14 de abril

(Facer clic na foto para agrandar)

O recorte apareceu remexendo nas caixas do pasado, que dormitan amontonadas no fallado da casa familiar.
Paréceme que debería correr o ano 1975, o que quere decir que pasaron case 40 anos.
Supoño que o da flecha son eu, pois distingo cerca de min a xente coa que me relacionaba.
O periodista franquista, supoño que de El Correo Gallego, escribe:

El 14 d Abril (con minúscula, bobo), aniversario de la proclamación de la II República, no ha tenido en Santiago características más relevantes que las incorporadas por grupos juveniles (daquela, ¿como son os homes e as mulleres no teu pobo, ho?) de diversas tendencias. Aparecieron en la ciudad enseñas tricolores y, como reacción frente a ellas, también fueron colocadas banderas rojo y gualda (rojigualdas sería máis correcto) en diversos lugares, entre ellos la fuente de la plaza de Platerías, que aquí vemos, despertando la expectación de una pequeña concurrencia. Hubo leves enfrentamientos de los que informamos en la página 5.

Así eran as cousas no franquismo.
Aínda que se ve perfectamente que na Fonte dos Cabalos luce a bandeira tricolor da Segunda República, o periodista do réximen (non cambiaron nada as cousas nesa profesión) fala de que é rojigualda.
Ós que colocamos a bandeira liquídanos como una (expectante) pequeña concurrencia.
O dos enfrentamentos non o recordo e dudo de que eu participase nese tipo de actividades.

Pero unha cousa é certa: o republicanismo non era un pensamento maioritario naquela Compostela que peleaba contra a Dictadura.
¿Non será que antifranquistas había moitos menos dos que agora presumen de telo sido?

Por esto, e por outras moitas cousas, me reventan de risa os andares de novicia desta esquerda oficial que estaba escondida, e o fervor desta xuventude ridícula que se declara antifranquista cando Franco leva case 40 anos atuado.

É o retrato dun país de siervos: antes de Franco e os uniformes, hoxe da oligarquía político-sindical corrupta.
Coma daquela, os medios de comunicación siguen na mesma onda: pastoreando e animando ós rebaños de diversas tendencias.

O home libre sigue sendo unha utopía: os librepensadores de sexo masculino peligrosos e as mulleres libres lapidables.

Pero que non decaiga a festa, pois no Barcelona xogarán xuntos Messi e Neymar.