Expertos en comunicación 2
Para dar o meu punto de vista sobre a campaña electoral voume convertir no asesor imaxinario (con poder de decisión e sin cobrar un céntimo) do Goberno do PP.
Parámetros de partida
1. O PP goberna en Madrid e os apoios que lle deron a maioría absoluta están en retirada debido ós recortes e a falta de liderazgo de Rajoy. 2. Non hai cartos. Presupostos 2009 da Xunta de Galicia cando chega Feijoo: 11.792 millóns de euros. Presupostos 2013 da Xunta de Galicia cando Feijoo se vai: 8.481 millóns de euros. 3.311 millóns de euros menos para gastar anualmente, un 28 % menos, que cando chegamos. Temos 500 mil millóns e pico de pesetas menos para gastos ó ano que cando ganamos as eleccións 2009 cunha maioría absoluta xusta: 38/75. 3. Os recortes en educación, sanidade, prestacións sociales ... xeneran colectivos agraviados que restarán votos. 4. Os funcionarios perderon poder adquisitivo e agora vanse quedar sin a paga extra de Nadal. 5. A galega é unha poboación envellecida, sobre todo en Lugo e Ourense. 6. Contratos para o naval en Ferrol e Vigo, chegados coma auga de maio. 7. Somos a Comunidade máis solvente de España. 8. O noso partido ten unha estructura que chega ata o último recuncho da aldea máis apartada da Ribeira Sacra.
Primeira conclusión
Se casi a mitade dos galegos votan por Feijoo, é moi probable que ata a un 30% deles se viran afectados pola crisis e/ou polos recortes, daquela probablemente se lle pase pola cabeza deixar de votar ou facelo por outros partidos. Importancia dos pensionistas. Pouco trasvase de votos doutros partidos ó PP ó non poder acometer inversións públicas. Cos que cumpliron 18 anos nestes catro anos pouco se pode facer estando o paro xuvenil no 50 %. Pola contra serán fácilmente movilizables por parte da oposición. É prácticamente imposible manter a maioría absoluta se a oposición non axuda un pouco. |