Tropezando duas veces na mesma pedra

Como tiña un momento libre, estaba realizando unha labor de saneamento no blog, consistente en eliminar os enlaces con bitacoras e paxinas web que levasen mais de tres meses sin publicar unha entrada.

A rutina fixo que, pretendendo borrar un dos enlaces, aceptase eliminar todo o elemento de paxina "Bitacoras" que estaba na barra lateral.
Con un simple clic foronse o garete horas de traballo.
¡E miren que teño claro aquelo de que todo blogueiro debe ter unha bitacora de probas na que gardar a plantilla e os elemento de paxina, entre outras cousas!

Sintoo.
Tratarei de botarlle ilusion e ir recuperando o menu desplegable e os enlaces que nel habia.
Como probabalemente me esquecerei de algun, vaia por adiantado que non hai nelo "xenofobia" algunha.
Todo o que se atope nesa situacion, ou queira que inclua un enlace co seu blog, non ten mais que comunicarmo.

Manter unha bitacora viva significa moitas mais horas de traballo do que se poden imaxinar: de ai que na garelosfera pechen algunhas e non publiquen o necesario (unha vez a semana polo menos) moitas outras.

Pero xa saben que moitas organizacions (partidos politicos incluidos) teñen un monton de liberados dedicados a intentar controlar esta telaraña en mancomun.

Hai un axioma que xa ninguen discute (sobre todo despois do sucedido a dereita do muro de Berlin): O poder (veña de onde veña) termina sempre poñendolle grilletes a libertade.

Por eso hai que resisitir mentras o corpo aguante (e non esta un para moitos trotes).



2 opinions:

Anónimo

!!!??? tradúceo ao ingles que non entendemos ren!!!

Anónimo

curiosa a barraicada que se montou;
Por un lado os comentarios que ensalzan a súa persoa e por outro os que o poñern verde pero sen nengún sentido.
E dicir deixa aquí ao espameador oficioso que lle permitiu pechar o chiringo.
O terribel é ver como sen poder vostede xa exerce a censura, cousa diferente do tem a da liberdade.
Xa sabe vostede funciona ao ritmo aquel da libertade negativa formulandoa como se fose libertade positiva.
Ao final non se diferencia moito das propostas de Paul Halmos, verdade??? e de todas aquelas persoas que lle seguiron a corrente.
Tardaron anos en darse conta de que realmente a quel home padecía certo trastornos da personalidade; máis o mal xa estaba feito. Todo aquel cúmulo de despropositos rexurden nesa amalgama de liberdade que tanto cacarea a xente coma vostede.
Para mostra un botón, aquelo das empresas coloniais ejpañolas en suramerica.

Vaia cacao que ten vostede enriba.


Supoño, que agora este comentario publicarao, para demostrar como "ama" a liberdade...