Proxectos e criticas

En primeiro lugar comentar que levo uns dias nos que o tempo libre escasea.
Ademais deso andame bailando na cabeza unha idea relacionada coa blogosfera que, si me embarco nela, teño claro que supoñera moitas (moitas) horas de traballo.
Ten que ver con poñer a disposicion de quen queira o resultado dos centos (¿miles?) de horas de traballo que un profesor da materia lle dedica a elaboracion dos contidos dos fundamentos da Fisica e da Quimica.
Estes dias atras tiven que explicar algunhas desas cousas e dinme de conta que, depois de dez anos do meu transfuguismo voluntario cara a Tecnoloxia, estaba esquecendo os cementos sobre os que se asenta o pensamento cientifico.
Mirei o que habia pola rede e, salvo algunhas paxinas extraordinarias, a maior parte do que se ofrece en castelan e absolutamente prescindible.
Teño claro que o video, como soporte, e a autoformacion son os pilares do coñecemento do seculo no que vivimos.
Asi que o mellor animome a intentalo. E estou pensando en facelo en castelan.
Agora que gobernan uns que estan empeñados en que despreciemos a lingua que fala a maior parte da xuventude, nacen por ai outros que queren que desapareza a nosa propia lingua.
E a maior parte da sociedade galega anestesiada: Lin que unha entrevista a Julian Muñoz batira os redcords de audiencia.
¡Pais!

Por certo que atopei por ai uns datos interesantes sobre os idiomas en Youtube
Ingles: 77%
Español 11%
Frances 3%
Portugues 2%
Polaco 1%
Japones 1%
Italiano 1%
Outros 4%

As ventaxas de ser bilingues (case trilingues si contamos que o portugues se nos da ben os galegos) son para calquera mente normalmente constituida indiscutibles.

Falando das criticas a CxB, benvidas sexan.
Quedan uns dias para que se cumplan os 100 de carencia que se lle dan a calquera que chega por primeira vez a gobernar.
Despois caña.
O poder hai que criticalo sempre, ainda que gobernen os teus.
O que non e de recibo que se pretanda que sexa eu quen o faga.
Non me corresponde.
Claro que hai criticas e criticas.
Leo as queixas de quen se declara decepcionado co traballo de CxB, sendo votante ou non da formacion, e os berros desesperados dos que gobernaron e queren volver gobernar.
Os primeiros danme que pensar. Os segundos estan escritos no guion e son impermeable a eles.

Citase o escrito do apreciado oponente que se di Sombriña: Ben, ainda que estaria mellor se por o medio non se metesen cousas coma os cartos de Naron, que nin era esa a cantidade, nin facian nada malo estando reservados para o que foran asignados sin perder poder adquisitivo.

Probablemente non seria necesario recurrir a ese tipo de manipulacions para facer unha oposicion como e debido.

Os cidadns estamos fartos de que nos tomen o pelo profesionales dunha actividade que a lei non deberia permitir. O profesionalismo, quero decir.
O distanciamento da sociedade civil duns politicos que transformaron por interes propio un sistema electoral provisional nunha norma que fai desaparecer a democracia representativa, non pode ser mais visible.
Xa llo teño comentado moitas veces: non vivimos nunha democracia.
Vivimos nunha oligarquia partitocratica que cada vez se parece mais, socioloxicamente, o franquismo.
En Betanzos participamos nunha pequena batalla que, pouco a pouco, se ira convertindo nunha guerra de posicions por España adiante.

No estado actual das cousas, todos os que se embarcan neses movementos alternativos son os unicos que se poden encadrar na esquerda politica.

Non pode ser doutra maneira.

Ou acabamos con este sistema electoral e saneamos a clase politica que nos malgoberna, ou eles acaban con nos e coa democracia.

Estamos a un paso do Mexico do PRI.

Hai que ter coraxe e levantar a voz sin preocuparse da excomunion permanente dos que viven da politica.

¿Non se dan de conta das que me levan chamado a min?
E eso, simplemente, por decir o que penso e actuar coma se verdadeiramente estivesemos vivindo nunha democracia representativa.

