A democracia española ten un problema

A democracia española ten un problema máis serio do que eu pensaba.
En moitos medios dixitales preguntan se consideran xusta a sentencia á Garzón, e máis do 60% das respostas din que NON.
É dificil atopar un baremo mellor para estimar a forza do sistema democrático neste país.
Da mesma maneira que as laranxeiras non prenden en Escairón, a democracia non se da nesta terra nosa.
Caciques dun lado e do outro, e xueces que non cumplen as leis, son personaxes respetados nesta sociedade acrítica, anestesiada e sometida.
Fai uns anos era Mario Conde o arquetipo, agora Baltasar Garzón.
Os dous coa meta de facerse ricos.
A xente honrada e honesta que lle puxo o peito ó franquismo, podemos falar de Marcelino Camacho e Nicolás Redondo, non foron máis que uns pardillos que tiñan a desgracia de practicar algo o que lle din ideoloxía.

¡Canta miseria intelectual xunta!
¡Canto rebaño detrás de catro carneiros iletrados, tres ovellas resentidas e sete ou oito cans pastores a sueldo!
¡Canto pena me producen estes inocentes que, tratados coma siervos, cren as loubanzas dos profesionales da axitación política, que lles fan pensar que son a infantería da revolta social!

Esta xentiña defendendo a un personaxe que, cobrando íntegro o seu soldo de Maxistrado da Audiencia Nacional (un montón de euros que lle pagamos todos), consigue 15 meses de excedencia (as licencias por estudios dos funcionarios normales, tan importantes coma Garzón,  eran dun máximo dun curso escolar e agora prácticamente desapareceron).
Pero non era suficiente levar escoltas con él: quería cobrar outro soldo, levar unha asistente e á súa filla.
Para eso foron as cartas os bancos e as empresas españolas (Temos que estar a ben con Garzón, pensaron todas menos Endesa) para pedirlles cartos.
Outros 5.000 euros máis ó mes.
¿Pode un funcionario público en excedencia para formarse (cobrando o soldo íntegro) cobrar outro soldo?
Non sei se será legal, decente non o é.

¿Que pensarán Pablo Castellano e Luis Gómez Llorente?

E toda esta xuventude sin esperanza de futuro balando detrás de catro carneiros iletrados e manipuladores, e de tres ovellas resentidas.

E un aquí no Outeiro, vendo como o alento necesario para argallar unha sociedade moderna e xusta se lle regala ós que non teñen o mínimo interés en chegar a ela.

¡Que pouca coraxe ten a maior parte da xente nova deste país!