Expertos en comunicación 1

O resultado das Autonómicas apenas me sorprendeu: apostaba porque Feijoo melloraría (pero non tanto), que a AGE entraría con forza (pero non tanto), que CxG non entraría (pero que obtería máis votos), que PSOE se estrellaría e que o BNG tamén (pero non tanto).
Apostaba por

 PP (40), PSOE (19), BNG (10) e AGE (6)

Aínda que non acertei, os verdadeiros expertos saben que as liñas fundamentales (as directrices) dos comicios están perfectamente recollidas.

Botándolle coraxe seguín un tempo as mesas de analistas da Televisión Galega e de V Televisión. A conclusión a de sempre: o nivel medio dos analistas está á mesma altura do da clase politica e a representatividade sindical: INSUFICIENTE.

Lugares comúns, retórica predecible... nin unha sola idea novedosa.
Non recordo ben en que institución científica USA, o frontispicio da porta de entrada recollía algo asi como: Se cres que un elefante pode voar e estas disposto a explicar por que, entra, tes traballo.
Pola contra, na Universidade galega (e na española) o que entraba era aquel que mellor escribía ó pé da letra o que o todopoderoso catedrático explicaba (non sempre ó nivel que se supoñía). De aí nace un monstruo insaciable que é capaz de deglutir todos os recursos que dos nosos impostos lle chegan. Para entender ese reino do nepotismo chega con ver as sagas familiares colocadas de por vida na USC.
Esto veume a cabeza porque moitos dos analistas políticos eran profesores universitarios.
En lugar de analizar para clarificar, seguir mandando a mensaxe da tribu:

o señor Ernesto Sánchez Pombo, Xefe de Opinión de La Voz de Galicia nos tempos do Prestige (inolvidables os seus escritos daquela época. Debería recollelos nun libriño e levalos polas feiras. Nos momentos duros son os homes con coraxe os que se teñen que enfrentar cos que vapulean as institucións democráticas. Non era o caso deste home. En pago fixo pregóns) aproveitaba para zurrarlle a Rajoy: se pide agora o rescate é un miserable (paréceme que foi o término que utilizou).



José Luis Gómez, que foi director de La Voz de Galicia e de Xornal.com, o periódico dixital, e máis tarde en formato papel, que o constructor Jacinto Rey puxo á disposición do BNG de Quintana en tempos do bipartito, repetía machaconamente a doctrina de Todos contra Feijoo. Falaba do PP e da esquerda todo o tempo.

Supoño que o senor Gómez sabe que se presentou varias veces unha candiatura denominada Galeuscat.
Decir Galeuscat equivale a sumar BNG + PNV + CiU.
Se lle preguntamos ós cataláns diránnos que CiU é a dereita nacionalista catalana, se lle preguntamos ós vascos diránnos que o PNV é a dereita nacionalista vasca e se lle preguntasemos ós galegos deberían decirnos que o BNG é a dereita nacionalista galega.
E tan elemental que ofende ter que escribilo.
Pero non: os homes coma o señor Gómez predican (e teñen éxito) que o BNG é a esquerda nacionalista.
Para a xente que teña certa capacidade de relacionar unhas cousas con outras (esa é a definición de intelixencia) personas coma estas forman parte da corte que a oligarquía necesita para seguir indo ó carrenchín do pobo traballador.
Unha persona con decoro diría dun lado o PP, do outro a esquerda e os nacionalistas. O señor Gómez repite dun lado o PP, do outro a esquerda.


Alguén que é capaz de deglutir que en Galicia non hai nacionalistas de dereita, traga o que lle boten.
Coma os porcos.
Sucede que a doctrina oficial pontifica que as dereitas catalana e vasca non son franquistas e o PP é a (extrema)dereita española.
¡Que listos estes estadistas!
Se aceptamos, como eles din, que Esperanza Aguirre e a xefa da extrema dereita española e constatamos que na Comunidade de Madrid Aguirre gana en 171 dos 172 concellos e en 20 dos 21 distritos da capital, habería que botarse á rúa a berrar Madrid fascista, fuera de la pista (do Yohakin).

Pero resulta que ese Madrid fascista é o que máis axuda a pagar as pensións dos xubilados galegos.
Haberá que repensar as cousas e mandar a tomar viento ós que falan coma o señor Gómez.


Tamén me chamou moito a atención a visión emotiva e as loas a Feijoo dun articulista da Voz que leo con gusto. Aínda que o situaba noutras coordenadas, sempre terán o meu apoio todos aqueles que dinamiten o cordón sanitario que ese indixente intelectual chamado José Luis Rodríguez Zapatero teceu a redor do PP, tirando polo chan o modelo de país democrático europeo para España.


Polo que a min toca dúas apreciacións:

1. Unha das pólas do meu árbol xenealóxico é votante fiel do PP, e non estou disposto a permitir que ningún mequetrefe os califique de salvaxes. Aínda que o miña xoia sexa doctor por Nanterre e a súa tropa tropecientos.

2. O de nacionalismo de esquerdas é unha frase que ten un uso restrinxido:
     2.1 A expresión pode utilizarse cando se trata de etiquetar o movento de liberación dunha
colonia  na súa loita de emancipación contra a explotación dunha (case sempre lonxana) metropoli.
     2.2 Cando ese caso non se da os ous términos da expresión son antitéticos, e nacionalismo de esquerdas equivale a conservadurismo de esquerdas.

Daquela paréceme ben que os que consideran que Galicia é unha colonia (o nacionalismo interior, tan popular no seu momento) se autocalifiquen de nacionalistas de esquerda (a aplicación é biunívoca: se te declaras nacionalista de esquerdas implica que aceptas que Galicia é unha colonia).

Claro que para eso compre aceptar que unha rexión de Europa autogobernada, que forma parte do Estado español, é unha colonia de ¿Madrid?

¡Alá cada un!

ANEXO I
Cando se medra nun ambiente de esquerda seria, móveste nun entorno con moitas cousas en común e compartes uns planteamentos políticos que dan por sobreentendidas moitas cousas.
Pero dentro da esquerda política, da vella esquerda política antifranquista, hai de todo. Hai de todo no que non deixa de ser unha Axencia de colocación.
Despois do primeiro ano de goberno de Zapatero, polo que eu lóxicamente non votei,  cheguei a conclusión de que o PSOE no que mandaban estes



era un peligro para o sistema democrático imperante en Europa, no que eu quería vivir.

Se mandan estes e ninguén protesta é que todos están de acordo, pensei. Desde aquel momento o PSOE pasou a ser para min marxinal. O razonamento non era o de moita xente honrada e honesta e uns cantos corruptos en xeral. O enunciado valía para os militantes de base, pero nos cargos con poder os honrados e honestos eran minoría. O tempo deume a razón con moita máis intensidade da que supoñía, aínda que coñezo moita xente como é debido que milita na socialdemocracia.

E, coma sempre, defendín a democracia participando na creación de Ciutadans de Catalunya e de Cidadáns por Betanzos.

Tratábase de frenar a maquinaria posta en funcionamento por dous indixentes intelectuales (José Luis Rodriguez Zapatero e José Blanco) sin que ninguén rechistase:  nin no PSOE, nin nas forzas parlamentarias que apoiaban a Zapatero (todas menos o PP).

Desapareceron os sobreentendidos e cos que tiña unha relación de amistade discutía: eles decían que lle faciá o xogo ó PP, que era precisamente a consigna do todopoderoso e ágrafo Zapatero. Outros, máis interesados na Axencia de colocación, decián que eu me volvera de dereitas. Coma sempre unhas cantas excepcións: catro. En todo o meu entorno político, as relacións amistosas non deben (ou non deberían) mezclarse coas cuestións políticas, había solo catro personas que se decían de esquerdas que eran demócratas.

Hoxe leo que todo o PSOE di o que eu decía hai máis de sete anos, e non queren oir falar nin de Zapatero, nin de todos os que estaban con Zapatero. ¡Manda carallo!

Á xente á que me refiro non ten nada que ver con Betanzos, pero de Betanzos poderiamos falar largo e tendido.
Por exemplo, en 1977 e deixando aparte os insultos, o máis decente que dixeron os dirixentes do PSOE de CxB é que eramos a dereita do PP (se daquela para PSOE e BNG os do PP eran franquistas, os de CxB debiamos ser Fuerza Nueva, cando probablemente un par de membros da candidatura tiñamos máis antifranquismo ás costas que toda a candidatura do PSOE) e que non eramos demócratas porque o alcalde tiña de ser Manuel Lagares que viña de sacar cento e pico votos máis que o PP.
Como o sistema democrático é un sistema representativo, no pleno había 6 do PSOE (que non socialistas) e  6 populares.
Non importaba: se algo ten o caciquismo é que se cre lexitimado para darlle unha interpretación ó seu antoxo ás leis.

Catro anos despois, no 2011, no Pleno Municpal sentábanse 6 do PSOE e 8 populares.
O noso Alcalde, que foi elexido cos votos de BNG e CxB, declaraba que fora elexido rexidor cos votos progresistas.

Agora xa non supoñía un ataque á democracia o feito de gobernase un con seis cando outro tiña oito. Non era un ataque porque o que é democrático e o que non o é decidíano os dirixentes do PSOE de Betanzos: o que me convén é democrático, o que non me convén non.

Tamén é chamativa a potestade do Alcalde de Betanzos para pasarnos de franquistas a progresistas.
¿Por que as xentes de CxB pasaron de franquistas a progresistas? Porque así o dictaminaron os dirixentes do PSOE de Betanzos: o que me apoia é progresista e o que non franquista.
¡Moito deberon de correr os dirixentes do PSOE de Betanzos diante dos grises para falar con esa rotundidade!

Hai comportamentos que non deberían aceptarse en personas que exercen cargos de representación colectiva na democracia. Son o cáncer responsable de que a clase política sexa o terceiro problema para os españoles. Pero, aínda que pareza mentira, moita xente sigue tendo medo de expresar libremente o que pensa. Aparte dos que se sometan e permiten que pensen por eles.

Que ninguén interprete esto, que se me ocurriu lendo un periódico dixital, con ningún tipo de apoio ós catro anos desastrosos de goberno municipal de María Faraldo, nin a incompetencia de CxB para levar a cabo a laboura que os betenceiros lle encomendaran.

Non falo de personas: falo de democracia e de respeto por todas as opcións políticas que aceptan os principios constitucionales.

Tamén no BNG de Betanzos algúns decían que eu era un dereitoso.

España é un estado autonómico con 47 millóns de habitantes e 400.000 cargos políticos.
Alemania é unha república federal con 82 millóns de habitantes e 200.000 cargos políticos.
Solo os políticos profesionales poñen en duda que a política en España sexa unha Axencia de colocación a dedo.

Mentras Cada día abandonan Galicia 70 jóvenes entre 20 y 34 años.
A bon seguro que entre eles non viaxan nin fillos nin sobriños dos políticos profesionales.