Eles saben que os que pensamos coma min temos a razon e a lexitimidade do noso lado.
Nos a lexitimidade e eles o control dos medios para que sexan as entrevistas a Julian Muñoz as que teñan audiencia.

Hai dias nefastos nos que, a unha sociedade que xa estaba anestesiada, se lle recetan somniferos.

As consecuencias estamolas vivindo.

Xa sei que alguns non valoramos ese vacio no estomago que se produce cando se camiña pola beira do precipicio.


12 opinions:

Anónimo

"Ou acabamos con este sistema electoral e saneamos a clase politica que nos malgoberna, ou eles acaban con nos e coa democracia."
O que superhenry ven a dicir é que dado que a súa opción política é totalmente incapaz de facer algo positivo, e dase conta ao tempo de que as conpañías de viaxe que elixiu resulta que teñen os mesmos intereses que o que el critica, pois o que fai é mirar para outro lado como se non pasase nada mantendo o discurso ese de que a clase política (ou sexa el mesmo, xa que forma parte dela) está chea de merda.

Nota: carai e esto descubriuno vostede so?: "Teño claro que o video, como soporte, e a autoformacion son os pilares do coñecemento do seculo no que vivimos."
O sublime:"Mirei o que habia pola rede e, salvo algunhas paxinas extraordinarias, a maior parte do que se ofrece en castelan e absolutamente prescindible." vaia intelixencia a súa...

A intelixencia colectiva ( http://cci.mit.edu/index.html ) non é o forte da súa xeración precisamente, e do seu menos polo que nos demostra nos seus comentarios. Moito individualismo mesianico; aínda non descubriu as redes distribuidas, non?.
A xente como vostede está máis na onda da procastinación ( http://en.wikipedia.org/wiki/Procrastination ), que no seu caso pasa por deixar as súas obrigas e adicar inxentes esforzos a salvar á humanidade (que sinto dicirlle que está máis preocupada notras cousas que aguantalo a vostede).


Nota2: bueno xa que ten vostede tanto material pois compartao, ao ten pensado levalo ao cadaleito??? unha boa cousa pode ser alimentar proxectos existentes (claro que xa vexo que vostede tira máis polo lado de montalo vostede para que a xente admire o que curra... que peniña...).
A wikipedia pode ser unha boa excusa para socializar o seu coñecemento. Ademais incluso pode poñelo en galego, castelán, portugués, indochino, quechua ou no que lle saia (bueno, a vostede saelle en ejpañol, ben o sabemos.. que xa nolo di).
Que peniña de personaxe que non sabe diferenciar os usos de linguas...



NOTA MOI IMPORTANTE: porqué o youtube é unha plataforma onde eses son os idiomas con máis representación???? despois de 10 logos anos de travesía polo deserto das tecnoloxías, este home aínda non se enterou de que youtube pertence a google (sustituíndo a video google).
Este home tampouco saberá, que a introdución do uso de youtube produciuse en Latinoamerica e EEUU
e parte de Europa, no resto do mundo (que aínda que non o crea vostede tamén existen) a penetración de Google e os seus servizos a sociados é practicamente irrelevante. Un artigo: http://seo-peru.com/index.php?p=S54P414
A verdade é que non sei para que lle serviron eses dez anos dos que fala...


Nota3: "Asi que o mellor animome a intentalo. E estou pensando en facelo en castelan.
Agora que gobernan uns que estan empeñados en que despreciemos a lingua que fala a maior parte da xuventude, nacen por ai outros que queren que desapareza a nosa propia lingua."
Fagao vostede no idioma que lle saea, ao fin dentro da súa propia contradición e nesas ansias individualistas, quedara nun proxectiño pequeniño, que morrera pasado non moito tempo. Eso si, quedara gardado na caché de google...
E o que ten ser un salvapatrias (e estar pero que as maracas de Machín)



Nota4: sempre quedei lelo de ver esta xente como da lecións. A ver home faltalle un pouco de humildade. Eso si vese que estas convencido das túas potencialidades como salvador (Xesús Cristo feito home outra vez). Cando se traspasa a liña do insulto á sociedade e se erixe un en indiscutíbel salvador, vese ás claras quen é quen nesta sociedade.
Xa o dicía a Biblia, rexeitade aos falsos mesias, e dende logo este personaxe non podemos dicir que sexa un mesias... ao todo alguén que non tería problemas en instaurar a tiranía do seu pensamento.

QUE ABURRIMENTO DE PERSOA!!!

Anónimo

"Hai dias nefastos nos que, a unha sociedade que xa estaba anestesiada, se lle recetan somniferos." manda truco que diga esto que xustifica os dez millóns de votos a un grupo ultradereitista que por riba sustenta este susexito no poder do concello brigantino.
Hai xente que non ten ningún tipo de escrúpulo ético e non ten maior afición nesta na súa vida que tratar ao resto de imbéciles.

Anónimo

Comente esto sobre encubrimiento de un posible delito a cargo de un correligionario suyo que dejó pasar por alto a drede Mariño

"Cual es la pena por hacer desaparecer un bien catalogado? Faraldo regala la bandera de la Sala de Plenos en Collepasso como si fuese algo suyo. Enterado de la irregularidad el Castrati busca otra bandera para hacerla pasar por esta y esconder los hechos.
Moraleja: el PP las hace y CxB las encubre. Y tristemente en más casos que en esta anécdota de bandera"

Anónimo

Están tolos estos do PP:
http://www.cadenaser.com/sociedad/articulo/vaticano-opone-propuesta-francia-despenalizar/csrcsrpor/20081202csrcsrsoc_1/Tes

Anónimo

creo que lo de cuestionar publicamente el comportamiento de vuestra concejala no entraría dentro de la cortesía de los 100 días porque se lleva produciendo desde que ha empezado la legislatura actual.
Y ya que lo dices creo que no teneis derecho a esos 100 días de cortesía porque llevais gobernando ya más aunque seais unos cobardes y no le llameis a las cosas por su nombre: decisiones de calado fueron tomadas gracias a un apoyo ciego de CxB al PP como permitir un retraso de año y medio en las cesiones para los colegios, el A-TRA-CO del Alfonsetti, las dos subidas de impuestos consecutivas etc etc Ademas que ya la Opinión publicó en su día de que aparecíais en actas como gobierno antes de hacerlo público

Anónimo

Los cien días se le conceden a un gobierno que comience una legislatura, no a un gobierno que ya estaba gobernando y por acuerdos internos deciden hacer una coalición o dar entrada a tres nuevos concejales.
Por esta regla de tres, cada vez que entre un nuevo ministro o concejal en un gobierno, tendremos que otorgar los cien días de cortesía.
¡venga ya!, el gobierno de Marifa, que es el que ustedes pusieron ya consumió la cortesía de todos, incluidos los cien días.
¿Donde esta el control que iban a ejercer?
¿Donde esta la famosa comisión de gobierno que controlaría lo habido y por haber?.
¡Desde la calle parece que se les ha olvidado lo de claros y transparentes!.
Las ventanas que se abrían y ventilarían todo el obscurantismo del anterior equipo de gobierno, parece que solo se abrieron para que entraran otros iguales o peores.
Por suerte para el pueblo, solo quedan dos años, si aguantan, para poder ver los resultados de Marifa y su equipo de gobierno, incluido CXB.

Anónimo

Mariño, ti agora formas parte dese profesionalismo que criticas, que as árbores non che impidan ver a fraga.
Os de CxB sodes culpables por activa e pasiva da situación de caos que existe no concello e non se soluciona con un escrito á alcaldía pedindo cousas. Tedes maioría na Xunta de goberno, poís tomade decisións ou marchade e recoñecede a vosa incapacidade e incompetencia. Para Betanzos é mellor iso que a situación actual. Ou poñedes os vosos intereses por riba dos da vila?.

Anónimo

IMPRESIONANTE!!!
O de CxB e Enrique Mariño é digno de estudar.
CxB é capaz de exercer de goberno e oposición ao tempo.

