Cordón sanitario


Estaba buscando un documento que me fai falta no meu desordenado discoduroexterno e atopeime con esta fotografía.

Estamos a primeiros de 2007 cando a estratexia política do PSOE de Zapatero saída do Pacto do Tinell (firmado a finales de 2003) está en pleno auxe.
O pacto é sinxelo, xa o analizaremos con calma noutro momento: o PSOE pacta cos nacionalistas co fin de aillar o PP, poñendo en marcha a campaña propangandística máis impresentable da historia da democracia: dun lado os demócratas, enfrente o PP.
No momento álxido o PP era a extrema dereita e o campo dos demócratas chegaba o entorno dos que pegaban tiros na nuca.
Para botar do sistema democrático a nove millóns de personas que votaban pola dereita todo era válido, pero o fundamental estaba acotado: identificar ó PP co franquismo e co nacionalcatolicismo.
Evidentemente que para cumplilo había que recurrir o guerracivilismo e botar mirada cara os anos 30.
Se queren vostedes atopar un soporte científico a esta opinión non teñen máis que contar os programas de TV e as publicacións relacionados coa Guerra Civil destes sete anos siniestros.
O culmen foi a Ley de Memoria Histórica, disfrazada de todas as maneiras posibles para que os bobos non relacionasen unha cousa con outra. Eles, iletrados, non saben que a intelixencia non é máis que a capacidade de relacionar.
Por si lles entra algunha duda, hoxe mesmo en Andalucía: "Los ayuntamientos estarán obligados a identificar los «enclaves de la represión franquista» con un monolito o algún tipo de señalización, que incluso se llevará a fincas privadas".
Pensen que estamos a punto de quebrar económicamente coma país e xa ven ó que se dedican estes personaxes.
Para darlles máis datos:
Don Mariano Fernández Bermejo foi nombrado Ministro de Justicia por Zapatero en 2007, o mesmo ano do que falamos. Tivo que dimitir despois de andar cazando con Garzón, invitados en cotos de caza maior e, no caso do Sr. Ministro, sinter licencia para cazar en algún deses lugares.
Xa saben: a estratexia consiste en identificar ó PP co franquismo. Unha frase que Don Mariano pronunciou un tempo antes non pode ser máis expresiva:
"Hemos luchado contra los padres y ahora nos toca luchar contra los hijos".
Refírese ó PP lóxicamente.
Si len a súa biografía, verán que
"Su padre, el segoviano Mariano Fernández Alonso era empresario maderero y jefe local del Movimiento Nacional de dicho pueblo, del que también sería Teniente de Alcalde. La familia siguió acrecentando su patrimonio en Arenas de San Pedro al obtener la concesión de dos gasolineras, que todavía están hoy en manos de la familia."
Vamos, un franquista con concesións do monopolio estatal Campsa. Típico do franquismo: si queren saber de franquistas importantes daqueles tempos non teñen máis que indagar as concesións dos monopolios: gasoliñeiras, estancos, loterías...
¿Non será que somos outros os que loitamos contra seu pai, Don Mariano?
Tamen poden ler que
"Su primer contacto con la política se produce en 1986 en Madrid...".
Por se non o tiñan claro: un luchador exemplar. Tanto así que cando outros andabamos peleando contra seu pai e o franquismo do que formaba parte, Don Mariano tocaba o baixo en Los Cirros.

Imos vendo pouco a pouco ós protagonistas desta película perversa.
O que ninguén podía imaxinar nunha esquerda seria integrada por militantes honestos e demócratas, producíase aquí. Todo esto sería impensable nun país do noso entorno: pero aqui era el pannuestrodecadadía.

Supoño que estarán conmigo en que aniquilar o PP equivale a acabar co sistema democrático. Non costa tanto entender que aquí non se está defendendo ó PP (que se defendan eles se queren): aquí deféndese o sistema politico das democracias europeas que nos permitiu vivir os anos máis brillantes da nosa historia democrática.
Os teóricos de Zapatero (ten máis de 600 asesores) saben moi ben que o que lles conto é certo, pero a súa misión non é outra máis que calificarnos de extrema dereita a todos os que opinamos á marxe dos rebaños.
E pódolles asegurar que nuncas pensei que poideran ter tanto éxito.

Escoiten na TV que pagamos todos a un falanxista dos máis recalcitrantes e tardíos convertido en millonario polos permisos editoriales do franquismo e agora un demócrata de toda a vida que se permite darnos leccións:

A presentadora xa saben quen é. Ana Pastor, casada con Antonio García Ferreras director xeral de La Sexta, sacou nunhas oposicións á TVE, nas que había 212 plazas, o posto 1.115.
Pero aí está colocada a dedo e transformada nunha estrela da comuniciación. Con carácter: as oposicións son para os parias.

Detéñome nas explicacións para que vostedes se vaian facendo unha idea intelixente da rede de preopaganda e corrupción (xa quedamos en que a intelixencia era a capacidade de realcionar).

Nesa estratexia por sacar a sacar o PP do sistema imperante en todas as democracias europeas, tirando abaixo os fundamentos do estado democrático, prodúcese a reunión da foto de cabeceira.
Vaia por adiantado que os politicos son cargos públicos pagados por todos nós e temos dereito a opinar sobre eles: cousa distinta é participar activamente nun ataque coordinado e perfectamente medido contra o sistema democrático. Para entender algo mellor todo esta estratexia poderían lerm algo sobre o PRI.
Para calquera demócrata, TODOS (desde o último concelleiro a González Zapatero) os que participaron nesta estratexia son un peligro para a democracia. Agora cando se derrumba todo ese edificio siniestro andan todos co "eu non fun".
Le o comunicado unha muller con apelidos de teatro, Cayetana Guillén Cuervo. Doña Cayetana é unha militante exemplar do PSOE de Zapatero: aparece en todos os actos movendo a súa cabeza expresivamente cando se lle da caña ó PP.
¿De onde ven esa militancia obreirista desinteresada?
Doña Cayetana presenta un programa de cine na televisión que pagamos todos: "Versión Española". Non opino da súa valia para o posto, pero o que sí teño que decir é que tamén foi colocada a dedo nel. Saiu na prensa non fai moito que cobra por presentar ese programa semanal 60.000 euro ó mes, 10 millóns de pesetas ó mes.
O salario mínimo interprofesional é de 641 euros e esta señora colocada a dedo cobra dos nosos bolsillos case cen veces ese salario.
Con ese diñeiro enténdese moi ben que tamen aproveitase o nacemento do seu fillo para atacar en outro dos frentes: o frente do catolicismo.
O seu fillo Leo foi o primeiro madrileño bautizado polo civil.

Se non fose porque estamos falando da estabilidade do sistema democratico sería para botarse a rir durante media hora. O ridículo é insuperable.

Pero eu quería falar do que esta á esquerda de Doña Cayetana: o actor arxentino Federico Luppi.
Non vou opinar sobre a súa valía profesional, pois o que eu pretendo non ten nada que ver cos argumentos dunha dereita cavernícola que anda utilizando a palabra progre coma se fose un insulto, e mirando de desprestixiar profesionalmente a quen non pensa coma eles.
Este señor pronunciou unha frase nese acto, que foi a causa pola que gardei a fotografía:
“Tenemos la obligación irrenunciable —nos va la vida y el país en esto— de crear un cordón sanitario para evitar que esta derecha más que ultramontana, cerril, troglodita, casi gótica, se adueñe del pensamiento y el espíritu español”.
Ó lela pensei o mesmo que co de "imbéciles" de José Luis Cuerda: non permito que este mequetrefe veña ó meu país, escapando de pelear polo seu, para tratar de apestados a parentes meus e a amigos cos que teño xogado a partida moitas veces.
¿Quen é este estúpido para permitirse algo así?
¿Que somos nós para permitirlle que o faga?
Pensei que algúns dos presentes non saberían o que Don Federico iba decir e sacarían unha nota ó día seguinte declarando que non compartían os seus insultos.
¡Que va! Aplausos.

Pensei o que sucedería se o Sr. Luppi estivese en Francia:
¿Atreveríase a decilo?
¡Que va! Sabe que os troskistas franceses, que son os maiores oponentes politicos da dereita francesa, serían os primeiros de meterlle unha patada no cu para que acabara afuciñando no Río de la Plata.
Moitos arxentinos que teño conocido aplaudirían ese feito.
¿Que pasou aquí?
Si en Galicia o PP obtén a mitade dos votos, ¿como vai un pensar que se pode facer algo neste país cando un estranxeiro lle chama apestados á túa familia, a veciños da túa escaleira ou a amigos teus, e todo o mundo está calado?
¡Como se pode ser tan cobardes!
¿Onde está a coraxe?
¡Ah claro!: a coraxe consumiuse discutindo os penaltis do partido Madrid-Barcelona, ou comentando as aventuras duns pendóns mañaneros que andan contando con quen se deitaron o último fin de semana.
Según a prensa, a maxima audiencia televisiva téñena os partidos de fútbol e os programas de cotilleo. O último gran éxito seica foi o dun grupo de xente metido nunha illa.
A noticia, fresquiña coma o peixe da ría: Unha concelleira do PP, con dedicación exclusiva, abandona o pleno do que cobra par ir de público a "Salvame". O 24% da xente que tiña prendida a TV estaba vendo ese programa.
Mentras esta sociedade anestesiada na que vivimos bosteza, a prima de riesgo española chega ós 400 puntos.
¡Vásme comparar esa chuminada coa fichaxe de Cesc, pringao!


Son uns retratos da que se autodenomina esquerda (oficial) española: manipuladora, mentirosa, corrupta...
Se teñen un momento, escoiten a outra esquerda: a limpa, a solidaria, a que fai da honestidade a súa bandeira.
Aquela que non se sinte ben cobrando 60.000 euros ó mes por traballar unhas horas á semana, cando moitos dos que teñen a sorte de ter traballo cobran tan solo 641 euros mensuales por traballar 40 horas semanales.



¿Queda algunha esperanza?
¿Anda por aí algun zitarrosa?
Pois parece que a esquerda real asoma a cabeza contra vento e marea neste terreo de xogo enfagado.
Vexan, e escoiten, á señora Pastor, a que diciamos supendeu as oposicións pero que, ó igual que as reinas das festas do franquismo eran hijas de algún concejal, é a reina da televisión pública.
¿Notan a agresividade?
Pero Pedro Escobar é un home de esquerdas moito máis culto ca ela e, desde logo, moito máis honesto.
Escoitalo reconforta.

¿Non notan certo paralelismo co que CxB argumentaba fai catro anos?
¡A que xa nos imos ubicando todos e sabendo o que pensa cada un!
¿Non lles parece que os votantes de CxB de fai catro anos poden presumir de ser indignados antes ca os indignados e de comprobar que a única esquerda que existe acabe decindo o mesmo ca eles catro anos despois?
¿E os que decían que CxB era a extrema dereita?
O tempo sempre pon a cada un no seu sitio.