Intoxicacións de temporada

¿Queres que escriba de política?, ¿estás segura, cuerpo?
¿Cres ti que merece a pena?

Da política galega pódese facer un resumen cunha sinxela montaxe fotográfica:



Na parte de arriba un empresario listo, na de abaixo unha representación dos tres partidos políticos (ou empresas de representación, como vostedes prefiran) con poder en Galicia.
Os mesmos que parecían levarse a matar co bipartito (Touriño + Quintana) e que logo votaban conxuntamente dúas veces: para subirse o soldo propio e para facer que os seus que fosen funcionarios e voltasen ó seu posto de traballo despois dun tempo de cargo político, mantivesen o nivel que tiñan no cargo a dedo que ocupaban.
Indecente, é o mínimo que se me ocorre escribir.
Pero votaron todos. TODOS os parlamentarios galegos, que quede claro.
Igual que na foto de arriba, tamén están TODOS representados.

¿Aínda pensan que están alí para defender os NOSOS intereses?
O que resulta evidente é que defenden moi ben os SEUS.

Pero esa idea de impunidade de todos estes personaxes ten unha única razón de ser: supoñen que todos vostedes e máis eu somos un rebaño estúpido.


Paréceme que en toda historia da función pública española, o primeiro que lles rebaixou o soldo ós funcionarios foi un actor secundario dunha comedieta madrileña ó que a ignorancia dunha parte da sociedade española transformou no home con máis poder ata o momento.
A estupidez de todos e todas, como eles din, ¡que lles son moi feministoides estes tunantes!, (tod@s, como escriben algúns que logo lle restan medio punta a un alumno que escribe hirmán, sin ter en conta que a súa falta de ortografía e moito máis sangrante ca da rapaza para a que irmán quere decir hermano na súa lingua de biberón) axudando a que, unha vez máis, o tren da modernidade pasase por diante da nosa porta.
Para min, que non son nada, non teñen perdón. Ningún, desde o Presidente ó último simpatizante: todos son cómplices de que, unha vez máis, vexamos pasar o tren pola Estación de Monforte de Lemos sin que pare para que montemos nel.
Toda esta caterva de inútiles e corruptos que non tiveron o mínimo interés en cumplir co obxetivo que a historia poñía nas súas mans: facer que España fose un país moderno.
E para os que levamos 40 anos na esquerda política: moderno e igualitario.
España é un anacronismo e as diferencials sociales son as máis grandes da democracia.

E agora, os mesmos que se rían dos únicos que de verdade estaban comprometidos (estabamos, con perdón) con esa idea de sociedade, andan coitelo en man furando a todo o que se deixa, naturalmente dos seus.
Pero todos estiveron alí, na cuberta do mesmo barco ignominioso con buffet libre a conta duns cidadáns que vían como pechaba a súa empresa e os seus fillos emigraban.
Todos.
Eu non escoitei a antiga Izquierda Socialista en nigún momento.
Nin a Izquierda Unida que compartía poder e corruptelas en Andalucia.
Todos son cómplices.

Desarmados.
Solos.
Partidos de fútbol e programas do corazón na TV pública.
Messi ou Cristiano Ronaldo: esa é a contradicción fundamental.
Nos telediaros, falan máis tempo dos que corren tras dunha pelota que dos asuntos decisivos para unha sociedade moderna. Do futuro que lles esperas ós nosos fillos, por exemplo.
E Paquirrín.

Manipuladores e predicadores en todas as esquinas. Cobrando dos nosos cartos, claro está  Aquí, na que chaman esquerda, ninguén fai nada sin cobrar.
E o pobo que se levanta todos os días a munxir as vacas e a facer a marea para que todos estes profesionales da política e os seus cortesanos almorcen un cafe con leite corto de café e , a media mañá, caña con tapa de xoubas, desarmado.
Roto.
Mirando de sair da queima por eles mesmos, individualmente.
Cos fillos metidos na casa coma leóns nunha xaula.
Mentras os deles ...




EL MAÑANA EFÍMERO (1913)

La España de charanga y pandereta,
cerrado y sacristía,
devota de Frascuelo y de María,
de espíritu burlón y alma inquieta,
ha de tener su marmol y su día,
su infalible mañana y su poeta.
En vano ayer engendrará un mañana
vacío y por ventura pasajero.
Será un joven lechuzo y tarambana,
un sayón con hechuras de bolero,
a la moda de Francia realista
un poco al uso de París pagano
y al estilo de España especialista
en el vicio al alcance de la mano.
Esa España inferior que ora y bosteza,
vieja y tahúr, zaragatera y triste;
esa España inferior que ora y embiste,
cuando se digna usar la cabeza,
aún tendrá luengo parto de varones
amantes de sagradas tradiciones
y de sagradas formas y maneras;
florecerán las barbas apostólicas,
y otras calvas en otras calaveras
brillarán, venerables y católicas.
El vano ayer engendrará un mañana
vacío y ¡por ventura! ¿pasajero?,
la sombra de un lechuzo tarambana,
de un sayón con hechuras de bolero;
el vacuo ayer dará un mañana huero.
Como la náusea de un borracho ahíto
de vino malo, un rojo sol corona
de heces turbias las cumbres de granito;
hay un mañana estomagante escrito
en la tarde pragmática y dulzona.
¿Mas otra España nace?,
la España del cincel y de la maza,
con esa eterna juventud que se hace
del pasado macizo de la raza.
Una España implacable y redentora,
España que alborea
con un hacha en la mano vengadora,
España de la rabia y de la idea.

Peor que os franquistas: estes non engañaban a ninguén.

A pregunta é: se existise un partido político distinto, -Unidade Municipalista Galega, poñamos por caso-, ¿estarían na foto os seus representantes?

Se contestan que sí, apaga e vámonos.
Se contestan que non, ¿que esperan para artellar algo que nos poda representar?

Porque dese movemento 15M que tanto prometía, e que foi engulido polos mesmos contra ós que debería estar orientado, tiña razón nunha cousa: ¡Non queda pan para tanto chorizo


Vaia desde aquí o meu apoio, personal e aconfesional, para todos eses voluntarios de Cáritas que estes días dedican o seu tempo, e os seus cartos, a axudar a que os que nada teñen teñan algo, por pequeno, caducado ou usado que sexa.
A níngún dos das fotos de arriba se lles pasa eso pola cabeza: eles, sobre todo, cobran (a pesar de que no apartado formación hai un bachiller e tres interrogacións).