É evidente que esto so o soen facer aquelas organizacións políticas que buscan a exemonía total. Como di Enrique Mariño, hai xente que quere camiñar cara unha situación como aquela do PRI en Arxentina durante moitos anos, que ao contrario do que el di, a caracteristicas a destacar non era a profesionalidade da política, senón a de cubrir todo o espectro político.

Pois aquí temos a un exemplo, CxB, goberno e oposición a un tempo.

O maís ridículo, é que sexa unha das persoas que forman parte desa organización política a que acuse ao resto desa práctica.

Anónimo

Desculpen, PRI en México, aínda que tamén quería engadir o Peronismo, como outro dos movementos políticos a destacar.
De ahí o erro.

Se vostedes miran as mensaxes do PRI e do Peronismo, veran que similar resultan esos discursos cos de Enrique Mariño.

Anónimo

Resultame cando menos experpentico, que alguén se poña a dar leccións de ética política e se poña a falar de "profesionalización" da política, cando participa e sustenta as ansias dunha persoa chamada Javier de la Fuente, que todo o mundo sabemos que é un político profesional.
É máis, de casta lle ven ao rapaz, ou seica xa ninguén lembra de quen é fillo?
Enrique Mariño, cada vez que pretende dar algún tipo de lección, afundese máis aínda nese burato cheo de zurro que el mesmo cavou e encheu.
É tráxico ter que soportar este discurso indecente, dunha persoa todavía máis indecente.

Anónimo

digo yo: para político profesional el señorito hijo de papá que pasea y fronta espaldas porque otros trabajan para el en el comercio y en el chiringuito. os acordais cuando dijo que se presentaba a alcalde porque papi ya lo fue o cuando dijo qeu se iba de concejal pero qeu seguia en el PP. El mas profesional de todos los concejales de este pueblo! profesional del cotarro y no como gestor. independiente de piquillo! ademas de un maleducado que cruza de acera para no cruzarse con determinadas personas para no oir lo que le puedan decir pero claro ahora a chupar del frasco lo que dure y luego a romperlo para que el que venga detras no lo tenga. y luego todo lo arreglan con que los que los criticamos somos deudos de lagares hay que joderse

Anónimo

14:28 ---> xa se sabe que aquí o que critique, o máis probábel é que viva da política ou lle deba algo a alguén, ou algo polo estilo.
Enrique Mariño aprendeu ben aquela lección da ultradereita de enzurrar todo o que se poida.
Agora, como as súas argumentacións aquelas de transparencia e demais quedaron ben gardadiñas no baul das lembranzas, pois vai polo camiño este de que a sociedade é unha merda, que todo o mundo é corrupto (menos el claro) e que a democracia formal está mal pplantexada (dende logo, coincidimos, pero na crítica ao modelo de democracia, non dende o punto de vista del)

Sexa como for, agora plantexa a desmobilización como recurso; típico de quen está no poder, pero sen nengún tipo de obxectivo máis que gobernar (e CxB nestes intres so ten ese obxectivo, estar no poder a toda costa, sen programa e sen obxectivos.)


Por desgraza para el, a maioría da xente que por aquí pasamos (polo menos eu) temos a conciencia ben tranquila de non ter que devolverlle favores a ninguén, nin vivir da política.
Eso si, como non ten argumentación posíbel a todas as cagadas, pois unha e outra vez ten poñer en dúbida os intereses da xente que o critica, a el, e a toda ese xente que nos ía salvar das lapas do inferno dun anterior (nefasto) goberno.


Ao mellor, o que este aprendiz mesías non entende, é que o que lle pasa á xente-sociedade (da que el enche a boca falando en abstracto, incapaz de empatizar coa plebe) e que non soportamos aos chulos intelectualoides de tres patacóns que se pasan o día tratandonos como se fósemos atrasados mentais.
Aínda que ben pensado, ao mellor o que ten eivas e taras non son precisamente as persoas que este individou pensa.

Grazas a deus (ese que non existe), a xente é bastante máis sana e natural que os esperpentos estes que se meten a políticos para tentar equilibrar algún trauma persoal.


O tempo poñerá a cada friki no seu sitio, e parece que xa se van cumplindo os designios sociais...