Cousas miñas




Foi.
Viviamos nunha campana de cristal e pensabamos que eramos o centro do Universo: cando o centro do mundo non eres exactamente ti, por moito que te joda o feito de non selo, sempre podes evitar certos problemas amarrando ben os pantalóns.
Decía, máis ou menos, Salvador Espriu en catalán.

Supoñiamonos os reis do mambo e non eramos máis que xoguetes do poder.
Do poder alternativo.

E Cohen sonaba seguido nas trasnoitas.
E quedaron aí, nos miolos, metidas as súas cancións/poemas recitados.
De por vida.

¡O centro do mundo, seica!
¡Que pobres espíritus románticos!

O malo (¿ou non?) é dos que non quixeron seguir coa representación e deixaron o camiño a medio recorrer.
¿Que será deles?
¿Que preocupacións desvelarán o seu soño?
¿Con quen, e de que, conversarán nas tardiñas de tertulia cafeteira?

Onde andarán os amigos daqueles tempos.