Apagar o televisor instrúe


Tocarse, bicarse...¡A ternura, parroquia, é a ternura!
As frases que aparecen no banco son de maio do 68:
Debaixo dos adoquíns, a praia
Sede realistas, pedide o imposible
A vida está noutro lugar
Non se reinvindica nada, cóllese
A ortografía é unha mandarina
Canto máis fago o amor, máis ganas teño de facer a revolución. Canto máis fago a revolución máis ganas teño de facer o amor.
SEXO: está ben, dixo Mao, pero non moi seguido
Zelda, quérote ¡Abaixo o traballo!
Traballador: tes 25 anos pero o teu sindicato é doutro século
Non tomedes máis o ascensor, tomade o poder

Os muros parisinos forman parte da historia da esquerda europea (a de verdade) e deberían estudiarse nas escolas. Outra pintada decía Profesores, facédesnos envellecer.



A natureza dalles a algúns todo, voz e cintura, mentras que a outros non nos queda máis que Se eu fose Elvis...



Recordo perfectamente a casa, o disco e a xente que escoitabamos ó Cilia, ó Zeca, ó Fausto, ó Vitorino...
Trouxeronos a Compostela... Un tiña 20 anos e o tempo andaba acelerado a máis non poder.
Recordo que, cando andabamos nesto da política municipal, alguén se cabreou moito e me insultou cando subín unha canción do Zeca: como supuxen que era xente nova, sonrinme. A ignorancia é sempre atrevida, pero na xente nova é unha maneira de rebelión imprescindible.
Como decía, esta é para min unha canción especial.



Non podía faltar o JAJ



Outro xenio do nivel do mexicano que estaba sempre pegado a unha muller e a unha copa de tequila.



¡O que se pode facer cando non se perde o tempo coa TV!

CODA: as traduccións son miñas, daquela á miña maneira.