Un punto de vista 01

Escribo desde un ordenador prestado: non sei se será que a fada dos bits quere coidarme, pois levo catro discos duros reventados nun ano, ou é que os ventos que antes soplaban na popa, rolaron e agora péganme nos fuciños sin compasión.
Despois de que me fixeran un burato na cabeza e andiveran remexendo alí nove horas e cuarto, entenderán que me incline pola segunda opción.
Este pasado domingo tiña dúas opcións, posto que o voto en blanco me parecía a estas alturas improcedente, pois non se pode aceptar un sistema electoral que lle permite a unha oligarquía convertir en deserto todo o que toca, e ademáis iba en contra dos pequenos partidos que peleaban polo 5% necesario para entrar nos axuntamentos: non ir votar ou coller a papeleta de Zapatero e facerlle algún garabato.
Como fai moitos anos que ando nestas cousas da política, véuseme á cabeza o que pensaba a finales dos setenta cando, estando representando a un partido, aparecían na mesa electoral papeletas graciosas. Así que collín camiño cara Chelo en lugar de facelo cara o Liceo.
No 2007 fixeramos unha aposta no traballo sobre o resultado das eleccións:
PSOE-6, PP-6, BNG-1, CxB-4 foi a miña aposta. Ganei a porra.
O erro (1 concelleiro BNG-CxB) veu dado ó considerar que a ruptura do BNG durante a última lexislatura de Manuel Lagares lle faría perder máis votos.
A miña aposta desta foi, sábeno moi ben algúns que lerán o que escribo: PP-8, PSOE-5, BNG-3, CxB-1.
Volvínme equivocar nun concelleiro entre PSOE e BNG: neste caso os causantes foron: sobrevalorar o efecto Zapatero (en negativo) e o peche de feridas e o voto dos novos votantes, no BNG.
Non sei se no Francisco Aguiar fixeron aposta desta, pero paréceme que con este resultado poucos me poderían ganar.

Leo os análisis que se fan sobre este resultado e debo manifestar que estou bastante en desacordo con eles.
No 2007 o PSOE gobernaba en Madrid, en Compostela e na Diputación da Coruña, así que acertou cando basou a súa campaña electoral en decir que agora podería traer para Betanzos auditorios, estacións de autobuses... Curiosamente, en cada farola de Betanzos puxo un cartel con un primeiro plano de Manuel Lagares e a palabra Alcalde debaixo. Poucas veces vin un erro estratéxico tan evidente: se o deterioro político do alcalde era evidente, como se publicou neste blog e os resultados demostraron, o que habería que ter feito era difuminar a súa figura e insistir na cartelería na súa labor de intermediario conseguidor.
Intelixentemente o PSOE buscaba o voto útil, que efectivamente foi parar ós socialistas. Para entender os resultados do 2007, e en consecuencia os do 2011, hai que cuantificar o voto útil. Dise que se pode considerar entre un 5% e un 10% do voto. Se collemos o mínimo, o 5%, como votaron 8.319 betanceiros, teriamos un voto útil de 415 cidadáns.
Ese voto pasou do PP ó PSOE e, en moita menor medida, ó BNG.

Se aceptamos o planteamento, CxB podería recibir do PP un máximo de 300 votos, que podemos redondear a 350 para evitar calquera tipo de suspicacia. Daquela as 1.150 papeletas restantes viñeron do entorno político do PSOE, do BNG e do Grupo BAN (blanco/abstención/nulo). Non valoro ós que cumpliron 18 anos no 2007.
Evidentemente, o maior aporte de votos veu do entorno socialista.

Agora, no 2011, produciuse o que se podía esperar: o PP na Xunta e un Zapatero que xa provoca sonrisas (contáronme o que pasou cando foi a un meson da Coruña nesta campaña electoral, ¿sacaría o PP maioría absoluta se Don José Luis non tivese ido a mitenear pola cidade?), fixeron que o voto útil emprendese o camiño de volta:
PP: 2.687 votos (2007) + 400 (voto útil) = 3.087 votos (2011).

Un CxB espléndido acabou de completar o resultado de María Faraldo e foi devolvéndolle votos ós demáis: 947 en total.
Non lle foi suficiente ó PSOE (perdeu 290) nin ó BNG (perdeu 43), pero engrosou a colleita de Converxencia Galega e do Grupo BAN.
De CG comentar que o seu resultado é similar ó de outras candidaturas que se teñen presentado en Betanzos e que, dado o tardío da presentación e a pouca publicidade, os 210 parecen un número aceptable de votos.
No Grupo BAN, os Blancos son 218 (+70) e os Nulos 200 (+90)

Os Abstencionistas ganamos ás eleccións con 3.282 non votos. Se contasemos coma votantes (non sería descabellado que non se cubrisen esas Actas de concelleiro), o resultado sería:
Abstención - 6
PP - 5
PSOE - 4
BNG - 1
CxB - 1
Fíxense que con 6 sillas baleiras, a situacion seguiría sendo a mesma: 5 do PP frente a 6 que suman todos os demáis. A ventaxa é que aforrariamos o soldo de 6 personas, o que non estaría nada mal nos tempos que corren.

Xa saben que os datos de abstención non sirven porque unha porcentaxe importante dos que non votaban eran Residentes Ausentes (emigrantes) que agora non teñen dereito a voto. Nas Municipales 2007 había 1.400 electores fora de Galicia que agora xa non están. Deles votaran 250, se non recordo mal.
Daquela temos un cálculo moi sinxelo, sin máis que restar 250 ós votos e 1.150 ás abstencions das Municipales 2007.
Municipales 2007 sin CERA:
Votos a partidos: 8.069
Abstención: 3.107 - 27,2%
Nulos: 110
Blancos: 148
TOTAL: 11.434

Logo a abstención aumentou e pasou de 3.107 a 3.282 (+ 175)

RESULTADOS ELECTORALES NUNICIPALES 2011 EN RELACIÓN MUNICIPALES 2007
ABSTENCIÓN: 3.282 - + 175 - + 6%
PP: 3.136 - + 629 - + 23% - 8
PSOE: 2.513 - - 290 - - 10% - 6
BNG: 1.043 - - 43 - - 4% - 2
CxB: 539 - - 947 - - 64% - 1
Blancos: 218 - + 70 - + 47%
CG: 210 - .............
Nulos: 200 - + 90 - + 82%

Eses foron os resultados matemáticos, que son incuestionables: comentaremolos desde o punto de vista político outro día.


Acábaseme de ocurrir: ¿por que non chamarlle BAN á próxima candidatura municipal dos betanceiros? A publicidade estaría feita: os indignados de Betanzos preséntanse ás eleccións cunha candidatura chamada blancos/abstencionistas/nulos (BAN). E si se quixese ir máis aló, engadirlle a G de galegos, co que nos quedaría un expresivo BANG ou ¡BANG!

0 opinions: