No hay pan para tanto chorizo

Ainda non rematou a Operación Campeón, a pesares de que dimitiron por corruptos tanto o que foi Conselleiro da Xunta polo BNG, Fernando Blanco


coma o diputado no Parlamento Galego polo PP , Pablo Cobián


e sigue procesado o que para min é o máis corrupto de todos (desde que saíra na prensa a súa xestión cando era Secretario das Xuventudes Socialistas de Galicia), o ínclito Ministro do PSOE José Blanco


cando empeza a Operación Pokemón (para que rime).

Desta xa dimiteu o Alcalde de Boqueixon do PP , Adolfo Gacio, (aínda que sigue inexplicablemente de concelleiro)


e o concelleiro responsable de Deportes, Vivenda pública e Rehabilitación do Concello de Ourense polo BNG, Fernando Varela


e, coma sempre, o peixe máis gordo ven sendo do PSOE, o Alcalde de Ourense ( a terceira cidade de Galicia), Francisco Rodríguez


Deste Rodríguez pode un sacar certas conclusión:
profesor de Tecnoloxía dun Instituto,
FETE-UGT
concelleiro en Ourense polo PSOE
 Alcalde de Ourense polo PSOE
dimisión por corrupción.
UGT e PSOÉ a mesma cousa é.

¿Por que foi o do PP o único que entrou esposado nos xuzgados?


¿Non será que entre os chorizos tamén hai categorias?
¿Ou será porque uns teñen amigos na policía e outros non?

Pero o personaxe máis interesante da Pokemón é un tal Francisco Fernández Liñares, tamén do PSOE


"el concejal que citaba a Rosa Luxemburgo ante empresarios"
O tal Liñares foi concelleiro de Urbanismo e Facenda (xa saben que todos pelean por ser concelleiros de Urbanismo e sempre o colle o que máis poder ten) con José López Orozco, o actual Alcalde de Lugo polo PSOE que xa estivo imputado na Operación Campeón.


O tal González Liñares tivo que declararse corrupto a soldo das empresas porque tiña anotado todo na casa.
"No sabía que el Vega Sicilia fuera tan caro", parece que dixo.
Despois de deixar de ser concelleiro en Lugo nomeárono Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, un chiringuito deses que todos pagamos e no que os políticos métense eles, os seus fillos, as mozas dos seus fillos, as queridas, os primos, as fillas dos dirixentes do partido ... non forzosamente nese orden.

O BNG non ten sorte (sempre mantiveron que eles eran os único honestos e neste Outeiro, noutros tempos, fun acusado de metelos no mesmo saco que os demáis), pois coindiron no xuzgado co Teniente de alcalde da mesma Corporación ourensana, Alexandre Sánchez Vidal que fora o cabeza de lista do BNG
 

tamén era Teniente alcalde polo BNG na mesma Corporación Andrés García Mata.


Tamén está no baile o que foi Director Xeral de Turismo na Xunta do bipartito David Cortón, tamén do BNG


e con el tamén está implicado o seu Xefe de servicio, Elías Domínguez, tamén do BNG.
Tiveron que dimitir todos.

Aí os teñen fai uns días declarando no xuzgado


acusados de cohecho, prevaricación e falsedade documental.
Tratábse duns paneles de anuncios e de oito millós de euros de ingresos anuales.
Unha tontería.
O chocolate do loro.
Case seguro que non acabarán entre rexas.
Non lles interesa ás outras tribus da oligarquía: hoxe por tí, mañá por min.

Non pasa nada.


Estamos en campaña electoral e a ningún destes tres integrantes da oligarquía posfranquista se lles ocurre falar de cambiar a Lei electoral e a Lei de partidos para para devolverlle o control da democracia ós seus donos: os cidadáns de Galicia.
Para que se hai centos de miles de galegos que antes eran subditos de Franco e agora están encantados con ser siervos desta tribu corrupta.
Probablemente xa non merece a pena darlle máis voltas ó membrillo.
Ó mellor non mereceu a pena a barricada contra o pequeno militar fascista de Ferrol.
Uns centos de románticos que lle puxemos o lombo ás porras grises mentras estes listos que pasean polos xuzgados lle abren o maletín ós billetes de 500 euros.
Sucede que algún que andaban daquela ca bandeira da águila imperial polo Frente de Juventudes, e leva agora outra bandeira cunha estrela roxa co mesmo donaire, tildoume fai un tempo de nacionalista español de dereitas. A min que os himnos con música militar e as bandeiras ondeando ó vento me produciron sempre a mesma sensación que a Georges Brassens: desprecio.
Nin con Franco vivo os fascistas de Fuerza Nueva se atrevían a andares tan provocadores.
Seica nos tempos que corren o comportamente sectario e fascistoide está de moda porque os medios de comunicación falan deles coma xente de esquerdas.
Como se non iba atreverse o profesor Beiras a calificar de barbarie ó 52 % dos galegos que nas últimas Eleccións a Cortes votaron polo PP.

Eu xa acepto que os meus ollos non verán unha Galicia realmente democrática, e moito menos dentro dunha República Federal Española (ou Ibérica), pero polo menos que esta pandilla corrupta non pense que todos os galegos temos mentalidade de esclavos.