Teño a sorte de cara

Manter a tesis de que o primeiro periodico de Galicia esta nestes momentos o servicio do poder, demostrando con feitos a falta de etica periodistica, podia ser para alguns discutible.

E nesto que sucede algo en Sada: dimite un concelleiro do BNG.

Lin a noticia en La Voz de Galicia:

"Dimite el edil de trafico de Sada tras superar la tasa de alcohol al volante"


Resumolles o argumento: O concelleiro circulaba polas proximidades do seu domicilio despois de tomar unhas copas, cando un control de alcoholemia o parou e deu positivo. Once dias despois decidiu dimitir por «por cuestións éticas».

O señor Alcalde fala de que «independentemente de que a sanción corresponde a unha incidencia da vida privada do concelleiro fóra do horario de adicación ao cargo, é criterio deste goberno que as responsabilidades políticas por erros, aínda relacionados coa vida privada, poden e deben asumirse coa dimisión»

Chegados a ese punto o alcalde remata a faena esplendidamente: «un exemplo para aqueles que, en épocas ben recentes, non foron capaces de presentar a súa dimisión por cuestións moito máis graves e directamente relacionadas coa xestión pública».

Todos os que fomos algo crapulas non temos mais remedio que pensar que o concelleiro Montouto e o alcalde Lopez son dous tipos majos: non e normal hoxe en dia que alguen dimita por tomar unhas copas de mais.

Estes do BNG cumplen, pensamos.

Claro que despois leo en internet o que publica La Opinion, eles foron os que destaparon o caso, e quedo atonito.

O primeiro que me chama a atencion e a foto

E a mesma que a de La Voz de Galicia, pero agora esta completa. ¿Por que cortan os de La Voz a fotografia?, penso.

Claro que o ler a cronica explicomo todo desde o titulo: "Montouto llamó al 092 para que le sacase de un control de alcoholemia"

O pasado 20 de setembro o concelleiro Montouto circulaba no seu coche de madrugada e un control de alcoholemia da como resultado unha tasa que casi dobla a permitida. Ainda que se pasou coas copas, non vexo eu a pertinencia da dimision.

Eso ven despois: Chama nese momento o 092 para que o policia municipal que aparece na foto e outro axente o veñan buscar a el e o coche.

Que o municipal sexa da UGT e cobre 2.000 euros/mes de horas extras e sintomatico, pero non afecta o fio argumental que mantemos. Claro que pode xusticar a amputacion que a foto sufre a mans dos estrategas de La Voz de Galicia.

O concelleiro Montouto cala e os dous municipales non recollen o incidente na correspondente "folla de servicios".

Como o dia 1 de outubro se enterou de que La Opinion coñecia os feitos e iba publicar a noticia, dimitiu alegando cuestions eticas.

Esta ben eso de tardar 11 dias en valorar si o etico era dimitir. Indiscutiblemente o tal Montouto e un home reflexivo.

Volvin ler a noticia de La Voz e o discurso do alcalde Lopez Soto: costa crelo.

Segun lle parece o primeiro edil, utilizar dous axentes e un coche de propiedade municipal a modo de taxi e "unha incidencia da vida privada do concelleiro fora do horario de adicacion ao cargo".

¿Non lles parece que o que argumenta o mandatario e un agravante o non estar o tal Montouto en horario laboral?

Meudeus, cada dia que pasa son mais conscente de vivir nunha sociedade anestesiada.

CODA:

Leo mais adiante que o alcalde do BNG de Sada destituiu hai un par de dias o seu secretario e asesor de confianza.

Mira que son listos estes de Sada: En Betanzos criticase que os concelleiros de CxB cobren as dietas de asistencia as xuntas que se cobran en todas partes, e Don Abel con secretario privado.

Seguro que e para aforrarlle uns cartos o concello neste tempo de crisis, penso bondadoso.

Segun parece non foi ese o motivo, pois nombrou novo secretario a un tal Benito Portela.

PREGUNTA:

¿Que pensan que dirian alguns de Betanzos si Dona Maria Faraldo metese en nomina do Concello a un compañeiro de partido para que a asesorase?

Non necesitan responder: Nomeou a unha compañeira de candidatura para o das balconadas e xa ven o que dixeron os compañeiros de partido de Don Abel Lopez Soto en Betanzos e os seus socios de goberno.


18 opinions:

Anónimo

e a tí paréceche normal o nomeamento no tema das balconadas?

Anónimo

ui iu ui!!! creo que a inxenuidade da súa experiencia é a que provoca o comentario do secretario....
SE vostede tivese algo de experiencia sabería que eso está totalmente normalizado.
Pero o problema é que vostede non se entera de nada. De ahí o que solta polo teclado.

Anestesiado quere vostede que nos volvamos nos.
Porque se a anestesiado di vostede os chanchullos da tortilla, da valconada, da empresa amiga que vai añañar os cagarretes, que vostedes cobren un pastizal de pasta por non ter responsabiliaddes máis aló de asistir circunstanciamente a unha reunións, que vostede se sinta ofendido porque a prensa non está ao seu servizo ao igual que está o servizo de propaganda do concello etc, pois si a sociedade está anestesiada.

Anónimo

negroilegitimo, usas las mismas cositas que Goebbels: cuando no interese un asunto a enterrarlo con otro.
Escribe sobre la casa Gótica: ahí donde perdisteis quince meses ¡QUINCE! caracoleando con un listado de ruinas en el lugar de hacer cumplir la ley de proteccion de monumentos. Hoy se cuida muy mucho don Junior el Bialcalde de aparecer en la prensa ¿por qué será? Escribe sobre eso porque ahí teneis vuestra Casa Pita, no por hacer pero si por dejar hacer.
Por si no lo sabe la Opinión pierde la mayoría de los juicios por difamacion que le ponen por articulos como el que traes hoy. Pero da igual poruqe el daño ya queda hecho. Eso si que es un periódico con intereses muy marcados: no recuerdo el primer escándalo que le destapasen al PP ¡¡y mira que los hay sin salir de esta comarca!!!

Anónimo

Camiña vostede coma un polo sen cabeza.

Vostede mais que criticar ou opinar se lle ve a intencion de esputar ou mesmo mexar por riba de todo o que critique ainda que sexa no vestir a un de CXB.

Moitos paus lles quedan por levar no goberno, e mais con quen o estan a compartir.

Señor Mariño, cando se sublima a ideoloxia propia tendese a caer no radicalismo da que se considera contraria, entenderá que me refiro a que vostede e tan roxo, tan roxo que se voltou ultradereitista practicamente.

Se escribira como fala o millor ate poderia parecer un tipo cabal.

Pena de protagonismo.

Anónimo

Y este delito?
http://www.vieiros.com/nova/69378
/o-coche-de-abel-caballero-foi-
pillado-a-120-km-h-nunha-zona-de-50

por no hablar de irregularidades como el coche de ventosa un viernes a las doce y media de la noche aparcado en la plaza exclusiva de delante del liceo mientras el está de tazas o cenando en el bar del sobrino. Y esa la consiente CxB todos los dias. hablanos de esto que a vosotros solo os tiene que importar lo local por ser un partido local. O eso es solo cuando interesa?

Anónimo

¿Por que le da usted mas credibilidad a un periódico que a otro? ¿Conoce los hechos de primera mano? Además... en Sada (como en outros muchos Concellos) se prevé la posibilidad de contratat personal de confianza (de libre designación), cosa que en Betanzos nunca se acordó (ni antes ni ahora, con ustedes).

blancolexitimo

1. Non me parece nin ben nin mal. Non coñezo a persoa nomeada nin sei o que cobrou (se o fixo).
O que si teño claro e que non lle dou importancia a que un alcalde nomee a alguen proximo para unha cousa que, coma esta, dura so uns dias.
*****

2. Sei, a pesar da miña inxenuidade, que estan normalizadas moitas cousas que non deberian estalo.
A pesar de que un dia tras outro aparece nos medios de comunicación que a corrupcion ligada a politica aumenta en España (esta recente o caso de Baleares), os profesionales dela querennos anestesiar, eles si, para que nos ocupemos da torcedura de tobillo de Etoo.
Un periodico que publica un titular que se demostra falso, ten a abriga de publicar unha rectificacion cun titular de similar tamaño o da primeira noticia.
Asi era antes, cando habia certa preocupacion por fomentar habitos democraticos.
A vostede, polo que vexo, importanlle un pepino.
*****

3. Xa o teño repetido ata a saciedade: o primeiro parrafo demostra que quere achacarme o que vostede fai.
O que di da Casa Gotica e chocante.
Pois parece que neste caso La Opinion estaba no certo, confirmao o que publica agora La Voz.
¿Non se da de conta que esta nova vision da noticia que dan demostra o correcto do meu planteamento?
Pero xa sei que eso non lle interesa demasaido.
*****

Muiño, das criticas que se lle fan a CxB hai algunhas das que non teño nada que decir. Outras resultanme tan pueriles que a veces me costa imaxinar que xente a que se lle supon certo peso ande por ai decindo esas cousas.
Non se debe permitir que alguen ande utilizando datos falsos como si lle estivesen vendendo mantas os cidadans.
Nunca vira que a solicitude de rectificacion dunha noticia, do portavoz da maioria dos betanceiros, aparecese debaixo dun titular do primeiro partido da oposicion que fala dunhas cañerias.
E inaudito.
Cando recorra un treito mais grande de camiño, o mellor chegara a unha premisa coa que todos os teoricos da esquerda politica estan de acordo: ou a esquerda e un producto da razon, ou non e esquerda.
O materialismo historico e o dialectico sustentanse nela.
¿Quen pensa logo que lle da corpo o principio de que todos somos iguales e temos os mesmos dereitos?
Dereitista, ultradereitista como vostede di, e todo aquel que usa a razon coma papel no retrete.
E o que non ten a razon o seu favor so lle queda a propaganda.
Estou de acordo no de “pena de protagonismo”.
*****

5. Pois que o alcalde de Vigo circule a esa velocidade e equiparable a que o concelleiro de Sada conduza cunhas copas de mais.
O que eu lle critico o de Sada, e foi polo que dimitiu, e que utilizase de taxistas a dous policias municipales.
¿Ainda non se deu vostede de conta de que eu neste outeiro so falo de feitos?
Aceptando que e certo o que di, penso que un concelleiro debe dar exemplo no que a cumplir as normas se refire. Pareceriame criticable esa postura.
Comparala co de Sada, excesivo.
*****

6. Non e cuestion de credibilidade, senon de sentido comun: coa noticia de La Voz a dimision pareciame fora de lugar, lendo La Opinion todo encaixaba.
Xa o dixen mais arriba, o que publicou despois La Voz de Galicia demostra que a miña analise e impecable.
Pero xa estou habituado a que non se me dea nunca a razon. O que, todo hai que decilo, me resulta mais estimulante.
Mire, que por tradicon se permita que en Sada o alcalde contrate asesores non quere decir que sexa unha practica correcta.
Que nun concello pequeño teñamos que pagarlle asesores a un señor que ten dedicacion exclusiva, o unico que demostra e que o rexidor non esta capacitado para o cargo.
Porque xa sabe vostede que para acceder a maioria dos postos de traballo nun concello compre ser polo menos graduado en ESO, para ser o alcalde e suficiente con ter 18 anos.
*****
*****
*****

Saude

Anónimo

"Porque xa sabe vostede que para acceder a maioria dos postos de traballo nun concello compre ser polo menos graduado en ESO, para ser o alcalde e suficiente con ter 18 anos."
por iso o da balconada e o da gardería.


En ejpaña aumenta a corrupción; vostede é o seu grupo político son un claro exemplo dese aumento. A estratexia de vostede clara: correr cara adiante o máis rápido posíbel.

Agora anda vostede cabreado porque coa sección propaganda do seu partido, non é capaz de contrarestar a información que sae sobre vostedes e os chanchulliños no que se embarcan.


!1. Non me parece nin ben nin mal. Non coñezo a persoa nomeada nin sei o que cobrou (se o fixo).
O que si teño claro e que non lle dou importancia a que un alcalde nomee a alguen proximo para unha cousa que, coma esta, dura so uns dias."

Quere explicar entón para que está o seu grupo no concello??? bueno, digollo eu:
-para que o estanqueiro faga carreira política
-para que vostede se sinta ben consigo mesmo nesa necesidade terribel de man dar sobre a xente custe o que custe.
-para sacarse un sobresoldo mensualmente por non facer nada máis ala de asistir circunstancialmente a unhas reunións.



Vostede tente mentir e manipilar todo o que poida. A día de hoxe en Betanzas a gran marioŕia da xente xa os teñen calado.

Anónimo

"Un periodico que publica un titular que se demostra falso, ten a abriga de publicar unha rectificacion cun titular de similar tamaño o da primeira noticia.
Asi era antes, cando habia certa preocupacion por fomentar habitos democraticos.
A vostede, polo que vexo, importanlle un pepino."
Pero en que clase de mundo vive vostede???? a min importame, e bastante máis que a vostede.
O que non son é un tontaina que cre que un mass-media é un organo independente.

Se vostede tivese o máis mínimo coñecemento de quen manexa por exmplo a voz da Coruña non andaría dicindo as tontería que di.
DA opnión xa nin falo. Xa se encargan eles mesmos de dicirnos con tinuamente a que se adican e que credibilidade xornalistica teñen.


O que máis me fascina de vostede é esa contundencia coa que remata cun asunto."así era antes". Bueno bueno, buen0. Abuelito ceboliño lembrando historias da guerra.
Máis aló de que "antes" non era así nen moito menos, deixame apapaostiado a contundencia do seu discurso.
Se vostede algún día se achega a algún sitio deses onde teñen dixitalizados os xornais, recomendolle que tente coller unha boa cantidade de noticias, sucesos, e que as compare entre os xornais, e verá as diferenzas que existen entre alas.
Bueno, eso sempre que esteamos falando de noticias propias.
Se a noticia é de axencia, verá vostede que son esactamente iguais.

Rectificacaións???? continuamente nos xornais hai rectificaccións. So que os xornais encarganse de agochar a noticia.


En fin, non siga por ahí. Vostede está doido porque o aparato de propaganda que montaron agora ve que non funciona.
Non se preocupe. Moita outra xente nen sequera lle funciona ten ese resorte do concello. Están vostedes a salvo. Preocupese máis por esa compañia de viaxe que se buscou. Xa move fixa para destruir o partido que eles mesmos montaron.

Anónimo

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/10/04/0003_7196133.htm

A mín esta noticia dame noxo.

Primeiro, polo afán de protagonismo da alcaldesa , eu non sei quen carallo escribe as notas de prensa , pero e que parece que ten instrucción de meter custe o que custe o seu nome por algún sito , que obsesión...

Segundo , gran operación de seguimento , sí seño...será que non veñen 50 persoas os sábados a ofrecer cd's.

Terceiro pola hipocresía que é o deter ó úlitmo na cadea...o máis débil , ó que saca 2 euros por cd para poder sobrevivir...por qué non deteñen os compradoress?

Cuarto: por todo o que podíamos discutir sobre a propiedade intelectual , ata onde chega...etc,etc

Eu quixera facer unha pregunta...quén é o encargado de facer as notas de prensa...creo que hai un 'periodista' do concello...pero agora está supervisado por De la Fuente en calidade de portavo..? A ver si alguén me sabe responder , gracias.



PD: gustaríame que reconsiderase a postura no tema de non publica-los comentarios directamente...sinceiramente creo que non está censurando ( alo menos mensaxes que non sexan lesivos) pero e que sempre pode quedar algunha dúbida.Descoñezo cales foron os motivos...seguramente insultos...pero creo que é peor a sospeita da censura que o ter que borrar a posteriori comentario ,non sei que lles parece o resto da xente...

blancolexitimo

8. Chanchullos, corrupcion, contratacions a dedo ….
¿A seccion de propaganda do partido e para presentarse as Autonomicas?
O de manipular podo entender que o diga pois e dos poucos terminos que se poden utilizar de arma arroxadiza. O de mentir, non.
Este Administrador non publicou nin unha soa mentira desde que escribiu a primeira entrada.
Penso que eso e precisamente o que lle da a pouca relevancia que poida ter a este Outeiro.

Andar falando en nome da maioria da xente de Betanzos, como vostede fai, e unha das estratagemas mais recurrentes dos manipuladores: unha vez mais un acusa a outros dos seus propios pecados.
Pere de todo, o que mais me gusta e cando di que:
“-para que vostede se sinta ben consigo mesmo nesa necesidade terribel de mandar sobre a xente custe o que custe”.
Si me coñecese un pouco saberia que poñendo un NON diante de mandar daria exactamente no clavo: para demostralo chega con botar a mirada cara atrás. Poderia poñer mil exemplos.
Eso si, tampouco deixo que calquera mequetrefe mande en min. E eso leva producido certa perda de oportunidades no meu entorno familiar.
*****

9. Nunha reunion (que non tivo nada que ver con CxB) a que asistin non hai moito tempo falou xente sobre o control dos medios de comunicación. Os datos eran elocuentes e iban na direccion que vostede agresivamente (coma se o estivese inventando) apunta.
Eso sabeo case todo o mundo.
Invitoo a unha reflexion sobre o aparato de propaganda de CxB que segundo vostede non funciona:
- ¿Para que se non hai Municipales ata 2011 e nas outras cada membro da Agrupacion vota o que lle peta (ou non o fai)?
- Seguro que vostede sabe que, na sociedade da informacion, unha mensaxe susutitue a outra case instanteneamente: a memoria a medio plazo desapareceu do imaxinario politico e a de corto plazo reducese cada vez mais.
¿Teria algun sentido con esas premisas unha campaña de propaganda de Cidadans por Betanzos a tres anos de presentar candidaturas?
Penso, disculpeme se me engaño, que esta cometendo un pequeño erro. Tal e non analizar o que ten CxB de especifico: so se presenta a eleccions municipais.
O que sirve para os outros non ten sentido para Cidadans.
Como sei que moitos dos que len este blog saben que non minto, repetirei unha vez mais a miña vision da situacion: A politica municipal de Betanzos era un encoro con augas en proceso de putrefaccion (aceptao case toda a xente coa que falo, decindome incluso alguns que hai un parecido entre o que fai CxB e o que pretendeu facer o BNG), e Cidadans por Betanzos non foi mais que o martelo neumatico que furou o formigon.
A vida democratica que hai hoxe en Betanzos non a houbo nos 20 anos que eu levo aquí.
Ese e un merito de CxB que ningunha persoa honesta lle pode negar.
O que pase a mediados do 2011 non me preocupa o mais minimo:
¿Que as cousas se fixeron ben e a representacion aumenta? “Miel sobre hojuelas”
¿Que se sacan menos votos? Ou se fixo mal ou se comunicou mal o que se facia.
Todo eso ten un nome moi simple que esta sufrindo constantes tentativas de asesinato: democracia participativa real (non formal)

Cousa distinta e que vostede pretenda que me quede calado diante da cantidade de embustes que se din, e se levan dito, de CxB.
Voulle poñer un exemplo:
Eses dias atras recollia a prensa unhas declaracions do portavoz da direccion socialista brigantina na que acusaba a CxB de "amedrentar" o grupo socialista na sua labor de oposicion.
¿Cre vostede que tres concelleiros independentes poden meterlle medo a quen ten seis, controlou 24 anos o Concello e goberna en Compostela e Madrid?
E unha epidemia de esquizofrenia que a min me resulta inexplicable: unha persoa cabal e ponderada na sua vida diaria, pasa a decir tonterias sin ruborizarse cando asume unha representacion politica.
Coma se fose un actor que de vez en cando sube o escenario para facer de politico, decindo o primeiro que se lle pasa pola cabeza.
¿Prestixia ese tipo de actitudes a representacion democratica?
¿Sirve para integrar a cidadania no sistema?
¿Asenta, a fin de contas, o sistema democratico?
Esa actitude prepotente de quen se permite xogar coa verdade crendo ter detras a unha tribu, domesticada e disposta a defender o seu territorio de caza (nunca mellor dito), significa para min algo moi sinxelo: o desprecio por todos aqueles que non somos membros de ningunha tribu (a maioria da cidadania).
Pero levan ventaxa: saben que os "lobos esteparios" non teñen nada que facer contra eles.
Por eso non deixan de berrar e esbracexar cando obrservan que, na lonxania, eses lobos solitarios se sentan en conclave a conversar.
Como decia a cancion, "se nutren de nuestros sueños" ata que moitos cheguemos a conclusion de que "solos nada valemos".
*****

10. Os problemas relacionados coa inmigracion seran decisivos na conformacion da representacion politica na UE.
O renacemento da extrema dereita (pensese en Austria) ten o terreo abonado con ese fenomeno.
Son dos que pensa que a esquerda ten que deixar de lado a sua postura “buenista” (papeles para todos, reagrupamento familiar inmediato, unha cartilla da Seguridade Social o poñer o pe en España …) e volverse “legalista” (as prestacions para quen ten dereito a elas: un dos colectivos que mais se opon a entrada de inmigrantes sin papeles e o dos inmigrantes que os teñen).
Doutra maneira, a dereita que xa goberna a UE, vera como medra a sua diestra un pitbull amenazador.
E non falo de Zapatero por hastio.
O de Betanzos e unha mostra: cando se deten o ultimo escalon (o mais desprotexido) dun comercio ilegal (acepto que discutiblemente ilegal), atopamonos case sempre con inmigrantes.
No caso das notas de prensa do Concello, eu non vexo moita diferencia cos comunicados das outras corporacions que aparecen na mesma paxina do periodico. Non sei si eso pode ser considerado un eloxio.
Estou de acordo con vostede no de moderar os comentarios. Ademais non me sinto comodo facendoo.
Pero non hai alternativa: a libertade e moito mais debil do que parece.
Direille que ultimamente se publicaron todos os comentarios que se fixeron.
De aquí a un tempo experimentaremos de novo para ver si podemos reventar o candado da cancela deste Outeiro en mancomun.
*****
*****
*****
Saudos e saude.

Anónimo

Pero que clase de persoa se considera vostede??? pensa acso que o resto do mundo somos tan estúpidos para non recoñecer que clase de persoa se agocha detras desa careta de salvador???


Que vostede non quere determinar os designios políticos de Betanzos custe o que custe??? non me faga rir señor Enrique Mariño.
Vostede considerase un despota ilustrado, luz de candil da sociedade. Aínda que para conseguir os seus obxectivos teña que rodearse deso que vostede chama "persoas independentes". Faga o favor de deixar de facer o ridículo.
Non se da conta que unha tras outra pretende que se trague co que vostede di como se fora palabra de Deus????


A vostede hai que repetirlle algunhas verdades como a de control de medios porque parece que vostede é o único que sabe.
En tal caso, como vostede se cre moi moi intelixente, replicolle esa teoría sobre a permanencia no tempo dunha nova.
No xornalismo actual as noticias sen transcendencia reescribense unha detras da outra; os medios de transmisión dende as axencias aos xornais é moito máis rápido que antes, é certo.
Outra cousa son temáticas ou temas, que se alongan nos días. Analice un pouquiño mellor os xornais, ande.


Esta gran aportación:
"Os problemas relacionados coa inmigracion seran decisivos na conformacion da representacion politica na UE.
O renacemento da extrema dereita (pensese en Austria) ten o terreo abonado con ese fenomeno."
veñen a demostrar o gran nivel cultural e coñecemento das cousas das que fala.
En Austria o renacemento da exterma dereita non vai ligado á inmigración. Esta é ridícula en comparación coa emigración noutros estados da Unión Europea. Compare senón a emigración en Franza, Inglaterra, Holanda ou incluso o estado español.

O problema de Austria é que socialmente son racistas da extrema dereita.
Ao igual que outras sociedades, que non sendo tan da dereita (e incluso recoñecendose socialistas) son tremendamente racistas: Finlandia, Suecia, Dinamarca.

Como vostede non so o considero un dereitista, senón un colaborador político con ela, simplemente direille que se realmente se consideresase de esquerdas, non estaría pensando na legalidade, senón da situación ao que nos levou o neoliberalismo: mentras que as persoas teñen fronteiras, os cartos non.
E como vostede prefire sempre ir polo camiño sinxelo, recurre á man dura (a mesma que utiliza a dereitiona) en forma de legalidade para seguir mantendo esa doble moral da dereitona. Pensa vostede que despois de asaltar todo o terceiro mundo, agora a xente que alí vive van a renunciar ao que lle reubamos??? pois xa lle digo que non.
Esa doble moral na que a xente como vostede se move, xa sabe como remata, non, miles e miles de persoas, millóns de persoas vivindo na ilegalidade, mentras as empresas, deses amigos seus tan amantes da legalidade, se paroveitan da situación coa man de obra barata que consiguen, verdade. Promovamos un novo modelo de esclavismo!!! viva a legalidade.
Miremos a situación de EEUU, na fronteira mexicana, onde todos os días morren asasinados pola policía moitas persoas. Xa sabe os espaldas molladas.
Cunha das lexislacións máis duras no mundo en política migratoria (eso ao que vostede lle chama legalidade) non vexo eu que a xente "ilegal" (manda carrallo chamarlle a alguén ilegal) deixe de tentar entrara alí.

De todas formas xa sabe cal é o problema, non??? que realmente á xente coma vostede dalle medo que poida perder a súa condición de pequeno burgués, ou non vaia ser que esa xente se mistura cos seus fillos no cole, verdade???

En fin, as proposicións de xente coma vostede sobre política emigratoria, xa sabe como se considera por xente inxenua coma min, verdade??? fascismo encuberto.


Noxo, vostede dame noxo.
Oxalá nalgún momento da súa vida teñamos unha crise ben gorda, o manden ao paro e non atope traballo. Gustarime ver como se arrastra pola merda tentando comer mañá. Ese día reireime ben. E podo asegurarlle que se teño a oportunidade cuspireille enriba, para que vostede vexa verdadeiramente que é pasalo mal, sentirse pobre emigrante e "ilegal"

blancolexitimo

Ainda que e unha perda de tempo, vou tratar de contestar os seus insultos por manter a coherencia.
Si esta e a miña bitacora, parece loxico que publique nela o que me parece.
Si pretendese ter relevancia na politica municipal, non teria que pedirlle perdon a ninguen. E licito facelo.
Da inmigracion non ten nin idea: A reflexion non e miña senon da esquerda italiana.
¿Sabe que un dos mellores alcaldes que tivo Londres, Ken Livingstone, perdeu as pasadas eleccions diante dun conservador que levaba como puntos estrela do seu programa electoral a promesa de acabar coa delincuencia xuvenil (inmigrante, por suposto). E a alcaldia de Londres e a unica que se elixe por voto directo.
¿Cantos inmigrantes hai en Londres?
¿Por quen votaron?
¿Entende agora o da relevancia politica da inmigracion?
Por non falar da mimada Roma de Veltroni que deu paso a un alcalde neofascista.
¿Sabe cantos exiliados politicos iberoamericanos acolleu a fascista Austria?
¿E os paises nordicos que califica de racistas?
Pero vostede non se entera de nada: excitase imaxinando a quen non comparte as suas ideas arrastrandose para poder comer.
Soña con poñerme a bota de coiro no pescozo e cuspirme mentras reventa de risa.
¡Moito daño lle tivo que facer CxB!
¿Non ve que nas peliculas a xente que actua asi acaba sempre berrando ¡Heil Hitler!?
Por certo, fun “emigrante ilegal” case un ano. Doutras cousas non sei, pero deso teño bastante mais coñecemento que vostede.
*****

Saude

Anónimo

Foi vostede emigrante ilegal??? si, onde??? nesa viaxe de hippi que fixo polas europas??? ande ande!!! deixese de estupideces. Se vostede tivese a máis mínima idea do que é iso non diría as salvaxadas que di.
O seu único obxectivo na vida é seguir mantendo esa pribilexiada vida de funcionario de clase media mentras da leccións dende a moqueta da súa quente casa sobre o que é a esquerda.
Vostede é simplemente un fascista disfrazado. Utiliza as mesmas argumentacións que a dereita necesitada para gañar as eleccións. Noxo, vostede da noxo, e como xa lle dixen, cuspirei enriba de vostede o día que a crise faga que teña que arrastrar o seu corpo famento polo chan, cando esaa dereita coa que colabora ideoloxicamente o tire ao lixo porque xa no lle fai falta.
Non se preocupe, nunca lle poría unha bota enriba: non utilizo, dúas non me mancharía; prefiro estar axudando á xente que o necesita.

O peor de todo é que en vez de traballar e loitar prefire o camiño sinxelo, tratar á xente de ilegal, mentras a pasta circula por enriba das fronteiras, esas mesmas fronteiras que tentan evitar que a xente veña a recuperar o mesmo que lle roubamos, verdade?.

Pois nada nada, siga vostede coa súa política de emigración. Cando entre nun bar a pedir algo e lle sirve un sudaca, pidalle os papais, e se non os ten chama correndo á poli, non vaia ser que lle tente roubar cando pasee pola rúa.
Seguro que o deportan, así vostede vivirá tranquilo.

En Betanzos pode vostede tranformarse nun verdadeiro idolo de masas coa cantidade de xente que deve haber sen "papeis".

Anónimo

deixolle referencias:
http://www.laregioninternacional.com/noticia/4371/UIMP.-/Agencia/http/pregunta.php

http://tcberglind.blogspot.com/2006/11/iceland-for-icelanders-islandia-para.html

http://www.therasmushellcity.com/content/view/432/67/

http://www.elpais.com/articulo/opinion/Pesadilla/finlandesa/elpepiopi/20071112elpepiopi_1/Tes

http://www.stormfront.org/forum/showthread.php/padre-del-1-ministro-finlandia-408073.html

http://fra.europa.eu/fra/material/pub/ar06/ar_06_media_summary_es.pdf

http://www.equintanilla.com/Documentos/racismo%20el%20%20coste%20oculto.pdf

http://www.tamats.com/old/suecia/?p=32

http://www.iecah.org/ver_completo.php?id_articulo=172


Podería poñerlle centos de referencias máis; hai cento e un mil; pero so ten que achegarse a unha universisdade como A USC e escoitar os comentarios de algunha xente Erasmus que ven deses estados.

A tranquila vida da postguerra da segunda guerra mundial vaise pouco a pouco disolvendo, desaparecendo. Dereita e esquerada non saben que facer. Os anos de bonanza económica parece que rematan.
Os probres do mundo reclaman os seus dereitos asoballados durante anos.

Mentras a xente como vostede, esa sociedade que se construiu ao redor do benestar, da tranquilidade, vivenda, saúde... ese soldo que todos os finais de meses o estado lle mete na conta bancaria para que poida vivir con tranquilidade e sen preocupacións, vaise esmorecendo.

Como non sabe como loitar, vostede busca un chivo espiatorio, o máis dévil.

Ser europeo non lle permite atacar á sociedade "normalizada"; noutro tempo vostede estaría reclamando que limitar a entrada das mulleres no mercado laboral...

No medo ao descoñeceido... do diferente... a incapacidade real da xente como vostede de loitar por unha sociedade xusta levalle a estos desbarres de cachola...
Prefire o fácil, sabe o sinxelo que resulta atopar chivos espiatorios... e na emigración xa atopou a orma do seu zapato.

No canto de traballar no seu redor... coas persoas que o necesitan, garantido os seus dereitos comoo persoas, prefire o camiño fácil; matadon o can, matada a rabia.
Despois quen virá??? os xudeos??? os ciganos??? a quen lle botará as culpas???


Nas zonas onde se traballa na integración social, no traballo a pe de barrio, durante anos, constantemente, sen baixar a garda esas declaracións, esas actitudes reducense á mínima expresión, carecen de representación política.

Noutras zonas, onde nos se invertiu en integración social, o única resposta é a que da a xente como vostede: expulsión.

Pero teña vostede unha cousa en conta, poderá poñer todas as fronteiras que vostede queira, pero non esqueza, a fame é máis poderosa que as toneladas de cemento e ferro que utilice para construir ese aparheit económico que tan alegremente económico quere construir para manter a súa condición de burgués.

Anónimo

Esto si que es gobernar con claridad y transparencia:
http://www.lavozdegalicia.com/galicia/2008/10/05/0003_7197761.htm

Betanzos. El gobierno local oculta información ante la destruccion patrimonial más grande de los ultimos años

El Concejal de Comunicación, javier de la Fuente (CxB), desvía la atención hablando de redada policial contra un mantero. La oposición asegura desconocer la convocatoria anunciada por la alcaldesa y ante la falta de información del gobierno recurren al registro municipal.

Mira para que va sirviendo la presencia de CxB en el ayuntamiento!!!!!! Javier el Bialdalde censurador!

Anónimo

Por si non o sabiades a directora das balconadas non cobróu nada polos servicios prestados. O que lles molesta a algúns é que se lles acabe a teta dos cartos públicos. ¿porqué non facedes unha comparación do que cobraba o anterior director do evento con respecto a esta edición?

Anónimo

Eu aínda non vin en nengún sitio que o traballo non fose remunerado.
Desenvolver un traballo para un traballo ten que ser obrigatoriamente remunerado por solidadridade co resto dos traballadores e traballadoras.
Se nos referimos a que quen ofrece ese traballo é a adminstración, máis pulcra ten que ser nos contratos sociais.

O contrario xa sabemos como acabará, favor por favor nunha corruptela de tres narices.

Á xente como este último comentario é realmente a onde queren ir.