Non son eu moi dado a facer xuicios de valor sobre a maneira de ver a vida dos demais. O que me interesa, e o que teño dereito, e a analizar e criticar a coherencia dos que se presentan nunha lista para ser os meus representantes politicos. Calquera sabe que esa e a esencia dunha sociedade democratica.
Eso de momento. A vista das leis que saca o noso goberno "socialista" habera que andarse con ollo co que un escribe: Non vaia ser que a Audiencia Nacional peche este Outeiro e me meta un paquete. A democracia quedalles ancha os que queren controlalo todo.
A relixion, nunha sociedade laica, forma parte do ambito privado, e eu teño por costume non meterme nese terreo. Eu non son relixioso e son coherente co meu pensamento. Respeto profundamente o crente que fai o mesmo ca min: Misas, bautizos, primeiras comunions, e todo o que a el lle pareza ben. Repito o de respeto porque nos tempos que corren escasea mais que os postos de traballo.
O que desprecio e a doble moral: Os que son e o mesmo tempo non son. Os que din e fan unha cousa por diante e fan e din outra distinta por detras. Os que son situacionistas coas suas convinccions fundamentales. Son xente peligrosa. De non fiar. ¿Como vai unha persona consecuente votar por eles?
E agora alguns culiparlantes da dereitona mediatica veñen a decir que eses son o arquetipo do "progre" hispano. E por extension, e dentro da sua incapacidade analitica, non se dan de conta que en lugar de delimitar o terreo do seu oponente politico estan creando agravios en colectivos hoxe alonxados do Goberno. ¡Bobos!
O "progre" naceu, viviu o seu tempo e morreu coma todos na oficina de 9 a 15.
A que non morre, e eterna, e a majaderia.
Rodriguez Zapatero pode casar onde queira, levar as fillas o colexio que lle pareza e seguir o rito relixioso que lle veña ben.
O que non pode e ser dunha maneira e, coincidindo con ser elexido jefe, cambiar a chaqueta coma si nada. Eu non quero saber nada con ese tipo de personaxes. Serei raro.
O que queria expresar e moi simple: Se denominamos biciclofilos os que van traballar en bicicleta, aquel que por consello de seu pai, da sua nai, da sua parella ou de quen sexa decide ir o traballo nun Ford Fiesta porque fai moito frio, ten toda a razon e o dereito do mundo para facelo. Agora ben, que non pida que lle chamen biciclofilo.
"De tal modo, no se puede juzgar al hombre político por el hecho de que sea más o menos honesto, sino por el hecho de que mantenga o no sus compromisos (y en este mantenimiento puede estar comprendido el “ser honesto”, es decir, ser honesto puede ser un factor político necesario y en general lo es, pero el juicio es político y no moral..)" (A. Gramsci).
Comparen:
Tierno Galvan: "Los programas electorales estan hechos para no cumplirlos"
Julio Anguita: "Programa, programa, programa"
O profesor Tierno transformado nun icono da movida madrileña (floxiña a probe) e celebrado pola brillante construccion gramatical en todos os foros e todos os medios da "modernidade". O maestro cordobes e a sua frase, pola contra, presentados coma simbolo da intolerancia e do "piñon fixo".
A reflexion que facia naquel tempo, e que hoxe e moito mais desesperanzada, era sinxela: O pobo soberano que nos tocou vivir (¿soportar?) prefire os que lle din que faran do seu voto un pandeiro, que os se comprometen a cumplir o que propoñen. E unha consecuencia inevitable do franquismo que siguen rentabilizando os que viñeron despois.
¡Que mellor que un pobo sometido e anestesiado que pensa que a representacion politica lle e allea! Terreo de caza virxen para xente sin escrupulos.
Era, e hoxe e ainda mais, a realidade.
Se a algun lle da pola insensata tarefa de reflexionar, por ai andan dous posicionamentos:
 e mirar de solucionar os problemas dos teus, deixando de preocuparte das condicions de vida dos demais.
Ou reler a
 e convencerte de que volves ter 20 anos.
O malo e quedarse no terreo intermedio.
Todo me parece que de aqui a un tempo: mono.
|
21 opinions:
COmo lle gusta a vostede recrearse en si mesmo; os seus testos denotan a necesidade que ten por autoconvencerse de que o que di ten lóxica algunha.
Non sei para quen esxcrebe; para min, superhenry? porque non se explica senón esta segunda entrada. Revise o que escrebe, non sexa que xa chegue a niveis de contradición dun calibre que sexa moi difícil amañar.
