Retrato de dous caciques

Como veño defendendendo desde fai bastante tempo que en España padecemos unha oligarquía de partidos en lugar de disfrutar dunha democracia real, non podo deixar pasar dous feitos que confirma a miña teoría de xeito indiscutible.


Serviranos ademáis o primeiro deles para facer un análisis poblacional e ver que hay personas con moitísimo poder que solo teñen detrás uns miles de votos, cando outras necesitan 50 veces máis.

La Gomera, unha das sete Islas Canarias, é un territorio volcánico no que viven aproximadamente 23.000 personas.
Desde fai 20 anos, o amo e señor dese territorio é un profesor de instituto un par de anos máis novo ca min, de nome Don Casimiro Curbelo Curbelo.
O de profesor de instituto é un decir, pois non pisou un centro desde que en 1983 foi elexido alcalde da capital, San Sebastían de la Gomera.
Vamos, o perfecto político profesional. Profesión que en España equivale a oligarca (ou cacique). A ter en conta que a oligarquía leva sempre na mochila a corrupción.
¿O partido o que pertenece?... podería ser calquera. Neste caso é o PSOE, o que lle da un plus de morbo, ó ser os seguidores de Don José Luis Rodríguez Zapatero os adalides do comportamento ético (nos papeles) e das leis de igualdade de xénero.
Desde 1991, Don Casimiro preside a máxima institución política da illa: o Cabildo Insular de La Gomera.
O poder do profesor é moito máis visible ó ser La Gomera o único cabildo no que gana o PSOE.
Por si fose pouco presider o Cabildo, Don Casimiro é senador por La Gomera: siendo miembro de varias Comisiones, entre otras, la de Asuntos Iberoamericanos de la Cámara Alta.
Si Don Casimiro ten tanto poder, o primeiro que podemos preguntarnos é: ¿cantos electores votaron polo profesor?.
Se se van o INE e miran o censo electoral de La Gomera (seis municipios dentro da provincia de Santa Cruz de Tenerife), verán algo curioso:
Censo 01/01/2011 dos seis municipios de La Gomera:
Residentes en La Gomera: 15.962
Residentes no estranxeiro: 7.920
Total: 23.882
¡Non lles resulta curioso que a terceira parte das personas con dereito a voto vivan no estranxeiro!
En La Gomera, as denuncias por manipulación do censo electoral son constantes.

Vexamos a representación de Don Casimiro:
Como Presidente do Cabildo, o PSOE obtivo un 53% dos votos. Supoñendo que non houbo votos nulos e que tiveron dereito a voto os que viven no estranxeiro (todo esto favorece ó profesor): 12.600 gomeros confiaron en Don Casimiro.
Como senador: 6.115 gomeros votan por Don Casimiro.

ESES SON LOS PODERES DE DON CASIMIRO CURBELO CURBELO, AMO Y SEÑOR DE LA ISLA DE LA GOMERA.

Non sei o que cobra o profesor por presidir o día a día de 23.000 personas que viven na illa, pero si se sabe que como senador cobra 5.333,93 euros/mes. Tamen se sabe que é un dos senadores máis vagos dunha Cámara que non sirve para nada: desde que foi elexido en 2008 non presentou ningunha iniciativa propia. Fonte

Si por 6.115 votos, Don Casimiro cobra 5.334 euros ó mes por non non facer nada, este país tense que ir forzosamente polo sumideiro.

Penso que o cacique manosarriba queda perfectamente retratado.


Así que un día o rematar en Madrid o Pleno do Senado, colleu a tarxeta-taxi cargada con 3.000 euros/ano que ten todo senador, e levou ó seu fillo Adays a cear a unha marisquería (parece que con máis xente). Despois dunha boa cea, como non podía ser doutra maneira: Vamos de putas que pago yo.
O término empregado por Don Casimiro supoño que sería ese, pois según parece declarou que "Yo me meo en las putas, yo no pago a las putas".
Despois de ter problemas na sauna á que acudiron, parece que houbo destrozos e que os de seguridade os botaron fora.
Aló ás seis da madrugada acudiron a unha comisaria, que foi onde se prouciron os problemas.
Si podemos poñer en duda o que din os empregados do prostíbulo, costa facer o mesmo co informe da policía.
"A mí no me detiene un moro", parece ser que lle dixo a un policía de Ceuta.
Fonte: El trabajador del bar donde se produjo el altercado ha testificado que tanto el senador como su hijo y un amigo entraron con actitud "chulesca, agresiva y grosera", sobre todo hacia las señoritas que trabajan en el bar. "Yo me meo en las putas, yo no pago a las putas", dice que pronunció el detenido.
Don Casimiro sabe que como senador ten inmunidade parlamentaria e que a a policía e a Garda Civil solo poden detelo no instante no que esta cometendo un delito.
Por eso parece que un Don Casimiro co carro algo dianteiro se identificou, non podía ser doutra maneira:
- "A mí no me detiene ni la Guardia Civil"
Nas dilixenxias policiales pode lerse que Don Casimiro amenazou e insultou ós policias: "Sois unos terroristas, borrachos, hijos de puta, sinvergüenzas. Soy senador y voy a ir uno por uno a por vosotros, voy a acabar con vuestras carreras, que estáis pagados por los putos fachas del partido popular. Sois unos putos vendidos"
¡Aí Don Casimiro!, ¡Claro que son uns putos fachas do PP e vostede un socialista traballador (obreiro, vamos) e defensor dos desfavorecidos! ¡Délles caña que son franquistas e vostede todo un demócrata! ¡Toda a xente de esquerdas estamos con vostede!
Según os policías, Don Casimiro estaba coma un touro: "Me voy a dedicar el resto de mi vida a arruinaros la vida, os deseo a todos los policías que estáis que os muráis todos de cáncer [...]"
Parece que das palabras pasou ós feitos e Don Casimiro acabou pasando oito horas na trena por agredir a un axente.
Don Casimiro di que as cousas non foron así, pero presentou a súa dimisión como senador.
Parece que seguirá de Presidente do Cabildo de La Gomera, pois os seus compañeiros de partido (¿Cantos militante terá o PSOE na Gomera?: ¿300?) apoian incondicionalmente a Don Casimiro Curbelo.
Chama moito a atención o silencio de todas as organizacións relacionadas coa igualdade, e contra o racismo, diante dun home que di "me meo en las putas" e lle chama moro a un policía ceutí. A única explicación posible é que Don Casimiro milita no Partido Socialista (escribir é socialista pareceme un sacrilexio). Conclusión: todas esas señoras e minorías sexuales, subvencionadas por todos, que tanto falan noutras ocasións non son máis que organismos sectarios ó servicio dos que nos gobernan. A igualdade e a defensa dos dereitos das minorías sexuales non son maís que unha táctica política para ganar votos. Indecente.
A non ser que eu non entenda ben todo esto e, cando Don Casimiro insulta ós policías chamándolles maricones, en realidade utiliza unha linguaxe metafórica para tratalos de respetables homosexuales.

Este é o país no que vivimos e estes son os caciques dos que tanto lles teño falado. Nestes momentos en Gran Bretaña, por unhas escoitas, está dimitindo ata o apuntador.
Pero aquelo é unha democracia e esto unha república bananera (aínda que lle digan monarquía constitucional).


Outra noticia que avala os meus escritos sobre a corrupción que pouco a pouco vai contaxiando á esquerda oficial española sin que ninguén faga nada para impedilo (salvo o que pasou en Extremadura, máis ben todo o contratrio): EB (a Esquerda Unida do País Vasco) expulsa a Madrazo

Fonte:

En el citado informe se considera probado que Madrazo y el coordinador de la Presidencia y portavoz de la formación, Serafín Llamas, "sin información ni conocimiento por parte de ningún órgano de EB, fueron los responsables de condicionar el apoyo de EB" al PNV a la contratación de 43 personas y a la concesión de un crédito de 600.000 euros.
En concreto, el documento específica que "en la mesa B" de las negociaciones se reclamó "la contratación de Julia Madrazo, Jon Sustatxa (ambos dejaron de ser concejales en Bilbao tras el 22-M), el propio Serafín Llamas, este mismo año, así como de otras 39 personas a lo largo de la legislatura" y también "la incorporación de José Navas (exconcejal en Gasteiz) a la Caja Vital"
.


Estes dous exemplos escandalosos da esquerda oficial española deberían ser unha excepción, pero lendo a prensa todos os días comprobamos que non se trata denha infección de gorxa senón dun cancer terminal.
Con tal nivel de corrupción e nepotismo, a esquerda oficial española solo se mantén gracias ó control dos medios de comunicación e a falta de impulso democrático da sociedade española.
Se lle engadimos o resto dos políticos profesionales de dereitas e uns sindicalistas tamén profesionales, gordiños polos millóns de euros de subvencións, xa temos unha das patas da lucha de clases marxista: a burguesía.
¿E o proletariado?
¿Onde están os obreiros?
¿Onde se esconden os traballadores e as forzas da cultura capaces de convertirnos nun país moderno?
¿Están dormidos?, ¿secuestrados?, ¿anestesiados?...
¿Ou é que realmente non existen?



ANEXO PARA REFLEXIONAR

Collido de Expansión.
Son datos do balance da caixa única da Seguridade Social de 2010 por autonomías.
Galicía é a que ten o maior saldo negativo e Madrid o máis positivo.
¿Que quere esto decir?: que si a idea dos nacionalistas vascos e cataláns sigue adiante, e a caixa única da Seguridade Social se fragmenta por autonomías, Galicia non podería pagar as pensións dos galegos que as cobran.
Quero que recorden que o argumento fundamental dos nacionalismos vasco e catalán é que eles non teñen por que pagar as pensións do resto dos españoles: é curioso que tamén eles estean en números roxos en 2010. "Los catalanes no tenemos la obligación de pagar las pensiones de los extremeños", decían os nacionalistas cataláns non fai moito.

Os datos de Galicia compre matizalos: co retorno dos emigrados xubilados (na miña terra volven moitos matrimonios cando se xubilan: de Barcelona centos) moitos galegos cobran aquí pensións xeneradas noutras comunidades españolas, debendo cargar nos balances destas comunidades, e non no de Galicia, o importe das súas prestacións.
Os números roxos de Cataluña medrarían apreciablemente e os de Galicia descenderían na mesma medida. Tamén os de Madrid empeorarían.
Aínda asi, aínda que non fosemos os últimos, compre reflexionar e empezar a poñer no seu lugar a todos os que sustentan a súa estratexia política en convencernos das primaveras que nos traería unha Galicia independente.
Xa está ben de estar calados mentras se tiren pedras contra o noso propio tellado: unha cousa son as discusións políticas entre demócratas e outra moi distinta andar xogando co pan da xente.
Necesitamos nestes momentos que nos goberne xente capaz que teña como única preocupación o conseguir que TODOS os galegos teñamos unha vida digna e que o PRINCIPIO DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES sexa unha realidade constatable.
Os discursitos e as ensoñacións dos políticos profesionales e das súas organizacións satelites, gardadiños no baúl ata que todos os galegos comamos quente.
Xa está ben de patrias cando a moita xente lle costa darlle de comer ós fillos.
As únicas patrias dun home libre son a súa libertade e a solidaridade con todos aqueles que non poden levar adiante con dignidade o seu proxecto vital para ser libres coma el. Evidentemente, a primeira solidaridade e cos que falan o mesmo idioma ca un.
O demáis... o demáis filosofía conservadora espida ou disfrazada.