Escribía máis abaixo:

"Eles teñen un único cometido: domesticar ou dinamitar".
A maquinaria xa está en marcha: os grupos mediáticos dos que nos gobernan, os grandes responsables de convertir a política en basura, xa toman posicións:
Lean e fíxense no párrafo: "5. El mensaje más claro es para los partidos de izquierda, especialmente para el PSOE. Dudo que hubiese el domingo entre los manifestantes muchos votantes del PP."
O periódico de Roures e do home da Ministra de Defensa, que estivo dirixido polo propio Escolar do enlace anterior, tamén se quere poñer ó frente.
Xo llo decía onte: acabarán co movemento se este non é capaz de saírse desa roda infame de manipulación e control, de medios que viven dos cartos dos partidos contra os que iban precisamente os manifestantes.
Se non se ve eso, o fracaso está asegurado.
Como eles son amorales e especialistas en manipular a unha xuventude á que consideran imbécil, non queda máis remedio que darlles unha patada no cu.
O que están facendo é de primeiro de manual de axitación e propaganda: unha manifestación que vai contra os políticos profesionales, vai dirixida en primeiro lugar contra os que nese momento gobernan: o PP en Galicia, o PSOE en España.
Mentras o PP cala e os seus medios tratan de colocar ós manifestantes na extrema esquerda, estes mercenarios do PSOE intentan darlle a volta ás reinvindicacións populares pra poñelas a favor daqueles contra os que estaban precisamente convocadas as manifestacións.
Escolares, Buenafuentes, Gabilondos, Grandesguallomins, ... Millonarios todos eles, mentras o meu amigo P. ten os fillos metidos na casa sin perspectiva de que poidan saír adiante.
Periodistas e humoristas ó servicio dos que desmontaron a esperanza dun país moderno despois de tantos anos de Dictadura.
¿Que pensará o P. do BOE de onte?

¿Comentarán algo desto os Escolares, Buenafuentes, Gabilondos e Grandesguallomin?

0 opinions: