Un punto de vista personal
Despois do dito na última entrada queda claro que PP, PSOE e BNG son, para min, pura e caduca oligarquía posfranquista. Sobre a corrupción socialista, que para o PSI (Partido Socialista Italiano de Bettino Craxi) supuxo a desaparición, siguen os feitos corroborando día a día que o PSOE é o lider destacado da corrupción: deteñen a mafiosos chinos en Fuenlabrada, e con eles a un actor porno e a un concelleiro. ¿Adivinan de qué partido é o edil? (El País e El Mundo). Ademáis do trio , presentan candidatura: Non perderei o meu tempo falando do que foi modelo engominado de triunfador español. Esta muller, que foi Consejera do Goberno Vasco polo PSOE, pactando co PNV, dirixe unha formación que ten a súa razón de ser, pero que en Galicia nunca representará gran cousa. Equiparan, na súa ignorancia, a estructura politíca galega ás de Cataluña ou o País Vasco. Que esta muller non sepa que os galegos non somos nacionalistas (nin españoles nin galegos) é normal, que a xente capaz que ten no seu partido non o vexa non resulta moi esperanzador que se diga. Desta parella sei algo máis. O profesor Beiras é un deses políticos esperpénticos que tanto éxito teñen e que tanto daño lle causan á democracia. Como é un home intelixente, cabe pensar que non é un demócrata. Algunha discusión teño tido. Non conforme con calificar de barbarie e franquistas sin Franco ó 52,52 % dos galegos que votaron polo PP nas últimas Eleccíons a Cortes, remata de cabeza (parece que desordenada) declarando que Feijoo está matando máis xente que nengún grupo terrorista do Estado español. É unha desgracia que personaxes coma este, cunha adicción ó poder e ó protagonismo patolóxicas, sexan un referente para alguén. Pero xa teño dito aquí que o problema que temos para ser unha esquina verde e democrática é o déficit de demócratas. Yolanda Díaz, cando coincidín con ela sempre vestía de rojo, é filla dun sindicalista de Astano que foi Secretario Xeral de CCOO de Galicia (daquela o meu xefe), Suso Díaz. Sin chegar ó protagonismo do trío Pillado-Amor-Rioboo, foi un home serio e capaz. A señora Díaz é un producto típico da suma PCE + CCOO, que tanto protagonismo tivo no Ferrol franquista, e que logo acabaron sendo unha rémora cando a nova esquerda pedía paso. Soña o que pensa que a señora Yolanda ten un adarme de espíritu renovador. Analizar o seu recorrido político é interesante porque nos permitirá ver o transcurrir político dunha das cidades que foi punta de lanza do antifranquismo galego.
MUNICIPALES DE FERROL
Concelleiros 2003: PP (7), BNG 86), IF (6), PSOE (4), EU (2). Pacto PP + Independentes por Ferrol (IF). Alcalde Juan Juncal (PP). Concelleiros 2007: PSOE (9), PP (7), EU (4), IF (3), BNG (2). Descalabro do BNG. Pacto PSOE + EU. Alcalde Vicente Irisarri (PSOE), Primeira Teniente de Alcalde Yolanda Díaz (EU). Concelleiros 2011: PP (13), PSOE (7), EU (2), BNG (2), IF (1). Maioría absoluta do PP: alcalde José Manuel Rey. ¿Que pasou en Ferrol entre 2007 e 2011 para que o PP obtivese o mellor resultado da historia nesa cidade? ¿Sería porque o tal Irisarri era surfista? ¿Ou porque Yolanda Díaz defraudou e por eso EU perdeu a mitade da súa representación municipal? Como falamos da señora Díaz, compre recordar que houbo dimisións de concelleiros e acusacións por pare das bases de EU polos salarios escandalosos que aprobaron os representantes da esquerda (je,je): Irisarri: 73.000 euros/ano (un dos alcaldes que máis cobraba de España) e os concelleiros con dedicación exclusiva: 50.200 euros/ano. Agora, seica, Yolanda Díaz é aire fresco. ¿E a corrupción en IU? Lean, é moi intereasante, o que escribe unha persona de esquerdas desas acusacións. O desta Esker Batua corrupta no País Vasco parecese moito ó camiño que EU ven de iniciar en Galicia. En Andalucía a cousa é moito máis seria: en Sevilla alcaldes alcaldesas a mesma alcaldesa outro alcalde outro alcalde outro alcalde máis alcaldes outro alcalde un antigo dirixente de CCOO (si a UGT = PSOE, antes CCOO = IU)... Escoiten o que di o Xefe cando lle preguntan porque o páxaro iba nas listas. Teño a absoluta convicción de que este home é corto de entendedeiras. Bótenlle unha vista a esta páxina na que enumera a corrupción en Andalucía. Deixando de lado a corrupción da Xunta de Andalucía gobernada polo PSOE (ERES falsos) e o asunto de Mercasevilla que alcanza a PSOE e IU, temos en Andalucía e no intervalo 2005 - 2012: PSOE: 38 casos de corrupción PP: 24 casos de corrupción IU: 7 casos de corrupción. Pois coma nos outros tres (PP - PSOE - BNG), IU é a terceira pata do banco no que senta a oligarquía posfranquista a nivel español. ¡Parece mentira que non haxa a mínima crítica cando se declaran defensores dos desfavorecidos e a corrupción é a maior lacra en contra da xusticia social! O invento de AGE non ten nada novo: é unha copia da ICV catalana, esa que agora aposta pola independencia de Cataluña. Cando o PSUC (os comunistas catalanes, que agora forman parte de ICV) se fixo nacionalista, un dos seus dirixentes, Francesc de Carreras, declarou máis ou menos que deixaba o partido porque el era de esquerdas e unha persona de esquerdas é, por definición, internacionalista e solidaria. E ser solidario para que unha familia extremeña chegue a fin de mes é algo elemental. Lean o que di dun home de esquerdas, Paco Fernández Buey, e dun de dereitas (moi de dereitas), Artur Mas. Con este pacto dilúese a posibilidade dunha Esquerda Unida federalista e republicana Nótese o tendenciosa que é a presentadora (a que entrou en TVE a pesar de que había duascentas e pico plazas e ela sacou o número mil e pico). Pedro Escobar foi reelexido Coordinador General de IU de Extremadura con 131 votos a favor e dúas abstencións. Escoiten o que conta un indixente intelectual desa aplastante maioría democrática Esta AGE perderá o voto (seino) de moitos votantes galegos de EU cun pensamento de esquerda verdadeiro (poucos), pero ganará votantes amantes do espectáculo e dos que queren parecerse a ós que os medios de comunicación din que son de esquerdas (moitos). Así é a sociedade galega. E mentras Cada día abandonan Galicia 70 jóvenes de entre 20 y 34 años, solo nos queda falar de Compromiso por Galicia. |