Para ensinarlle un pouquiño do que son as cousas, voulle poñer un exemplo real entre o que se di e o que se fala.
-Tierno Galvan si é certo que é unh figura sobredimensionada, máis iso non quita que fose unha icona e unha referencia da sociedade madrileña. Reduciu considerabelmente o nivel de "estres" social, dunha sociedade esquizofrénica. A niguén se lle ocorrería dicir que foi un gran político, porque ninguén o di, máis todo o mundo lle vai dicir que foi un alcalde dunha cidade grande, cun discurso moi cercano á sociedade.
-Julio Anguita: eu non sei se vostede sabe algo de julio anguita. Lembra vostede a pinza contranatura á que levou á súa formación da man dun pp ultraradicalizado??? claro que o sabe porque vostede é como unha especie de mini-anguita. Tanto soltou pola boca aquelo de programa-programa-programa, que non tivo problemas en pasarse o "programa" do seu partido político, e formar parte da conspiración da triple A, aquel todo vale de Ansón, Anguita, Aznar.
A min simplemente Anguita me da noxo. Quen non ten capacidade para levar adiante o que tanto cacarea, e non ten o mínimo problema en xuntarse coa oligarquía da que vostede tanto fala, pois non me merece o máis mínimo respeto. Co sinxelo que podería ser chegar a sacar do poder ao PSOE naquelas circunstancias, e vai Anguita e pon de presidente ao aznarín... Despois moito lle pagaron aquel favor, coa carta libre para a presenza nos medios de comunicación...
Aquí están as grandes diferenzas entre os minidictadores, pensadores de que teñen a razón exclusiva, pero que realmente non saben para que a utilizar, e os que pensamos que os espazos hai que gañalos a pulso.
De todas formas eu esperaba que vostede transcendese algo, e fose capaz de falar do que está a pasar, ou referenciañlo cando menos.
Moito ten falado vostede do modernos que son os europeos, do civilizados... da referencia en democracia.
Claro que iso, aparte de que sexa unha opinión ten que contrastarse.
E que mellor momento de gran tristeza, este no que vivimos; morreron 200.000 persoas en Haiti.
Eu creo que xa falei nalgún momento do que alí pasaba. A ver se con sorte temos aos hooligans que tanto berraban daquelas agoravoltando a falar do temiña...
Non morreron porque tiveran un cataclismo natural de dimensións incalculabeis. Morreron basicamente porque son probres.
Onte a ONU tiña comida para 8000 persoas, das 800.000 que se acinan en Porto Principe.
Mentras Europa está obsesionada coa súa "seguridade interna" e pasea aos seus militares polo mundo adiante creando máis violencia, o gran acordo ao que se chegou dende a Union Europea, foi reunirse para ver que se fai ("sic");
iso si, con calma, que as cousas con presas nunca sairon ben...
Supoño que estarán deseñando cal vai ser a estratexia para facer de Haiti un pais democrático. O importante é iso...
Mentres, a ditadura castrista xa enviou continxencia en forma de persoal ultracualificados para casos extremos de desastres naturais. E faino sabendo que nunca vai recibir nada a cambio, e sendo conscientes das limitacións na súa colaboración, despois de máis de 40 anos de bloqueo.
Despois a xente ben pensante e "democrata" aínda se pregunta porque en Cuba hai un alto grao de apoio ao goberno, ou porque os paises en vías de desenvolvemento teñen unha relacións tan estreitas con esa "ditadura".
Basicamente porque saben que a pomposidade da axuda internacional occidental sempre leva regalo en forma de algún tipo de roubo de recursos.
En tempos de desgraza, xa sabemos como funcionan as cousas, e quen se move por solidariedade internacional, e quen por tentar sacar algo de proveito das desgrazas alleas...
Nota: siga vostede coas súas teimas. Vai acabar como as maracas de machín...
aah por certo...
a ver, a ver, a ver!!! non vou eu quen defenda as propostas que dende o PSOE se fan, e que van na liña das que xa se aplican en Franza, Alemaña, Inglaterra, EEUU, Xapón, onde as infraccións por dereito de copia privada non existen, e onde facer a copia ou distribición dun material con Copyrigth é delito penal onde existen penas que van dende os 2 anos aos 6 de cárcere.
A min non me parece ben o sistema elixido para pechar as páxinas web que promovan a distribución de material que se rexitre baixo unha licenza restrictiva, máis tampouco vou compartir camiño coa motivación maioritaria das persoas que apoiaron o manifesto ese, que non máis que un suposto dereito a poder "consumir" indiscriminadamente material, baixo o único argumento de que a lexislación española permite a copia privada persoal para uso non comercial.
Dende logo, para min definiume moi ben baixo que parámetros nos movemos.
Aquí non se fala de promoción, difusión, propagación de licenzas de acceso libre. O problema é que temos a un porrón de xente defendendo "roubar" material. E eu sempre dixen que se tes unha liña de banda larga, e un computador capaz de reproducir eses formatos, significa que non estás na indixencia, e non necesitas comerte un lagarto, que resulta que está protexido, e acabas na cárcere.
Eu estou farto desta hipocresía do consumismo encuberta que so busca acumular capital en forma de bit's.
A min defraudoume enormente Vitor (presidente da asociación de internautas e ao que coñezo dende fai anos) e todos os movementos de defensa da cultura libre e tecnoloxías libres, redactando un manifesto (que por certo moita xente para redactar, pouco tempo de sono, e así saiu) de baixa calidade e que non indican os verdadeiros problemas actuais que existen relacionados co tema.
En fin, cousas destas non son máis que o reflexo dunha sociedade incivilizada, incapaz do autocontrol, e cun nivel cultural extremadamente baixo.
Nota: fai pouco, o goberno xaponés acaba de firmar un acordo con todas as empresas e operadoras de telefonía móbil, para que todos os teléfonos que se vendan, leven incluído no seu firmware un sistema que impida a reprodución de música ou películas que non estén firmadas dixitalmente, e polo tanto non fosen adquiridas de xeito "legal" tal como establece a súa lexislación sobre a propiedade intelectual.
E triste superghenry, ver como xente como vostede, e moita outra máis, suben ao carro sen ter nin a máis mínima idea do que están a falar.
Si chamamos biciclófilo o que quere ir ao traballo en bicicleta...e por recomendación dos seus pais decide para non coller un pestazo de morte e contaxiar a medio pobo del, ou morrer nese intre, e decide ir en coche...pódese seguir chamándoo tranquilamente biciclófilo, e on deixar verdadeiramente de selo, pola sencilla razón de que adoptou unha postura sensata.
De seguir coa súa insensata teima, no fondo os idealismos parésense máis ás teimas que a unha auténtica ideoloxía, velaí o fracaso , por exemplo, do BNG de levar a súa teima da galeguización a unhos extremos de intolerancia que chegou a encher de noxo a moita xente e fixo moito a favor do rexeitamento pola lingua que xa estaba medio neutralizado...ou a teima de Feixóo en levar a contraria do que fixeron os outros que chega aos extremos do ridículo, o seu novo programa de galeguización...pois o que deciamos, de seguir coa súa insensata teima sí que non podería ser chamado biciclófilo porque a palmaría ou estaría no hospital cunha boa malleira polos contaxiados se descobren nel a causa da sua enfermidade.
O pobre Zapatero ao millor non bota man do divorcio que tanto defenderon os que lle precederon porque como biciclófilo, pode andar en bicicleta no verán e levar en inverno as nenas no coche...ay, ay..cómo andamos sr. Branco, precisamente vostede que era moi ceporbiano ata que ía coller un bo catarro e baixouse da bicicleta para andar a pé máis abrigadiño do relente e das curvas!
E digo eu....¡Que ten que ver o touciño ca velocidade!.
O profe Tierno, non foi un bo politico, pero predicou co exemplo de vida.
Anguita predicou no deserto e logo se perdeu, que era o que tiña que facer.
O Zapatero nin predica nin lle escoitan nin siquera sabe moi ben onde esta.
Chamarlle a iste "Progre" e como chamarlle "Hippy" a Fraga.
De todas formas vexo que andamos por uns derroteiros moi elitistas e cultos, xa que as largas exposicions son de consultar a larousse, polo tanto folgan comentarios como o meu. Aburriame.
20:51 meu ti en que mundo vives??? "por exemplo, do BNG de levar a súa teima da galeguización a unhos extremos de intolerancia" ti sabes o que pos ou soltas pola boca o que che manda soltar o teu xornal de cabeceira?
Vouche explicar un detalliño: o decreto do galego foi desenvolvido polas tres forzas políticas, xa que é o paso adiante que estaba paralizado durante anos da lei de normalización lingüística.
As tres forzas políticas negociaron a súa entrada no parlamento. Unha semana antes o PP desmarcase, xa que dende madriz, e dende a fundación faes diselle á direción do partido, integrada principalmente por snobs, que se queren ter a mínima posibilidade de ir a madriz, hai que tirar abaixo o decreto.
O PP desmarcase, e negocia coa "oligarquía" (medios de comunicación) un proceso ed intosicación social, á que caen como bos estúpidos ignorantes, sen capacidade de reflexións personaxes como superhenry ou vostede mesmo.
O psoe, que nin lle vai non lle ven o tema, aínda sendo o partido coa responsabilidade no goberno (Marisol non saiu nin unha soa vez á palestra a desautorizar á oposición), viu unha boa oprtunidade para desgastar ao BNG, que loxicamente foi o único que nunca mentiu.
O PSOE, pasouse de derrapada,
As enquisas que manexaban os partidos a seis meses das eleccións, dicían entre 3 e 4 por riba para o bipartito. Probabelmente entre 2 e 3 para o BNG e 1 para o PSOE. Touriño, non quixo quie fose así, e non tivo problemas en deixar que toda a oligarquía da ultradereita nacionalista española arremetese contra parte do seu goberno, nun intento de minimizar esas diferenzas.
Claro que non contou coa pasada na derrapada, e tivo que irse para a casa.
Esa teima na que se entrou en relacionar o decreto co galego, non foi máis que unha boa campaña da ultradereita que por exemplo superhenry apoiou cos seus comentarios aquí.
Até ese punto chega a enxeñería social da ultradereita.
Eu xa dixen fai moito tempo que a ultradereita é moi intelixente en canto á manipulación.
CxB e PP son o mesmo, e as mocións de censura que o PP está levando a cabo onde estaban na oposición, e non interesaba aínda ir da man, así o demostran.
O tonto útil de Superhenry é a plasmación desa sociedade que se cre intelixente, pero que ao final non son máis que peóns da oligarquía da que tanto falan...
Non exiete a mái mímima relación entre os resultados electorais e o decreto da lingua, como así o demostran os datos e e análisis que Fermnin Bouza leva debullando dende xa fai ben tempo:
http://votoconbotas.trincheradigital.com
Tamén ten unha moi boa reflexión Calidonia ao respecto:
http://calidonia.blogaliza.org/2009/03/28/de-como-un-xornal-bota-abaixo-un-goberno/
e a relación existente entre a tirada de "a voz de su amo" e votos.
A partir de aquí que cada quen saque as súa conclusións.
Eu fai moito tempo que as predecín, e así se cumpriron.
Cada quen que agora aguante a súa vela.
Superhenry xa sabemos de que mastro aguanta...
y esto es así porque lo dices tú.!Ale voceiros!
se vos apetece deixar a politica real pola politica virtual, mandovos esta invitación, de seguro que será moito menos lesiva e mais fermosa, ainda que no fondo segue sendo politica...
http://www.erepublik.com/en/referrer/josebz
aclaracions e dubidas:
http://erepublikspain.superforos.com/index.php
20:08 se te refires ao meu comentario: 15:58, si, xa cho digo eu.
Ademais xa che predigo o que vai pasar a nivel municipal: nada. O cal confirma unha cousa, o PP xa está perdendo apoio, o que indica, que non so non recuperou voto nas eleccións ao parlamento galego, senón que vai perder apoios no eido municipal.
As concentracións de voto coas mocións de censura, que se poden sinalar perfectamente no mapa galego, demostranos, que o PP necesita reagruparse para non perder as deputacións de Pontevedra (de aí a moción de Porriño), ao tempo que poder en concellos periféricos.
Betanzos téñeno perdido, loxicamente.
O efecto frigholito, desmontouse antes de comezar.
-2 millóns de euros para a nova rotativa da coz.
-coches comprados a cargo das fundacións da xunta
-quintuplicado o persoal de asesoramento
-contratos multimillonarios con empresas sen concurso público
-contratos con pseudo-deportistas condenados por dopaxe, para promocionar co xacobeo.
-descoñecemento da lexislación europea en materia de aeroportos, o que leva a presentar un proxecto, xa case pagado que non se pode facer.
-incapacidade para liderar desde a xunta a fusión das caixas.
-incapacidade de artellar unha política cultural que de resposta ás espectativas do xacobeo; iso engadese ao enfrontamento con todo o sector hosteleiro galego, e sectores clasicamante posicionados co PP
-Paralise na sanidade, o que triplicou en uns meses as listas de espera
-eliminación de políticas de vivenda, co cal non existe concurso público para o acceso a vivenda protexida.
-non se avaliaron máis persoas dependentes, co cal, estamos coas mesmas persoas con axudas que durante o bipartit, aínda que previsivelmente non cambiará a situación xa que non está recollido nos presupostos o desenvolvemento de políticas sociais. Tan so se recollen os procesos de privatización dos servizos.
-O PP regaloulle a unha empresa manchega o hospital galego de Arxentina, dandolle un porrón de millóns de euros para a súa xestión, en contra das asociacións de persoas emigrantes, que van recurrir polo penal á xustiza arxentina.
-A outra empresa manchega relacionada co transformado de lacteos regalalle 30 millóns de euros para instalarse en Lugo, sin que se saiban cales son as contrapartidas á inversión que o PP fai nesa empresa.
-Mentras, despois de que Pascual anuncie que pecha a fábrica, o PP di que non vai posicionarse ao respecto da proposta que as cooperativas galegas (encabezadas por Feiraco, empresa de coñecida solvencia e que aglutina unha parte importante da produción galega) lle fagan a pascual, e que en ningún caso entrará a apoiar a proposta de compra. Fai un mes, o PP apoiou a compra da fábrica por un grupo lacteo constituido con cinco empresas, todas elas denunciadas reiteradas veces por impagos, despidos improcedentes, quebras inxustificadas etc etc etc, pero coa particularidade de estar dirixidas por altos cargos do PP.
Podería seguir, pero xa me aburro.
Como remate, xa cho digo eu... esto te es así porque lo digo llo"""
Aínda que estou na outra punta do mundo deste señor, a súa cristiandade non lle permite mentir; tampouco estou de acordo en poñer a todo o mundo no mesmo saco para simular que eres diferente. Cando acabas dicindo iso de : señor xuiz señora xuiza, esta persoa acaba de darme co seu ollo na iña man, pois a cousas é que non vai ben:
‘Non é certo que houbese imposición do galego’:
http://www.anosaterra.org/nova/o-debate-das-caixas-demostra-a-independencia-do-pp-galego-respecto-de-genova-.html
---------------------------------
Outra grande obra do PP galego, nin sequera os seus chiringuistos lle saen ben:
http://www.anosaterra.org/nova/os-principes-inauguraran-o-xacobeo-en-aragon-.html
hola, queria mostrar aqui esta informacion que encontre en la red, segun la cual se dice que el responsable del terremoto de haití es la marina estadounidense.
rogaria un comentario de los lectores, gracias.
http://www.kaosenlared.net/noticia/estados-unidos-causa-terremoto-haiti-denuncia-flota-rusa
El mejor chiringuito de la historia es el chiringuito local CXB.
Un traballo de 4 horas q consisite en ir a sacarse fotos para salir en los periodicos, decidir de que se le dan los bocadillos a los niños del conservatorio y pasear por el pueblo con una bolsa vacia, y lo mejor 1000 euros al mes, mi madre , esto si que es un chiringuito.
Ti qué dis, meu? dende cando o Galego hai que defendelo a golpe de decretazo? en qué se diferencia iso do que fixo Franco co castelán?
Tenta meter o mar nunha gaiola sen saída e verás como apodrecen os peixes.
20:58 expliqueme vostede onde está ese suposto decretazo??? ahhhh dice vostede en que o galego teña a mesma presenza que o castelán no ensino??? falara vostede!!!; OK, a vostede o que lle molesta entón é que o galego teña os mesmos dereitos que o outro idioma. Acabaramos antes!!!.
Nota: abúrreme enormemente falar do teña; creo que agora cos tempos de snobismo nos que vivimos, o mellor é pasar a comunicarme directamente en inglés, que é un idioma bastante máis útil para ter conversas cos desertores do arado. Cando menos sabes que non van poder dicir nin contestar nada... simplemente porque non se entenderán nada. A Snob con clase a un aínda non lle gañou ninguén :D
Nota2: eu non teño claro se vostede é imbécil ou simplemente practica. Facer esa comparación do rollito franquista, aínda que sexa baixo unha democracia formal, dáme a medida perfecta para saber que tipo de personaxes pululan polo mundo. Eu recoméndolle baleriana; outras solucións máis drásticas aos problemas mentais tamén poden servir... trepanación?????
Para la politica el que vale, vale.
Miren yo no soy de ideas de izquierdas, pero reconozco que el que vale, vale.
En España tenemos 4 millones de parados y la UGT no ha dicho ni mu, pero ayer en Santiago por un decreto que aun no se aprovo.........ya ven.
No se si es que unos son muy listos u otros muy burros
Cando se quere impoñer pola forza aos nenos castelán falantes unha galiña, non é un decretazo, é unha parvada trepanada dun partido que ten empanada mental de una Galiza enxebre , pequena pero grande e libre. Se iso non é ser partido semellante ao partido neonacinalxeneralismo, único partido grande e lbre que dicía que a fermosa lingua de Castelao era un "dialecto indigno"que veña deus e mo diga. Hai pátrias necias chicas e pátrias necias chicas tamén en espíritu que pretende ser nacinaisá maneira de orgullo nacional. Os mesmos cans con distintos collares, tan iguais que si se intecambian o collar, o do can chico para o do grande, ata lle serviría e si se afoga con él tampouco se perdería nada. En canto ao inglish, parvadas de catro pailáns en pantalón curto, coma si os dos Pedrouzos de arriba viviran todos do turismo ou forana empregar eles o inglish para plantar patacas. Unha moda tan parva e chica que só sirve para botar unha cortina de fume aos ignorantes que non serven para entenderse en ningunha lingua, pobres necios que non queren falar en castelán , pero pretenden unha "europa" que só existe no conto e por riba falando inglish. E o conto de que tamén fora os moriños van a entrar polo cú do gran camello americano falando un día inglish coma bós mentecatos pseudoeuropeístas.Non foi arriba o latín nin polas boas, e vai ir a lingua dos parvos con pantalón curto que nas súas mentecatas vacacións, un chino enseña os cartos nas seus 15 días, en sabe Deus cantos anos que non ten vacacións, cando ven a Europa cando paga para que lle cobren, e como ten tanta presa para ver todo no pouco tempo que ten,importalle o inglish 4 patacóns e non abre a boca, e vai aprender o inglish para pasar os próximos 15 anos falando co arrozal par vir outros 15 días ou falanándollo democráticamente os que ten preto e que con menos sorte ca él non sae dalí. Ou millor...mezclémolo todo dende o poder , o inglish extendéndoo ao galego e metendo os dous probemas no mesmo saco par que canto máis fume , menos claridade e máis votiños dos pailáns .
desde a sua atalaya privilegiada gustariame señor balncolexitimo que nos dise su opinion sobre lo de las terrazas
gracias
11:09 as "terrazas" non poñen tazas. Que pena de pobo... agora que penso que superhenry mentou a Xulio Cuns pai, entendo a decadencia desta vila. Un pobo que xa perdeu a súa historia, non é pobo nin é nada. Cando a maior preocupacion son as terrazas, mellor pechar o pobo.
"O que desprecio e a doble moral: Os que son e o mesmo tempo non son.
Os que din e fan unha cousa por diante e fan e din outra distinta por detras.
Os que son situacionistas coas suas convinccions fundamentales.
Son xente peligrosa.
De non fiar.
¿Como vai unha persona consecuente votar por eles?"
Esto que vostede dí pode aplicarllo a seus compañeiros de viaxe en CxB. SOBRE TODO A JAVIER DE LA fUENTE,especialista en decirlle a xente o que quere escoitar, xa sabe: "Vai cos da Feira e ven cos do Mercado".
HAHAHAAHAHAHAH!!! como me encanta Anasagasti!!!
Fai pouco, nunha desas tremendas entradas que Superhenry fai xogando ao despiste, puxose a falar dos seus referentes políticos no PSOE. Un deles disque era Solana, ao mister peixe este eu nunca o soportei.
Anasagasti fai unha crónica de antoloxía en catro liñas. Non ten desperdicio:
http://ianasagasti.blogs.com/mi_blog/2010/01/en-que-se-parecen-el-rey-y-solana-y-en-que-se-diferencian-con-guardiola.html
Javierito, non se entera de nada.
E coma ter un moneco, para sair nas fotos.
Donde non se ten tampouco se pode pedir.
CxB non existe, e un simple aguantar hasta as proximas, pensando en colocarse si teñen oportunidade donde sexa, para non perder unha nomina que lles ven de glo-glo.
Esta foi a claridade e transparencia que venderon, claros y transparentes, cobrar i non facer na de na... nin rechistar.
Publicar un comentario