”. Era isto o que quixo dicir?, magnolias e polvora, oliveira e fusil. Un creia que xa estaba superado ese perfil abertzale dos nazonalistas galegos. Ave María Purisima. Sen pecado concebida. Bendigame porque pequei. Meus pecados son, ser galego. Pésame meu Deus meu e arrepintome de todo corazón de ofenderte. Pésame polo inferno que merecín e polo ceo que perdín; pero moito máis me pesa porque pecando ofendín a un Deus tan bon e tan grande coma vos;
antes querría morrer que ofendelo,
e propoño firmemente axudado pola tua divina graza, non pecar máis i evitar as ocasións próximas de pecado. Amen

“No es eso, no es eso”, Don José, 29 de outubro do 1932. Tamen dixo isto outro: "Si el movimiento militar ha querido identificarse con la opinión pública y ser plenamente popular, justo es decir que lo ha conseguido por entero... Calcúlese la gratitud que la gran masa nacional sentiría hacia esos magnánimos generales que generosamente, desinteresadamente, han realizado la aspiración semisecular de veinte millones de españoles, sin que a estos les cueste esfuerzo alguno..." .

Quere dicir que o galego vai desaparecer coma a república?. Que foi o que acadaron os magnolios. Coido que non grande cousa. A sua amiga, Díez, pensa que hai un monolingüismo galego. Outros, ainda máis profundos mentais, pensan que hai unha persecución ao Castelán. As crenzas predominan sobor das razóns, tristemente.
Por qué non deixa de facer esa defensa folclórica e sentimental da Galiza e se implica verdadeiramente?.
A liberdade individual de educar a un fillo na lingua que lle pareza, por exemplo a la niña de Rajoy, xa se encarga o Parlamento Galego de dicir até onde chega. Coido que metade das materias en galego e o resto en castelán. Ainda así non se cumple en perxuizo do galego. Pero, virán mellores tempos, pese a quen pese.


Saude, saudos

Anónimo

Había un PSOE al que invitaron a bajar del tren hace un año, y a muchos no nos pareció bién.

Hay un PSOE al que invitaron a negociar su regreso sin condiciones prévias, y a eso le llamamos "chalaneos". No parece inteligente.

Probablemente habrá un PSOE que ensimismado en su orgullo, pasaremos la legislatura y las próximas en la oposición.Y solo será culpa nuestra.

¿Quién del PSOE sale beneficiado de esta situación?

RENOVACIÓN YA

Hemos sacado el 32% de los votos, donde habíamos llegado a tener el 60%.
Podemos echarle la culpa a otros, cuando el problema lo tenemos en casa, entre nosotros.

El sol se nos vuelve a pasar por la puerta, y rechazamos a cxb. Los votantes no lo entendemos.

Betanzos necesita una solución, y por lo que se ve el PSOE no lo va a ser. Solo espero que cxb mejore este desgobierno aunque sea con el PP

Anónimo

joder ceporbianos estais tarumbas ahora hasta vais de aprendices de brujos haciéndoos pasar por socialistas ¡lo que hay que leer!
apandad con lo que hicisteis, asumid que toda decisión tiene consecuencias, crearos discusiones y resquemores dentro del partido como todos los demás y descubrid que impartir doctrina desde fuera es muy fácil pero trabajar es otra cosa diferente. acordaros del alfonsetti porque volverá y es un "logro" muy vuestro, acordaros de la subida de impuestos que le apoyasteis al PP para que todos nos casemos por la iglesia que es más barato, acordaros de que si no hay colegio nuevo ahora es porque durante un año consentisteis todo cuanto hizo el PP. Y si quereis podemos hablar tambien de la unica vez que sacasteis los pies del tiesto, de la relación del asilo con la condesa y la conexión opus dei en vuestro voto.
ahora a apechugar con el resultado de vuestras decisiones. Y no utiliceis al PSOE de coartada de vuestras meteduras de pata ni de disculpa para vuestros actos.

blancolexitimo

7. E complicado elucubrar sobre quen escribe algo cando non se identifica (deberia seguir o exemplo de quen nos quere facilitar a todos a identidade de quen participa na tertulia).
¿Son donhenry e superhenry a mesma persoa? Un xa se cansa de xogar as adiviñas.
Ten razon que vostede non fala de psiquiatria. Deso falo eu.
De min xa falei dabondo (probabalemente demasiado).
A estas alturas do partido teño claro que a aparicion de CxB lles supuxo (a vostede ou o seu entrono) a perda da posicion que ocupaban. Seria bon que o Outeiro lle servise para aprender a diferenciar entre caciquismo e democracia participativa.
Ainda que lle costa non perdo a esperanza de que a cousa vaia a mellor.
*****

8. Non elexiu o mellor exemplo.
*****

9 e 10. Xa comentei que mentras se estivesen levando a cabo negociacions non escribiria sobre o tema.
Se o fixese seria sinxelamente un irresponsable.
As posturas de cada grupo estan publicadas e hai que supoñer que responden a unha vision meditada da situacion politica do concello (ainda que as veces coste crelo):
CxB e PP estiveron de acordo en iniciar conversas.
O PSOE non falara con CxB ata que terminen as negociacions co PP.
O BNG declara que xa deixou suficientemente claro que pasaba a oposicion.
CxB e un grupo independente no que conviven democraticamente distintas maneiras de ver a politica fora do ambito municipal. Nese ambito o unico que prima son os compromisos adquiridos cos cidadns e o que nos pensamos (podemos loxicamente estar equivocados) e mellor para Betanzos.
Pode poñerlle da sua cosecha o que queira, pero esa e a realidade.
O que nos fan chegar os cidadans non ten nada que ver co que vostede afirma.
*****

10. Agradezolle a informacion, Don Lis. O tal Valverde non me sonaba (o franquismo conseguiu o que pretendia).
¿Pensa que si Miguel de Molina vivise casaria como fixo Zerolo ou diria coma Cabrera Infante matrimonio = martimonio?
Que o franquismo tentase apropiarse da copla non lle resta importancia a esa manifestacion da cultura popular que xa triunfaba coa Republica.

“Poñesenme os pelos de punta cada seis horas (sobre todo pola noite) cando todas as torres das mezquitas de Ramala disparan plegarias”.

O de polvora e magnolias vai por aquel libriño de de Mendez Ferrin en papel de envolver que se titulaba “Con polvora e magnolias”.
Lendo algo aquí veuseme a cabeza o monfortino Arias Curto e a partir del o libriño amarelo:
Quero que os meus amigos de ferro e dinamita,
non collidos, que perden os ollos e o pubis moitas noites,
deteñan un intre paso e puño coma meu seño confucio heraclito
atravesandose estre os dentes do Pastor do Leste.


Xa ve logo que non ten nada que ver con que eu considere o nacionalismo galego partidario da dinamita.

Interpreta correctamente sen ambargo a comparacion coa Republica.

O que pense Roza Diez nesto e cuestion dela.

Os magnolios resistimos: na primeira Asamble de Facultade na que falei no 73-74 recibin unha chamada de atencion da esquerda universitaria solicitando que me expresase en castelan para que nos poidesemos entender todos.
¿Sabe que daquela so o 0,5% dos universitarios eran fillos de labregos, sendo estes o ¿70%? da poboacion?
Moito choveu.
E agora xa ve a texitura na que nos atopamos.
Alabo o seu optimismo que me gustaria compartir.
Pero os anos fixeronme dudar da condicion humana.
Un saudo
*****

12. Comparto a sua liña argumental.
Se ningun concello de España estivo mais de 20 anos gobernado por dous irmans, o que sucedia en Betanzos era anormal.
Inaudito.
Calquera deberia entendelo sin mais que estar dotado das dosis minimas de sentido comun.
Pero non andamos sobrados de democratas nin de sentido comun, desgraciadamente.
Un non ten nada que decir pois as organizacions politicas son soberanas nas suas decisions, ¡faltaria mais!
Pero resulta dificilmente explicable.

As carceles mais duras non teñen barrotes, porque o pensamento non se lle pode poñer pechadura.
Os que teñen unha pexa no pensamento pensan, incautos, que todos os demais somos coma eles.
Carecen do que para min e tan imprescindible coma a inspiracion: conciencia critica.
Un que era amigo (¿que ruas andara hoxe?) deciame: “Ten coidado pois e moi facil pasar de librepensador a mosca cojonera”.
*****

13. Non dude que asumimos a rehabilitacion do Alfonsetti coma algo noso.

Nos non impartimos doctrina, traballamos por mellorar este concello.
Agora, maña e o ano que ven.
¿Que a vostede non lle gusta? Vote por outros.
Vivimos nunha democracia, en pañales pero democracia.

¿Utilizar o PSOE?
Meudeus, se eles sos son capaces de suicidarse sin necesidade de que ninguen os anime.
Pense: Se nos tivesemos que disculparnos, ¿que deberia facer o PSOE?

Siga retellando e teña coidado de non esbarar. Pise nos puntons pois as taboas estan medio podrecidas.
Xa sabe: Seguridade e hixiene no traballo.
*****
*****
*****
Saudos e, sobre todo, moita saude.

Anónimo

quen é vostede??? vostede o saberá; non llo vou dicer eu, non??? ou si???

Democracia participativa????
e logo, agora tamén é vostede un experto???
Non se confunda superhenry; non confunda vostede a súa organización coa democracia participativa. Eso é un delito ideolóxico de alto nivel :-P
Non sei que me da a min ver a algunha persoa betanceira do amplo frente político existente na actualidade actuando na democracia participativa... vaia contradición!!!


A min o partido ceporbiense traeme sen coidado. Como pode comprobar, pouco ou nada falo del.

Tampouco é que me interese en exceso o que ocorra ou deixe de ocorrer en Betanzos. Para min esa vila pequeno-burguesa decadente de principios do 19 ten a situación política que merece, tanto agora como no pasado.

Xa lle comentei nalgún momento, que hai casos nos que un governo é o fiel reflexo da decadencia dunha sociedade.

Betanzos é un caso deses.

Que a "esquerda" lle votase a bronca por falar galego non significa nada. Considerarse de esquerdas ou participar en movementos de esquerda non quere dicer que xa teñas todos os pecados perdoados.
A etiqueta esa non che da nengún xen a maiores de cordura mental. Creo que a historia ben o demostra non???
Se o obxectivo é demostrar que vostede é un martir da causa... PIIIIII!!! fallo de sistema.
Busque outra escusa.
Se nos quere contar que vostede foi parte de aquela xente que comezou a loitar polos dereitos das persoas galego falantes no ambito da universidade, ven vido sexa á casa do señor.
Antes vostede e agora outra xente, e no futuro outra.
A min a canción Karina non me di nada fora dunha festa de petardeo.

Vexoo a vostede baixo de argumentacións.
Deve ser o extres do traballo.

Anónimo

É moi doado falar sen máis datos que os que achega a prensa. Mentres tanto, eu seguirei empregando GALIZA, porque as normas din que é a única forma lexitimamente galega e por moito que non o dixesen non é preciso saber moito de lingua para entender que Galicia é un castelanismo no galego como tantos outros.

Obviamente a Academia fai isto por algo en concreto e cuns intereses detrás que están ben claros. O seu interese pola lingua chega ao extremo de que hai Académicos que son claramente diglósicos na súa vida cotiá, ademais moitos dos que ocuparon as súas cadeiras deixan moito que desexar e se non se lles pode asignar unha mínima defensa a lingua.

A hibridización é un paso máis para a substitución e non podemos esquecer que, non fondo, iso é o que lle interesa aínda a moitos sectores de poder.

Saúdos!