Lorca + Cohen vistos por blancolexitimo

Pensen como se sentiría un homosexual na España de charanga e pandereta de 1930, e imaxinen as súas sensacións cando camiña, anónimo, polas rúas interraciales de Nueva York.
En Poeta en Nueva York temos a un Lorca maduro e libre de Frascuelos e sacristías, que escribe un fermoso poema de amor: Pequeño vals vienés.
Evidentemente a lectura dos jacintos, dos lirios e de nuestra cama de la luna compre facela en clave homosexual.
Non se anda con tapujos cando escribe Dejaré mi boca entre tus piernas.



Leonard Cohen é un xudeo canadiense, poeta e músico, que desde fai moitos anos anda pola miña cabeza afrancesada. Vamos, unha das miñas debilidades.
Cohen enamourouse do imaxinario lorquiano, ata o punto de chamarlle Lorca a unha filla, e pasou moitas horas para facer unha maravillosa versión deste poema, musicándoo despois.
Fai moito tempo que quería traducir Take this waltz á miña maneira, e nunca tiven tempo. Así que desta na que teño tempo libre por prescripción médica, aproveiteino.
Como coñezo gran parte dos poemas de Cohen, sei máis ou menos como pensa.
Lorca foi un dos poetas da miña xuventude, e tamén sei algo del.
Partindo do poema orixinal, intentei traducir a canción imaxinando o que pensaba Leonard Cohen cando a escribía.
Paseino moi ben imaxinando como transformaría o autor de Chelsea Hotel o erotismo homosexual do granadino en
dinamita para heterosexuales.
Non me defraudou o máis mínimo, ata o punto que o dúo coa primeira das mulleres que o acompaña é do máis suxerente que en materia de erotismo teño visto e escoitado.
Do Dejaré mi boca enter tus piernas, o xudeo fálanos de My mouthon the dew of your thiighs, que se entende ben como Mi boca en el rocío de tus muslos, e déixanos un suxerente e enigmático verso To the pools that you lift on your wrist, para o que eu lles propoño Los flujos que tu muñeca desencadena.