Galería de señoritos

Alex Grijelmo é un home de PRISA (El País, a SER...) que foi noemeado por Don José Luis Rodríguez Zapatero presidente da Agencia EFE en 2004. Os sindicatos denunciaron que cobraba 442.593 euros/ano  (74 millóns de pesetas ó ano, máis de seis millons de pesetas ó mes) .
O salario mínimo interprofesional é de 641,40 €/mes x 14 pagas/ano =  8.979,60 €/ano.
442.593 : 8979,60 =  49,3
Este señorito que vai de progre cobraba 49,3 veces o salario dun traballador.

A pregunta é: ¿seguirá o recén nomeado polo PP, o señor Vera, cobrando 37.000 euros/mes?

Seguramente.
Son os novos explotadores, que a diferencia dos burgueses do século pasado non arriscan nin un céntimo do seu patrimonio para facerse ricos.
..............................................................
Los 11 consejeros de Red Eléctrica Española cobran cada uno entre 130.000 y 180.000 euros brutos al año por asistir a las 12 reuniones del consejo de administración. Los que más cobran son los que asisten también a las reuniones de la Comisión de Retribuciones y Comisión del Buen Gobierno.
 Vaise de Presidente da REE Don Luis Atienza, que foi Ministro de Agricultura con Felipe González
e ven o que foi Secretario de Estado con Aznar e actual alcalde popular de Tres Cantos,
Don José Folgado

Os que se van:
Dona María Jesús Álvarez González, que foi Presidenta do Parlamento Asturiano,
naturalmente polo PSOE
Dona Arantza Mendizabal diputada do PSOE por Vizcaya

Veñen:
Alberto Nadal, hermano de Álvaro Nadal, jefe de la oficina económica de Moncloa y asesor de Rajoy:
 Ignacio López del Hierro, marido de María Dolores de Cospedal, que parece que renunciou por non perxudicar á súa muller (menudos soldos entran nesa casa sin arriscar nin un euro en ningún proxecto empresarial)
y el economista Juan Iranzo
 Esta é a realidade das cousas veciños. Escribo esto para que entendan un pouco millor o que hai detrás das bambalinas da política: por asisitir a 12 reunións ó ano 140.000 euros.
Diñeiro, diñeiro e diñeiro.
¿Importa algo que sexan as señoras socialistas de arriba ou estes populares de abaixo?
¿Escoitaron a algún socialista decir que estando o salario mínimo en menos de 9.000 euros/ano, cobrar 140.000 euros por asisitir a 12 reunións é algo inmoral e que ningúen que se diga socialista pode permitilo?
¿A que non os escoitaron?
Eles, todos, son os amos: un pequeno empresarios xógase o seu patrimonio por levar á práctica unha idea que ten na cabeza, estes non son máis que parásitos. 
Supoño que saben que se nos vai subir a luz con efecto retroactivo desde xaneiro deste ano: xa saben agora onde van ir para parte dos cartos do recibo.
¡Saúde!