CxB

Leo na páxina web de Cidadáns por Betanzos:
"La Asamblea General de Cidadáns por Betanzos (CxB) decidió por unanimidad en la noche de ayer lunes, a propuesta de la Junta Directiva, desligarse del Pacto de Gobierno con el Partido Popular, ante los incumplimientos deliberados y sistemáticos de los acuerdos de los Órganos de Gobierno por parte de la Alcaldía, así como su desprecio permanente al acuerdo alcanzado en Agosto de 2008."

Desde o punto e vista do funcionamento democrático ninguén pode poñerlle a mínima tacha a decisión.

Desde o punto de vista político é unha irresponsabilidade.
Trasmitese a idea de que no organismo de representación política máis próximo ó cidadán, os elexidos para xestionalo están máis pendentes das súas liortas personales que de resolver os problemas diarios dos veciños. Aínda que non sexa así.

Aínda que non é certo, é normal que desde fora se vexa os concelleiros de CxB coma nenos malcriados que de vez en cando collen unha rabieta e abandonan o goberno, ou abandonan o pleno, ou levan ós tribunales a un funcionario.
Digo que parece así, aínda que sei que non é certo.
Resumindo: Dase unha imaxe dunha falta de seriedade e dunha irresponsabilidade alarmantes.

Funcionanlle ben os reflexos e reacciona rápido o PSOE, ofrecéndolle os seus votos á Alcaldesa para seguir sacando adiante os asuntos importantes que se leven ó Pleno. Ó facelo está poñendo ós concelleiros de CxB a altura do betún. Acertan coa estratexia, ó meu ver.

Veremos o que nos depara o futuro, pois ó parecer aínda se está a tempo dunha moción de censura. E como esto se parece cada vez máis a un circo, o mellor dalle os trapecistas por repetir o seu número. Como os que len este Outeiro xa saben o que penso do poder, procurarei non repetirme.

Penso, e así o defendín nas reunións, que a decisión de entrar no Goberno non tiña volta atrás. O xeito máis sinxelo de mostrarse coma un irresponsable en política consiste en comportarse coma unha veleta: Tomar unha decisión hoxe e mañá tomar outra distinta. Os electores non o perdonan. E teñen razón.

Penso, e así o defendín nas reunións, que nunha candidatura colectiva independente as actas de concelleiro son propiedade da Asamblea e non das personas que as ocupan nun momento determinado.

Penso, e así o defendín nas reunións, que ó ser irreversible a entrada de CxB no Goberno Municipal, no caso de que non fose posible o co-goberno co PP, os concelleiros de Cidadans por Betanzos deberían renunciar as súas actas para que fosen outras personas, cos mesmos dereitos ca eles, as que tratasen de sacar adiante o programa electoral.

Penso que non me corresponde entrar a valorar a incapacidade do PP local para levar adiante un goberno de coalición que tratase de resolver os problemas dos veciños. A día de hoxe parece evidente que son especialistas en crealos onde non os había.
Si eso hai que personalizalo na señora Faraldo ou meter a toda Agrupación Local no paquete é cuestión de cada un.
Cando se trata dos grandes partidos, eu tendo a responsabilizar ó colectivo, pois é él o que decide as listas, sendo él tamén o que obtén os beneficios do disfrute do poder.
Que nos utilicen a nós coma borregos nunhas liortas intestinas que non son máis que loitas descarnadas polo poder, non deberiamos permitilo.
¡Que se amañen entre eles!

María Faraldo está gobernando o Concello de Betanzos con 6 concelleiros de 17, non chegando incluso a ser a lista máis votada.
Basándose nos feitos, hoxe pode afirmarse que o actual Equipo de Goberno non reune os requisitos mínimos que o capaciten para xestionar o noso Concello.


9 opinions:

Anónimo

hahahahaahahahahahahah!!!! é vostede un cachondo mental superhenry. Pero como pode ser vostede tan iluso??? pero si vostede é un dos máximos responsabeis do que está pasando.

a ver.. explique vostede que clase de tontería é esta:
"Penso, e así o defendín nas reunións, que ó ser irreversible a entrada de CxB no Goberno Municipal, no caso de que non fose posible o co-goberno co PP, os concelleiros de Cidadans por Betanzos deberían renunciar as súas actas para que fosen outras personas, cos mesmos dereitos ca eles, as que tratasen de sacar adiante o programa electoral."

Entenden vostedes agora porqué Betanzos está como está. con este tipo de xente pirada???

Anónimo

y si esa asamblea en realidad nunca se celebró y solo es una frase bonita para darle más fuerza a una decisión tomada entre dos?

Anónimo

Esa asamblea se celebró, otra cosa es que fuera una asamblea de comunidad de vecinos o menos.
La verdad es que supongo que este partido cierra una etapa, por lo que su disolución esta próxima.
Estoy de acuerdo con usted, Sr.administrador, en que las actas siempre son del partido no personales, por lo que la decisión de abandonar el gobierno, parece mas la decisión de tres que la de una asamblea que controla un partido.
De todas formas creo que la Sra. Alcaldesa debia de someterse a una moción de confianza, pues no es logico estar gobernando en minoria y encima no siendo la lista más votada.
La prepotencia de estos politiquillos es mucha, por lo que casi seguro que cualquier coalición termine en fracaso. ya sabemos que....¡las ansias de poder ...!
Salud.

josinho ( unha vella sombra...)

Estimado señor Mariño, fai moito que non entro por estes lares xa que de un tempo a esta parte decidin darme un bo descanso en canto a vida politica se refire, mais ben, non deixa de ser certo que os acontecementos actuais no noso concello non me deixaron outra alternativa.

Vexo nas suas palabras, as palabras dun home que é libre de expresar o que pensa, e eso gustame, vexo nas suas palabras grandes acertos como iso de que a entrada no goberno do pp era algo irreversible para cxb, e sorprendeme e concordo plenamente con vostede no feito de que os señores concelleiros de cxb, se tiveran un pouco de dignidade, deberian de dimitir e deixar a outros facer o que eles non son capaces.

Gustame moito este ultimo punto, xa que é unha clara demostración de humildade e de valía politica, o feito de saber da mesma maneira aceptar un posto ou rexeitalo, caracteristica en perigo de extinción na vida politica actual.

Podería seguir escribindo deliberadamente e seguramente que encontrara moitos mais puntos en comun co señor Mariño actual que co pasado, pero nin é a miña intención nin quero.

Simplemente, recordo tempos pasados, no que este concello, tiña un grupo ou un partido, que aínda que cometera os seus erros, era un grupo humilde, traballador e ilusionado, sen mais deber que a súa militancia e as xentes de este pobo, un grupo claro e transparente, ainda que despois se fixera ver que eso lle correspondia a outros, mais tamén é certo que foron moitos os que comezaron a súa loita particular antinacionalista chegando ata situación actual.

Unha pena a oportunidade perdida de cambio, unha pena o tempo perdido do noso grandioso concello, e unha pena volver ilusionarse para rescatar este concello da maior deriva incompetencionista que eu recorde...

ou sera que temos o que realmente nos merecemos?.., por moi duro que resulte recoñecelo...

Anónimo

Tedes o que merecedes, Josinho, dous concelleiros, porque aos betanceiros non lles gusta o nacionalismo de BNG. Sabias palabras, fillo.

Anónimo

fuera de entrar en ideologias, yo creo que a nivel municipal ni existe nacionalismo, ni izquierda ni derecha.

y creo que prefiero mil lagares y mil benegas que un solo de lafuente o faraldo.

por lo menos miraban por betanzos y trabajaban no solo se preocupaban de salir en la fotos.

que la gente no sepa valorar eso, es problema de cada uno y tambien sus consecuencias.

Cualquier gobierno municipal donde participo el BNG progreso de una manera mas rapida que cualquier gobierno del pp.

solo hay que revisar los hechos y la hemeroteca.

Anónimo

09:09 non creo que a xente de Betanzos saiba moi ben o que quere. So hai que ver en que situación de desgoberno se atopa o concello. Pero non é de hoxe. É dende o primeiro día.
A gran diferenza e plantexar políticas de longo percorrido, que moitas veces son difíciles de facer ver (máis nesta sociedade pirada) e outra plantexar políticas populistas e corto alcanza como plantexou superhenry e todos eses coleguillas...
Dende o primeiro día dixen que cxb(pp-b) e pp eran un fracaso manifesto e que o único interese que teñen é gobernar para defender os seus chiringuitos.
Agora toca facer o paripé; a ver como o resolven. Creo que lles vai sair mal a xogada,.A ver a ver...

Anónimo

Os políticos nacen e logo fanse. Un político malparido que lles fai supoñer que se vai "facer" correctamente?
Os políticos nacen das votacións dos cidadáns e os cidadáns hai que facelos.Qué lles fai supoñer que nunha sociedade con problemas de "cidadanía", cinco cidadáns, poñamos por caso, e 2000 piratas que van escoller ao pirata de turno, van escoller os primeiros ao político axeitado? e si de cinco cidadáns pasaran a 1999 e houbera un empate cos piratas, aqueles non poderían facer nada porque os piratas de marras acabarían co "Kennedy" de turno.
Outra cousa é que o Estado de dereito pouco a pouco vaia buscando o seu sitio aos piratas.
Namentras o que ocorre no Concello non é máis ca unha pequena boneca rusa no xogo das grandes bonecas rusas piratas do Estado ou dos Estados.
Bonecas parlanchinas que repiten o que pasaba nas ágoras do mundo grecolatino a falta de outra democracia millor.
Ó parecer os monos tamén teñen as súas ágoras e na selva se avisan se hai alguén perigoso que ven roubarlles e hainos máis listos que xa minten e avisan de que ven alguén para que deixen cair as noces e comelas eles sen necesidade de abrilas.Pronto se reunirán para escoller ao mono de turno que dirixa a orquesta dos que rouban para defenderse deses e dos que os comen.Entón volverá a nacer o mono político si a contaminación e o mono " avanzado" lles deixa un oco.
Ó millor si o aire se respira ainda, o mono terá unha nova oportunidade. O espido, ó mono vestido estalle chegando a súa hora de explicar porqué se viste e de pagar caro isa comedia ou invento.
Algúns dirán que se viste porque ten frío, por exemplo, que llelo expliquen ao defensor do "parlamento" europeo que saca agora a titiritada ou monada de que prohibir o burca é un atentado contra os dereitos humanos e que dubida da legalidade dos estados que prohiben o burca nas súas patrias , a ver qué fan cando a un pirata disfrazado de "muller" cos tales dereitos humanos déselle por suicidarse nun metro no nome do pai da veste.
Políticos con corbata. A fala de programa aparecen berrando nos mítines e no aquelarre telivisivo dicincídolle a cinco mil cidadáns e a quen sabe cantos piratas:"vótame pola veste", mira que juapo son.

Ari

mariño ti e os teus colegas tedes a culpa da situacion actual de betanzos!!! recordalle ao teu amigo pedro gomez que prometeu polos "seus collóns" que CXB non ia pactar coa Marifa e mira...
Asi acabachedes, botandoos os trastos á cabeza!
tedes o que merecedes!
Spero que os betanceiros se volvan dar conta de que o bipartito en betanzos é necesario xa que, como se di noutros comentarios, betanzos non é nacionalista... que pena...
Un saúdo!