Diario sobre a corrupción na SGAE



Día 13 de xullo de 2011

Cando compramos un DVD para gardar as fotografías da última viaxe. ou un disco duro externo para conservar os pesados videotutoriales de Física e química, temos que pagarlle un tanto por cento, chamado canon digital, a uns respetables señores que gobernan unha sociedade PRIVADA: a SGAE.
Esa sociedade é o olliño dereito da ministra de Cultura, Miguel Bosé non quixo selo, do Goberno Zapatero: non podía ser doutra maneira ó ser a señora González-Sinde membro da incorruptible sociedade.

A cuestión e sinxela: todos, digo TODOS, os que que manexamos útiles informáticos somos uns presuntos delincuentes que, cando compramos un DVD, o primeiro que facemos é grabar as películas de Pedro Almodóvar ou de José Luis Cuerda.
Peo agora resulta que os que nos consideraban presuntos delincuentes, son en realidade uns presuntos delincuentes (¡Pillines!):
El País: Detenidos Teddy Bautista y otras ocho personas...
El Mundo: La SGAE se pone...
El País: Teddy Bautista dimite...
Quero que se fixen no personaxe que aparece na foto con sombreiro de palla: verémolo actuar dentro de pouco.


Non sei si saben que este demócrata tolerante e respetuoso montou unha bodega no Ribeiro, en Leiro concretamente. Á inaguración da San Clodio asistiu o extinto bipartito ó completo: supoño que sería polas decenas de postos de traballo creados no virreinato ourensán do cacique Cacharro Pardo.
Comproborán que Don José Luis Cuerda é, sobre todo, un home humilde ó que lle costa moito falar en primeira persona.

Día 14 de xullo de 2011

O prometido é deuda:

Supoño que si vostedes son votantes do PP e/ou católicos estarán indignados, porque eu, que nin son católico nin votante do PP, non estou disposto a permitirlle a este mequetrefe impresentable que lle chame turba imbécil a parentes meus, a veciños da miña escaleira ou a amigos cos que xogo a partida no meu pobo.
Calquera demócrata debería rebelarse cando un faccioso sectario, millonario con bodegas cando outros moitos pasan fame, se atreva a mofarse deses voluntarios de Cáritas que, servindo a uns principios ideolóxicos dos que este botarate carece, se ufanan en que moita xente poda comer quente todos os días.
Despreciar a opción democrática de dez millóns de españoles entre risitas falsas de comediantes con sueldos millonarios, pagados por todos nós directa ou indirectamente en moitos casos, si que é propio de turbas mentirosas, imbéciles e humillantes.
Unha sociedade que non se rebela contra estes personaxes non é unha sociedade sana nin democrática, senon o que realmente somos: unha oligarquía de partidos na que estes comediantes a sueldo de todos se dedican a facerlle o traballo sucio a un dos bandos en loita polo poder.
En fin, esas palabras, esas risitas e eses movementos de cabeza cando se insulta a personas coas que te xogas o café, non fan outra cousa máis que retratar o último escalón da miseria humana.
Aínda que moitos deles están abandonando o barco que entre risas puxeron a flote, as ratas son sempre as primeiras, compre pararse a escrutar esas miradas para saber con quen non temos que compartir mantel.
Seguirei contándolles neste diario a realidade e as relacións deste novo caso de corrupción, para que todos teñamos os datos diante cando nos fagamos unha idea propia e crítica de lo que pasa en la calle.
Para elo deberán separar os feitos das miñas personales opinións sobre estes personaxes, opinións que por suposto non teñen por que coincidir coas súas.

Día 15 de xullo de 2011

No ano 1964 nacen Los Canarios, que non teñen nada que ver cos paporrubios senón coas Islas Canarias: Teddy Bautista era o seu cantante e lider.
En 1968 publican este Get on your knees, no que Don Eduardo Bautista García lle pide á súa beibe que se poña de rodillas, non para o que un jevi se imaxinaría, senón para que rece: reza, reza, reza polo teu amor... ¡Estracto de pollo en lata!
Vinos en Monforte en agosto de non sei que ano. Do ano non me acordo, pero aínda teño a concavidade dunha cintura grabada no tacto e o cheiro dun perfume disolto na testosterona.
Xa daquela o río Cabe baixaba translúcido por debaixo da Ponte Vella e o futuro era un soño irredento de posibilidades.

Los Canarios - Ponte de rodillas







Día 17 de xullo de 2011


Don Eduardo Bautista García (Las Palmas de Gran Canaria, 27 de mayo de 1943) Presidente da SGAE:
Salario: 323.773 euros/ano, ou 26.981 euros/mes: para os que aínda nos sonan as pesetas, diremos que Don Eduardo tiña un sueldo de cerca de catro millóns e medio de pesetas ó mes.
Xubilación: 24.511,48 euros/mes, máis de catro millóns de pesetas ó mes.
Fonte.
Vendo cómo andan as cousas con familias en paro cos fillos na casa sin ningunha perpectiva de poder traballar, estes números son obscenos.
¿Por que ten tanto poder Teddy Bautista?
¿A sombra de quen se cobixa Don Eduardo?
É sinxelo:
FAES, Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales, é unha fundación privada do PP presidida por José María Aznar. Si o economista Juan Velarde aparece no patronato de FAES, estarán conmigo en que Juan Velarde é un home de PP.
O equivalente de FAES no PSOE é a Fundación Alternativas. Teddy Bautista é un dos 36 membros do patronato desde case a fundación da fundación, aínda que agora según parece agora ven de ser suspendido cautelearmente desa militancia polo escándalo da corrupción na SGAE. Fonte.
Si estaban conmigo en que Juan Velarde, por ser un dos 55 membros do Patronato de FAES, é un home importante do PP, non é menos certo que Don Eduardo (Teddy) Bautista, por ser un dos 36 membros da Fundación Alternativas, é un home importante do PSOE.
É dunha claridade tan transparente que cega a vista, contestando ademáis a moitas preguntas que poderiamos plantearnos.
Lean que Zapatero niega cualquier relación...
¿Como poden mofarse deste maneira da verdade e de todos nós?
Fano porque o PSOE se parece cada vez máis a un Cuartel no que os lelos que mandan falan ex-cátedra coma o Papa de Roma. Na Iglesia Católica hai curas e feligreses que critican publicamente os dictámenes da Curia: na Iglesia Socialista o que a Executiva predica é lei. Aínda que a maioría das veces o único que son capaces de parir son ocurrencias e bobadas.

Dous feitos:
Feito 1: conversando con un grupo de personas sobre a situación política de España, saen os ERE de Andalucia, nos que políticos do PSOE meteron na regulación de empleo dalgunhas empresas a parentes e compañeiros de partido que nunca traballaran nelas. O escándalo está no xuzgado. Un militante do PSOE que aprecio, persona dunha bondade e dunha honradez dificiles de igualar, comenta "O PP non ten nada que decir pois eles...". Contesto con dureza que ninguén está falando de que os do PSOE rouben máis ou menos que os do PP, senón distinguindo entre quen é honrado e quen non o é.
O partido non se xoga entre delincuentes, senón entre delincuentes e xente honrada. ¿É tan dificil de entender?
Cando personas do nivel da que estou falando son capaces de deixarse convencer de que o mundo é un foto en blanco e negro, o problema é moi serio.

Feito 2: conversando con un grupo de personas, unha delas, intachable, a que aprecio e pola que votei no se momento (e pola que volvería votar, ¡que quede claro!), comenta: "O que é escandaloso é o que cobran os banqueiros...".
Xa saben, a última bobada da Curia Socialista.
Comento con vehemencia que a mitade do sistema bancario español son caixas de aforros e que nas caixas de aforros mandan os políticos de cada autonomía. Ós banqueiros páganlle os accionistas que son os propietarios dos bancos (o Santader ten máis de dous millóns de accionistas), e se eles llo permiten pouco queda que facer.
Sin embargo, os directivos das caixas de aforros cobran do diñeiro de todos nós (do mesmo bolsillo do que cobran os políticos): o señor Blesa cobraba en Caja Madrid tres millóns de euros ó ano.
Lean aquí algunhas das tropelías ligadas á xestión política das caixas de aforros.
Por non falar de que cando o banco está mal xestionado os accionistas perden parte do seu patrimonio, mentras que os desvaríos dos directivos das caixas de aforros pagámolos todos.
En Castilla-La Mancha gobernou sempre ata agora o PSOE, paréceme que con maioría absoluta: daquela que Caja Castilla-La Mancha estivese sempre presidida por un socialista.

Juan Pedro Hernández Moltó, ex-diputado socialista, foi o seu Presidente ata que foi destituido e imputado xudicialmente pola súa xestión.
Chegaron o acordo de cobrar máis, e en tres anos duplicaron o seu salario: Hernández Moltó pasou a cobrar 10.000 euros/mes (case 1,7 millóns de pesetas ó mes).
Calificarse de socialista e facer estas falcatruados e polo menos vergonzoso, pero cabía a posibilidade de que CCM estivese moi ben xestionada e que poidésemos decir que ganaba diñeiro.
Sucede que 7.100 millóns de euros (case un billón doucentos mil millóns de pesetas) NOSOS, que poderían ir parar a escolas e hospitales, foron dedicados a rescatar Caja Castilla-La Mancha despois da xestión do señor Hernández Moltó.

Despois desto, como pode un socialista serio falar de ética na xestión bancaria e de sueldos de banqueiros.

Chega un momento que te planteas si merece a pena seguir defendendo a verdade e a ética nun país coma o noso, cando eso provoca enfrentamentos con xente a que aprecias, e que ademáis é dunha honestidade exemplar.
Resulta doloroso, pero non queda outro remedio se queremos chegar a vivir algún día nunha sociedade democrática coma a que un respira cando viaxa por Europa.