Morreu Moustaki
Eu son un afrancesado.
Sí, amigo deses que no seu momento berraron Libertade, Igualdade, Fraternidade.
Aínda que terminaran cortándolle a cabeza a uns cantos en tanto proclamaban ese trío de palabras tan ben sonantes.
Tamén dos que escribiron nos muros das universidades francesas frases que a algúns nos quedaron tan grabadas coma o padrenuestro: Trabajador: tienes 25 años pero tu sindicato es del siglo pasado.
Na música teño outro trío:
e detrás deles un grupo no que figura Georges Moustaki.
Corría o meu segundo ano no Burgo das Nacións de Compostela, se non recordo mal correspondía ó curso académico 1974 - 1975, e no pabellón escoitar ó cantante francés tiña unha parte lúdica e festiva dificil de olvidar: como as paredes dos barracóns eran dun aglomerado, que hoxe estaría prohibido por canceríxeno, de pouco espesor enterábaste do que pasaba nas habitacións do lado aínda que non quixeses facelo.
Así que cando pernoctaban rapazas, o que sucedía habitualmente naquelas naves masculinas, había que darlle marcha ó casette ou ó tocadiscos para que os veciños poidesen estudiar Fisioloxía e non se enterasen dos pormenores do aparellamento.
E Moustaki sonaba moito. Había algún que o poñía sempre.
Por eso un está ligado a el.
Inevitable e gozosamente.
Foise.
Pero viviu con intensidade.
Boa viaxe, camarada antiautoritario.
Vémonos o máis tarde posible.
Quede aí a miña homenaxe sinceira e agradecida: