Compromiso por Galicia


O tempo dache perspectiva e sopesas que máis de 40 anos de batallar na busca desa sociedade de homes libres, Antonio Gramsci falaba de que todos tiñamos que ser intelectuales, é unha utopía.
Maquiavelo argumentaba brillantemente que o home é por natureza perverso e egoísta, e  que solo se preocupa pola súa seguridade e por aumentar o poder sobre os demáis. Daquela necesítase un Estado forte gobernado por un Príncipe astuto e sin escrúpulos que poda establecer e manter un orden social xusto que frene a violencia humana e permita que os homes sexan libres e iguales. Gramsci sostiña que ese Principe do que Maquiavelo falaba era o Partido (o PCI = Partido Comunista Italiano).
Cando miras arredor daste de conta que a podredume (corrupción + manipulación) te ten rodeado e que a necesidade dese Príncipe-Partido é vital.

Como ademáis a política hai que facela de abaixo arriba, empezando polos concellos, vexo con certo grado de ilusión que empecen a coller forma colectivos de betanceiros que aposten por un compromiso con Galicia intelixente e non sectario.
No ano 75 uns centos de botados para adiante, sobre todo aquelas mulleres cos nenos nos carriños, presentamos en Monforte a ANPG.
Nacía o que tiña que ser un cruce de camiños e se acabou convertindo no territorio de caza da UPG. Un día falaremos de ERGA e de Lume, das Comisións Labregas e de Fouce...
Unha oportunidade histórica perdida.
Ese Compromiso pode ser, debería intentalo polo menos, o  catalizador da parte da sociedade galega que é a única capaz de modernizar este país. A aposta ten que ser a dun galeguismo aberto (dos moderados a ese galeguismo de esquerdas que é o pensar político de moitos máis dos que se pensa) que, tácticamente, sexa capaz de situarnos seriamente dentro de España e de Europa.
Da República Galega que predica a UPG ó Estado Galego dentro da República Federal Española ou da República Federal Europea.

Nas últimans eleccións entraron nas urnas 183.279 papeletas do BNG , correspondentes ó 7,8 % dos galegos con dereito a voto. Sei que unha parte considerable foi voto por exclusión de non nacionalistas.
É que ser nacionalista catalán ou vasco ten o respaldo de que son ricos, polo que os seus dirixentes están a todas os horas repetíndolle  ós seus votantes que independentes de España vivirán mellor. Dereita insolidaria en estado puro.
Os que repiten a mesma teima en Galicia estannos tomando por bobos.
Por eso é indispensable establecer unha fronteira entre os que son nacionalistas, que están moi ben no BNG, e os que deciden apostar por xestionar os fondos solidarios, que o resto dos españoles e dos europeos nos proporcionan, para empezar a estructurar unha Galicia distinta dentro dun Estado Federal moderno.
Saber a onde imos e empezar humildemente a camiñar.
Sin sectarismos, nin franquismo, nin guerras civiles... Cara adiante.

Vaia desde este pedregal en mancomún o meu apoio para eses galegos que, 37 anos despois da chamada de atención que fixo a ANPG, se comprometen na construcción dunha Galicia europea e moderna.

Cando esa Galicia sabia e reflexiva sexa unha realidade, do futuro, como decia meu pai, XA FALAREMOS.
Ese é o camiño dos galegos que pensan no que lle convén a Galicia e non no que favorece a este ou aquel grupo político, económico ou deportivo.
Sucede que TODOS  os que teñen e tiveron poder antepuxeron os seus propios intereses ós de Galicia.
Pasou sempre nesta terra. 

Olvideime de marcar o botón de "Non comentarios" e cando iba marcalo vin, en encarnado, que tiña un comentario que moderar. Aí queda o que estaba escrito:

Onde quedou ese home defensor do PP como representante da dereita europea, esa co estaba facendo tan ben. Alternancia, tricheras e outras monsergas, no fondo interese polo protagonismo que perdiches na túa aventura anterior. Xa non será doado que volvas a pillar algún parvo que vexa en ti algo máis co chapeado cotroso dun famento de espacio. Se queres que prospere este proxecto, alónxate del. (Anónimo)

Pensei que este outeiro a monte solo era utilizado para ler a prensa, pero vexo que aínda quedan fieles dos tempos gloriosos. En principio contesteille e permitín os comentarios.
Pero deseguida me convencín de que xa non teño anos nin ganas de andar con estas cuestións.
Así que fago público o comentario, porque nestes anos nunca houba a mínima censura neste sitio, único lugar no que na historia da democracia en Betanzos se pudo ler o coste que para os cidadáns supoñían os soldos dos políticos da Corporación Municipal.
Non compre ser moi espabilado para saber onde estaba a transparencia de CxB.
Eso nunca poderá entendelo o que escribe o comentario e todos os que , coma el, pensan que o pobo soberano non é  máis que unha lista do censo electoral.
Sucede que os que temos a coraxe necesaria para poñer no sitio ós vividores imos indo vellos, xordos e desequilibrados.
Pero aínda así valemos por quinientos destes mequetrefes.