Parece que florecen vellos tempos e os xudeos da Cruz Verde volvemos estar perseguidos coma cando os outros xudeos os queimaban nunha cruz de madeira verde. ¡Por falta de antisemitas non ha ser!
Queimar non nos queimaran pero facernos cidadans de segunda division parece indiscutible.
Xuzguen por vostedes mesmos comparando as duas fotografias que veñen a continuacion:


Na seguinte falaremos de informes e mentiras. E do exercicio democratico do poder frente o ordeno y mando propio doutros tempos. Tamen mediremos anchuras de ruas e reflexionaremos sobre o que supon limitar no seculo XXI o acceso de certos transportes a un barrio moderno. Outra cousa seria se falasemos do Casco Historico. Porque se falasemos del e incluisemos o entorno da Fonte de Unta, o que se fai e aumentar o deterioro dunha zona que os fins de semana expropia a xuventude betanceira. ¿Pretendese acaso que os coches dos veciños camiño das suas casas actuen a modo de lanroveres represores?
Esperemos que algun que outro entenda que en democracia as decisions que afectan a vida dos cidadans nunca se deben tomar sin telos informado previamente. E en feitos coma este nos que a claridade e a transparencia se deberia poñer en practica, en lugar de andar soltando sermons. E tan elemental que ruboriza.
ANEXO 1 Como empeza a aparecer o meu nome polos mentideiros e a prensa o servicio do poder anda mirando de desprestixiar calquera movemento cidadan que floreza desde o pobo soberano, gustariame facer algunhas aclaracions.
Os que len este Outeiro saberan que blancolexitimo non ten problema en responsbilizarse de todas as suas accions e que xa teño repetido moitas veces que o subtitulo "Desde un teclado sin acentos xurde esta Libreta de Apuntes dun cidadan de Betanzos. Bota a andar espida pois non ten nin vergonza nin nada que ocultar (1 de marzo de 2007)." e unha declaracion de principios. Por eso non quero colgarme medallas, e se non me corresponden moito menos. Todo aquel que matina en oscuras conspiracions non entende, bobo, que algo que se fai a luz do dia nunca poder ser un contubernio. Tampouco, e este e un termostato dos andares democraticos que alguns gastan, entenden que cando membros dunha asociacion de veciños apoian a outros veciños nas suas reinvindicacions, estan facendo algo que se califica cunha das palabras mais fermosas que unha sociedade libre e critica pode pronunciar: Solidaridade. Eles solo entenden a solidaridade alimenticia.
A concentracion xurdiu de maneira espontanea entre un grupo de veciños co fin de, repartindo unhas cantas octavillas, dar a conocer a xente do barrio a nosa preocupacion. Unha toma de contacto para elexir representantes. Foi unha convocantoria que, sin nigun asomo de manipulacion, reuniu a un grupo considerable de personas: Houbo quen se dedicou a contar asistentes e constata que en certos momentos houbo 50 veciños. A min xa me parece un exito xuntarnos 30, como a prensa di, tendo en conta como foi realizada a convocatoria. Agora xa esta informado todo o barrio e, polo que me comentan, algunha xente non asistiu por cuestions familiares ou laborales e outros, que non se enteraran da convocatoria, manifestaron o seu apoio e disposicion para participar na reinvindicacion. Sera o que o barrio queira.
Eu agardo que a señora Alcaldesa sexa o suficientemente intelixente para rectificar e mandar poñer un carteliño debaixo da direccion prohibida con algo tan sinxelo coma
EXCEPTO RESIDENTES
|
4 opinions:
Comenzando el recorrido en el Instituto, seguro que es más inteligente ir por La Ribera y Las Monjas.
Antes jugábamos al futbol en la N-VI y nos hurtaron ese derecho. Son los daños colaterales del progreso, la necesidad de regulación cuando se detectan conflictos.
Os informes tecnicos da Policia Local non son vinculantes, a decision sempre recae nos politicos de turno, polo que mais parece unha metedura de pata da coalicion CxB-PP.
Escudanse en informes sexan estes polo que sexan, sempre que non dinamiten a lexislacion, para tomar posturas que non son consensuadas cos directamente afectados.Neste caso esta reforma dos soportaes tiña que haberse exposto publicamente, e cada cal fixera as oportunas alegacions, pero claro eso, conleva o non poder facer o favor os catro hosteleiros de turno.
Meu apoio.
Mariño, non esperaba de ti esta manipulación da realidade. ¿Ou debo pensar que é un erro?
O percorrido que ti mostras como de antes debe ser de antes de antes do 10 de febreiro deste ano, porque xa hai moito tempo que non o podes facer para entrar á garaxe do teu edificio.
Lamento que teñas unha postura tan pouco obxectiva e que te movan intereses persoais; coido que sería máis axeitado mirar polo interese xeral de todos, é, dende logo, para moitos cidadáns está mellor así. ¡A ver cando deixamos de ter unha mentalidade tan pueblerina!, de pensar que só hai que mirar polos dereitos dos que viven no Campo e de crer que todo ten que centrarse nese punto do Concello, tamén hai cidadáns noutras partes.
De todos os xeitos, o meu respecto para ti e a tua postura, aínda que non a comparta.
Estou totalmente de acordo con vostede.
Estou totalmente de acordo cos manifestantes doutro día.
Estou totalmente de acordo cos que din que nesta cuestión están equivocados os nosos representantes políticos, que nesta ocasión ven resultando que son do PP e mais do CXB.
Son dos que opina que foi tanta a falta de información e transparencia, que casi raya no engano e na malaintención.
Non é certo que se informara antes aos veciños.
Considero equivocada a xustificación de que "non houbo ata agora protestas", que é o que aparece hoxe nos xornais.
Considero acertada a opinión de que non se poden limitar os dereitos e as comodidades dos veciños ata que protesten.
Considero acertada a postura contraria, e dicir, a de que sabendo de que ese proxecto ía limitar a comodidade do dia a dia dunha ampla zona de veciños de Betanzos, debeuse tratar e falar con eles.
Considero equivocado o informe da policía municipal de que o xiro á dereita dende a antiga N VI á rúa dos Anxos, sexa perigoso, ou polo menos que mo demostren, e en calquera caso considero que ese xiro é moito menos perigoso que o de a Fonte de Unta á rúa da Cañota.
Considero que non se pode hipotecar a comodidade e o crecemento dunha ampla zona de Betanzos, dándolle como único aceso o estreito paso da´rúa da Cañota á altura da fonte do soldado, sobre todo tendo en conta que a nosa "incompetente" policía local, vai tolerar como ata agora o mal aparcamenteo nesa zona.
Considero que eso vai ser fonte eterna e inncecesaria de conflictos entre os betanceiros.
Considero que todos os propietarios de Anxos e Cruz Verde, tanto de vivendas, plazas de aparcamento, ou baixos comerciais, perderon por esta decisión un valor patrimonial indemnizable nas súas propiedades, e por esa decisión son hoxe un pouco máis pobres e viven un pouco mais aillados, cousa que lle teñen que "agradecer" a esta administración e non a outra.
E todo esto....
para que?
para que tanta incomodidade....
para que tanto gasto?
Non é posible unha rúa dos Anxos de doble dirección?
Donde estea prohibido aparcar?
onde se faga respetar a prohibición de aparcamento?
todo esto para que?
Considérase incapaz a nosa policía local de cumprir con ese proxecto?
Non se consideran os nosos políticos con forzas para controlar que esa prohibición se cumpra?
Para que un hosteleiro establecido na praza do campo disfrute dunha terraza, parte dos veciños de Betanzos van ter que verse obrigados a vivir aillados?
Sencillamente un disparate.
Considero que os nosos representantes deberían recapacitar ante o feito de que para unha vez que surde un movemento veciñal, sexa precisamente para loitar contra eles.
Publicar un comentario