Compromiso por Galicia

É a única forza política galega que abre unha cancela cara un novo terreo. Será mellor entreabre, pois hai certo descontrol ideolóxico cando se mezclan declaracións que falan de cidadáns e herdeiros dos galeguistas dos anos 30 con outras que barruntan soberanismo cívico e ser o Partido Nacionalista Escocés.

Sei do que falo cando digo que son os menos aqueles que militando no nacionalismo, ó deixalo rompen con toda a  estética e a retórica sectarias que practicaron durante un tempo.
Por eso algúns non quixemos desde o principio, nos primeiro 70, seguir o camiño que transitaban eufóricos outros.
Os realmente demócratas, honestos e con cabeza, son os únicos que poden retomar comportamentos de esquerdas, internacionalistas e solidarios, despois de andar, dálle que dálle, con toda a vestimenta propia da dereita, incluso da extrema: a saber, himnos e bandeiras ó vento.
Eles eran nacionalistas galegos e os galegos que non o eran, covertíanse por decreto en nacionalistas españoles.
Non quedaba terreo libre pois estaba repartido: todo quisque era nacionalista.
¿Como poido a xente de esquerdas aceptar esta estupidez?
¿Era realmente de esquerdas a que o aceptou?
¿Como é posible un pé de foto en La Voz de Galicia na que sindicalistas (de profesión) de CCOO, no aniversario da morte de Marcelino Camacho (que foi responsable do meu sindicato) digan Marcelino era partidario da liberdade dos pobos?

¿Por que a esquerda oficial adopta comportamentos da dereita?: estiven en Barcelona nas últimas Autonómicas catalanas e vin como Esquerra Republicana de Cataluña repartía


Podo decir que desde o franquismo nunca vira tanto fascista xunto.
A reposta a ese porqué é sinxela: como viñamos do franquismo, todo o antifranquismo era de esquerdas ou, ó menos, progresista.

¿Como conseguir que Franco seguise vivo? Pois, ó ter o control total dos medios de comunicación, lanzar a campaña de manipulación e propaganda, agitprop dinlle, que máis éxito tivo en tempos dese agráfo desvergonzado que se chama José Luis Rodríguez Zapatero: PP = Franquismo.
¿Imaxinan ó Partido Socialista francés falando da xeralizada colaboración dos franceses con Hitler ou á esquerda italiana recordando o apoio que os italianos lle deran a Mussolini?
Imposible porque son demócratas e pensan que eso trae consigo un respeto por todas as opcións políticas que aceptan as reglas de xogo constitucionales. E porque miran polo interés do país que pretenden gobernar

Pero don José Luis Rodriguez Zapatero era un indixente intelectual que, xunto con outro indixente coma el chamado José Blanco, pensaron que había que establecer un cordón sanitario para evitar que os máis de nove millons de españoles, franquistas según eles, que votaban democráticamente ó PP non contaminasen ó resto do país.

E volvemos á Guerra Civil: en horas punta da TVE guerracivilismo, co da Memoria Histórica  (e Garzón) guerracivilismo, co do Valle dos Caídos guerracivilismo...

Nin unha sola declaración de defensa da democracia dentro do PSOE (Pablo Castellanos, Gómez Llorente e Francisco Bustelo xa non eran a voz respetada de Izquierda Socialista), nin en IU, nin no BNG...
Importáballes un pimento o sistema democrático, a súa única meta era a conquista do poder a toda costa, e manterse nel, tamén a toda costa.
Mentras don José Luis Rodríguez Zapatero arruinaba este país gastando en 2011 90 mil millóns de euros máis dos que ingresaba. Noventa mil millóns de euros son 15 billóns de pesetas.

Desde ese momento para min o PSOE empezou a ser un partido prescindible, para Julio Anguita tamén, no que a corrupción avanzaba coma o lume en setembro polos soutos e carballeiras galegos. Hoxe hai outra denuncia, desta de IU, por corrupción contra outro alcalde do PSOE (decir socialista paréceme unha blasfemia) de Andalucía.

Os cidadáns que defendiamos para España un marco de convivencia similar ó que imperaba nos paises democráticos europeos eramos de dereita ou de extrema dereita, según o vento que soplase e os cartos de todos da correspondente subvención circulasen ou non.

¡Canto miserable entre os profesionales da política!
¡Cantos homes e mulleres sometidos vivindo con un!

Pero estabamos falando de CxG.
Se queremos unha Galicia democrática gobernada desde Compostela, coas marxes competenciales que a Constitución permita en cada momento, necesitamos un partido que recolla o galeguismo democrático, desde o conservador ata o galeguismo de esquerdas, pasando pola socialdemocracia galega.
Os únicos garantes do estado democrático de dereito son a Constitución e o Estatuto de Autonomía. Libertá, Amnistía, Estatuto de Autonomía berrabamos nas rúas os que tiñamos a coraxe de facelo. Normas que por suposto son modificables.

¿Será capaz CxG de ocupar ese territorio?: o que fala de cidadáns e galeguismo sí, o que fala de soberanismo cívico nin por asomo.

¿E os candidatos de Compromiso?


Do tal Bascuas non sei nada, salvo que tivo cargo no bipartito Touriño/Quintana. Ese feito di pouco ó seu favor. Carisma non paece ter moito, pero outros que o teñen non dicen máis que tonterías. Pero lin que era un home sinxelo (que sempre significa que non é un simple), comparen o seu vestir co  estudiadísimo desorden indumentario do profesor Beiras, o que ós leiras (que temos ese olfato a herba seca que nos permite detectar ós señoritos e ós que queren selo) nos satisface especialmente.


Ó exsenador por Ourense escoiteino falando dun Senado prescindible no tono leira que temos os que mamamos en galego no rural.
O Carballido deume cursos de viti/vinicultura en Guísamo e paréceme un home ponderado.



Logo está o betanceiro que foi un brillante alumno meu, e que polo que leo aínda non se fixo a pregunta fundamental: ¿pode ser nacionalista hoxe un galeguista de esquerdas?
A resposta a esa pregunta sitúao a un a unha marxe ou a outra do río do pensamento político universalmente aceptado: dun lado o internaconalismo solidario que rompe fronteiras e bandeiras, no outro o control dos comerciantes que poñen fronteiras e aranceles, e desfilan coas bandeiras ondeando detrás da fanfarria que interpreta unha marcha militar á que lle din himno.
Sentirse español e europeo en Francia, e galego e español en Madrid ou Barcelona, por un lado, ou andarlles explicando ós franceses jacobinos que ti eres galego e non español (a bon seguro de sonrirán), ou tratando de convencer a un extremeño que ti eres galego e europeo pero non español.

Necesitamos unha Galicía de hoxe que axude a artellar un país democrático respetuoso cun estado de dereito solidario que nos permita disfrutar de prestacións que sin esa solidaridade non poderiamos manter, e que tamén nos abra as portas dunha Galicia do futuro que non sabemos como será.
¿Elucubramos coa Galicia do futuro? Non merece a pena, se traballamos todos xuntos remando no bon rumbo podemos estar seguros de que os galegos do mañá elexirán o mellor porto.

¿Que sucederá o domingo? CxG non existe prácticamente nos medios de comunicación en mans de poderes ós que a opción non lles convén. Por outro lado á xente seria que non transforma a política nun espectáculo adolescente e esperpéntico.

danlle menos cancha.

Eso ten un inconveniente: a colleita electoral será escasa, e unha ventaxa: cada unha das papeletas ten o valor engadido de que está alí porque o que a mete está comprometido co que fai á marxe da propaganda.
Daquela deberán os dirixentes valorar concello por concello o número de galeguistas e elaborar a modiño a táctica e a estratexia políticas de cara ás Municipales 2015.

¿Pode un vello galeguista de esquerdas, partidario dunha Gailicia autogobernada dentro dunha República Federal Española


ou dunha República Federal Ibérica



votar por Compromiso por Galicia?

 Pois polos de cidadáns e galeguismo evidentemente,  polos que a día de hoxe predican unha Galicia independente, e como consecuencia indixente económicamente, nin pensalo. Para votar por eso xa tería un as ofertas de AGE e do BNG.

A xente seria e honesta non debe andar xogando coas pensións e a Seguridade Social dos galegos.

Así que, como penso que compre botar unha man e animar ós CxG betanceiros para que artellen  unha candidatura municipal no 2015, paréceme que o domingo, despois de anos de abstención nas Autonómicas, pasarei polo Liceo.

Xa sei que solo é unha papeleta, pero para min é importante porque é a miña papeleta.

Este amigo meu que ven a continuación non votaba e atrevíase a decir que certa esquerda era a antesala do fascismo. Era un xenio anarquista e antiautoritario. Provocador imprescindible para contrarrestar as profecías dos profesionales da política e da comunicación, e trazar un camiño polo medio: máis arrimado a Léo no meu caso.


De xente así aprendería incluso o ilustrado profesor Beiras, ó que lle teño lido traduccións do francés.
Moito máis brillantes que ás deste fillo dun labrego lugués, desde logo: non é mesmo trazar regos e acadullas na dermis dunha terra sempre a barbeito, que graduarse pola Escola de Comercio da Coruña.
Con esto non pretendo quitarlle mérito a don Manuel Beiras nin ó seu fillo, faltaría máis. Máis ben todo o contrario: eran moi poucos os que empuxaban a barca galega e teñen o meu respeto ad eternum.
O que sucede é que ó escoitar estes días os discursos antidemocráticos deste home un chega a conclusión de que movilizará uns cantos para coller a súa papeleta, pero levantará a moitos máis que tiñan pensado quedar na casa e agora verán a Feijoo coma o baluarte contra a insensatez.
Verémolo o domingo.

Felicitar por adiantado ó ganador deste proceso democrático ó que costou moito esforzo ter dereito, ata o punto de que uns cantos tiveron que pagar coa súa vida un 10 de marzo que vestía de gris.