Quebec / Escocia

Eu son un afrancesado.
E ademáis, partidario dunha República Federal Ibérica (RFI).
E desde aló polo ano 1973, no que coincidín con dous quebecuás polas rúas parisinas, un observador dese país americano pro que moita xente nova botada para adiante puxo proa naqueles anos: ¿Por que non nos vamos pro Canadá?
Recordo perfectamente os días de discusión política recostados nas mochilas nunha das innumerables plazas da capital fracesa conmemorativas de Napoléon. Falabamos do Quebec e de Galicia: un deles nacionalista, ergo independentista e anglofobo, o outro e máis eu, de esquerdas, federalistas e internacionalistas.
¡O de sempre: federalistas solidarios e internacionalistas de esquerdas frente a nacionalistas de dereitas!

A provincia máis grande do Canadá ten 8 millóns de francofalentes nun territorio no que o resto dos 34 millóns falan inglés.

Era o modelo dos nacionalistas patrios que, sendo moito máis conservadores que os canadienses, pretendían darse unha man de pintura de cor progresista. Incluso cando estes chavales que nos gobernan andaban co da nación catalana, os encargados de facer pasar por progresista que os territorios máis ricos de España non tiveran obligacións solidarias (Los catalanes estamos cansados de pagar las pensiones de los extremeños, decían), escribian en El País coma se Barcelona fose Montreal.
Non era para menos: o Bloc Québécois, que leva no colo ó Parti Québécois, levaba anos arrasando nas eleccións da súa provincia:


Eleccións Xerais (equivalentes ás nosas Autonómicas) do Quebec:
1970 - 7 parlamentarios/108 asientos - 6,5% do Parlamento Quebequés
1973 - 6/110 - 5,5%
1976 - 71/110 - 65%
1980 - Referemdum pola independencia: 40,4% a favor dela.
1981 - 80/122 - 66%
1985 - 23/122 - 19%
1989 - 29/125 - 23%
1994 - 77/125 - 62%
1995 - Referendum pola independencia: 49,6% a favor dela (a diferencia foi de 54.000 votos).
1998 - 76/125 - 61%
2003 - 45/125 - 36%
2007 - 36/125 - 29%
2008 - 51/125 - 41%

Comproben que cando se producen os referendos pola independencia, no Parlamento Quebequés os nacionalistan teñen o 65% da Cámara en 1980 e o 62% en 1994.
¿Que pasaría en España se BNG, PNV ou CiU tivesen esa porcentaxe de representación?
Os mellores resultados dos nacionalistas nas Autonómicas:
Ciu - 1984 (primeira lexislatura) - Pujol - 72/135 - 53%
PNV - 1984 (primeira lexislatura) - Garaikoetxea - 32/75 - 43%
BNG - 1997 - Beiras - 18/75 - 24%


Eleccións Federales (equivalentes ás nosas Generales): dos 75 parlamentarios que elixe os cidadáns do Quebec, o BQ obtivo:
1993 - 54 - 72%
1997 - 44 - 59%
2000 - 38 - 51%
2004 - 54 - 72%
2006 - 51 - 68%
2008 - 49 - 65%
2011 - 4 - 5,3%

Nas Eleccións Federales de onte, 2 de maio de 2011, o BQ pasou de 49 parlamentarios a 4 . Perdeu o 92% da súa representación. Ler aquí


O debate é vello: as sociedades democráticas e avanzadas (a nosa non é ningunha das dúas cousas) fártanse dos salvadores. Aquí, nesta RFI que a min tanto me ilusionaría, o Presidente da Generalitat vota Sí a independencia nun referendo ilegal (él, o representante da legalidade en Cataluña), e logo no Parlamento Catalán abstense cando outros piden unha declaración institucional pola independencia.
Se queren unha Cataluña independente que o digan claramente e, se a legalidade llo permite, que se vaian. ¡Por min que non sexa!
Pero esta constante palabrería é insoportable:
¿Pódese convocar un referendo tras outro ata que un saia favorable para que daquela as cousas non teñan marcha atrás?
¿Non lles parece que eso é facer trampa?

Todo é un circo montado pola nova burguesia española: a clase política. Controlan as empresas máis potentes do país, as diferentes administracións, coma se as herdarsen de seus pais e fosen súas. O PSOE pagou o Pacto do Tinell coa promesa de que Endesa fose absorbida por Gas Natural, unha empresa tres veces máis pequena. Tratábase de que a sede fiscal (onde se paga o IVA) pasase de Madrid a Barcelona. Por esa causa, unha das multinacionales españolas de referencia é de Berlusconi.
E o mesmo que pasa con Fenosa: cando pagaba impostos en Madrid un podía ler as críticas de certos sectores políticos galegos, falando de soberanía. Agora que os paga en Barcelona nin mú.
¿Como pode un soportar tanta estupidez?

Pero sucede que eles son os novos señores feudales.
E cando as cousas veñen mal dadas: ¿oíron ó noso sabio Presidente do Goberno decindo que él non ten a culpa de nada do que pasa?
Trátannos como se fósemos siervos, estúpidos ou siervos estúpidos.
E o mellor sómolo.

¡Vostedes mesmos!
Solo para afrancesados.


Péchase a pelea dos que falan francés en Canadá e ábrese uu novo frente nacionalista en países escrupulosamente democráticos: dos únicos que a estas alturas da miña vida estou disposto a facer comentarios políticos.
Dos demáis países xa falan outros: vaian ás hemerotecas e lean o que decían fai un par de anos algúns políticos galegos da Venezuela gobernada por un militón golpista, que ademáis se estaba apropiando das propiedades que os emigrantes galegos tiñan aló despois de décadas de privacións.
Lean, porque agora calaron.
Agora pasou de moda para esa pandilla de majaderos. Pero collerán outra teima para escenificar a súa solidaridade cos de fora, mentras os da casa se desangran.
É todo unha pose, unha representación feita por majaderos de cara a un público de papanatas: todos contentos por falar de cousas "de esquerdas".
¡Meudeus canta estupidez xunta! ¡Canto inane intelectual con cargos de responsabilidade colectiva!
A democracia máis antiga da modernidade colle o relevo do Canadá, outra das grandes democracias do mundo civilizado.

O SPN (Partido Nacionalista Escocés) ven de obter un resultado inesperado nas eleccións ó Parlamento Escocés.
Nun Parlamento de 129 asentos pasa de ter 49 (o 38% no 2007) a 69 (o 53%, e polo tanto maioría absoluta, o 5 de maio pasado).
Escocia e Inglaterra están unidas desde 1704, e un referendum trouxo o Parlamento Escocés en 1999.
Dado que o Parlamento de Londres lle da ós escoceses 34.000 millóns de libras anuales para financiar a sanidade e a educación, certas encuestas (descoñezo o seu grado de fiabilidade) din que hai máis partidarios da independencia de Escocia entre ingleses e galeses, que entre os propios escoceses. Parece que solo o 30% dos escoceses son partidarios de que non os goberne a Reina de Inglaterra.
Así é Gran Bretaña.
Solomon, o lider independentista (é de agradecer que sexan claros nos seus propósitos: compárennos cos nosos) prometeu un referendo pola independencia nesta lexislatura.
¡Ojalá o leve a cabo e saia victorioso!
Habería un precedente na vella Europa e nacería un protocolo de separación pacifíca dos que non queren estar xuntos.
Xa ven que non ten nada que ver co dos cataláns que comentabamos máis arriba: estes son claros e, se a lei llo permite e os escoceses queren, vanse.
Pero polo que leo, traducido ó non controlar o inglés, parece que o do referendo deixa de ser prioritario e xa se fala máis da xestión económica dos nacionalistas que dos seus afans secesionistas, para xustificar o éxito: outra vaca no centeo.
Non sei se saben que o SPN forma parte do grupo Alianza Libre Europea que, dentro do Parlamento Europeo, está aliado cos Verdes, formando o grupo GREENS/EFA.
Os grupos políticos españoles que forman parte da EFA son:
- Aralar
- Bloque Nacionalista Galego
- Eusko Alkartasuna
- Esquerra Republicana de Catalunya
- Iniciativa per Catalunya Verds
- Los Verdes

Como verán, aínda que este vello pedregal en man común está agora medio parado, como o estan algúns conocidos que fai pouco tempo defendían as ocurrencias destes incompetentes que nos malgobernan, sigue pretendende ser, ¡pobriño!, un antídoto contra anestesia e un berro de libertade e rebeldía contra o servilismo (¿medo, acaso?) á clase politica, que está instaurado neste rebaño no que estamos convertidos os cidadáns.
Este refuxio de perdedores de todas as batallas habidas e por haber empeza a estar destartelado, e mentras moitos dos que deberían estar clavando puntóns nel, e axudando a levantar as paredes de media asta da futura Casa común, están nas colas do paro, a clase política que ten secuestrada a democracia engorda visiblemente.

Aquí iba unha foto. Como todos andan estes días acelerados mirando de coller poltrona catro anos máis, non quixera que se entendese que un participa nese teatro e apoio a algún dos centendentes. Deberiamos mentalizarnos e pensar que os verdadeiros demócratas temos a obriga de facer algo no futuro.

¡Mira que non se necesitan cómplices para levar a cabo unha labor propia de dinamiteiros da conciencia social e da conciencia crítica (uha non é nada sin a outra)!
Pero niguén tembla: crennos siervos, logo eles inmunes.
O peor de todo esto, e eso é o que realmente me rebela, é que teñen razón.
(Repítome conscentemente)

0 opinions: