Non pode decirse máis claro




Xa ven cal é o único camiño para cambiar as cousas: os feitos e non os discursos dos que minten como se non fose certo que "Solo la verdad puede ser revolucionaria".
¡É tan elemental!: a todo o que minta patada no cu.


E ir recuperando, pouco a pouco, aquela idea da loita antifranquista de que eles tiñan os fusiles e nós a razón.


Nesta nova loita, na que nos últimos días parece que a xente nova desperta, os donos do país son os oligarcas que ocuparon o sitio do aparato franquista (democráticamente desde o punto de vista formal, pero cunhas normas que os fan intocables). Os aparatos de partidos e sindicatos son a nova burguesía. E en lugar de fusiles teñen periódicos e televisións: programas do corazón e fútbol a todas as horas.
Franco poñíalle cadeas ó teu corpo, estes quérenche encadear o cerebro: axitación/propaganda propia de dictadores.
A cuestión fundamental é que co tremendo aparato mediático (propio e mercenario) ganaban no terreo da palabra: eles eran a esquerda e os que pensaban coma min eramos traidores primeiro, despois a dereita. E a medida que iban quedando co cu ó aire e a corrupción desbordaba por todas as esquinas, aumentaban o discurso pros papanatas: da dereita á extrema dereita.
Pero nunca pensei que houbese tanto papanatas ó meu redor: nunca me podería imaxinar que algunha xente tivese tan pouca formación política e tan escasa conciencia crítica, oíndo como antes falaban.
Se relatase aquí o que levo escoitado nestes últimos anos, necesitaría millóns de byts.
¿Cómo é posible vivir nun país no que tan poucos vían a realidade dos feitos, profesor Rusell?
¿Cre vostede que se pode soportar intelectualmente ser gobernado por adolescentes tardíos carentes de formación intelectual, e estar calados?
¿Non son todos os mudos cómplices?
Agora todo mudou, caeu o telón e todos falan doutra maneira: que se hai que pensar en algo novo, que se a corrupción está metida en todos os partidos políticos...
E eu penso no pasado recente, nestes sete últimos anos nos que algúns nos sentimos coma no franquismo:
"Non te metas en política", daquela. "Estádeslle facendo o xogo á dereita", desta.
E nós, maestro Rusell, no mesmo sitio de sempre. Sitio no que agora moitos dirán que tamén estiveron sempre.

E volverán predicalo os cortesanos, todos a unha, para regocixo dos papanatas.
¿Que opinión lle merecería a Bertrand Rusell un goberno no que o poder o ten xente que nunca traballou e que, gobernando un país chamado España (xa saben que para min unha república federal), pasa case tres anos sin chamarlle ó país polo seu nome?
Seguro que diría que eso pasa nas películas e nas consultas dos psiquiatras.
¿Saben o que decían os papanatas cando un falaba desas cuestións?
¡E mellor non pensar no pasado e disfrutar as pequenas raiolas que nos trae o presente!

Cando eu estiven metido na Agrupación Dixital que participou na fundación de Ciutadans de Catalunya, coincidimos un grupo de xente coas ideas moi claras (entre eles o meu amigo P. desde Canarias). Tamén un arxentino que escribía moi ben:
Despois de falar do peronismo como movemento filonazi, e citar a Perón e ás súas mulleres que herdaban o poder coma se fose unha finca (Evita, María Estela co seu López Rega...), relataba o funcionamento mafioso dos sindicatos e a chulería duns militares golpistas que masacraran á maior parte dos que podían cambiar algo as cousas: ós peronistas, según parece, non lle fixeran moito daño.
Da inexplicable adoración por Maradona pasaba a explicar a actualidade política.
Chegaba a unha conclusión: ser unha persona seria cun pensamento de esquerdas é incompatible con ser arxentino.
E como había que elexir, cumpría deixar de ser arxentino (no sentido de despreocuparse de todas as cuestións das que falaba).
Eso a min non me ocurre, pensaba eu daquela.
Hoxe reflexiono coma el: é imposible pensar coma unha persona da esquerda seria (non a oficial, rógolles que poñan a cada un no lugar que lle corresponde) e sentirse español. Así que haberá que renunciar a unha das dúas cousas e, se esta xente nova que se bota á rúa non o remedia, deixar de sentirse español. Porque despegarse dunha maneira de pensar despos de máis de 40 anos non é fácil.


A teoría decía, antes cando moita xente se preocupaba de ler filosofía política, que toda oligarquía ten dúas características fundamentales:
- A loita por manterse no poder a toda costa.
- A corrupción.
Como estamos en campaña electoral, poden comprobar por si mesmos se a clase política española é ou non é unha oligarquía.
Aclaración: non existen oligarquías de esquerdas. A oligarquía está a un paso da dictadura. Incluso cando o proceso de elección é unha democracia formal:
- Venezuela é unha dictadura.
- España unha oligarquía
- Francia unha democracia.


Co dito, que os feitos avalan, supoño que entenderán o meu apoio a esa xente nova que parece recuperar a coraxe e empeza a loitar contra a oligarquía que nos malgoberna. Se me escoitasen, podería darlles algún consello: "Si foses xantar cos poderosos coida ben a carón de quén te sentas...", decía o poeta de Celanova.
Cando os libelos da dereita-dereita tratan de extrema esquerda a un movemento pacífico que pide dereitos, é que se está no bon camiño. Por eso virán os entristas de sempre para tratar de levar o temporal ó seu regato.
¡Forza e ollo cos compañeiros de viaxe!
Eles teñen un único cometido: domesticar ou dinamitar.

Un sinte certa alegría cando os lemas das pancartas coinciden co que aquí se leva escrito durante tanto tempo.


ACLARACIÓN: no término papanatas non inclúo ós que militan nun partido político. Estes forman parte das estructuras sin as que a oligarquía non podería manterse. Houbo un tempo no que se discrepaba do que os Consellos de Administración - chámese Comité Ejecutivo, Comité Federal, Consello Nacional, Consejo Confederal ou Comite Federal- das empresas de representación sostidas con diñeiro público -PP SA, PSOE SA, BNG SA, CCOO SA e UGT SA- acordaban.
E un podía crer que había democracia interna e que algunha xente pretendía recuperar a ética política desde dentro.
Ó profesionalizarse os aparatos e mandar xente que sempre vivíu da política, ese romanticismo desapareceu e hoxe solo se escoita falar de manter prietas las filas, porque xa se sabe que "el que se mueva no sale en la foto". E fóra fai moito frío.
¡Non vaia ser que os que o pagan todo se sintan donos do que realmente é seu!
¿Feitos, profesor Rusell?
Contábanmo fai un tempo: de arredor de 20 rapaces en edade de traballar dunha vila, estaban ocupados solo 2 que tiñan que ver cos partidos políticos.
A impunidade prodúcese cando os outros 18 están calados e agachan a orella.
Porque xa llo teño comentado moitas veces: desde os partidos, como empresas, xustifícase o nepotismo: temos que colocar ós nosos na Administración, porque ademáis de darlle traballo á familia e ós amigos, temos unha maneira de controlar ó poder cando gobernen os outros.
E esto pénsano e practícano todos. Sin excepción. Control do poder e supervivencia política son a esencia básica da arquitectura dos partidos políticos actuales. E dos actuales sindicatos.
¿É posible a rexeneración democrática?
Claro: o ministro alemán con máis porvir da dereita ten que dimitir porque copiou parte da súa tesis doctoral. ou dimite un ministro inglés por acelerar un visado para a niñeira da súa antihttp://www.blogger.com/img/blank.gifga amante.
Aquí chamaríanlles ¡Toreros!


0 opinions: