Reinvindicación da coraxe política

Leo en  La Voz de Galicia de hoxe: El ex alcalde de As Nogais admite haberse apropiado de 11.027 euros.
José Luis Coedo foi alcalde entre 1987 e 2011 e, cando esta oligarquía corrupta aínda non o enchera todo de podredume, era unha referencia como alcalde do PSOE nunha provincia de Lugo controlada polo PP.
E tivo as  simpatías de moita xente, e entre elas a miña.
Pero é evidente que en As Nogais tiveron 24 anos a un chorizo (a fiscalía pedía seis anos de prisión) como alcalde. Un miserable que se decía defensor dos valores da esquerda política.
Hoxe goberna o PP.

O feito de que o alcalde levase 24 anos no poder e fose do PSOE, traéme á cabeza o que pasou en Betanzos en 2007.
¿Queda algo do sucedido na memoria dos betanceiros?
Non hai problema, está todo neste Outeiro.

- COMPROMISOS DE CxB

1. Alcaldía e concelleiros con dedicación exclusiva un máximo de dúas lexislaturas.

2. Limitar a tres como máximo o número de dedicacións exclusivas (incluído o alcalde).

3. Auditoría e publicación do estado económico do Concello.

4. Declaración pública de patrimonio inmobiliario do Concello.

5. Racionalización e transparencia do gasto municipal.

6. Declaración anual pública de bens e intereses patrimoniais dos cargos electos de CxB.

7. Potenciar a participación ciudadana na vida municipal.

(1 de abril de 2007) 

- ¿QUE FARÁ CxB CO SEU VOTO?

1. En principio non se firmarán pactos de goberno con ningunha outra forza política.

2. De ser a lista máis votada gobernaremos en solitario, ben sexa con maioría simple ou absoluta.


3. Se outros obteñen máis respaldo ca nós, facilitaremos o goberno da lista máis votada.


4. De acordo cos nosos compromisos, se a lista máis votada fose a do PSOE, esixiremos a renuncia de D. Manuel Lagares (24 anos de concelleiro e 22 de alcalde) e de D. Antonio Lagares (26 anos de concelleiro). De non producirse, estableceremos coas outras forzas políticas as negociacións e os acordos necesarios de cara a articular un Goberno alternativo, sempre que se garantice o cumplimento dos nosos compromisos básicos.

(5 de maio de 2007)

As encuestas din que hoxe máis do 80 % da cidadanía respalda estes principios de funcionamento da representación política democrática.
Pero un pequeno grupo de personas poñíao por escrito fai seis anos.
Con coraxe e sin temer ós que controlaban todos os resortes do poder municipal.
Algunha xente comentoume no seu momento que o punto 4 , no que se fala dos irmáns Lagares, lles parecía demasiado radical.
¿Pareceríalles o mesmo hoxe?

Cando se defenden os princios esenciales da democracia faise algo elemental, e nunha sociedade sana son imprescindibles os que procuran que a cidadanía organizada lle poña límites ó poder.
Sobre todo nun país no que a Ley electoral e a Ley de partidos xeneraronn unha oligarquía política e sindical que controla todos os resortes dese poder, que se convirte en absoluto.

A resposta do poder municipal a estes principios de defensa da democracia foi dura: de extorsión y chantaje calificaron o que aparece escrito en colores os cabezas de lista de PSOE e BNG, que gobernaran Betanzos en coalición na última lexislatura.
Había que amedrentar na medida do posible ós que se atrevían a desafiar ó poder establecido.
Franquismo sociolóxico en estado puro.

¿Acaso non se escoita agora a todas as horas que a política non pode ser unha profesión?
¿Non se botan hoxe pestes contra os políticos profesionales?

Pois estaba aquí escrito e posto en conocemento de todos os betanceiros antes de ir a votar.

Hoxe produce rubor que á transparencia e ó respeto polo voto da cidadanía se teña o  atrevemento de calificalos de extorsión y chantaje.

Típico da oligarquía: nós somos o poder e os que poñen en duda este principio son uns delicuentes.
Porque como a extorsión e a chantaxe son delitos, os poderosos de Betanzos chamábannos delincuentes.

Catro anos despois, o PSOE de Betanzos negociaba cos delincuentes para recuperar de novo a alcaldía.
Agora xa non eran delincuentes, eran progresistas. Ver.
O Espíritu Santo dotara ós dirixentes do PSOE de Betanzos da potestade de etiquetar políticamente ós betanceiros. E como o exercían sin ruborizarse cabe deducir que se crían os elexidos pola divinidade.

¡Canta miseria!

Como non ibamos chegar onde estamos si se actuaba sin o mínimo principio ético e tendo como  única meta a conquista do poder.

Hoxe máis que nunca compre sinalar que o CxB de 2007 foi un dos primeiros movementos a nivel municipal, xunto con Torrelodones e outros, nos que xente con principios democráticos se  comprometeu coa rexenaración política .
Torrelodones está gobernado hoxe por VxT (Vecinos por Torrelodones)


Compre recordar que a esquerda oficial de Betanzos e o nacionalismo nos calificaban de dereita ou extrema-dereita, mentras que a dereita betanceira nos ignoraba. Non existiamos para eles.
¿Atreveríanse a facelo hoxe? 

Esta é a historia contada en base a feitos comprobados e conocidos por todos.
E todos os que participamos na chegada daquel vento fresco temos dereito a sentirnos orgullosos deses feitos. 
Aínda que  despois pasase o que pasou, e as ilusións de moitos betanceiros semellaran servir para inexplicables axustes de contas en lugar de ser o motor dun cambio cualitativo na maneira de gobernar Betanzos.

Hoxe sigue sendo imprescindible que os sectores maís dinamicos da sociedade betanceira se impliquen en movementos políticos á marxe da oligarquía herdeira do franquismo, para defender a democracia e recuperar o predominio dos principios éticos en todos os mecanismos representativos da vontade popular.

É o único que podemos facer os demócratas, e terá un efecto secundario fundamental: facilitaremos que os militantes honestos dos partidos políticos, que os hai e moitos, se animen a enfrentarse ós políticos profesionales que conforman a oligarquía corrupta que leva máis de 30 anos controlando este país.