Reventan as cañerías


A podredume acumulada despois de 35 anos de oligarquía político-sindical corrupta xa discurre polas beiras das carreteras coma se tal cousa.
E os outrora amos da empresa máis grande deste país: o Estado grande, as Autonomías medianas e os Concellos pequenos andan mirando de reollo por si a algún cidadán de ben se lle ocurre alumarlle un merecido bastonazo no lombo.
O cheiro foi botando do sistema á xente honesta que discutía cando falabas de que o sistema político que pariu a Lei Electoral e a Lei de Partidos é, por definición, unha oligarquía dos aparatos de representación, partidos políticos e sindicatos, e que, tamén por definición, as oligarquías son rexímenes politicos corruptos.
Politico e honrado empezan a ser dous términos enfrentados, antitéticos debería decirse.
O mesmo pode decirse dos vagos que convertiron a herdanza de Marcelino Camacho e Nicolás Redondo nunha estructura mafiosa ó servicio de partidos políticos tan corruptos coma eles.



Si a parella partidos políticos-sindicatos lle sumamos todas as Fundacións, Agrupacións, ONGs, etc. pagadas cos nosos cartos mediante subvencións a dedo, teremos o impenetrable círculo do poder corrupto en España.
Penso que non haberá que comentar que o que se corrompe está apropiándose de diñeiro de todos. Como a esquerda real ten como meta o reparto dos bens públicos seguindo criterios de igualdade social, os corruptos son tan de dereitas coma o Führer



Comparen o primeiro video co segundo: ¿que se pode facer para que a xente nova de arriba se comprometa  a repartir estopa contra o que representan os de abaixo?

Ese mequetrefe inculto e fascista conseguiu movilizar a TODA a xuventude alemana: non fai tanto tempo que un dos paradigmas da esquerda oficial europea, Günter Grass, tivo que admitir que non solo fora fascista, senón que ós 17 anos pertenecía a élite do nacionalsocialismo: as SS, guardia personal de Adolf Hitler.



¿Estou querendo decir que os partidos políticos e os sindicatos españoles son fascistas?

De fascistas e franquistas solo falan hoxe os estúpidos que, formando parte da oligarquía corrupta, queren parecer de esquerdas insultando ós da outra beira que son exactamente igual ca eles.
Coloco a grabación para que se entenda a onde poden chegar algunhas estructuras organizativas cando se lles permite operar na penumbra: compre recordar que Hitler chegou ó poder democráticamente en 1933.

¿Cómo podemos romper os cidadáns ese círculo de poder que está saqueando o noso patrimonio e mandando ós nosos fillos á emigración?

Con huevos, diría o meu amigo J. se non estivese desde hai máis de dez anos a un metro baixo terra.


LUNS 4.
Titula La Voz de Galicia: El 82 % de los gallegos creen que la corrupción política está generalizada
Ó meu ver deberían poñer cree en lugar de creen.
¿E o 18 % restante?
Pois os membros da oligarquía que viven a conta dese 82 %, e toda a súa prole. Poñamos: PP-FAES,  PSOE-UGT-Unións Agrarias-IDEAS, BNG-CIG-Sindicato Labrego Galego, CEOE, CCOO, EU, CiU, PNV, Asociacion para  a Recuperación da Memoria Histórica, Mensajeros de la Paz, Federación de Mujeres Progresistas, Fundación Iberoamérica Europa, etc.
Todo un entramado de subvencións creado en 35 anos encima do lombo dunha sociedade anestesiada e inerme saída do franquismo.
Hai que botalos a todos fóra se queremos vivir algún día nun país democratico. É a podredume previsible e inevitable dun proceso democrático que sustituiu ó franquismo pola oligarquía.
Cando nos anos 70 se deseñaba o proxecto de transición democrática (que incluso meteu ós sindicatos na Constitución), estudiosos da Teoría do Estado avisaban de que a Lei Electorale a Lei e Partidos poñía o país en mans de partidos político e sindicatos. Que nacía unha oligarquía. A resposta era que se trataba de algo provisional co fin de evitar un golpe militar (falábase do ruido de sables).
Xa houbo quen dixo daquela que unha vez instalados no poder non os movería nin o Diluvio Universal.

La Opinión fala de Betanzos en 37 concellos gastan más de la mitad de sus ingresos en pagar nóminas. Con este nivel de gasto en A Coruña están Betanzos, Boqueixón, Cee, Corcubión, Ortigueira, Vilasantar e Irixoa.
Betanzos é o único municipio que ten máis de 10.000 habitantes de todos eles. O que quere decir que é o peor xestionado, pois son os concellos grandes os que necesitan menos euros/habitante para a prestar un determinado servicio.
É raro, cando menos.
Podería xustificarse se a poboación de Betanzos estivese moi diseminada e a prestación de servicios requerise desplazamentos importantes.
Pero en Betanzos apenas hai zona rural.
Daquela sucederá que o municipio será moi extenso e a densidade de poboación moi pequena.  
Pois Betanzos con 565 habitantes por km cuadrado é a máis densamente habitada. O doble que Corcubión.
 Daquela non hai explicación racional.
Haberá que buscar razóns políticas. E as razóns políticas neste terreo están moi estudiadas: utilizar o Concello coma unha empresa privada do partido que goberna, na que se coloca a dedo co fin de vender favores e manterse no poder.
Non hai nada mellor e máis sano (evítase a manipulación) que ver os datos desnudos sin que ninguén pense por un:





Poboación 2010/hab.Extensión/km2Densidade/(hab./km2)
Betanzos
13.67324,19565
Boqueixón4.44473,1861
Cee7.81857,45136
Corcubión1.8036,52277
Irixoa150168,5922
Ortigueira6.871210,0333
Vilasantar1.40659.2924

¿Por onde empezar a rexenaración?  Solo hai un sitio: por abaixo.
Vecinos por Torrelodones botou a andar canda CxB (eu compartía foros de debate con xente deles). Pasaron de 4/17 concelleiros en 2007 a 9/21 en 2011. Eles cumpliron o que se propoñían.
Aquí o fracaso ten razóns fáciles de entender: os intereses de Vecinos por Torrelodones, que eran os meus, eran distintos dos intereses de CxB.
É tamén evidente que Betanzos non é Torrelodones.

Sexa como sexa, se un se fixa en Torrelodones:
PP: de 9/17 a 10/21 (de 4.485 votos a 4.739)
PSOE: de 3/17 a 1/21 (de 1.727 votos a 809)
acTÚa: de 1/17 a 1/21 (de 771 votos a 738)
VT: de 2.367 votos a 4.076
ata algún bobo entenderá que un partido que na práctica política está á esquerda de todos os demáis (transparencia na xestión, limitación de mandatos...), ten que tratar de recoller os votos de esquerda que lle corresponden: os que perden votos son os partidos da esquerda oficial, o PSOE e acTÚa (unha escisión de Izquierda Unida). O PSOE perde máis da mitade dos que tiña.   
Ademáis sácase unha segunda conclusión que resulta trascendental: os novos veciños votan por VT.
En Torrelodones levaba 24 anos gobernando o PP, en Betanzos 24 gobernando o PSOE.
Punto e final.
Non pode estar maís claro.




NOTA Ó PÉ
Non marquei o botón de opción de No permitir, referido ós Comentarios, e houbo quen tivo a ben escribir o que pensaba. 
Pero hai a quen non lle interesa que a xente contraste as súas opinións: ¿Adivinan quen é ese quen?
Daquela, como Los partidos políticos tienen copado el aparato del Estado (frase dun reputado xurista), deseguida saen os miles de empregados a dedo, asesores de ministerios, autonomías, diputacións e alcaldías, a disparar contra o que se atreve a atentar contra os intereses do partido (ou do sindicato, que a mesma cousa é). Tamén nesto sei do que falo.
Como, a pesar de ter un soldo público, non teñen outra ocupación que velar polos intereses da tribu, dedícanse a repartir basura para que o cheiro propio sexa menos evidente.
Para a esquerda oficial a dereita e a imaxe especular que comparte, máis ou menos intermitente, a tarta do poder. Amiguiños a fin de contas porque están no mesmo barco: colocan os achegados, xa sexa na función pública ou nas empresas públicas que crean para poder colocar a dedo directamente, sin ningún criterio de capacidade e mérito (os tribunales de Xusticia están anulando o paso dos traballadores desas empresas a funcionarios públicos en Andalucía), e os que emigran son os de sempre.
Os parias, os que se dedican a traballar para sacar os seus fillos adiante pero non teñen amigos.
 Conozo ben o tema porque fun emigrante e fillo de emigrante.
Non fai moito comía con xente miña de sempre e, os anos non perdonan, falábase do traballo dos fillos e da xente do seu tempo. Alguén comentou a curiosidade de que os fillos dos que se meteran en política tiñan casi todos traballo.
Non sei se este Outeiro seguirá ou non, anímome a escribir de vez en cando porque o contador sigue correndo día a día e créame a obriga de facelo.
 Pero cóstame.  
En todo caso, se decidise permitir os comentarios, os chavalotes estes non terían acceso a eles. 
Fagan clic no título Reventan as cañerías e lean os comentarios para saber do que falo. 
 [Continuará]

4 opinions:

Anónimo

Vexo evolución no teu discurso. A alternancia (PP),xa non é a solución. Houbo quen cho advertíu e cegoute a ansia de rexeneración da esquerda (necesria sen dúbida). Ti e moita mais xente quixéchedes atallar o problema contrapoñendo outro problema cando o que estaba aflorando era unha quebra do modelo, que contaminaba ós partidos, funcionarios ... Algún compañeiro teu tíñao claro, mais solo non se vai a ningures.

Anónimo

Superhenry, vaia truño de artigo...
Póñase a currar e deixe de dar a brasa. Un dos peores funcionarios que tivo o instituto de Betanzos, media vida de "baixa" laboral rascando os pes, e ponse a dar leccións.
Manda carallo.

Anónimo

Por certo, sacamos os trapos suxos das axudas aos pita no cine??? por esa acción debería estar vostede na cárcere, pero como bo caradura, escurrir o bulto...
Un pelotazo en toda regra auspiciado por vostede, ultradefensor de aquela animalada.

Anónimo

¡Canta envexa! ¡Canto medo!.
Sempre a verdade ofende. ¿por que será?. Este Superhenry parece que perde os sobres dos que tanto estase a falar ou do contrario debería ser visto por un especialista, parece mais un problema de índole psiquiátrico que outra cousa.
Por outra banda, como sempre, e sin que sirva de precedente, estou de acordo con vostede, felicítono por unha exposición clara e transparente.